Antes de nada para non ser tachado de criticón á mínima, vou decir que toda proposta que incluya cultura musical aparte de gaiteiradas varias na televisión gallega será recibida de bon grado sen duda algunha pola miña parte. Toque o tema que toque -nunca mellor dito-.
Neste caso e logo de Chambo, aquel programa de fai uns cuantos anos presentado pola que agora traballa no programa este dos nenos, temos unha nova proposta desde principios do ano: Banda Curta.
A verdade é que intuíndo un pouco, e vendo as pintas do presentador, xa se pode adivinar por onde van ir os tiros maioritariamente: música galega e tintes de nacional e menos tintes aínda de internacional sempre por un derroteiro indie-pop rock de americanas con camiseta de rayas, peinados emo-indies e requisito indispensable: gafapasta e patillas.
Así, Banda Curta remóntase a propoñernos na súa maioría actuacións intranscendentes de grupos intranscendentes, xa non para o panorama nacional, senón para o insulso panorama galego de snobindies underground.
Atopámonos grupos musicales que eu non digo que non terán a súa audiencia e escena, pero que desde logo están aparte do que é a realidade. A promoción deste tipo de grupos en España sempre foi ben recibida ainda que non teñan un calado social demasiado profundo -agora alguén pensará sobre os festivales (pasados de moda? desaparecidos?) de gafapastas benicassim e similares-... xa xa... é o que chamo eu "underground de marca/de pose".
Vou obviar os temas relacionados coa calidade musical da música relacionada, ainda que non hai que ser moi espabilado para adivinar que non é santo da miña devoción.
Ben, como seguía, desde logo non todo é gaiteirada aquí en Galicia, pero non todo é esto tampouco:
por moito que nolo queiran meter polos ollos.
A decisión de escribir sobre esto veu de ontes sábado. Estaba eu vendo por casualidade dito programa, que non ten ningún tipo de interés en principio para mín logo de ver nun dos primeiros por onde iban os tiros, e resulta que engancho cunha reportaxe.
Unha reportaxe de rock!
vaia!!
Quédome un rato máis e aparece pola pantalla un colaborador do presentador Luís Pardo, vestido coas oficiales gafapasta e patillas que decían por si mesmas "son un entendido experimentado retro-rockero", un tal Ricardo Alonso. Parece que un señor que leva traballando na Radio Galega desde fai 10 anos e conductor dalgún tipo de programa de rock.
A decisión de escribir sobre esto veu de ontes sábado. Estaba eu vendo por casualidade dito programa, que non ten ningún tipo de interés en principio para mín logo de ver nun dos primeiros por onde iban os tiros, e resulta que engancho cunha reportaxe.
Unha reportaxe de rock!
vaia!!
Quédome un rato máis e aparece pola pantalla un colaborador do presentador Luís Pardo, vestido coas oficiales gafapasta e patillas que decían por si mesmas "son un entendido experimentado retro-rockero", un tal Ricardo Alonso. Parece que un señor que leva traballando na Radio Galega desde fai 10 anos e conductor dalgún tipo de programa de rock.
Máis sorpresa ainda!
Rock Bizarro!
Ainda que un leve sorriso xa se me empezaba a asomar, a miña expectación sólo se fixo maior ... de quén poderían falar? Non é moi habitual tratar rock na TV... e rock bizarro, vamos!
Pois o tema é que empezaron a poñer de fondo un video de Kiss, e limitáronse a ese grupo, e a decir "uh si, era moi bizarro, foron os primeiros en levar plataformas e pintarse a cara, e tamén se quitou o frenillo da lengua.. e bla bla..." 2 minutos dicindo chorradas do tipo, mentres, eu e meu irmao con cara de asombro...
...listo, acabaron con kiss...
...virán máis grupos, non?...
