jueves, junio 09, 2011

Microreviews Xunio'11 - III


Gothic Sky - Лабиринт Скитаний (2011)
Gothic-Black/Dark Metal
Myspace
5º álbum dos rusos Gothic Sky, facendo unha mezcla entre o metal máis cañero pero melódico co barroquismo de Misanthrope, e os grupos que tiran máis hacia o doom-gothic en canto á parte instrumental. Na parte vocal, os rusos combinan voz feminina con masculina, dominando ésta última e deixando a feminina para sólo determinadas partes. O cantante recorda máis que nada a un Dani Filth sen tanto high-pitch nin efectos, e ela utiliza rexistros máis "operísticos". As cancións non están nada mal, recordáronme a toda aquela avalancha de grupos que empezaran a facer Black-gótico con temática vampírica hai 10 ou 15 anos, con teclados facendo tanto ambientacións de "corda" coma melodías "à la" Cradle pre-2000 ou como dixen antes, tipo Misanthrope tamén.
O certo, é que mo pasei ben oíndoo, este estilo quedou bastante soterrado por outras tendencias coma o Death Metal-Melodeath, o "core", o Black máis clásico e movidas máis progresivas dentro da música extrema. Foi coma rememorar o mellores momentos de Cradle, Twilight Ophera, Asgaroth, Siebenbürgen, Abyssos,... nos seus temas máis melódicos. 6/10


Brocken Moon - Hoffnungslos (2011)
Black Metal
Myspace
Ainda que proveñen de Alemania, os Brocken Moon parecen máis ben sacados de Noruega a mediados dos 90; eso foi o que me transmiteu este 3º álbum da banda: Black metal escandinavo da vella escola, con non demasiado bon sonido ainda que encaixa máis ou menos no black oscuro e opresivo que fan , teclados ambientales e repetitivos, e cantante que lle imprime ó grupo un toque máis ben depresivo con eses pseudoalaridos.
As cancións sonan coma con falta de forza en determinados momentos, e hai algo que falla na tónica xeral que fai que non consiga enganchar. As máis ambientales "T12 Ritual" e "Einsamkeit", de máis de 5 minutos cada unha, sen guitarras e situadas unha tras outra tampouco axudan a rematar cunha boa impresión deste disco de Brocken Moon. 3/10


Kingdom Come - Rendered Waters (2011)
Melodic Hard Rock
Oficial
Realmente se me fixo doloroso acabar este álbum dos Kingdom Come. Comparados desde os seus comezos con Led Zeppelin, espero que no estilo, non no bon facer, levan xa desde o 1988 rockeando. A mín sonábame o nome, pero nunca me puxen a oírlles algo en serio.
Rendered Waters é unha compilación dos seus mellores temas regrabados con 3 novos adicionales. O estilo, é certo que é básicamente coma o de Led Zeppelin; rock-Hard Rock, bastante lentiño (atmosférico ou con certa psicodelia dirá alguén) na maior parte do álbum, con moita repetición de riffs (case me dá un pallá antes de acabar os 6 minutos e medio de "Should I"), e cun sonido bastante añejo, pero tedioso ata decir basta. Una(o) y no más. 1/10


Allfader - Black Blood Flux (2011)
Black-Death Metal
Myspace
Recordo que conocín a Allfader por un disco chamado At Least We Will Die Together hai como 5 anos e que me chamara a atención porque tiñan como 3 ou 4 cancións realmente épicas dentro do álbum. O resto estaba tamén bastante ben para a media de grupos que suelo oír nese estilo.
Este novo disco segue a línea empezada no anterior, con ritmos moi machacantes ó xeito de Amon Amarth mezclado con blastbeats e momentos máis blackers e incluso progresivos (a media de duración anda entre os 6 e 7 minutos). De forma que os noruegos fixéronse o seu propio estilo, bastante personal, cousa a valorar nestes tempos de miles de grupos facendo o mesmo. O sonido penso que podería ter sido algo mellor, pero non está mal, e os temas seguen un hilo bastante lineal, ainda que interesante. Peeero, deixárame mellor impresión en canto a composición o anterior disco. 6/10


