jueves, junio 02, 2011

Microreviews Xuño'11 - I

Chrome Division - 3rd Round Knockout (2011)
Heavy Metal
Myspace
Volven os de Shagrath, desta vez con Athera de Susperia ás voces, e non sei se os fans de "jack daniels, pivas e rock'n roll" que se labraron cos 2 primeiros discos estarán moi satisfeitos con este novo. A banda deu unha pequena volta de tuerca ó seu sonido volvéndose algo máis elaborada e con máis variacións que non teñen que ver moito coa filosofía "Motorhead" que mostraban antes. Sí, parece coma cando un adolescente se volve máis maduro -pero sólo 3 ou 4 anos máis XD posto que as letras parecen seguir a mesma línea- e decide que non todo vai ser festa, senón que hai que pensar máis as cousas, e elaborar algo máis o seu arte, e converterse nalgo de proveito, máis serio. Non quero decir que Chrome Division se volveran Queensryche, seguen a ter esa influencia do blues-rock, punk e bandas coma Motorhead e Black Label Society, pero pódese ver un aire menos rockanrolero que nos anteriores traballos a cambio dun máis heavymetalero. A voz de Athera, moito máis variada que a do seu predecesor, e os riffs máis elaborados confírmano. Para mín, mellor, peeeero tampouco o vexo coma un puñado de grandes cancións, a verdade. Están ben, sen máis. 6/10

Age of Agony - Machinery of Hatred (2011)
Death Metal
Myspace
Non fai falta ir moito máis alá dos primeiros acordes de Machinery of Hatred para "catar" a esta banda húngara: puro old school death que ben podería ser sacado por alguén a principios-mediados dos 90, con influencias tanto da escola sueca coma da americana, polo que podemos intuír pequenos guiños a Entombed, Grave, Suffocation,... Non son un gran amante dese estilo de Death, o grupo que o practique tenme que chamar a atención, -coma o último de Evocation- e, sinceramente, Age of Agony non ma chamou demasiado, pero podería ser interesante para a xente que esteña máis metida nese mundillo. 6/10

Danger Zone - Line of Fire (2011)
Hard'n Heavy
Myspace
Caso curioso o desta banda italiana, que lanza algunhas demos polos 80 e que vintepico anos despois, sacan o seu primeiro disco. Estiven mirando por curiosidade se son cancións collidas das demos, porque o sonido é puramente ochentero, pero non!
Non sei, ese sonido está tan... logrado, que non me extrañaría que as cancións estiveran grabadas para outra demo fai 20 anos e que as recolleran xunto con esas 3 versións (T. Rex, Chequered Past e Eddie Rabbit) para poñer á venta o seu primeiro disco. Por certo, penso que 3 versións nun disco de 11 cancións é algo exagerado, e se atendemos á música composta por eles, non atoparemos nada que non oíramos antes nos ochenta nese Hard Rock-Heavy moi influenciado por Dokken, Meat Loaf, Winger, Victory... nada do outro mundo. 5/10

Pestilence - Doctrine (2011)
Death-Thrash Metal
Myspace
Os daneses Pestilence son toda unha institución dentro do Death Metal, ainda me acordo daquel vídeo collido da "Headbangers' Ball" con aquel cura satánico paseando por ahí e os tíos estes tocando ese peaso de riff de Land of Tears... nada que ver con este Doctrine, segundo larga duración desde a súa reunión hai uns anos. Para empezar todo sona moi grave para o meu gusto... grave... e lento. De feito é coma se collemos un vinilo dos seus antigos álbumes e lle poñemos un dedo encima mentres se reproduce. Vamos, coma se Pestilence foran a menos revolucións. Aparte, as cancións sonan pouco diferenciables e difícilmente te podes quedar con algunha cousa. Simplemente van pasando sin pena nin gloria e cando acaba.. pois sí... aló foi. E ninguén o negará, nótase que hai detalles técnicos que poderían ser interesantes sobre todo nese baixista que é unha máquina, pero... Doctrine non consigue chegar, polo menos non a mín. 3/10

Morbid Angel - Illud Divinum Insanus (2011)
Death Metal
Myspace
Eu nos primeiros minutos de IDI: "Pero bueno, qué ida de olla foi esa que se mangaron con "Too extreme!", estes son Morbid Angel??" (por certo qué título máis ridículo XD).
Logo da intro, tal vez un pouco longa para o meu gusto, Morbid Angel dan o primeiro paso no seu primeiro disco en 8 anos cunha canción do máis extraña nun estilo moi... Industrial... Un punto de partida que non dí nada bon para empezar a oír o resto do disco. Menos mal que na segunda "Existo vulgoré" (outro título extraño onde os haxa), se meten de cheo nun death metal máis cercano ó que recordaba deles. A partir de entonces temos altibaixos por todo o disco. Desde momentos groovies, ata máis incursións no Industrial Death decadente en "Destructos Vs The Earth /Attack" (estes tíos fumáronse algo para as letras ou qué?), ou "Profundis - Mea Culpa", ata outros cortes máis acordes ó legado que recordamos daqueles primeiros anos... eso sí, sen a mesma chispa (e eso que a mín tampouco me parecían a panacea).
Este é o primeiro disco desde a volta de David Vincent, e realmente a mín non me engancha nadiña. Está ben que os grupos deben evolucionar e buscar novos horizontes, pero non estou moi seguro de que ésta sexa unha boa línea a seguir para Morbid Angel. 2/10

