Epic Gothic Doom Heavy Metal
Oficial
Como o novo de Therion non é que me entusiasmara precisamente, pensei que neste 2012 podería encontrar uns sustitutos válidos nos debutantes Opera Diabolicus. Éstes son un proxecto bicéfalo, comandado por David Grimoire e Adrian de Crow, un músico e un letrista respectivamente, que parece ser que acordaron facer un disco inspirados por unha obra escénica de "O nome da Rosa" de Umberto Eco á que ambos asistiron en Suecia e onde se conoceron por casualidade. Sona un pouco a cuento, pero bueno, tanto dá, a cuestión é que hai coma uns 5 ou 6 anos empezaron a discurrir este 1614, ano da morte de Elisabeth Bathory á que dedican un tema e a portada (ou sexa, que todo eso do Nome da Rosa... é moi bonito para a historia da banda, pero quedouse un pouco a un lado XD).
Así, unha vez lanzado o álbum, os comentarios que lín eran máis ca esperanzadores: unha Opera Metal con elementos de King Diamond, Therion ou Mercyful Fate que se vén envoltos nun Gothic/Doom progresivo. Impresionante. E en gran parte esta descripción é certa, ademáis conta coa colaboración de dous que traballaron con Therion coma Snowy Shaw e Mats Levén, logo Niklas Isfeldt (Dream Evil) e unha tal Alisander-Ason como voz operística feminina.
Por se fora pouco, o disco sona moi ben, e as composicións están moi traballadas, con partes brillantes no medio dalgunhas cancións.
O malo... esto non supera a mellor época de ningunha das bandas mencionadas. Por algún motivo, o producto final desta suma de interesantísimas cousas non deu chamado a miña atención tanto coma intuía nun principio. Bueno, nin nun principio nin nun final, xa que debo levar oído máis de 7 ou 8 veces o CD, e segue sin tocarme a fibra. É algo extraño, xa que os ingredientes cos que está feito 1614 son moi do meu agrado, pero, sen ser tampouco un mal trago, deixoume algo destemplado. 6/10
Sear Bliss -
Eternal Recurrence (2012)
Atmospheric Black Metal
Tema: A Lost Cause
Recordo que descubrira a estes húngaros polo EP "Pagan Winter" por aló do 97, e resultáranme xa daquela un grupo bastante curioso. Nunca oíra unha banda de Black Metal con trompeta. Era cando menos desconcertante. Nesto, Sear Bliss poderíase considerar unha banda pionera, ainda que realmente a súa proposta non causase excesiva expectación nin fose modelo para outras bandas -polo que vín-.
Xa pasaron anos desde aqueles comezos interesantes, uns vinte xa, e os húngaros non pararon de evolucionar na súa personal maneira de entender o Metal extremo. Así, a principios deste 2012 sacaban o seu séptimo CD, Eternal Recurrence, con moitas máis concesións á experimentación que antes. Riffs extraños envoltos de vez en cando pola famosa trompeta, momentos ambientales pseudojazzies apoiados por teclado e melodías vocales bizarras conxúntanse nunha atmósfera máis vanguardista e cambiante do que eu me esperaba. O malo é que nunha vista xeral o álbum non me acabou de convencer, e supoño que nesto ó que lle toca é, ó de sempre: á composición, que sí que intenta ser todo o variada que pode, pero que a mín non me enganchou coma en pasados traballos. 5/10
Doom Metal / Post Rock
Bandcamp
Tema: Enchantress
Procedente do Reino Unido, Landforge é un one-man-project (Stephan Carter) que se decideu por combinar dous estilos que sempre lles vín posibilidades de conxunción: o Doom e o Rock atmosférico ou Post Rock. Ambos xéneros derivan na mesma pretensión de levar ó oínte a un estado melancólico e escuro a través de música lenta e ambiental, nun caso con guitarras máis profundas que no outro, e o señor Stephan Carter consegue aunar momentos de densidade con outros de guitarras en clean con rotundo éxito. Melodías largas e temas orgánicos fan que nos olvidemos da necesidade de voces nin letras, nin sequera teclados, para transmitir certos sentimentos.
Servitude to Earth é o segundo álbum de Landforge (que ó principio pensaba que sería unha banda de Power Metal XD), un CD feito con dedicación e feeling. Se tivera un sonido máis contundente daríalle un plus, pero tal e como está presentado xa sobra decir que aquí hai calidade.
