martes, marzo 06, 2012

Microreviews Febreiro'12 - II


Graveworm - Fragments of Death (2011)
Symphonic Black/Death
Myspace
Se xa dixen unhas cantas veces que o Black Metal provinte de USA, salvo contados casos, non é que me tire moito, podería decir o mesmo do Black Metal vido de Italia. E Graveworm son uns incansables e cansinos italianos que seguen apostando por un Black sinfónico e melódico típico, un pouco pasado de moda, e bastante pouco inspirado compositivamente xa desde hai tempo. Penso que o último disco que me gustou deles era aquel xa lonxano Scourge of Malice a principios do 2000 e desde esa o único que me quedou foi que en todos os discos tiñan unha versión blacker dun clásico do Pop ou Rock...
Este Fragments of Death xa é o quinto desde Scourge of Malice e os italianos seguen na súa de facer o mesmo estilo disco tras disco, ainda que desta vez alguén lles debeu aconsellar que variasen algo, e o que fixeron por consiguiente foi:
1. Meter guturales en vez de rasgados e un sonido máis death-crust -na súa xusta medida- de guitarra e baixo (se vé que na década do 2000 o Death e o "sonido Blackened Death" lle comeu terreno ó blacker, pero Graveworm déronse conta dez anos tarde)
2. Quitar a versión metálica do clásico Pop (vaia oh, se era a gracia que tiñan os seus últimos álbumes...)
Polo resto, temos o mesmo de sempre, ese Black sinfónico con sonido máis "Death" e "moderno", de temas melodías e riffs que se olvidan bastante rápido e un listado de 10 ou 11 cortes ó que costa chegar ó final sen darlle para diante polo medio a algunha canción. Quedádevos co tema do vídeo, que é un dos "bos" do disco, e ainda así creo que é bastante do montón...
Fatigue of Death. 3/10



Mystic Prophecy - Ravenlord (2011)
Heavy Metal
Myspace
Sensación agridulce a que me quedou con este novo álbum dos alemanes; Por un lado, gústame o sonido da banda, prácticamente en todo, hei de decir. Sempre gozaron dunha producción moi boa, que entre os riffs pseudothrashers e sonido particular das guitarras e voz, fixéronos un grupo moi recoñecible entre a maraña de bandas de Heavy-Power europeo. Mantiveron un sonido bastante propio durante os xa 7 discos que levan, e non notaron como se podería temer, a falta de Gus G., un dos seus membros fundadores, cando éste se pirara para centrarse en Firewind. De feito eu diría que o mellor disco de Mystic Prophecy foi o primeiro que sacaran sen él, o Savage Souls. Polo tanto, con esta mezcla entre sonido pro e propio da casa, sempre centrándose no "riff", a mín sempre me resulta agradable oírlles cousas novas.
Agora ben, despois de darlle unha oída a fondo a Ravenlord, o que me acaba fallando finalmente é que o traballo compositivo non é o mellor que lles oíra. A maior parte das cancións pasan bastante desapercibidas, e a sensación final é a de que oín un disco bastante do montón. Xa me pasara algo así co seu anterior, e a historia repíteseme. Se a esto añadimos que o disco dura uns 40 minutos, nos que se inclúe a versión de Miracle Man de Ozzy, creo que Mystic Prophecy sacaron un CD simplemente para manterse no "candelabro" e pouco máis.
Agridulce. 5/10


Alestorm - Back Through Time (2011)
Power-Folk Metal
Myspace
Este era un deses álbumes que tiña gardados por aquí e que tiña certa pereza de oír, a pesar de ter disfrutado cos anteriores traballos da banda. Supoño que sería porque me temía un "máis do mesmo"... e non iba moi alonxado na miña intuición.
Back Through Time é o terceiro disco de Alestorm, banda que explotou a raíz do seu disco debut Captain Morgan's Revenge no 2008, facendo algo relativamente orixinal, mezclando melodías folk con Power Metal sinfónico poñendo como contraste un punto de vista inspirado no mundo pirata, cunha voz raspada e pouco melodiosa, case máis habitual do Thrash Metal que do Power. Un punto que acentúa a base de "Metal Pirata", coma o fixeron Running Wild, e que choca coa maioría de bandas de Power Metal, que buscan cantantes clónicos que cheguen o máis alto e claro posible. Ata aquí, ok, Alestorm chamaron a atención pola súa proposta e por melodías realmente pegadizas nos seus dous primeiros álbumes, pero neste Back Through Time, a línea é exactamente a mesma, perdendo un pouco a gracia que crearon nos 2 primeiros CDs. Nótase que quixeron meter algo máis de mala leche en certas partes, coma na primeira "Back Through Time", cuio comezo podería cadrar máis nunha banda de Black sinfónico, ó igual que certas partes da final "Death Throes of the Terrorsquid", nas que parece que o mesmo Ihsahn esteña cantando. O malo é que todo o que hai no medio xa sona a algo feito por eles, e, a pesar de ter algún tema que pode estar ben, hainos que parecen de relleno e que alomenos a un servidor, xa non lle sorprenden a estas alturas. A aposta de Alestorm é claramente a de continuidade, veremos cánto lles dura facer o mesmo tipo de estribillos e melodías folkies de teclado-acordeón.
Piratas con patas de plomo. 6/10


