martes, febrero 14, 2012

Diario dun viking XII - ano 2

Parece mentira cómo corre o tempo. Ainda me acordo cando, non hai nada, Marcos e mais eu decidimos xuntarnos dunha maneira máis "seria" para facer música. Foi xustamente hai 2 anos, cando me enterei de que había unha sala de ensaio no cuvi dispoñible gratuítamente para quen fora universitario... e aló fomos os 2 sólos, cun ordenador coma base.. base cumplidora, eso sí XD por Febreiro-Marzo do 2010. Tras varios cambios, como suele ser habitual nos grupos que empezan, podemos decir que 2 anos despois conseguimos unha alineación completa para Mileth. E agora máis ca nunca, xa que a falta de baixista desde a incorporación de Elías coma violinista, parece ser suplida con éxito por Cristian, un novo pero sobrado talento do Metal galaico. De feito, o día que veu a ensaiar demostrounos que lle dá moito mellor ó baixo ca todos nós ós nosos instrumentos XD Véxolle futuro, en calquera proxecto no que participe, é alumno de Palomo, así que non digo máis :D
Pozí, estamos xa os 7 e agora sólo queda ensaiar para que as cousas vaian cuajando, cousa pouco doada, xa que introducir un instrumento (o violín) en temas nos que non había en principio pode resultar perigoso se non se fai ben. Ademáis temos moitas partes nas que cada un fai algo diferente, polo que eu teño o meu medo a que a veces non se focalice ben ó ser tantos instrumentos. Esto require práctica extra na casa, e, empezando por mín, non me considero un intérprete musical demasiado bon, polo que me terei que poñer as pilas se algún día cercano queremos levar a Mileth a un directo jajaj
En fin, que en resumidas contas, pode que sexa cuestión de poucos meses que nos sintamos preparados para dar o paso logo de completar a formación.
En canto a número de temas, non avanzamos excesivamente desde o verán de 2011; entre que cada un vive nunha punta de Galicia -e agora acollemos tamén á provincia de Ourense XD-, e que todo Outubro estiven en Estonia, logo estudios de convocatoria de Decembro e Xaneiro para varios, e que últimamente deunos por deixar constancia escrita de todo -cos seus consecuentes cambios nos detalles e inversión de tempo-... houbo pouco tempo de xuntanzas, pero o "set" vai collendo xeito da seguinte forma:
1. Ith (6:15)
2. Frío Inferno (6:00)
3. Mitolóxica Errante - ...E Na Novena Ola Caeron Os Deuses (8:50)
4. Esperta! Letárxica E Erma Fraga (7:16)
5. Cuarta Pregaria Na Lúa Morta (7:10)
6. -de momento sen nome- (6:52)
E ademáis estamos finiquitando unha máis que andará tamén sobre os 7 minutos escrita básicamente polo violinista + hai material de sobra escrito polo batería para outra nova que sólo habería que revisar.
A miña participación en composición foi menguando con respecto ós inicios, sendo os últimos aportes na 3ª, 5ª e algúns riffs na 6ª, pero dalgunha forma habendo tantas cabezas é normal deixar fluctuar un pouco as opinións e gustos de cada un. De feito, penso que hai tanto material de melodías e riffs do resto de participantes que creo que vou descansar unha boa tempada de crear para Mileth XD o único, detalles e opinións.

En canto a Herexía, tamén hai novedades desde a última vez que escribín. A historia deste grupo é máis ca extravagante, con tantos paróns e reemprendidas case desde cero XD Desde que hai un ano meteron no cárcere ó cantante, levando eu un par de ensaios, fixemos cancións, olvidámolas, fixemos outras, deixámolas, retomamos partes dalgunha anterior, veu o guitarra famosete, foise, volvimos a empezar, chamuscousenos un ampli, agora vai mal o outro... toda unha historia de superación XD
Alomenos agora temos tamén unha alineación completa coa entrada de Marcos Ex-Vortex, coa que foi un "retomar por terceira ou cuarta vez" a actividade. A cousa vai indo.. a trompicóns, pero vai... e teño que decir que facer un estilo macarra mola, ainda que sexa para tolear un pouco nos ensaios XD

E de Enuma Elis, pensara un parón indefinido, pero o feito de non crear tanto para Mileth coma -non-tanto para Herexía, dame a posibilidade de volver a introducirme nos meus adentros para sacar algo. Ademáis, penso que poido conseguir unha forma caseira e efectiva de introducir guitarras reales, un dos principales escollos que sempre lle encontrei ó Impulse Tracker (ou Schism Tracker agora). Ademáis tamén conseguín o asentimento dunha rapaza para que cantase nun futurible traballo, e tamén o dun guitarra con moita maña (non era difícil que tivera máis ca mín XD pero él dalle moi ben) que parece ser que lle gustou o traballo de "Sons & Demos". Gustaríame tamén meterlle growls e incluso algún limpio pero non sei se os darei feito XD
De todas formas, esto son suposicións antes de meterme con composición... pero gustaríame facer unha "proba", non tan larga coma as demos anteriores, igual un EP ou algo así de 3 ou 4 cancións estaría ben. O tempo e a inspiración dirá...

Como regalo desta vez, vouvos deixar unha canción de Mileth, a 6ª e última rematada, retocada ó antoxo de DJ Amorth (batería) para bailar en salas de Paganismo Trance XD