viernes, febrero 18, 2011

Therion sacan un xogo de mesa!?



O xogo chamado 011, co-titulado "Unha aventura por Therion" está diseñado por Marco Valtriani e basado nunha novela de Paolo Vallerga.
Christopher Johnsson comenta: "Paulo Vallerga, do famoso desarrollador de xogos Scribabs, acercouse á banda nun show en Milán o ano pasado con esta gran idea de facer un xogo de mesa basado nos personaxes do escenario mezclado con mitoloxía. E nós enseguida pensamos que sería a cousa máis molona que oímos en eras e encantounos a idea. O nome do xogo é 011 e poderásme encontrar a mín e ó resto de Therion aparecendo en incluso nunha forma máis fantástica do que somos en realidade!"

Therion ten previsto sacar un video musical en Xuño para acompañar ó lanzamento.


THE STORY SO FAR "011" is set in a ucronic time, during an undefined “year 011”. The world can be described as an alternate version of XIX century. Science is deeply bound with esotericism, as many religions and creeds coexist with philosophies and convictions, in a cauldron of cultures and ideals that is both challenging and frightening at the same time. Events take place in Turin. Turin, everyone knows, is a magical town. To be precise, Turin has the higher concentration of mystical energies of the whole planet, as is the only city that belongs both to the black magic triangle - with London and San Francisco - and, at the same time, to the white magic triangle, with Prague and Lyon. A cold and long winter is raging: 3 years ago the snow started to fall, and never stopped. The Fimbulvetr of the norse legends is ending and so the Ragnarök is coming. 8 brilliant scientists discover the lost tome of the “Edda”, that narrates that the only way to stop the Ragnarök is to discover a man whose future is completely obscure, called the Chosen One. The Chosen one must play a Mystical Song with the magical Pipe Organ hidden somewhere in the city, or the world as we know it will end. But the Ragnarök can also be a new beginning for the righteous ones! One of the investigators opens his soul to Fenrir's spirit, and from that moment he works in the name of the Wolf God, to discover the Chosen One: killing him will let the Ragnarök start, and will grant to the man an eternal life in the Gimlé!

One of the very particular note is the extraordinary participation in the game, in the guise of protagonists, of the members of Therion, the Swedish symphonic metal band founded by Christofer Johnsson. The musicians have performed with great enthusiasm to embody the steampunk atmosphere of the game; so, the month of June will see the creation of a video (written by Paolo Vallerga and made by Silos Production) in which the band will lives their alter ego in the game ... for now we can not say nothing more!

More info on: Boardgamegeek

The game will be in multilangual Edition: German, English, French, Spanish, Italian, Dutch.

Fuente

jueves, febrero 17, 2011

Os grandes grandes grandes videos metaleros: Golden Resurrection

Inauguro outra sección na que desgranarei videos metaleiros ó estilo do meu outro blog de pelis, Albor Bizarro (que incriblemente está tendo unha acollida espectacular, segundo o contador Motigo, un dos máis usados, estando entre os 25 primeiros blogs de España no apartado cine e fotografía! a pesar do que o abandonei últimamente -o contador varía diariamente-).
Pois así empezo unha colección que case se podería chamar "World's Funniest metal videos" XD a ver en qué dá... de momento ó ser a primeira edición, voume lucir con un 3 por 1:

Os primeiros en pasar por aquí van ser os cristianos Golden Resurrection, que debutaron este 2010 pasado cun disco do que sacaron, atención.. 3 videos promocionales!! Nin Michael Jackson!! Claro que... tiña que haber trampa aquí, pero non, non pensedes mal, son 3 videos realmente deles, nos que salen, e fan o seu playback con algunha imaxen intercalada de película e tal, pero... pero... a cousa está.. en que digamos que o máis probable é que os fixeran todos na mesma tarde!!! por non decir que os fixeron todos seguidos en 20 minutos e lles meteron un filtro diferente a cada un XD.

Aquí vemos o primeiro, "See My Commands"

Hai varias cousas que salientar deste video, vexamos...
- Primeiro, parece que todos os da banda esteñan nun cuarto de 3x3 metros!! Realmente era necesario telos a todos case que tropezándose entre eles??
- Logo, encántanme os vídeos nos que a banda fan gestos e miraditas todo o tempo á camara coma "qué malos/guays" somos.. é tan... ochentero... e recórdame tanto a cando era pequeno e me ría cos vídeos de Poison, Girlschool, Cinderella e demáis trangalladas... XD Impagables aqueles momentos tan gays de "cantar espalda con espalda no mesmo micro". Neste caso, ó cantante de Golden Resurrection (que era o antigo de Divinefire) tamén lle chega, caritas, posturas, puñoenalto, puñoenalto, puñoenalto, abrosbrazos, caritas...
- Algo que tamén me encanta é cando no video hai o que poderíamos chamar "o marginado do grupo", neste caso, claramente é o teclista, que ben podería ser sacado dunha banda motera e que eu creo que NON PINTA NADA tocando teclados nun grupo de power metal neoclásico que lle canta a Jesucristo!! Pero si polos seus movementos parece que nin sabe a canción.. quén se pode crer que os seus estáticos brazos están tocando ese piribiuribiribiuririribibibirí!?!? ... e geniales as tomas nas que salen os 4 outros e el no!!! Pobriño. O único que boto en falta del é que esa camisa apretada lle tivera 2 tallas máis pequena e que se lle vise o ombligo ó natural XD
- O do director do video non ten nombre. Tantos zooms, cámaras rápidas, dun lado para outro... nin nos mellores anos de Valerio Lazarov!

Momentos estelares:
- O teclista nese amago de cargar ó lombo cal saco de patacas co piano no medio do solo compartido entre piano e guitarra... qué intentaba facer??? Na seguinte toma xa estaba co piano pousado, pero eses 2 segundos foron... pouco tranquilizadores pola integridad do teclado XDDD.. Que por certo, máis adiante volvemolo ver cargando con él! XDDD


- O cantante e mailo guitarra vivindo totalmente a canción mentres que o batería vai á súa bola, o baixista mira tralas gafas de sol para a calva do cantante, e o cabezón do guitarrista-quero-ser-Yngwie tapa a maior parte do tempo as barbas do motero-neoclásico.


- Momentazo final no que ó remate do solo de guitarra (como debe ser, calquera imitador de Yngwie ten que acabar alomenos algunha canción na súa vida cun solo de guitarra), o teclista corre a levantar o teclado cual atleta en competición de levantamiento de peso. Impresionante XDDD


De segundo temos a "Best for me"


Curiosamente vemos ó grupo... nas mesmas posicións, coas mesmas roupas, e no mesmo lugar que o primeiro video.. saaaaalvo que ahora ten un filtro posto a posteriori de neblina. Grande, director!
Aquí vemos un momento clásico xa da banda: o baixista con gafas de sol mirando para a calva do cantante, o cantante e o guitarrista, que se notan os jefes do grupo, viviéndolo locamente, e o marginado do motero neoclásico de fondo, cortado á metade polo plano e tapándoo o guitarrista case que na outra metade que lle deixan dentro da escena. Todo esto en escasos metros.