Illnath - Third Act in the Theatre of Madness (2011)
Melodic Black Metal
Myspace
Sempre tiven unha boa impresión dos traballos previos destes daneses, especialmente do seu disco debut Cast Into Fields Of Evil Pleasure. E esperábame algo parecido para o seu terceiro CD logo dun parón de 5 anos...
...e o veredicto é... "sí... pero no".
Explícome: a pesar dos cambios de formación, nótase que quen fai a música de Illnath é o seu único membro desde as orixes, o guitarrista Pete Falk, porque o estilo da banda prácticamente non variou desde os seus inicios, con esa mezcla de Heavy-Power Metal e Melodeath-Black Metal. O consecuente fruto deste apareamiento é un híbrido que recorda a unha mezcla entre os mencionados Graveworm, Children of Bodom,.. e pode que uns Eternal Tears of Sorrow cun deje de Gothic-Black vampírico noventero e sinfónico que tamén me recordou a aqueles Twilight Ophera. Penso que con todos estes nomes un xa se pode facer unha idea de por onde poden ir os tiros se nunca oeu a Illnath.
Na parte negativa, gran parte negativa... eu diría que o baixón compositivo desde Second Skin of Harlequin é considerable, sendo a maior parte das cancións deste Third Act in the Theatre of Madness coma unha colección de remakes de anteriores temas seus, pero sen gracia e chispa, pasando bastante inadvertidos para o oínte medio. A cantante nova tampouco aporta demasiado a mellorar o producto final, eu diría.
Esperemos se recobren deste bache. 3/10


Krux - III - He Who Sleeps Amongst the Stars (2011)
Heavy-Doom Metal
Myspace
Non tiña idea da existencia deste "supergrupo" sueco formado por, ollo:
Jörgen Sandström: o xefe de The Project Hate MCMXCIX
Leif Edling: baixo en Candlemass,...
Peter Stjärnvind: Damnation, Nifelheim e ex de Unanimated
Mats Levén: ex-Therion, ex-At Vance, ex-Candlemass e mil ex- máis xunto con outros tantos proxectos actualmente nos que pon voz.
Fredrik Åkesson: guitarra en Opeth,
Carl Westholm: teclados hai un tempo en Candlemass
... vaia!
A verdade é que cun cartel de empleados así, non podería saír nada malo, eso sí, en teoría, porque non é o primeiro proxecto de "supergrupo" que se queda ás primeiras de cambio. Sen embargo, esto non parece ter sucedido con Krux, xa que éste é o seu terceiro disco desde o 2002, e, ainda que con paso tranquilo, parecen ter salido victoriosos perante a crítica cos seus anteriores traballos. Tereime que poñer un día con eles, porque se desprenden tanta calidade coma éste III - He Who Sleeps Amongst the Stars, son a todas luces dignos dunha escoita.
O que fan Krux é un Doom moi basado no Heavy Metal, tanto setentero coma oitentero, sendo como principal influencia Candlemass e Black Sabbath, ainda que, pode que por eses teclados hammond e pola voz de Mats Levén, tamén me viñera á cabeza en determinados momentos os Therion máis tendentes ó Rock-doomy dos últimos discos. Con algunhas partes máis Stoner-psicodélicas e outras máis épicas, o tono xeral do disco é de densidade e escuridade, con riffs pétreos pero heavies bastante decentes.
Na parte negativa, podería decir que hai temas entre os 7 de III... que non creo que dén a talla do resto; "The Death Farm" e "A Place of Crows" non fan un final por todo o alto para ser un disco redondo, alomenos a mín non mo pareceu, pero aínda así...
...un supergrupo que dá a talla. 8/10



