martes, enero 08, 2013

Microreviews Decembro'12 - IV

Dokken - Broken Bones (2012)
Hard Rock / Heavy Metal
Oficial
Non poido decir que o novo disco do veterano Don Dokken me fixera rememorar os seus mellores tempos. Nin 4 nin parece que máis anos dedicados á composición poden volver ó americano pola senda de éxitos coma Back For The Attack ou Breaking the Chains, discos que parecen xa sacados hai demasiado tempo para alguén que nunca parou a actividade. E o certo é que o pouco que lle oín ós Dokken noventeros e do novo milenio non creo que merezca demasiado a pena, unha sensación parecida á deste Broken Bones.
O disco empeza realmente ben, o single "Empire" é un bo tema que fai que collas o disco con ganas, pero a sucesión de cancións vai rebaixando o listón a pasos axigantados a partir da tamén boa "Best of Me". Moitas veces vexo eso de que os vellos rockeiros se van suavizando co tempo, e é algo que nunca entendín; ¿porqué con 40 ou 50 anos che ten que gustar máis facer power-ballads que un riff agresivo? Saxon son unha das poucas bandas añejas que conservan esa dureza e incluso a incrementaron co tempo, e non entendo porqué a maioría se decanta por deixar a "potencia/rabia/forza" coma se fora "cousa de juventú". ¿Acaso non se decatan que aqueles temas máis agresivos son os que realmente fixeron famosos a moitos deles, os que a xente espera con ansiedade nos seus concertos? ¿Porqué deixar de lado ese estilo de compoñer? ¿Neso consiste facerse "vello"?
Ben, como decía, o disco empeza ben, pero a progresión de Broken Bones tende hacia un Hard Rock de medios tempos e moitas partes acústicas que entremezclan con incursións eléctricas, algo do que sempre foi do gusto de Dokken, e que na súa xusta medida e sendo boas creacións non me queixaría, pero aquí simplemente quedan coma uns temas máis de Hard Rock, que causan indiferencia e que non recordarás unha vez acabado o CD, un dos peores defectos que pode ter un disco. A voz de Dokken tampouco é a mesma que nos seus tempos mozos, pero esto non tería importancia se Broken Bones estivera composto de temas que non pareceran de "relleno" de algunha época pasada.
Vai vello. 3/10

Speaking to Stones - Elements (2012)
Progressive Metal
Last FM
Tema: Wind
Seis anos pasaron desde o debut destes americanos, entre os que se atopa un ex-Fates Warning, Mark Zonder.... o que me fai pensar de que hai unha boa recua de proxectos nos que participan/participaron xente que algún día estivo nesa banda!
Elements é un disco conceptual de Metal Progresivo e variado, de 5 longas cancións nas que a banda mostra a súa heteroxeneidade dependendo do pao que queiran tocar. Así temos unha composición máis calmada e menos pesada en "Water", progresividade absoluta en "Wind", un tono moito máis heavy para a inicial "Fire" ou un tema enfocado á guitarra e con certos toques orientales que me fixeron recordar a Myrath en "Earth". O epílogo "Quinta Essentia" aúna todos os matices liberados no resto de temas, e cerra un álbum que creo que os máis fans do Metal Progresivo disfrutarán.
O sonido é moi bo, como suele ser neste tipo de bandas, nos que os aspectos técnicos, tanto de virtuosismo coma de producción/masterización non suelen fallar. Bueno, sempre temos casos entre os centos de bandas italianas de Prog-Power, pero non ven sendo o normal entre o que levo oído.
En xeral poido decir que me pareceu un álbum moi traballado e ben feito, o único negativo é que a veces composicións tan largas -todas entre os 9 e 15 minutos- e con tantos cambios me fan perderme un pouco no medio de todo e me "noquean", co cal necesítanse varias escoitas para disfrutalo completamente.
É un deses discos que ganan coas escoitas. 7/10

Cradle of Filth - The Manticore and Other Horrors (2012)
Extreme Gothic Metal
Oficial
Tema: Frost On Her Pillow
Ben, tocou falar do novo de Cradle, unha banda que me gustou moito no seu día, pero que xa co From The Cradle to Enslave e Midian vín un pequeno paso que me ulía moi mal, e que posteriormente se me confirmou con discos demasiado mediocres para as miñas expectativas. De feito, creo que non lle dera no seu día máis de unha escoita a discos coma Damnation and a Day, Nymphetamine ou Thornography. Este último creo que nin o oín XD alomenos non me acordo de nada del XD
Foi con Godspeed of the Devil's Thunder cando, animado polas críticas, lles dín unha oportunidade logo de moitos anos, e éste incluso me gustara. Tiña un sonido máis, crudo.. máis Cradle coma eu os conocera nos 90. Pero cos dous seguintes volveron as sombras sobre a banda. Foron outros que penso que nin cheguei a acabar de oír. Dalgunha maneira, acabeime tragando este último intento, The Manticore and Other Horrors, e a mellor descripción que poido facer é que outra vez os ingleses dán unha de cal e outra de area, ainda que máis de cal, coma viña sendo o habitual últimamente.
Non sei moi ben qué comentar do álbum, salvo que comparte algunhas partes, non me atrevería a decir temas, que están máis ou menos ben con outras máis mediocres. En ningunha das 3 ou 4 veces que lle dín oportunidade a The Manticore... cheguei a oírme o disco enteiro, porque sempre chegaba a algún punto de non interés no que acababa sacándoo. Logo poñíao de metade ata final outro día, pero incluso así xa me chegaba... 
Para mín Cradle seguen repetindo os mesmos erros de sempre. Primeiro, Dani Filth resulta cansinamente pesado, vale que posúa un rexistro variado, pero canta demasiado. Recordo que nos 90 tamén o facía, pero non o recordaba tan cargante. Pode que se sexa polo segundo a comentar: uns temas que non resultan atraíntes na súa maioría e que están lonxe do que un día chegaron a facer. Supoño que este segundo punto é o máis importante, porque Godspeed non creo que fora un mal álbum (a pesar de que nunca máis o volvín a oír desde o 2008 XD), que se oía ben a pesar das parrafadas do cativo. 
Extreme(ly Tiringly Spoken) Gothik Metal. 3/10