... cando directamente non o quitan do plano!!! joé.. eso debe doer... sí que se debe sentir desplazado no grupo.. tanto cristiano tanto cristiano, pero de compartir -plano- eso no lo quieren..

Ollo tamén que as gafas de sol se multiplicaron, ahora sumouse o guitarrista tamén á moda! Quén será o seguinte? algo me dá que o teclista non XD

Momentos estelares:
- Momento do solo de guitarra, cando o cantante se pon a jalear á banda mirando á camara e cos brazos extendidos "entre la batería y la pared", recuncho no que debe de haber polo menos polo menos... 50 cm. Mentres tanto, o teclista mira para él decindo... "e este qué carallo fai??"


- Momento "guitar-hero" do Yngwie do grupo, poñendose a guitarra ás costas mentres que solea.


- Momento de compasión cristiana do cantante cara ó marginado teclista. Nun arrebato, mentres o guitarra ainda! sigue no solo, o cantante mira para o teclista e vai correndo por detrás de Yngwie a animalo moralmente, ante o cal, o teclista vese por fin valorado por alguén e menea a súa cabeza coma o que máis durante uns segundos.


Por certo, peaso falsete que se manda o cantante ó final jajajaj

E o terceiro e último video promocional que "se curraron" Golden Resurrection é para a canción "Proud to Wear the Holy Cross"


Ollo porque desta vez a cousa cambia... agora témolos a todos no mesmo lugar sí... pero sin gafas de sol e coas luces apagadas! eh? vaia se cambia, mimá! Ademáis desta vez ó cantante e ó batería grabáronos nalgunhas secuencias por separado, así alomenos non dá a sensación de que se están pisando todo o tempo uns a outros no "escenario".. bien señor director.. bien!

Momentos estelares:
- Esa reviravolta ó estilo Bisbal do cantante a cámara lenta! jajaj


- Momento penumbra do teclista: se xa se vía pouco no primeiro video e no segundo coa niebla menos, neste entre as penumbras casi nin se distingue ;(


- Momento aparición a 100 por hora da nada en primeiro plano do cantante logo do solo, no que parece que vai volver a cantar ou meter un berro... pero ó que se remite é a... mirar á cámara, abrir a boca, enseñar o puño, e irse para atrás do guitarra??

lunes, febrero 14, 2011

Microreviews - Febreiro'11 - I

Note: The microreviews are 100% subjective by my side.
0 - Non o quero nin regalado / I dont want it, not even as a gift
1 - Algúns chámano música, non serei eu / Some people call this music, not me this time
2 - Un álbum malo, sen máis / A bad album, no more no less
3- Gustaralle a algún, pero penso que hai mellores cousas para oír / Some people might like it, though I think there are better things to listen to
4 - Hai esforzo detrás, pero fáltalles saber facer mellores cancións / There is an effort, but they lack to do better songs

5 - Hai boas ideas, pero non pasa de ser un álbum máis / They've got good ideas, but not enough good as to be memorable
6 - Ten gancho e paréceme un bon disco / It has a charm, it's a good album
7 - Un bon album que supera a media / A good album above the average

8 - Un gran album que tería que ser apreciado pola gran maioría dos amantes do xénero / A great album that the mayority of the genre fans should like.
9 - Intachable, un album que merece a pena comprar / Flawless, a worth buying album
10 Intemporal
/ Masterpiece

Dark Horizon (Ita) - Angel Secret Masquerade (2010)
Melodic Heavy / Symphonic Power Metal
Myspace
O primeiro que un pode pensar ó oír a Dark Horizon é cánto se parece a voz do cantante a unha mezcla entre André Matos e Tobias Sammet. Logo, que éste é un dos centos de grupos que aparecen e desaparecen en Italia facendo case que exactamente o mesmo tipo de Power Metal melódico e sinfónico. Non anda moi lonxe, ainda que tal vez estes homes esteñan un peldaño por encima da maioría dos que oín (aínda que tampouco falamos dunha gran proeza). O disco que nos ofrecen é variado e ten un puñado de boas cancións. Digno de botarlle unha escoita se un é amante do power europeo. 6/10


Sael - The Sixth Extinction (2010)
Black Metal
Myspace
Francia e Alemania estanse convertindo últimamente en cuna de numerosas bandas que practican Black Metal en relevo da escuela escandinava.
Sael debutan desde Francia con un disco de black metal bastante na media. Utilizan algún que outro teclado, guitarra acústica ou incluso piano, o que lles dá un toque interesante e variado, pero penso que aquí o que falla é que as composicións non son o suficientemente boas como para que se queden máis alá duns breves instantes. 5/10


Soul Enema - Thin Ice Crawling (2010)
Melodic Progressive Metal/Symphonic Rock
Myspace
O disco debut dos israelís Soul Enema navega entre augas diferentes ó habitual entre os grupos de prog-rock-metal sinfónico, xa que fusionan dentro de dito estilo, partes de folk oriental ou étnico, jazz, ambient ou new age. A mín pareceume un primeiro disco moi interesante e prometedor, orixinal e envolvente. 8/10


Mordgrund - Omnia Intereunt (2010)
Black Metal
Primeiro disco logo de uns poucos EPs e demos desta banda alemana de black a medio tempo na súa maioría. Non hai moito destacable en Omnia Intereunt, non sobresale especialmente ningunha canción ainda que no seu conxunto se deixa oír bastante ben. Tal vez bote en falta algo máis de garra no sonido das guitarras. Moi na media en canto ós demáis grupos que practican un estilo similar. 6/10


Divided Multitude - Guardian Angel (2010)
Prog-Power Metal
Myspace
Se hai un grupo que me veu á mente mentres oía aos noruegos Divided Multitude, ese foi sen duda Pagan's Mind. Pode que tamén Symphony X, pero por ahí se van entre todos. Para os que gusten de ditos grupos, podenlle dar unha escoita a este disco, ten unhas cantas boas cancións, ainda que recorden a veces excesivamente a algo xa feito. Por certo, estiven pensando a qué me recordaban certos estribillos e partes, e non era a ningún das 2 bandas nombradas, era a unha italiana que sacara sólo un disco de Prog-Power a finales dos 90 que non triunfou en absoluto, pero que na súa época a mín non me parecera para nada malo, o "Where stone is unscarred" de Hyperion, ainda que sexan máis pomposos que D.M. 7/10


Jettblack - Get Your Hands Dirty (2010)
Hard Rock
Myspace
Curioso; unha banda británica nun sello finlandés coma Spinefarm... Jettblack fan un Hard-Rock/Heavy Metal moi influenciado polos 80, seguindo a pista de bandas coma Skid Row, Def Leppard, Cinderella... e baixo o meu punto de vista non é gran cousa, porque esta música xa a teño moi oída, pero alomenos consiguen amenizar por un bon rato con "Get Your Hands Dirty". Bon Rock clásico e entretenido. 6/10


