miércoles, abril 16, 2008

As traduccións da gallega non che son coma peneirar, meu I


Os demáis volúmenes

Fai tempo recibira un mail que relataba traduccións libres en pelis na gallega, acordeime fai pouco falando con algun amigo e decidín xuntalo con outro que tiña desde fai tempo e algunha cousiña que se me quedara grabada XDD

Diálogos memorables cortesía da TVG

"Podo cheirar a tua crica dende eiqui" Dice un preso a Jodie Foster cando entra por primeira vez a ver al Hannibal Lecter en "El silencio de los corderos", non me acordo da traducción que se lle fixera a este título... "o silencio dos años"? :)

"¿Estás bébeda Sue Elen?" Frase para a posterioridad en Dallas.

"¿Cómo?¿Fodiches nela?" O colega a Michael Douglas en Instinto Básico.

"Ti ves unha perrecha e poste tolo" O colega a Michael Douglas en Instinto Básico.

"Mete o facho no cú, mono da merda" Charlton Heston a un simio en O planeta dos simios.

"Escomezamos a mañá cunha tonada de Ana Kiro" Charlie Sheen en Hot Shots 2 a punto de caer inconsciente por un golpe na cabeza.

"A rañala, raparigo" O mítico "Sayonara Baby" de Terminator.

"Para vencer a Austin Powers témoslle que lle roubar o seu...mollo". O Doutor Maligno, xunto co seu Minieu, conspirando para roubarlle o mollo a Austin Powers.

"Vou facerme medieval co teu cú" Frase inolvidable de Pulp Fiction.

"¡ACURRALADO!": Grito-título ó comenzo de "Acorralado" (a de Sylvester Stallone).

"¡Hey ti!, ¿estás a foder na miña irmá?": Pregunta que lle fai o irmán da novia de Rocky a Sylvester Stallone en Rocky 1.

"¡Terma Chiwi, que escorrego!": Han Solo a Chewaka cando o primeiro se resbala pola ala do Halcón Milenario.

"E ti ris. FURABOLOS!!": Han Solo a Chewaka cando Leia lle da calabazas (tradución de "y tu de qué te ries?").

"Acouga Chewie, o forno non esta pra bolos": Han Solo a Chewaka

"Isto non che é coma peneirar, meu!!": Han Solo a Luke cuando éste lle pregunta por qué tarda tanto en entrar no hiperespacio.

"¡Meu día, meu día!!": A un piloto americano péganlle un zambombazo ó avión nunha película sobre a Segunda Guerra Mundial (Tora Tora Tora). A tradución literal/literaria do sinal de socorro Mayday ó gallego non podía ser máis acertada XDD

"Roncalle o carallo" Tony Montana a Many en "O prezo do poder"(quería decir "hay que joderse")

"Perrechas!! perrechas pequenas, perrachas húmidas, perrechas peludas…" Aberto ata o mencer.

"Entras nun urinario público, poste a falar cun moscovita, e cando rematas de abanea-la pirola, amas esa cidade" Sean Connery en “A casa Rusia" XDD

" Bueno, non empecemos a chuparnos as pirolas" Harvey Keitel en Pulp Fiction. Peli que recomendo encarecidamente ver en gallego. Impagable tamén o momento de Bruce Willis "Cago na cona! Cago na cona! Cago na cona!!!"

"¿Gustaríache comerme a perrecha?" Juliette Lewis a Tarantino nunha escena de Aberto ata o mencer.

"És un pimpín Son Goku" frase de Vexeta... Ah! qué tempos! ou tamén "Voute esnaquizar verme noxento" dalgún malo en Dragon Ball.

"Cacho trapalleiro": Harry Potter e a pedra filosofal

"Poñame media de callos!" en Hot Shots, un personaxe que desvaría logo dun accidente.

"¡¡Pensei que ía pras patacas!!". Sylvester Stallone a Sandra Bullock en Demolition man (O demoledor) cando ten un accidente nun coche e pensa que se mataba.

"ESCORRENTADA!!!!!!!" nunha de vaqueiros, en castellano "ESTAMPIDAAAA!!!!!"

"Ti es parvo rapaz. Ou é que che chove no tellado, paspán?" en "El último dragón" (non me acordo da tradución ó gallego), en castellano: ¿tu eres tonto, qué es lo que haces imbécil??

"Fillo do porco, marrán seguro". Sean Penn consigue unha énfase inédita no equivalente de : "de tal palo, tal astilla" en Mystic River.

"Luke, non poñas o carro diante dos bois". Yoda a Luke SkyWalker en El Imperio Contraataca. Quén non sabe este refrán interestelar?

Burt Lancaster e outro mais, nunha pelicula de piratas ian xuntos cantando "levamos unha borracheeeeira, de viño, que auga non bebo, mira, mira maruxiña mira, mira como veeeeño"

"Francamente querida, impórtacheme un carallo": Rhett Butler a Scarlett O'Hara, ó despedirse dela en "Lo que el viento se llevó", tradución de "Francamente querida eso non me importa".

Buscando buscando, atopeime con que alguén dice que na gallega traduciron a peli gigoló na publicidade coma "o home puta"!!! (desto non teño plena certeza)

Recomendo sobre todo ver co doblaxe da galega estas 3: Pulp Fiction, Aberto ata o mencer e Jeepers Creepers (número de tacos por minuto asombroso, e mellor ainda, deses tacos en gallego dos que molan XDD). Demolition Man non desmerece tampouco. Había algunha máis, pero xa non recordo. De verdade, non ten desperdicio.
Outras que podemos ver a miúdo, e que personalmente eu aprendín gracias á TVG :P
"es un malencarado"
"papaberzas"
"papón"
"pailán"
"chaíñas"
"meu"
"non tal?
-NON TAL!"
e moooooitas mais XDD
Non sei, pero sempre me fixo especial gracia a obsesión que os da gallega teñen cos callos XDD... en Harry Potter lembro outra tradución que era algo así como "grageas de sabor a vómito" e traduciano coma con "sabor a callos" XDD
E logo aparte que os insultos sonan moito mais fortes en gallego... ou mo parece ou realmente tradúcenos máis forte, pero a min faime moita gracia... tanta que pelis coma Jeeper Screepers, que posiblemente deixaría á metade se a vira en castellano, na TVG veríaa cantas veces puidera hehe.
A ver si próximamente poñen/vexo algunha peli máis e fíxome para renovar este post con máis frases. Son a monda XDDD
O ano da carracha (El año de la garrapata)

Con baixo volumen, qué pena! :(