Golden Resurrection - Man with a Mission (2011)
Power Metal
Myspace
Por aquí volven os de sempre... xa lles vou chamar así porque todos os proxectos nos que están metidos os músicos de Golden Resurrection sonan prácticamente igual, e nos últimos anos teñen unha profusión de inspiración desbordante. E é que nos últimos 2 anos, entre discos de Golden Resurrection, Reinxeed, 7days, Divinefire, Audiovision... lo dán todo. Eu diría que o peor sexa o que mencionei antes, de que todos estes proxectos dos membros de Golden Resurrection sexan tan parecidos entre sí, facendo máis ou menos todos ese Power con toques neoclásicos e con certa base no Heavy ochentero e de temática cristiana.
Así que o que nos encontraremos en Man with a Mission será outra vez máis do mesmo; un estilo moi usado xa, que difícilmente nos sorprenderá, pero que no seu favor direi que está bastante ben feito neste caso e que probablemente gustará ó seguidor medio do Power Metal melódico. O traballo guitarreiro e compositivo recordoume ós primeiros discos do seu compatriota Yngwie Malmsteen (Rising Force, Marching Out, Eclipse... ou sexa, os mellores) sobre todo en temas coma "Golden Days", "Finally Free" ou a neoclásica instrumental "Metal Opus 1C#m"; e na parte vocal, Christian Rivel é un seguro. Unha producción impoluta e temas que máis ou menos enganchan completan un disco que non sobresairá pola súa innovación, pero que non hai dudas de que esteña ben feito.
Como curiosidades, comentar que o riff co que comeza "Standing on the Rock" está case plaxiado de Bark at the Moon, e tamén que o disco empeza con "Man on A Mission" -ollo co videoclip, curiosamente parecido ós 3 primeiros da banda que comentara por aquí XD-, que me levou directamente ó 1985, con Rocky Balboa entrenando na neve para vencer ó temible Ivan Drago XD
Outro máis, pero ben feito... 7/10


Lantlôs - Agape (2011)
Atmospheric Black-Post Rock
Myspace
Penso que calquera que estivera metido mínimamente no mundo do Black-Shoegaze, como algún deu en chamar este subestilo que se puxo tan "de moda", conoce a este proxecto da mente de Alcest, o señor Neige. Agape é o seu terceiro CD logo dun par que lles supuxo certa fama polo mundillo e adeptos dos sonidos máis Post-Rock-depre dentro do Black Metal.
Recordo ter oído algo dos anteriores álbumes, e, sinceramente, quédome con Alcest -sen desprestixiar tampouco a Lantlôs-. E desde logo agora aínda máis, vendo que neste novo Agape, o trío francés se decanta por uns sonidos moito máis doomies e con máis cercanía ó ambient, no que as guitarras toman formas case de Dream-Jazz-Pop (se é que esto existe XD) e a lentitude toma forma de repetición e aburrimiento en lugar de evocar mundos oníricos dentro da mente. Agape, é sin duda para un servidor, un disco que non dice absolutamente nada e que baixa o listón do que lles tiña oído considerablemente. Un álbum que pretende transmitir moito feeling e que se queda nun intento vacío, fácilmente olvidable e que probablemente cobre algo de fama debido á pequena lexión de fans que está crecendo ó redor dos proxectos de Neige, pero nada máis. Se Agape fora firmado por outro grupo calquera que se une á moda do Black-Shoegaze, pasaría inadvertido.
Pretenciosamente vanal. 2/10


Sons of Seasons - Magnisphyricon (2011)
Progressive Power Metal
Myspace
Sons of Seasons é outro supergrupo nacido pola iniciativa de Oliver Palotai, o teclista de Kamelot, que tamén traballa coma guitarra nos últimos traballos de Doro. Este home fichou ó baixista de Silent Force, ó ex-batera de Blaze e ó gran Henning Basse para a voz, aproveitando a disolución de Metalium, para confeccionar un grupo de bos músicos que puideran plasmar o que tiña en mente.
Magnisphyricon é o segundo traballo en 2 anos de Sons of Seasons, cousa que establece a esta banda non sólo coma un mero proxecto, senón coma aposta de permanencia na escena do Prog-Power. Desde o primeiro tema (logo da intro) de Magnisphyricon, o que está claro é que é un traballo cunha producción de altura, moi profesional e cercana ó mellor que se poida oír hoxe en día salido de Europa. O estilo, pois a mín recordoume moito a Kamelot, tal vez ahondando máis no aspecto Prog/heteroxéneo que no Power "de estribillo", e cun Henning Basse que canta dunha forma extraña, parecendo que esteña por ahí Andi Deris tentando imitar a Khan... XD
A pesar de que os alemanes lle intentan imprimir distintos carices, coma a inclusión dalgunha voz feminina (de Simone Simons) ou algún rasgado, melodías diferentes, algunha inclusión máis jazzy, outras máis clásicas e outras máis prog-sinfónicas, Sons of Seasons non logran enganchar con temas que realmente se peguen no oínte. Hai certas cousas esparcidas por cada un deles, que é indudable que poseen detalles compositivos moi pensados, pero que no cómputo global quédanse nunha experiencia da cal se poden sacar poucas cousas. Tal vez necesite máis escoitas para ser disfrutado ó máximo, pero na miña cuarta xa me dín de conta que o que lle falla a Sons of Seasons non son as ganas de facer música heteroxénea e creativa dentro do Prog-Power, senón que é facela atraínte e que realmente pida volverse a oír. Sei que esto que comento é complicado e que poucos grupos o conseguiron, pero, a pesar dunha calidade sonora e instrumentística fóra de toda duda, os temas de Magnisphyricon deixáronme maiormente frío.
Pijus Magnificus. 6/10