Funeral Moon (Rus) - Явь (2011)
Pagan-Folk Metal
Myspace
Por moito que no seu Myspace poñan Black Metal - Folk Metal, Funeral Moon non deixan de ser Folk eslavo mezclado con Metal moi na onda dos seus compatriotas rusos Arkona. Ainda que por suposto salvando as distancias compositivamente, xa que Funeral Moon quedanse a un paso importante de que as súas melodías se che queden na cabeza... cando non parece que os instrumentos sonen directamente fóra de tono nalgunhas partes! 3/10


Road to Consciousness - Road to Consciousness (2011)
Progressive Metal-Rock
Myspace
Road to Consciousness é un proxecto belga que integra un bon puñado de cantantes de rock-metal de ambos xéneros bastante noviños polo que parece nas fotos. Non é que haxa a priori ninguén coñecido salvo Yves Huts, o baixista de Epica que aquí fai os arreglos orquestales. En canto á música en sí, non hai moito salientable, un prog-rock moderno que a mín recordoume coma se a Lacuna Coil lle poñemos algún que outro toque máis heavy-rock en lugar do pseudonumetal que se dedicaron a facer desde fai un tempo. Oese fácil, pero non é cousa doutro mundo. 5/10


Ecnephias - Ways of Descention (2010)
Symphonic Black-Death - Gothic-Dark Metal
Myspace
Estes italianos fan unha mezcla de estilos en principio interesante, pero fallan estrepitosamente, tanto na forma de plantear as partes máis rápidas e blackers, que sonan totalmente faltas de enerxía, coma nas partes máis góticas case que sen feeling, ou as que intentan ser ampulosas, que por veces resultan case risibles. A maxestuosidade que pretenden levar a cabo algúns teclados pérdese desde a primeira nota e a voz resulta cansina, tanto no rango máis gothic-rock-metal, coma a máis "extrema". Non hai por onde coller este disco, música insulsa e olvidable. 2/10

PD: acabo de ver un foro no que poñen outra crítica mala sobre o album destes tíos, pero máis condescendiente que a miña, e saleulles un dos do grupo pouco máis que decindo que non teñen nin idea, que eles facían "gran música" e que ó que non lle guste o metal atmosférico que non debería criticar o seu album jajaj mimadriña onde imos parar. Logo... acaba insultando a algún dos foreros XD. Por se algún día se topan co meu blog, deixar claro que me encantan as mezclas de metal sinfónico e orquestal con partes máis extremas e partes máis melódicas, pero este é un dos PEORES discos que oín nos últimos tempos que intente facer algo do estilo. Hala, italianos, dedicádevos a outra cousa.
PD 2: parece que o tal Mancan, cantante do grupete está en todas, mirei por curiosidade si o tipo aparecía en máis páxinas que comentaran o seu album, e vaia! lede o que pon no 3º comentario logo de que a crítica tirase por terra este album, e a continuación da conversa... EPICA!! XD xa te espero por aquí, cando queiras comentamos "a túa obra de arte", o que él chama "influencia mediterránea" (juas!!!) e que hai magazines que lle dán 10/10! :O
Inda me rín un cacho co homiño este, xa logo non has poder dicir que non che gusta un album...



Se, josta ei puhuta - Ne, Joista Ei Puhuta (2010)
Melodic Death - Thrash Metal
Myspace
Primeiro disco destes finlandeses que se abre con un auténtico trallazo de canción, Kolme Kuukautta, que desprende rabia por doquier. O disco avanza fluídamente ainda que pola metade perda un pouco a chispa; menos mal que espertamos con outra canción xenial -ainda que parecida á primeira jajaj- coma Ei Kevät Koskaan Koittanut que case me fixo recordar a Impaled Nazarene!. A duración son uns cortos pero xustos 33 minutos, e se añadimos que a producción corre a cargo de Dan Swäno, esto fai que o seu debut sexa sen duda un bon disco de thrash con voz máis rasgada. 7/10


Setherial - Ekpyrosis (2010)
Black Metal
Myspace
Setherial están considerados coma unha banda sueca de culto de black metal. Levan xa máis de 15 anos e sempre á sombra de Dark Funeral, Dissection, Watain, Marduk...
Este novo album desprende maldade e caos, riffs con mala saña e cortantes, rapidos blast-beats e cambios de ritmo extraños... Diría que é un disco, máis ca denso, difícil de oír por momentos. A mín deixoume descolocado, pero á vez interesado en cómo é a progresión das cancións, que por veces segue uns patróns case enfermizos, con ocasionales teclados moi de fondo e por outras, como dixen, meten cambios bastante inesperados sen deixar de lado en ningún momento a tensión blackmetaleira. 7/10


Unblessed (Chl) - Man Has Killed God (2010)
Black-Death Metal
Myspace
"Man Has Killed God" é un bon disco de death técnico con voces maioritariamente "black" dos chilenos Unblessed, bastante desconocidos por Europa adiante. A producción e riffs están ben conseguidos, e, a pesar de non decir demasiado novo, o que fan, fano decentemente... ainda que ó final parece que canse debido a certa linealidad compositiva. De todos xeitos, calquera que sexa un seguidor do metal extremo poderá encontrar boas cousas no disco, eso sí, novas no. 6/10


Tortharry - Beneath (2010)
Death Metal
Myspace
Un album correcto de Death Metal destes míticos checos que levan ni más ni menos que desde o 91. Parece que nunca destacaron a nivel europeo a pesar da súa experiencia (alomenos a mín non me sonaban de nada) e parece que seguirán avocados a permanecer na penumbra. 5/10


Adamus Exul - Death, Paint a Vision (2010)
Black Metal
Myspace
Pos eso, black metal do montón chegado desde Australia. Non destaca prácticamente ningún riff nin ningunha canción neste album debut, sin que por elo sexa un grupo malo. Simplemente, máis black metal na onda Watain. 5/10


Akrea - Lügenkabinett (2010)
Melodic Death Metal
Myspace
Cunha portada do máis extraña, estes alemanes practican un death melódico moi ó uso, que non se pode decir que esteña mal, pero que non aporta demasiado dentro do saturado mundo melodeath. É deses típicos grupos ós que oes unha canción un día e che pode gustar, pero que oíndo todo un disco, empezas a pensar noutras cousas a medida que pasan as cancións. A cabeza non para! e máis con discos do estilo. 5/10


Enslaved (Nor) - Axioma Ethica Odini (2010)
Alternative Black Metal
Myspace
Gran disco que se marcan os noruegos, ainda que difícil de oír. Denso, épico, post-, progresivo... non sabería moi ben cómo definilo pero Enslaved consigue crear un sonido moi propio repleto de grandes momentos nos que combinan forza con atmósfera e un toque personal. Con decir que por veces pareceume oír a U2 facendo black metal... Un disco apasionante e brillante. 9/10