... parece que non :O
Nós pensando que ó ser "bizarro" se poñerían a falar sobre "The crazy world of Arthur Brown" ou incluso algo menos popular que Kiss pero máis ou menos conocido coma Alice Cooper, non sei... porque algo me dá que grupos do estilo de Mercyful Fate, Lacrimosa, Dir En Grey ou novas tendencias vai ser moito para "tal entendido". Pero dá igual, o campo é tan amplio que se pode facer un reportaxe como se queira do que se queira.
Pero non, falaron de Kiss, un grupo que cantaba "uuuuh nena estoy hecho para amarte" -do máis bizarrisimo que se poida encontrar sisi- e ainda encima nin historia, nin nada. 2 minutos "de recheo" sin información nova, nin explicación decente algunha.
(Os únicos que poderían encontrar información nova -de que hai un grupo de vellos que se pintan que se chama Kiss- son a xente que non ven este tipo de programas musicales e se van a bailar a súa pachangada e non se preocupan de que existe máis música).
A mín gustaríame saber quén fai os guións para este tipo de programas musicales ou quén dice que este sabe e este non para falar neles.
Pero humhum eso non é todo, qué vos pensábades!?
Logo deses "2 minutos dedicados ó rock bizarro" o colaborador ese chamado Ricardo Alonso, nunha reviravolta de inxenio, empeza a falar de Rock Bizarro hoxe en día, e quédase tan a gusto despachando a "ese grupo ridículo" que se chama Lordi.
Non salimos do noso asombro.
Cambio do videoclip mañido de Kiss de "blahblah loving you baby" pola actuación de Lordi en Eurovisión -ben baixiño, non vaia ser que a selecta audiencia se contamine con semellante bazofia- e entre ambos empezan a botar pestes sobre ese grupo "de máscaras" que teñen cero imaxinación "porque non fan nada novo copiando o que outros fixeron antes e musicalmente nulos".
FLI-PAN-TE.
Ou sexa, non sólo o experto Alonso, ó cal lle costa pronunciar "Joutttarrr dan jel", fala un par de nimiedades sobre Kiss a modo de "reportaxe didáctico", senón que os 5 minutos de gloria que Banda Curta lle dá os emplea en poñer a caldo a un grupo de hard rock coma Lordi.
Incrible.
E non é que eu defenda a Lordi. Simplemente me parecen un grupo de hard rock basado nos 80 moi decente vendo o resto de cousas que pululan por ahí. E digoo dunha forma bastante obxectiva, xa que os conocín bastantes anos antes do fenómeno Eurovisión, no que, xa dito de paso, toda Finlandia os conocía e tiñan numerosas ventas antes desa data cos singles "Devil is a Loser" e "Would you love a Monsterman".
Paréceme patético. E ainda encima decía o home este: "e amenázannos con sacar unha recopilación dentro de pouco que se chama Zombie Compilation!! Agárrate!!"
Eing???
Pero qué dice o tipo este?
Como si lle importara moito a él que Lordi sacara ou non unha recopilación ou un disco doble ou triple. Seguro que lle vai a vida neso.. vamoooooos!! Que se dedique ó que guste de pseudorock de flequillos e pantalóns de pitillo e que deixe ó rock-metal de verdade para outros.
Ésta é a xente que temos nos programas de música de radio e tv. No fondo é un reflexo da cultura musical que os galegos e os españoles tamén temos. Xente snob que pretende meternos polos ollos o seu "auténtico rock" e cultura local, unha pescadilla que se morde a cola e que non permite que outros estilos nin outros grupos de calidade dispoñan da mesma pasarela para facerse oír. Pero é que nin sequera dan pé con bola en explicar o que é e foron os fenómenos musicales noutras épocas a nivel global -xa non pedimos que nos falen de pseudointelectualismos varios de rock bizarro-.
Un mundo aparte da realidade, tal e como pasa co cine español.
A repetición do programa, se o dades aguantado, é este mércores 6 de maio ás 0:45, ou sexa, xoves xa na TVG. Eu toume pensando volver a ver eso porque me parece demasiado irreal, a ver se os meus oídos me traicionaron.