jueves, febrero 14, 2013

Misión non imposible

Ben, un dos principales retos ós que me sometín ó volver a terras estonianas era o de encontrar traballo, e xa poido decir que logo de 10 días e 2 entrevistas de traballo xa o conseguín. Ainda estou pendiente do resultado da primeira, pero como non mo dán ata marzo, decidín seguir buscando e atopeime cunha empresa de RRHH que me fixo unha entrevista telefónica bastante rápida na que valoraron o meu conocemento do inglés e español para ver si pasaba ó seguinte nivel, que sería unha entrevista personal. Xa no mesmo día me dixeron que pasara o primeiro paso e que volvera próximamente para completar máis tests e preguntas de persona a persona. 
Unha vez alí, puxéronme 3 test en excel, un de conocementos de inglés, outro de español e outro sobre conocementos de informática xerales. No de inglés tiven algúns fallos, pero paseino, e tamén o de informática, o máis curioso é que no de español tiven 3 fallos de 33 preguntas! XD O certo é que había cousas que me confundían un pouco, por exemplo, recordo unha pregunta que era sobre rellenar o hueco, nunha frase do tipo: "María vive (por/a/entre/en) un parque". Eu creo que respondín "por", pero tiña dudas con "en"... finalmente pensei: "quén pode vivir nun parque? a menos que María sexa unha vagabunda... pero quizáis era moito supoñer. O máis normal sería "vivir "por"..." -pensei-, igual que alguén dí "Juan vive pola Plaza de España" (que non quere dicir que viva nela ó refuxio dos cabalos, bebendo da auga da fonte). En fin... ó final a rapaza díxome que podería haber algún erro ou preguntas pouco claras, xa que non era normal que eu tivera fallos sendo español e podía ser que quen fixera o test non fora nativo. 
De todos xeitos, parece que non poido falar moito sobre estas cousas xa que a compañía me fixo firmar un papel de que o que fixera alí tería que quedar alí (por eso tampouco a nombro). 
A cousa é que finalmente parece que me colleron para unhas 4 semanas de entrenamiento pagado no que será un servicio de atención e dudas de clientes de Microsoft sobre licencias, devolucións, base de datos, queixas, etc. Ten pinta de ser un pouco rollo, pero para empezar e adquirir experiencia véxoo ben. De todos xeitos xa vos comentarei cando empece. De momento, conocín a un peruano que está casado cunha rusa, o supervisor -que case era máis novo ca mín!- púxome con él como 20 minutos para ver qué facía, pero o home parecía máis preocupado en saber qué equipo de fútbol me gustaba máis e se me gustaría xogar pachangas de vez en cando. Parecía un pouco cansado do traballo e díxome que era repetitivo e que a veces tiña que lidiar con clientes pesados e que se cagaban en Bill Gates e Steven Ballmer (o que sucedeu a Bill Gates no 2008), pero bueno, supoño que en todos os negocios de cara a clientes un ten que aguantar certas situacións. Recordo varias cando estaba no banco que tamén eran surrealistas, coma cando un día me viñera un veciño ensangrentado pedindo que lle sacara diñeiro para un taxi para ir a Lugo capital porque tivera un accidente, outro que me viñera insultando decindo que os banqueiros eran todos uns ladróns, eu incluído (e eso que eu lle daba a razón así polo baixo XDDD), ou aquela señora que coa cuenta con 200 € en rojo se sentou diante miña pedíndome "por favor" que lle dera 50 € e que se quedaba sin contestar mirando para mín con cara de pena ó decirlle que non podía facer eso... ¡¡durante 30 minutos e con cola detrás dela!!! (e o jefe pasando de todo ata que logo de media hora lle deu 20 euros do seu propio peto para que se fora do banco). 

En fin.. xa veremos en qué dá a cousa. 

 
Por outro lado, antontes tivo lugar aquí unha festividade extraña, creo que é o que aquí celebran como carnavales, pero dunha forma totalmente diferente. Nesa data - Vastlapäev- non se trata de disfrazarse, senón de celebrar o día salindo da casa cos nenos e deslizarse pola neve con eses carricoches, comendo sopa de guisantes, pata de porco e un postre que sólo se come nesta data (supoño que coma as orellas ou filloas) moi tradicional chamado vastlakuklid. Éstos son unha especie de bollos de crema cun curioso "sombreiro". O outro día fun polo super e andaba un tipo a vendelos, tiña unha cola enorme! (e non, non falo de nada sexuar, cobardes!)