RandomWalk - Absolution (2010)
Gothic-Dark Metal
Myspace
Desde Grecia están salindo últimamente un montón de bandas interesantes que practican unha especie de Dark Metal (polo inclasificable do xénero) que contén moito teclado sinfónico, voces rasgadas combinadas con "normales" e con moitos tintes progresivos ou alternativos, coma Transcending Bizarre?, Synesthesia, Dol Theeta,... RandomWalk pódense unir ó carro porque o que temos en Absolution é unha especie de Metal con tintes sinfónicos, dramáticos e progresivos nunha onda escura, moi interesante. 7/10


Gräfenstein - Skull Baptism (2010)
Black Metal
Myspace
Desde Alemania, "Skull Baptism" é un bon disco de black metal de moita reminiscencia nórdica e algún que outro toque thrash. Con riffs fríos e case que cortantes, que poden recordar a uns Immortal, Mayhem, 1349 ou Bewitched. Se che gustan os grupos citados, estou seguro que has de disfrutar con Gräfenstein. Non é nada novo, pero non está mal. 6/10



Hak-Ed Damm - Nekrowristfucked (2010)
Black Metal
Myspace
Moi influenciados por Marduk, e xa se pode intuír con sólo ver a portada, Hak-Ed Damm son uns canadienses que sacan o seu album debut no 2010 facendo black metal guerreiro, con algún que outro bon riff, pero que acusan demasiado a influencia dos suecos nombrados. Haber, hai grupos que copian mal e hai outros que o fan ben, por sorte, Hak-Ed Damm están nestes segundos e teñen algunha que outra canción de primeiro nivel, cuns grandes batería e baixista! 6/10


Hordagaard - Visions From The Other Side (2010)
Black Metal
Myspace
Desde o máis true do máis true da fría Noruega chega este one-man-band que él se lo guisa, e .. creo que él o vai comer, porque eu no. O sonido é demasiado true para mín, grabado case que con cinta de casette, e cuns guiños ao black metal máis underground que pareu a terra nos 90 e a algunha parte folk que sona máis ridícula que outra cousa coma en "Te Helvete Med Kvitekrist", Hordagaard non está feito para mín. Xa oín demasiados grupos iguales e sonando algo mellor. 2/10


Powerless - Battle Hymns (2010)
Black-folk Metal
Myspace
Desde Croacia nos chegan Powerless cunha peculiar mezcla na que intentan poñer baixo un mismo ceo, black metal, algo de viking metal (Dead Man's Chest é unha mala imitación de Ensiferum), algo de neoclasicismo neses interludios con piano,... un pouco de todo pero mal feito. O sonido é cutre e os teclados sonan realmente mal, e xa non digamos cando ó cantante lle dá por cantar con voz "épica" porque pode empezar a chover si poñedes en bucle o final da canción "The legend". 2/10



7days - Into Forever (2010)
Power-Progressive Metal
Myspace
Outro grupo máis de Power cristiano formado polos mesmos de sempre, os de Narnia, Divinefire, Wisdom Call, Rob Rock... Neste album alomenos quen canta é outra vez Thomas Vikström, pero musicalmente non dice nada que non digan calquera dos proxectos que mencionei e dos que non son moi fan, excepto de Divinefire, que a pesar dun mediocrísimo disco de despedida, tiñan moi bos álbumes antes.
O que ofrece 7 days é power con moitos toques progresivos e teclados que de vez en cando sacan algunha melodía curiosa. A temática impórtame cero, pero parece que todos estes grupos que comparten os mesmos membros baixo distintos nomes sexan a veces bandas organizadas co único obxectivo de sacar máis e máis albumes. O cal non está mal... se lles deran un toque diferente a cada unha... 5/10



Procession (Chl) - Destroyers of the Faith (2010)
Doom Metal
Myspace
Estes chilenos están tendo unha gran repercusión mediática coa súa ópera prima "Destroyers of the Faith", con críticas xeniales en todos os webzines e páxinas que vín comparándoos cos grandes dos xéneros, tal que Candlemass ou Count Raven. Ben, baixo o meu punto de vista, Procession non o fan nada mal, e máis que a Candlemass, a mín recórdanme a Solitude Aeturnus, pero cun pouco de menos gracia nas composicións e sin ese toque melancólico. Ainda así, gran primeiro album, pero non a maravilla que nos queren vender. 7/10


No Hand Path - An Existence Regained (2011)
Black Metal
Myspace
Interesante disco destes novatos griegos que ofrecen un black metal con partes certamente crudas mezcladas con algo máis estándar. Hai tamén certos pasaxes ambientales, outras con tendencia psicodélica e outras con guitarras acústicas que fan deste un album diverso para oír. Non estivo mal como primeiro disco, ainda que ó final de todo a sensación é a de que é un disco un pouco caótico demáis. 6/10


Overdrive (Swe) - Angelmaker (2011)
Heavy Metal/Power Metal
Myspace
Por veces recordando a Maiden e algún que outro máis clásico dos 80 e por veces recordando a Mystic Prophecy por decir algo máis moderno, a proposta destes suecos pasa bastante desapercibida pola súa falta de creatividade, pero pode gustar aos que gusten do metal máis clasicote. A mín non me dixeron nada. 5/10


Division - Control Issues (2010)
Power Metal
Myspace
O que ofrecen estes americanos é un power-heavy metal bastante olvidable, onde tal vez o punto de maior dolor vén da parte da línea vocal do cantante, xa que creo que a súa voz non é o foco exacto do problema. Ó igual que o problema non é o dos guitarristas, senón de qué é o que tocan... dito noutras palabras: composición sen imaxinación é o que nos ofrecen Division, nin por parte dos riffs, nin sobre todo por parte das voces. 2/10


