Desta vez vou facer un post algo diferente... vou poñer fotos e comentareinas algo ... pero os comentarios e, se vos animades a redactar algo .... deixovos a vosoutros 3 que faigades unha crónica do que queirades.... do que máis vos gustou, chamou a atención, cómo o pasastes... todo o que queiredes ... eu limitareime esta vez a poñer fotos e non moito falar.... esta vez tócavos a vós Kike, Tere, María (uff a María non a vexo comentando nada... hehe .. é broma... a ver se te picas e me pos algún comentario algunha vez!!)
Para o resto que non o souberades... a semana pasada tiven unha visita de 8 dias destes 3 colegas da universidade de Vigo. Eu creo que mellor ca min ... deberían ser eles os que dixeran qué lles pareceu a experiencia.

Sí ahí está! Á esquerda ahí tedes a Eddie! Un dos colegas rusos que virá este verán conmigo a pasar uns días a Alfoz!!
Creo que esta foto reflexa bastante ben a súa forma de ser... sempre ta así... excepto cando colle na man un dos 3 vasos de birra que se pideu naquel bar... pero ó mesmo tempo!!
É que ese día taba vago pa ir e volver XDDDD
Auténtico adicto á birra.... non está coma o kanero a sorbos de 0'05 mililitros... pode tardar o mesmo (hmm ou bastante menos), pero éste cando colle o vaso é para temer! En 3 grolos vai todo abaixo!

Unhas ondas vitales??
Sintoo kike, pero expuxécheste demasiado... e tiña que sacar unha desas fotos aquí hehe...
Da gracias que non saquei das peores ... (ou mellores?)


Dúas fotos que demostran quén traballou e quén no!
Hahahahahah

E esa cara?? que tabas pensando pillín!?!? hehe
Coa mala mañá que tivera aquel día que durmira 1 hora....


Atención á seguinte sucesión de fotos...

O encanto finlandés é o que tén... non Tere??


Alguén quería durmir no meu colo esa noite.... alguén un pouco cocido de máis hehe

E como estabades desexando antes de vir... coñecestes a Siim... o Skin máis macarrón de toda Estonia... (e tamén o máis pesado..,)


Hala e con estas cantas seguidas xa acabou!
Se queredes comentar algo... ide á sección comentarios...
A ver María... non pos Blogger ... e tampouco anónimo, pos o outro que falta, e logo no recuadro de arriba pos o que queiras, que non é dificil hehe...
Vémonos!!