Enmity - Murderabilia (2011)
Post-Hardcore/Electronic-ProgMetal
Myspace
"Esto sona moi raro" foi o primeiro que pensei cando oín ós sudafricanos Enmity, de feito pódese intuír vendo a clasificación que escribín XD. Imos ver, temos: voz bastante inaguantable de Hardcore chillón, voz feminina de chocho-metal ou pop-power-gótico-moderno, riffs e variacións máis propias do metal progresivo con toques de metalcore, e numerosos samples electrónicos asomando por doquier. Nótanse moitas influencias, desde o Pop ata o Death Melódico, cuia mezcla recorda ó último bochornoso disco de Deadlock, ata Drum&Bass ou música electrónica! A mín... pfff pareceume un pouco rallada que non me dice nada, a verdade. Aprecio o intento, e incluso ten cousas interesantes, pero a pesar de que o álbum dura pouco máis de media hora, non me convence.
PS: Cando entrei no myspace deume un pouco de grima ver os peinados aihaihaih... 3/10

Hellish Oblivion - 9 Circuum Mortis (2011)
Black Metal
Myspace
Primeiro disco desta banda rusa que fai un black metal melódico con influencia do Death e o Thrash Metal. Tanto na parte instrumental coma na voz hai unha notable influencia de Dimmu Borgir, pero estes rusos danlle un toque diferente e interesante. Coma os noruegos, insertan teclados, pero non de forma protagonista e nin sequera en todas as cancións. A producción non é de primeira, pero realmente non importa como para decir que Hellish Oblivion fixeron un disco máis que decente. Nun principio non me chamaran a atención, pero foi logo de deixalo aparcado un tempo e oílo con máis atención cando realmente lle pillei o gusto. 8/10

Scheepers - Scheepers (2011)
Heavy-Power Metal
Myspace
É indudable que o cantante de Primal Fear e Ex-Gamma Ray ten unha voz impresionante, pero ó igual que para sacar un bon album o que se necesita non é que o guitarrista sexa o mellor e máis rápido do mundo, ou que o batería sexa o máis técnico, ou que haxa a producción máis cara, a voz de Schweppes non amaña o aburrimiento que transmiten as cancións deste álbum. Supostamente, en solitario, Ralph dedícase sen ataduras ó estilo que máis lle gusta, e esto é algo así coma un Heavy Metal contundente pero melódico, influenciado por Judas Priest (non sólo na voz se deixa levar), ós cales versionea con "Before The Dawn", e polo Metal alemán do estilo de Accept ou os mesmos Primal Fear. Non hai nada novo que sorprenda e as cancións seguen unha tónica bastante lineal, que se non foran cantadas por este home, afundiríanse ainda máis do que xa o fan. Ós metaleiros máis conservadores pode que lles guste... 3/10

Sanchez - Run The Streets (2011)
Hard Rock
Myspace
Desde Suecia temos outro intento máis de recrear o Hard ochentero. Digo intento.. porque... mamaíña do tren...
Sanchez
colle influencia dos míticos; Def Leppard, Guns'n Roses, Dokken,... pero mándase un disco mediocre onde os haxa, tanto que ata mo pasei ben oíndoo pola voz e os coros que se sacan XD parece que sexa un grupo de amigos que se xuntaran e se puxeran a cantar despois dunhas birras. En canto ás cancións en sí, son ñoñas e olvidables a máis non poder. 1/10
Esto non o suelo facer, pero merece a pena darlle unha escoita a eses coros:


Underride - Distorted Nation (2011)
Rock-Hard Rock
Myspace
Desde USA, Underride saca o seu segundo disco nunha onda moi Hardrockera de entre os 80 e comenzos dos 90. É decir, sen eses coros míticos e agudos xa na maioría das cancións, e cuns riffs que poden recordar perfectamente a uns Guns, Soundgarden ou Velvet Revolver. Sen gustarme demasiado os grupos citados, penso que Distorted Nation ten suficiente calidade e gancho, máis incluso ca moitos dos traballos deses 3 grupos, pero xa sabemos que onde hai un nombre...
En definitiva, rock comercial que consegue o seu propósito, entretener momentáneamente e darnos uns cuantos estribillos pegadizos.
Curiosa a versión de Paparazzi de Lady Gaga, tardei unhas 3 escoitas en darme cuenta de que a oíra antes en Pop XD 7/10