Bejelit - You Die and I (2010)
Power Metal
Myspace
Cando vín o nombre "Bejelit" automáticamente supuxen que se trataría dun grupo de Black Metal, pero nada máis lonxe. Bejelit son unha banda italiana de power metal (outra vez) que se afanan en seguir os pasos de Sonata Arctica nos seus primeiros discos. Obviamente eles non son Sonata e tampouco é que grabaran nos Finnvox, así que a pesar de introducir elementos "a veces un tanto máis escuros", este álbum quédase na pila, xa suficientemente abultada durante a última década de poweritalians que non dicen moito. 3/10

jueves, febrero 10, 2011

Queixa aberta dirixida ó Excmo. Señor Rector da Universidade de Vigo

Cando estiven estudando por terras extranxeiras, decateime das grandes diferencias entre as universidades de fóra e as de España coma a que me tocou, neste caso a Universidade de Vigo. O sistema era totalmente diferente e ademáis semellaba funcionar á perfección, xa que os alumnos saían formados das escolas, en non máis de 3 ou 4 anos, e seguidamente era habitual que encontraran traballo ó pouco tempo. As relacións cos profesores eran, como eu mesmo poido atestiguar, coma a dun equipo, na que a meta sempre era sen duda a aprendizaxe do alumno. Se se lle pedía axuda, o profesor facía o máximo posible para que o alumno aprendese, facilitáballe medios, resolución de dudas,... e, a diferencia do que estiven vendo nos meus anos de alumno da Universidade de Vigo, o obxectivo non era aprobar un único exame ó final. A meta era que o alumno realmente entendera a materia, unha vez que o profesor se percataba diso, a veces ata o exame (se o había, xa que non era algo por forza obligatorio) era unha ferramenta únicamente de apoio ou secundaria para focalizar unha nota. Do que un estaba seguro era que se o profesor sabía que tí te interesabas e aprendías e él o vía (mediante traballos, evaluacións continuas, tutorías nas que estaban pendentes da túa evolución,...) era que era moi difícil suspender algo.

Na Universidade de Vigo, o único polo que loitamos os alumnos é por aprobar un exame. O único para o que os profesores están é para correxilo. Moitos deles nin sequera lle fan caso ás horas de tutoría e, coma xa me tivo pasado máis de unha vez, a súa resolución de dudas deixa moito que desexar. Parece que incluso lles moleste que estudantes pasen polo seu despacho. Tal é o caso, entre outros moitos, de R. Diéguez, que, palabras textuales me dixo días antes dun exame, cando lle preguntei por un exercicio: "yo no estoy aquí para resolveros ejercicios", e máis tarde apuntillou "deberíais de coger un manual para resolver ejercicios". Curioso se, como é o caso, o exame trataba de resolver exercicios.
Realmente non entendo casos coma este, que xa me levo atopado uns poucos nesta universidade da que vostede forma parte. Non entendo que personas con tal hastío por enseñar poidan formar parte deste sistema. Unha vez lín: "o profesor mediocre, explica; o profesor bon, enseña; e o profesor óptimo, inspira". Teño que decir que con xente coma a que lle dixen, non se achega un nin ó primeiro nivel. Teño moitos máis casos e "anécdotas", sobre este e outros profesores, coma cando suspendeu ó 100% dos 300 alumnos que nos presentábamos ó seu exame, antes mediante as palabras "hasta ahora os habéis reído vosotros (supoño porque eramos 15 personas na súa clase e veu encherse 300 asentos no exame), ahora me voy a reír yo". Tal e como llo digo, eu estaba enfrente del cando dixo tal. O resultado foron 300 suspensos para un exame que non estabamos preparados para aprobar. A súa conclusión foi subir 2 ou 3 puntos a cada exame para ó final ter alomenos algún aprobado, que resultaron ser 11 personas. Seino porque eu non contestei a nada ben e saquei un 2 ou un 3 sobre 10. Un método.. curioso alomenos de correxir e aprende(he)r ós seus estudantes.
A cousa é que non o entendo, realmente non entendo porqué non hai nin un mísero control sobre estos profesores que literalmente "fan e ordenan como lles dá a gana", sen ningún incentivo para ensinar, sen ningunha gana porque os seus alumnos aprendan, nin ofrezan a mínima axuda pola súa parte. Por iso somos diferentes do resto de universidades europeas. Por iso cando ven un erasmus a Vigo se escandaliza de que en determinadas asignaturas haxa un 15-20% de aprobados por convocatoria, ou de que a gran maioría pagaramos academias externas para moitas asignaturas, xa que o que nos explican na clase non chega para pasar o exame que nos van a poñer. Por iso eles acaban en 3 anos, 4 ó sumo e nós en 7 ou 8 como media. Somos máis tontos? Somos peores? Non o creo. Creo que hai moi pouco control sobre o que ocorre no seno de cada facultade e que hai coma unha extrana crenza de que canta máis alta sexa a media de idade en acabar unha carreira, máis mérito ten, coma pasa nas Inxenierías Técnicas ou a Licenciatura de ADE de Vigo, cando son comparadas coas Inxenierías de Ferrol ou ADE de Santiago. Esta materia da idade escandalizaría a calquera outro europeo, créame.

Agora vostede dirá que hai métodos de queixa contra abusos coma os que lle levo contado. Sí, hainos, fun testigo do seu uso e archivo para non saír á luz nunca máis. Asignaturas coma "Dirección Financieira" de 4º de LADE, que leva unha carteira de máis de 400 alumnos por ano, ou queixas contra o profesor que lle dixen son archivadas nun gran montón de folios que ninguén reclama, ano tras ano, e xa corren moitos anos. O sistema non funciona. E todos o sabemos. Desde o momento en que o 90% da xente coa que compartín algunha vez algún curso se tivo que pagar unha academia privada (as cales están a rebosar nas súas clases, máis ainda que na universidade), o cal produce vergonza axena, e o feito de que os alumnos dupliquen os anos de estudio con respecto ó que debería ser e con respecto ó resto de Europa, significa que o sistema non funciona.

Logo de moitos anos, e agora que estou acabando decidinme a expoñer esta queixa, da que moitos alumnos son partícipes, pero non mostran máis aló de comentarios con outros alumnos e ex-alumnos case que por medo. Parece mentira e que esteamos así, pero sí, parece que hai profesores que teñen demasiado poder e escaso control e aproveitanse deso, por iso vai ser raro que ningún alumno mostre o seu malestar, pero máis de unha folga contra este sistema se merecía ter feito.
Tal vez Bolonia queira cambiar algo isto, pero estou seguro de que o único que cambiará será a superficie. Se no fondo se segue actuando coas mesmas caras, nunca haberá os cambios intrínsecos que se necesitan, e se eu soubera desto sería probable que a miña aventura coma universitario non fose realidade, ou alomenos o sería noutro lugar.

Un alumno "hastiado".

