martes, abril 14, 2009

Sobre redes sociales



Ben, estou de volta á normalidade logo dun máis ca aburridillo finde en Alfoz. Todo o mundo parecía estar ocupado, así que case que incluso botei en falta estar en Vigo. Máis que estar na cama e pasar algún apunte e ver pelis e a tele... -por certo, facía que non vía a tele un tempo seguido, vaia animalada o tempo de anuncios que poñen!!! ou o incrementaron ou sería cousa de que non a vía fai tempo... pero pareceume anormal :S-
Alomenos ahora sei dónde está a roda de recambio do coche, probablemente o máis productivo que fixen en 4 días.

Logo de mandarlle de volta un mail a Carlos, deume por poñer aquí outra das cousas que me levan rondando a cabeza desde fai tempo:
Tráta sobre o das redes sociales tipo facebook, estiven pensando incluso en quitarme, por veces dame certa paranoia de que demasiada xente vé qué faigo e qué non e cousas que a mín non me interesan demasiado que outros teñan mirando...
Logo tamén está o de si rechazo algunha invitación de amigo de outra xente... si virá o efecto "non eres meu amigo/non confio en tí porque non eres meu amigo en facebook". Non sei se estamos chegando ata ese punto coas tecnoloxías, e realmente asústame.

Fai un tempo tiven un mal rollo. Decidín que quen era amigo dunha persona -chámalle X- non me gustaría que estivese mirando qué faigo ou non, entonces expliqueino razonadamente, e sen ningún problema eu dixenlles a eses poucos que eu os borraría de tal rede social, ainda que non significaba que eso implicase que eu non quixera voltar a falar con eles. Simplemente non desexaba que eles visen as miñas actualizacións porque eran amigos de dita persona da que prefiro non falar. E obviamente tal feito facía que a miña confianza nesa xente fose pouco bollante. Expliqueilles máis ou menos o caso e o que X fixera.
Algúns deles decidiron borrar a dita persona ó ver o que eu decía, porque tal vez sabían o que pasaba, e coma min, non confiaban nela logo de saber algo máis...
Outros directamente non me falaron co que supuxen que o silencio otorga e sen máis miramentos borreinos, ainda que sigo tendo contacto con eles por outras vías....
E outros recrimináronme cousas... certas cousas que eu considero paranoias e tonterías derivadas da socioloxía dixital e tecnolóxica e que non lles encontro moita lóxica -vaia rima extraña que me saleu-.
Algún insinuou que se eu non era amigo en facebook non era o seu amigo...
Algún comparoume que eu non quixera que souberan tanto sobre o que faigo -mira que todo o mundo sabe máis ou menos o que faigo por este blog, pero é o que EU quero que se saiba, e non que alguén colgue fotos miñas de fai x anos- , bueno comparoume que eu quixera borralos de ahí debido á sua amistade con X con Stalinismo e comunismo ortodoxo e paranoias varias sobre a vida democrática.
E outro empezoume a desvariar sobre a importancia que a xente dá ás redes sociales e que facebook vai perder popularidade en poucos anos e contoume unha historia sobre alguén que levaba unha doble vida virtual e real.. supoño que este individuo pretendía decirme que me tomaba moi en serio o que a marca facebook era, cando por sí mismo xa se delataba bastante "creyente" do fenómeno facebook botándome unha parrafada insulsa e datos de participación en facebook nos últimos anos -que me importan moitiiiiiiiisimo-. A todo esto, eu nunca lle falara sobre a marca Facebook, sólo dixera a esta xente que non me interesaba que eles viran certas actualizacións da miña vida se se consideraban cercanos á persona X, pero que sen problema falaría con eles sobre calquera cousa por outros medios. Antes de Feixbukx eramos tamén personas, non?
(xa sei que eu tamén teño as miñas paranoias, pero eses días tiña moita mala leche contenida e íbame medrando hasta que reventei... pero non me retracto en absoluto de botar da miña vida certa xente que non me aporta nada máis que malos ou desconfiados pensamentos).

Sabedes qué? 2 deses que borrei de Feixbuk fai tempo, agora xa máis de medio ano, do grupo dos que non me contestaron e obviamente tomei o seu silencio como resposta, agregáronme recientemente ó mismo facebook outra vez. Qué faigo? A resposta máis sensata sería falar con eles, pero penso que son eles 2 quenes primeiro me deben unha resposta logo de que despois de meses non me contestaran á miña petición cun "si" ou un "no".
Alguén ten algunha opinión sobre qué facer?

Argh que merda de vida sociovirtual teño XD


Non sei, por veces penso que debería borrar con todo, ou facerme unha conta que realmente esteñan uns poucos que queira eu, e non outros ollos que nin me van nin me veñen. É algo parecido ó msn. Teño a tantísima xente agregada que paso directamente de conectarme. Sólo o feito de que me salgan 10 ventanas preguntandome o mismo agobiame moitísimo. De vez en cando veñenme mails de xente que me "increpa" que non me conecte, coma se eu tivera a obligación de sempre estar e deixar saber que estou. A tecnoloxía empézame a agobiar, pero por outro lado sei que é o único medio para saber de xente coa que non falo ou sabería deles nunca máis...
... a ver qué pasa nun futuro...
É algo así como "no puedo vivir contigo, pero no puedo vivir sin tí". Pero o certo é que teño días de decir que apago con todo.

Por cierto, el génesis según facebook

Facebook turns you evil