Grand Illusion - Prince of Paupers (2011)
Hard Rock/AOR
Myspace
Non mo pareceu cando os primeiros acordes de "Gates of Fire" empezaron a sonar... ese aire orquestal despistoume sobre a miña idea inicial, e non foi ata que chegou o estribillo cando dixen: "AOR ochenterísimo. Probablemente banda con máis de 20 anos de experiencia". E non fallei, bieeen! XD Pero é certo, este grupo é máis ochentero que unhas hombreras plateadas, e non o disimulan en absoluto dentro do seu Rock melódico con trazas de AOR, guiado por unha voz e coros dignos da época na que se quedaron anclados Grand Illusion.
Parece ser que éstes suecos se chamaron Promotion -vaia nome máis extraño- cando empezaron no 86, e no 2001 decidiron cambialo polo seu actual, baixo o cal sacan xa o seu séptimo álbum.
Non estiven nunca moi metido nos mundos do Rock melódico e AOR, porque moitos daqueles grupos sempre me sonaban igual e non foi un mundillo que explorara moito, pero esto non quere decir que non valore cándo me encontro cun grupo que ten as ideas claras e fai un set de cancións do que realmente a metade acaban dalgunha maneira dentro da cabeza á segunda escoita, mantendo certo interés instrumental ó mesmo tempo. Ese é o caso de Grand Illusion, que permanecendo estrictamente dentro dos cánones máis tradicionales do Hard-AOR sen arriscar moito, conseguen facer un álbum bastante decente. Eso sí, se lle tedes tirria a todo o que sone ochentero, sobre todo o relacionado con voz e coros agudos, de "boas intencións-poppy" con teclados e melodías que poderían pertencer á banda sonora de Rocky 3 (outra vez con Ivan Drago ás voltas XD), diría que corrades un tupido velo ante esta microcrítica.
Penso por outra banda, que os amantes de Journey, House of Lords, Dokken, Harem Scarem... disfrutarán deste Prince of Paupers.
Ata o teaser do álbum é ochentero! XD. 7/10


Morifade - Empire of Souls (2011)
Heavy-Power Metal
Myspace
Hai un tipo de Power Metal europeo diferente ó máis popular que encabezan grupos coma Stratovarius, Freedom Call, Hammerfall, Sonata Arctica, Helloween,... Un tipo de Power Metal máis cercano ó Power Americano, nese eslabón entre o Heavy e o Thrash, e que por algunha razón non ten tanta acollida coma o das bandas mencionadas, que foron copiadas e versionadas -e autoversionadas- ata a exasperación. Dentro deste Power, máis "duro" e con máis énfase nas guitarras, hai bandas moi boas, que van sobrevivindo a duras penas, coma Morifade, con 20 anos de historia, pero que apenas sacaron 4 traballos incluído éste último aparte de demos e EPs.
Empire of Souls é o primeiro álbum logo dun largo parón de 6 anos, pero que non varía excesivamente do estilo que lles recordaba -xa lonxanamente- ós suecos: Heavy Metal con algúns teclados que nunca se sitúan por diante, sólamente acompañan -e non sempre aparecen-, dándolle case que total protagonismo ós riffs e á voz. A sección rítmica sona cumplidora, sen caer nos excesos de doble pedal propios dos "Poweuropeos", e os temas manteñen o vilo, contendo cambios de ritmo interesantes. A mín Morifade recórdanme a uns últimos Angel Dust -grupo inxustamente olvidado neste mundo do Power europeo- con menos presencia de teclado, no que tanto a forma de compoñer coma a tendencia vocal se asemellan considerablemente. Para mín, eso sí, Morifade non chegan ó nivel alcanzado en discos coma Bleed ou Enlighten the Darkness en composición, pero cumplen bastante ben, facendo deste Empire of the Souls un dos bos discos de Power salido no 2011 neste continente e digno de ser escoitado, pero que probablemente pasará desapercibido debido ó ostracismo deste subestilo de Power que parece non convencer ás masas. Grupos coma os mencionados Angel Dust, Tad Morose, Guardians of Time, Morgana Lefay, Pyramaze,... son bos exemplos desto.
Resistindo. 7/10