Relacionado: contabilidade de costes na Uvigo.

jueves, febrero 03, 2011

Microreviews Xaneiro'11 - 2ª quincena

Nota: As microreviews son 100% subxectivas pola miña parte.
Note: The microreviews are 100% subjective by my side.
0 - Non o quero nin regalado / I dont want it, not even as a gift
1 - Algúns chámano música, non serei eu / Some people call this music, not me this time
2 - Un álbum malo, sen máis / A bad album, no more no less
3- Gustaralle a algún, pero penso que hai mellores cousas para oír / Some people might like it, though I think there are better things to listen to
4 - Hai esforzo detrás, pero fáltalles saber facer mellores cancións / There is an effort, but they lack to do better songs

5 - Hai boas ideas, pero non pasa de ser un álbum máis / They've got good ideas, but not enough good as to be memorable
6 - Ten gancho e paréceme un bon disco / It has a charm, it's a good album
7 - Un bon album que supera a media / A good album above the average

8 - Un gran album que tería que ser apreciado pola gran maioría dos amantes do xénero / A great album that the mayority of the genre fans should like.
9 - Intachable, un album que merece a pena comprar / Flawless, a worth buying album
10 Intemporal
/ Masterpiece


Sirenia - The Enigma of Life (2011)
Gothic Metal
Myspace
Antes de nada, teño que admitir que o seu anterior traballo "The 13th floor" me acabara gustando a pesar de ter cero esperanzas nel; estaba repleto de cancións pegadizas, e máis ou menos poppies, pero con suficiente calidade.
Ésta é a primeira vez na historia de Sirenia na que unha vocalista repite dun album para outro, e bueno, parece que non é a única que repite. Explícome: "The enigma of life" sona a un pseudoplagio de "The 13th floor"... e é máis, "The enigma of life" sona a un pseudoplagio de "The enigma of life" en sí mismo. A voz da española Ailyn faise moito máis cansina que nunca -polo tono alto, polas líneas vocales...-; as estructuras parécense repetir dunha forma alarmante, e con elas as melodías, cousa que xa iba pasando co proxecto en solitario de Morten, Mortemia; os coros, coma en Mortemia e pasados álbumes de Sirenia, fanse caducos; os solos de guitarra copiando á melodía principal cansinos e predecibles; moitas cancións son clónicas... non sei qué máis se pode decir... quedádevos co anterior disco, xa que sabemos que Sirenia nunca volverá ós tempos do gran "At Sixes and Sevens". 1/10


Signum - Burn This Place (2010)
Death'n Roll - Melodic Thrash
Myspace
Signum é unha banda arxentina que practica Heavy-Death -como diría eu fai uns cuantos anos- ou mellor dito un Death'n Roll moi na vena de Carcass, ainda que tamén se poden intuír outras influencias coma a de Hypocrisy ou outros noventeros do estilo da escuela sueca de corte melódico. Desde logo, o punto malo deste álbum é a producción, que fai que sone coma sen forza. Os riffs e sobre todo os solos tampouco non son do máis inspirados que oíra nunca. 3/10


Scarlet Carson - Burn It All (2010)
Hard-Glam Rock-Metal
Myspace
Scarlet Carson é unha reciente banda americana que bebe los vientos por Skid Row. Por suposto acercárselle a Sebastian Bach é algo harto difícil, pero musicalmente toma moito influencia do grupo e, intentar, o cantante intentao tamén. Tamén se poden avistar influencias de Guns'n Roses e Buckcherry, que son dúas bandas polas que nunca sentín especial predilección, e non hai moito máis.: unha banda que non inventa nada, que toca riffs xa sobados moitas veces e que canta sobre as mismas cousas que todos; nenitas, drinking e rockanroll. O bon que teñen é que o que fan, non o fan mal. 5/10


Obscure Valley - Aaracê (2010)
Pagan Black Metal
Myspace
A pesar de estar formados hai máis de 15 anos, éste é o primeiro album destes brasileños, que practican un pagan metal con tintes épicos e voz rasgada que se alterna con coros e cánticos "guerreiros". O peor desta demo sen duda vén pola parte do sonido; parece que fora grabado nun búnker, ainda que ignoro se tal vez o grupo quixo darlle esa sonoridad "cavernosa" a propósito. Non me gusta nada cómo sona a batería nin as guitarras, e os teclados hai veces que se escoitan un pouco cutres e solitarios, pero pódese intuír que hai boas ideas detrás. Tan sólo lle falta unha mellor grabación para distinguir mellor os matices da súa música e un mellor aproveitamento da parte épica da orquestación, baixo o meu gusto.
E desde logo do mellor que teñen Obscure Valley é o diseño do logo. Xenial. 4/10


Timescape - Until Then (2010)
Progressive Metal
Web
Metal progresivo desde Suecia, terceiro traballo da banda, e, sen poder decir nada exactamente negativo, porque son bos músicos, e o traballo ten pasaxes interesantes, non me acaba de convencer. Creo que hai moitos grupos facendo xustamente este estilo.. na forma que o fai Timescape. Tal vez fáltalles crear cousas que realmente se queden na cabeza, porque mentres que vou oíndo "Until Then" xa van un par de veces ou tres que a cabeza se me puxo a pensar -a cabeza non para!- nas súas cousas durante un intre, e eso non é boa señal. Disco "correcto" pero con falta de garra tal vez. A mín fíxoseme largo. 4/10


Mechina - Conqueror (2011)
Atmospheric Industrial-Death Metal
Myspace
Como lin na crítica que sale en metal-archives, Mechina recorda a uns Fear Factory espaciales... e tamén recorda á BSO de Terminator 2! é máis, eu diría que sonan coma se a Fear Factory lle puxeran de background a banda sonora da peli do Chuache!! Pero eu non son tan complaciente coma o home que escribeu alí sobre o disco. Tal vez porque non son tan fan de F.F. ou tal vez porque os xogos continuos de palm-mute con pedal parécenme que quedan moi ben para unha ou dúas cancións, pero non para un disco enteiro.
É un disco interesante polo diferente da proposta e porque non está mal feito, pero a mín non me engancha, eso sí, amantes de Fear Factory, botádelle un ollo! 5/10


Algaion - Exthros (2010)
Melodic Black-Death
Myspace
Nunca oíra falar de Algaion ata que por ahí conseguín este disco, pero parece que levan case 20 anos de historia. A cousa é que asemella que non foi moi prolífica, porque polo que leo sólo sacaron 3 discos, Exthros inclusive. E faiseme raro, porque se os outros dous son do estilo deste, Algaion debería de ser alomenos un grupo popular da escena sueca.
Exthros
é un pedazo de disco de melodeath con voz máis black que fai especial incidencia nos xogos de guitarras dobladas e riffs case que intachables. En certas ocasións podemos oír teclados ou piano, ainda que sexa case que anecdótico, pero danlle un aire ós grupos de doom-melodeath finlandeses tipo Before The Dawn.. incluso aos seus compatriotas Dark Tranquillity, e outras veces, recordan aos Rotting Christ desta década, se pasades eso polo filtro do melodeath sueco tedes a Algaion. 8/10


Tristania - Rubicon (2010)
Gothic Metal
Myspace
Éste é un disco difícil de comentar, xa que a primeira oída resultoume totalmente decepcionante. Está claro que Tristania xa non son os mesmos que cando "Widow's Weeds", o genial "Beyond The Veil" ou "World of Glass", que para o meu gusto xa daquela rebaixou un pouco o nivel, que sigueu a tendencia con "Ashes".
Parece que a marcha de Vibeke fixo que Tristania optara por coller á italiana Mariangela Demurtas e tamén optara por seguir na senda que veñen tomando outros con glorioso pasado e dudoso presente coma Epica ou Sirenia: a senda da comercialidade e de prestarlle especial atención á sesión de fotos da cantante. Así en Rubicon podemos encontrarnos con moitos momentos de Pop-Gothic-Metal pegadizo e de deglución fácil. Pero foi a medida que lle iba dando oídas que me fun fixando máis nos detalles do disco, e ó final, aparte de esas concesións ao mercado quinceañero de corsés e paraguas "góticos" de telaraña (coma xa vín), Rubicon contén máis -tal vez non moi explotado en pos do que comentei antes-, coma a incorporación interesante de Kjetil Nordhus (Green Carnation, Trail of Tears) ou o escasamente aproveitado violinista Pete Johansen, aparte de melodías interesantes e ricos backgrounds musicales. Non son os de antes, pero non se pode vivir no que se foi, e este non é un mal disco de Gothic Metal accesible. 6/10