45 minutos que se pasan sen darse de conta 8/10
The Forsaken - Beyond Redemption (2012)
Melodeath / Thrash Metal
Tema: Beyond Redemption
No
primeiro post de Microreviews de Decembro falaba sobre "a segunda ola"
de Death Metal (incluíndo o Death old school, Melodic Death e o
Death-Thrash) que se produxo en Suecia a finales dos 90-principios dos
2000, decindo que prácticamente ningunha daquelas bandas conseguiron
facer o que os seus antecesores; nin chamar a atención a nivel
internacional sendo exemplo para outras, nin tan sequera ser recordadas
máis aló dos círculos do seu xénero. The Forsaken pode ser outro exemplo
máis desta casuística, xa que, cunha gran axuda nos seus primeiros
álbumes, proporcionada por Century Media, que vira un gran mercado na
marca "swedish melodeath" a principios da pasada década, estes suecos
chegaron a sacar 3 discos en 3 anos. Os 3 grabados nos prestixiosos
Abyss Studios cun ingeniero de pro coma Tommy Tägtgren, irmán de
Peter, polo que sobra falar sobre a calidade de sonido daqueles álbumes. O
malo é que a música de The Forsaken non conseguiu chamar a atención do
público, supoño que polo pouco innovador da súa proposta. Recordo ter
oído algún daqueles tres CDs naquela época e decir "sí, sona guay, pero
prefiro escoitar Into The Abyss (Hypocrisy), Timeless Departure
(Skyfire), The Avenger (Amon Amarth) ou Sindustries (Gardenian)".
Algo así pasa coa volta ó ruedo logo do seu último disco en 2003;
Beyond Redemption é un disco que se oe bastante ben, hai momentos nos que certo riff ou
cambio poden chamar a atención, pero en líneas xerales reincide na mesma pouca imaxinación que tiveron moitas outras bandas de Melodeath sueco surxidas nos 2000. É
difícil escoller temas, xa que todos van rallando a un nivel parecido; dosis de old school mezclado con melodía, algún guiño
thrasheiro e sonido denso e contundente, totalmente profesional. Penso
que ós máis fans da movida sueca lles poderá interesar, pero nos meus
ollos non deixa de ser outro CD máis, con gran producción pero normaliño en canto a composición.
Unha volta polo mesmo sendeiro. 5/10
Ensiferum - Unsung Heroes (2012)
Symphonic Folk Melodeath
Oficial
Tema: In My Sword I Trust
Malas vibracións me deron as primeiras oídas do novo de Ensiferum, e a miña percepción non mellorou co tempo. Sorprendeume ver que na maioría de webs que suelo checkear en canto a novidades, os comentarios eran similares ós meus e incluso bastante peores nalgúns casos. Non suele pasar XD
Unsung Heroes é o quinto LP dos finlandeses, e para mín sen duda o peor da súa carreira e un gran baixón desde o From Afar.
Parece que o baixista, durante o período de grabación dixo algo así coma que moitos riffs eran antigos, desbotados doutros discos, cousa ésta que non me extraña, porque distan da frescura que a estas alturas se lle pode esixir a Ensiferum. Para darlle un aire novo a eses riffs, os suomis pretenderon proveer cunha envoltura moito máis épica e menos vikinga a este novo disco, facendo que certas pezas non parezcan propiamente deles. Ademáis, podemos observar tanto unha deceleración xeral de velocidade, e un maior uso de voces limpias/coros, que xunto cunhas composicións bastante mediocres, sobre todo na parte central-final do disco, sacudiron a boa parte dos seus fans. Por exemplo, "Celestial Bond" é unha peza acústica cantada por unha rapaza, é unha composición certamente celta, e non está mal, pero dá a sensación de estar fóra de lugar no álbum, ó igual que "Star Queen (Celestial Bond II)" que contén unha línea melódica vocal.. asiática? e que se fai extremadamente larga para os 6 minutos que dura. "Pohjola" tén unha estructura desordenada, confusa, onde a melodía principal podería ser máis ben dos Amorphis noventeros -e seguro que eles a aproveitarían mellor-, e o estribillo sona absolutamente Metsatöll. "Last Breath" é un tema tamén acústico -2 cortes acústicos de máis de 4 minutos?-, outro relleno que non dice nada e que parece máis ben composto por Turisas.
Pero o prato forte vén coa interminable última canción de máis de un cuarto de hora "Passion Proof Power", un caótico corte que parece que non dá empezado, cunha melodía vocal moi fulera, e extractos de piano, de voces operísticas, de Metal progresivo, neoclasicismo... un pseudoplaxio de Amorphis entre o 5:30 e o 7:30, con esa mesma forma de facer melodías e con ese aire de Rock setentero levado a Death -que ollo, para mín é do mellor do CD-. Logo tamén apareceron pola miña mente Therion, Nightwish, Dream Theater... no que parece un collage sen ton nin son no que Ensiferum se perderon sen dúbida.
Está ben o da amplitude de miras, pero penso que neste álbum Ensiferum quixeron ser algo que non son, quizáis por falta de ideas propias que continuasen a boa senda que levaban, e que se nota nos temas máis típicos seus, mediocres no mellor dos casos. En todo caso, serviulles para o propósito principal que parecen ter a maioría de bandas actualmente: ir de xira.
Para cerrar, obsequiannos cunha versión divertida de Bamboleo, que nin sequera souberon facer no seu propio estilo, senón que para ela tiraron de Mokoma e Stam1na... hai que ver...
Gran bache. 3/10