Adler - Back From The Dead (2012)
Hard Rock
Facebook
Tema: The One That You Hated
Despois de problemas coa droja e de intentar montar o seu propio grupo varias veces, coma prácticamente todo kinki que estivo en Guns n' Roses, Steven Adler finalmente lanza o seu "debut" baixo o nome de simplemente "Adler" neste 2012. Por algunha razón deixou de lado o antigo e pouco orixinal Adler's Appetite e cambiou formación para sacar este Back From The Dead.
O CD está composto por 11 cortes que mostran unha base de maneiras rockeras clásicas, moi influenciadas polo Hard Rock americano dos seus malqueridos Guns n' Roses, Skid Row, Cinderella ou L.A. Guns, que envolven cun sonido máis actual e moderno, o cal, posiblemente nos traerá á cabeza a Velvet Revolver ou Alter Bridge tamén. O certo é que non é nada novo, pero penso que Back From The Dead é un disco bastante sólido para o que se pretende con él. O punto máis frouxo, eso sí, diría que son certos dejes e certos temas absolutamente enfocados ó público máis teenager americano, eses típicos cortes nos que un se imaxina que serían a típica banda sonora dun vídeo cun puñado de adolescentes moi molones facendo unha festa nunha mansión con piscina. Temas coma "Another Version of the Truth" ou especialmente a hiperñoña "Waterfall", que me recordou a aquel sketch the "La Hora Chanante", son boa proba delo. A participación de John 5 nun tema con certos toques ó seu traballo en Rob Zombie e Marilyn Manson, e de Slash nunha semibalada tampouco son demasiado chamativas, deixando a gracia do álbum ós temas directos ó grano, de estribillos pegadizos, sen moita complicación pero efectivos. Tanto a inicial "Back From The Dead", coma "Own Worst Enemy" ou "The One That You Hated" son altamente adictivos, ainda que me temo que de rápida deglución. Pero Adler tampouco pretende moito máis. 6/10

Jess And The Ancient Ones - Jess And The Ancient Ones (2012)
Occult Rock
Oficial
Tema: Sulfur Giants
É sorprendente o ir e vir das modas. Non me imaxinaría que a finales do 2010 varias bandas se decidiran por recrear o sonido do Hard Rock ocultista, psicodélico e doomy de grupos setenteros que parecía estar enterrado durante décadas. Realmente, hei de ser sincero e decir que non teño oído moitas bandas de Rock escuro dos 60's e 70's. Eu crecín nos e cos 80, e tanto nesa década coma nos 90 e 2000 parecía que non existiran outras bandas vidas de antes que non fosen Deep Purple, Led Zeppelin, Rainbow, Judas Priest, Scorpions, Kiss e Black Sabbath -que me veñan así rápido-. Forzando un pouco no oínte medio metalero, podería unir a Mercyful Fate, Cirith Ungol, Death SS... Alomenos a prensa daba a impresión de ter coma anticuadas e non dignas de mención a todas as bandas nadas antes dos 80 que non foran as conocidas masivamente.
A cuestión é que chegamos ó ano 2010, e ahí vexo que salen agrupacións coma Ghost ou The Devil's Blood, irmáns de sangue de Jess And The Ancient Ones -sobre todo os últimos mencionados-, cun sonido absolutamente setentero, extrañamente "vello" pero fresco, cun halo de aire retro que non vira en moitas bandas de creación recente ata esta nova tendencia de finales dos 2000. Tal vez porque sona a caduco, e cando salen novas modas a seguinte intenta evitar a toda costa as características da anterior, ademáis de que hoxe en día hai unha preocupación excesiva, incluso de bandas noveles, por sonar o máis pro, contudente e moderno que ninguén -e curiosamente moitas acaban sonando exactamente igual-. Pero o caso é que Ghost ou The Devil's Blood demostraron que unha banda pode triunfar non sólo a nivel de calidade, senón tamén a nivel comercial cun sonido tan "pasado". E ahí Jess And The Ancient Ones é onde viron a súa inspiración.
Indo co álbum, o certo é que sona como debería sonar un disco de Rock escuro e psicodélico salido nos 70. Distorsión añeja nos elementos eléctricos, teclados hammond que se combinan con piano, base rítmica ácida e polvorienta e unha cantante con moita presencia forman este septeto finlandés (sí, sete!) que optaron por un tipo de música que está a ganar fans (entre os que me inclúo, para a miña propia sorpresa) e que varía entre o Rock ocultista e progresivo e os comezos máis primixenios do Doom. Un disco moi disfrutable e atmosférico.
A nova era do retro-rock. 8/10