The Evil Amidst - Lords of the Nine (2010)
Black-Death Metal
Myspace
Un pedazo de disco de metal extremo a medio tempo. The Evil Amidst fórmano membros de outros grupos coma Malevolent Creation ou Kult ov Azazel e este é o seu primeiro traballo, unha obra que ten que quedar coma do mellor feito no metal extremo neste pasado 2010. O album ten guitarreo que se funde entre o black e o death, voz prominentemente death e bon gusto á hora de compoñer. Non se lle pode pedir moito máis a un disco, e dinme un gustazo oíndoo; ten partes realmente geniales, coma a canción "Decreator" ou esa segunda parte de "Onward Into Fire" que rompe con todo. 8/10


Redeemer (Can) - Global Exorcism (2010)
Thrash-Groove Metal
Myspace
Non son un gran amante desta clase de Thrash a medio tempo do tipo Pantera que alguén bautizou por ahí hai anos coma Groove Metal, pero de vez en cando disfruto con certos riffs coma os poden ter os primerizos Redeemer. Non está nada mal o debut destes canadienses, con toques ao Southern Metal ó estilo de Black Label Society e en xeneral bo gusto á hora de compoñer, tal vez o único que non me acaba de gustar sexa a voz, que por veces se fai demasiado lineal, polo resto, un disco decente, que lles gustará ós fans dos estilos mencionados. 6/10


Impaled Nazarene - Road to the Octagon (2010)
Black Metal
Myspace
Houston, temos un problema... un problema regresivo de carencia de... inspiración. En pasados albumes, con I.N. pasaba que nos podíamos encontrar con trallazos á vena, de riffs que se che quedaban á primeira, e de cancións speedicas coas que un convulsionaba con rabia. Logo, había outras, xeralmente escasas, que eran como un "pasapadiante" que "esto" non dice nada. Nalgúns discos máis ca outros...
Eu profundicei neste grupo con "Absence of War..." (2001) e inda hoxe faigo doble bombo na silla do escritorio sólo de pensar no disco, que queda lonxe a nivel de furia e inspiración deste "Road to the Octagon", no que nos encontramos que siguen nunha senda de altibaixos cada vez máis pronunciada.
De tódolos xeitos, e coma sempre con I.N. sabemos que nos encontraremos seguro: caña blackmetalera a todo trapo (ainda que menos acelerada ca antes?) con certo toque Hardcore-Punk-Thrash. Unha pena que eses riffs sexan tan pouco inspirados se os comparamos con algunhas das súas creacións pasadas. O 70% das cancións parecen caras B dos outros discos. Ainda así podémonos deleitar con trallazos coma "Gag Reflex", "Corpses" ou "Enlightenment Process". 5/10


Hate (Pol) - Erebos (2010)
Death Metal
Myspace
De primeiras collín moi ben este novo disco dos Hate, que xa levan 20 anos facento ese Black-Death Metal tan característico de Polonia e do que Vader e Behemoth pode que sexan os maiores exponentes.
Hate mantívose tal vez nun segundo plano con respecto a estes dous, pero con discos coma Erebos demostran que se poden achegar ao podio do Death polaco. Riffs moi contudentes, gran sonido e experiencia... tal vez o punto malo é que hai cousas que xa oín noutras bandas do estilo, e que a voz parezca unha imitación da dos 2 grandes anteriores, igual que certos riffs moi "Behemoth style".
A parte boa de Erebos é que incluso logo de varias escoitas, non perde forza. 7/10


Impiety (Sgp) - Worshippers of the Seventh Tyranny (2011)
Black Metal
Myspace
Non coñecía a estes Impiety, e eso que parece que levan desde o 90 practicando Black Metal desde Singapur! 20 anos e varios álbumes despois do seu debut, sacan este "Worshippers of the Seventh Tyranny", cunha única canción de case 40 minutos, un reto difícil para un grupo extremo, do que Impiety non sale moi ben.
Básicamente, o que se pode intuír na súa música son as influencias de Celtic Frost e aquela primeira ola de Black Metal añejo (que parece que seguen gardando coma influencia máxima en tanto tempo). O disco sostense en riffs decadentes e repetitivos, e de vez en cando hai algún punteillo interesante e blastbeat que rompe o tempo ou teclado testimonial, pero o certo é que non me acabou de convencer. Hai partes que non se cansan de repetir e, a pesar de que supoño que pretenden crear atmósfera opresiva, acaban máis ben agotando ó oyente. Polo outro lado da balanza, hai certos riffs e cambios de ritmo que non están mal. 5/10


Witchburner (Deu) - Demons (2010)
Thrash Metal
Myspace
O perfecto exemplo de grupo Thrash old school sen demasiadas ideas. Non hai moito máis que decir, sonido añejo para estar feito no 2010 e riffs añejos, sin moita gracia, repetitivos e trillados demáis xa. 2/10


Witchery (Swe) - Witchkrieg (2010)
Thrash-Black Metal
Myspace
Witchkrieg é unha apisonadora de furioso thrash que contén tal vez algúns dos mellores riffs que pariron Witchery, que por outra banda nunca foi unha banda que me chamara en exceso a atención polos seus pasados traballos. Neste parece que puxeron o mellor que podían dar, e conseguiron un gran disco de speed-thrash-black. Ademáis participan numerosos guitarristas de renombre facendo solos:
Kerry King (Slayer) - solo on "Witchkrieg"
Hank Shermann (Mercyful Fate) - solo on "The God Who Fell From Earth"
Gary Holt/Lee Altus (Exodus) - solo on "The Reaver"
Andy LaRocque (King Diamond) - solo on "From Dead To Worse"
Jim Durkin (Dark Angel) - solo on "One Foot In The Grave"
Johan Larsson - additional vocals for "The god who fell from earth", "From dead
to worse", "Devik rides out" and "One foot in the grave"

8/10


De Illumination - Onibarjo (2010)
Progressive Metal - Rock
Myspace
Primeiro álbum destes rapaces de Bangla Desh que practican un heavy-hard rock de tintes progresivos e moi melosos.
O disco empeza moi pomposo e interesante, pero a medida que pasan as cancións o tedio vaise facendo maior, coma se non desen arrancado. Dá a sensación de que estiveses oíndo un disco de baladas, pero un pouco sosas de máis. A mín recordoume a unha versión extraña de Timo Rautiainen que non acaba de enganchar. 4/10


Cavus - Fester and Putrefy (2010)
Black Metal
Myspace
Finlandeses que sacan o primeiro disco facendo black metal con algún regustillo punk e influenciados por Darkthrone. Non me dicen nada este tipo de grupos, suélenme parecer moi calcados e pouco elaborados, coma moitos grupos de punk. E Cavus non é dos que sobresalen precisamente. 3/10


Cypecore - Take The Consequence (2010)
Death Melódico
Myspace
Ainda que a escena do Melodeath está saturada desde hai anos, de vez en cando sale algún que outro grupo decente, que, a pesar de innovar cero, fan cancións que non son malas, e incluso algún que outro riff que se che pode quedar na cabeza. Este é o caso de Cypecore, que non inventan nada, pero que o que fan, fano ben. Nota: as últimas palabras do disco destes alemanes son ... "cojones grandes"??? ou eso ou moi mal teño eu o oído XD 6/10


Ocultan - Atombe Unkuluntu (2010)
Black Metal
Myspace
Auténtico Trve Black Metal desde Brasil, Ocultan xestouse hai máis de 15 anos, converténdose nunha banda de culto underground con certo recoñecemento por terras brasileiras. Practican un metal extremo na vena dos blackmetaleiros nórdicos da década dos noventa. Para o meu gusto non ten o mellor sonido, pero supoño que coma moitos outros grupos de black, esta sonoridade cavernosa e con certo eco, tanto na batería coma nas guitarras é o que realmente eles buscan.
Os riffs sacados por Lady of Blood (sí, unha única muller ás seis cordas) recordan aos antigos Darkthrone con algún que outro guiño a Dissection, ainda que moito menos técnicos. Atombe Unkuluntu non é un mal disco de black metal añejo, e incluso ten momentos moi interesantes, pero acaba por ser algo xa visto antes. 6/10
Video da canción O Triunfo da Escuridão


Grazed - Dragonsneeze (2010)
Death Metal
Myspace
Grazed é un grupo francés de Death Metal con algún que outro toque Thrash old school e algún que outro Grind, sobre todo na voz. As cancións son maioritariamente a medio tempo e non chegan a ser todo o contundentes que poderían chegar a ser. Ou alomenos a mín me deu a impresión. E ainda así, non é que sexan a panacea da orixinalidade en canto a riffs e composición, polo que a mín pasoume bastante desapercibido nas 2 veces que o puxen (e non me apetece seguir probando máis para ver se me dá entrado). Como nota curiosa, fan unha versión de "I love Rock'n Roll" seguido de.. algo moi extraño... na última canción. 3/10


Diktatur - La voie du sang (2010)
Black Metal
Myspace
Primeiro disco destes franceses que practican un black metal moi basicote e sen ningunha chispa. Moi monótonos, empezando pola voz e acabando polos riffs faltos de inspiración. A última canción "Revanche" pode ser do mellor do disco, pero non deixaría de ser unha canción decente no medio de moitas mediocres. 2/10


Les Discrets - Septembre et ses dernières Pensées (2010)
Post-Rock-Metal atmosférico
Myspace
Les Discrets é un grupo creado por un dos membros dos xa extintos Amesoeurs. A mín recordame a algo así como unha mezcla entre Alcest e os Anathema de "Judgement" e "A fine day to exit". Ten pasaxes moi conseguidos e melancólicos, envolventes e introspectivos. Non o pillei con moita ansia, pero foi un disco que foi crecendo a cada escoita. 8/10


Emerald Sun - Regeneration (2011)
Power Metal
Myspace
Dobles bombos, coros pomposos, cancións olvidables, power metal moi melódico de "boas vibracións"... con esta descripción, un poderíase estar referindo perfectamente a Freedom Call, e non está moi lonxe do estilo de Emerald Sun,... tal vez haxa algún toque a Sonata Arctica ou dos Primal Fear máis blandiños... O álbum está regulero, pero acaba sendo moi meloso para o meu gusto. 4/10


Exhumation (Rus) - City of Decay (2011)
Melodic Death Metal
Myspace
Ainda que cando o empecei a escoitar me gustou o que oía, pouco a pouco este álbum foise sumergindo na mediocridade do melodeath. Se fixeran esto fai 15 anos podería ser interesante, pero hoxe en día hai moita oferta desto mesmo. Estes rusos, que beben moito do melodeath sueco noventero quédanse no aburrimiento que aflora a partir da segunda canción. 3/10


Blindead - Affliction XXIX II MXMVI (2010)
Progressive Doom - Sludge Metal
Myspace
Denso e complexo disco desta banda polaca na que habita un dos antigos Neolithic. Supoño que será para gustos, pero a mín este estilo non é do que mellor disfruto oíndoo, entonces pode que estas palabras non sirvan de moito a aqueles que lles guste esta especie de Post-Rock/Metal atmosférico con toques Doom que outros denominan Sludge (ou eso alomenos é o que entendo eu por Sludge). A mín resultoume pesado e difícil de oír, pero non me atrevo a decir que sexa un mal disco, eso mellor déixollo ós expertos nese estilo. 5/10


Steel Seal - Redemption Denied (2010)
Power Metal
Myspace
Thomas Vikström?? De verdade é él? o de Candlemass e Therion? E cómo o ficharon estes italianos que non os conoce ninguén? Deben ter bos contactos.. porque como compositores non son moito allá.
O que nos encontramos neste álbum é un power bastante desaborido con toques a metal neoclásico, que nunca acaba de enganchar. Discos coma éste e o último de Symphorce e moitos máis son os que fan que cada vez lle preste menos atención ó Power Metal. 2/10


Seven Horizons - Seven Horizons (2010)
Progressive Rock-Metal
Myspace
Primeiro disco destes italianos que fan progressive metal moi melódico de temática cristiana. Tal vez o principal fallo é que sona moi ñoño en xeral, ainda que teñen algúns destellos puntuales. A mín acabáronme aburrindo a pesar de que técnicamente fano ben, pero hoxe en día fai falta máis ca eso para triunfar ante tanta oferta de grupos de Progresivo. 4/10



Barbe-Q-Barbies - "All Over You" (2010)
Rock-Hard Rock
Myspace
Os primeiros acordes de "All Over You" na canción "Spell" xa che poden decir cómo vai ser o resto do disco: Rock influenciado por AC/DC (esa primeira canción recordoume "un pouco" a TNT...), rock clásico e Hard Rock comercial. O único punto curioso é que sexa un grupo de tías, pero son musicalmente banales. Pouco que destacar aquí ainda que o que fan o faigan ben. Inclúen unha versión de Sweet, "Wig Wam Bang".... e a mín gústame máis a orixinal. 4/10