Images Of Eden - Rebuilding The Ruins (2011)
Progressive Metal
Myspace
Parece que a certa complexidade e técnica requerida para facer un estilo coma o Metal Progresivo fai que os fans e a xente en xeral non se atreva a decir que hai grupos de Prog que son malos. Creo que é o factor técnico o que bota para atrás a moitos para decir que un grupo de Metal Progresivo fixo un mal disco, xa que sempre haberá outros que disfruten moito con tal detalle virtuoso ou tal progresión e non é tan fácil eso de criticar a alguén que toca ben, pero que non fai nada novo ou que compón cousas que non é que inspiren demasiado ó oído experimentado. Penso que xa sabedes por ónde vou coa microreview de Images of Eden, un grupo americano que, a pesar de levar 10 anos no underground progresivo, non tivo moita repercusión. E con discos tan aburridos coma Rebuilding The Ruins non me extraña. Como dixen antes, non dudo do apartado técnico nin as influencias que tiran hacia os Queensryche máis calmados, Fates Warning e Dream Theater, ou sexa os grandes dinosaurios do estilo, senón de que fan música con moi pouco gancho e bastante apagada.
Alomenos a mín ó que me inspiraron foi a durmir. 2/10


In Flames - Sounds of a Playground Fading (2011)
Modern Rock-Metal
Myspace
Décimo álbum dos suecos, primeiro con Jesper Strömblad fóra e primeiro coa Century Media logo de abandonar a Nuclear Blast, dicen as lenguas que por baixas ventas en América co A Sense of Purpose. Curioso, porque me parece o mellor disco que fixeron desde Reroute To Remain... sen ser tampouco unha maravilla. Con este novo, seguen o camiño máis ou menos marcado polos anteriores, pero a mín gustoume menos que o previo.
Eu creo que teño un grave problema co señor Fridén. Esa forma de cantar medio entre susurros e acabando as frases como "aough" (aloneuuugh", "for meeeeeeegh", "shooouldggggh", "beeeeegh", "knoooowgh) ODIOA. Simple e llanamente. Menos mal que de vez en cando me abstraigo deses intentos de cantar de Anders e tento mirar para a música, que desta vez varía un pouco máis entre o rock máis "modernete" e incluso comercialoide ("Ropes") e o melodeath que nos recorda máis a outros tempos coma ("A new dawn", "Enter Tragedy" ou "The puzzle"). Pero segue sen convencerme o resultado, xa que éstas atufan a por algún lado sempre a algo "chandalero" que non me mola nada.
A canción "The Attic" resume perfectamente no que se converteu hoxe en día In Flames; é unha balada de guitarras "clean" coma as tremendas que solían meter antes do tipo "The Jester's Dance", "Whoracle", o comezo de "Square Nothing" ou "Pallar Anders Visa", pero carece absolutamente de ningún tipo de chispa. Se oímos unha desas e logo "The Attic" -acabo de facelo- é coma tomarse unha Cruzcampo logo dunha 1906. De feito, ainda que puxeramos unha das "cañeras" de SoaPF nun dos seus discos pre-Clayman, sen duda pensaríamos que se tratan de cancións desbotadas nun principio por mediocres.
Na primeira escoita tíñalle un 5 en mente, na segunda un 4 e na terceira un 3, eso sólo pode significar un 2 XD Nunca máis. 2/10

Link
Xe-None - Dancefloration (2011)
Dance Metal
Myspace
Recordo que fai uns anos me tiña certa gracia este tipo de mezclas entre o Pop e o Metal, de feito estaba bastante metido con Waltari e o seu mundo musical onde tanto che poden meter Techno coma Folk coma Death, e molábanme aqueles intentos de xuntar Techno-Pop con Metal coma en "Back To The Bottom" ou "Walking in the Neon", eran divertidos e pegadizos (Incluso disfrutei no seu día co "HeavyDance"!! XD). Pero o bon de Waltari é que non facían discos temáticos de Techno Metal, e tal vez por esa razón poido aguantar ben unhas poucas cancións seguidas de Dance-Pop pero un disco faiseme largo.
A música dos rusos Xe-None de feito recórdame moito a esas experimentacións de Waltari, xuntadas coa voz ocasional rasgada dun Laiho antes de ser ídolo de quinceañeras (realmente creo que disco a disco canta peor). En Dancefloration, a base reside no techno e nos elementos electrónicos, como vos podedes imaxinar, ainda que nos podemos encontrar de vez en cando con algún riff guitarrero que se podería aproximar ó Thrash-Melodeath. Certamente nese campo se me fixo coma se Children of Bodom se puxesen cun punchi-punchi e contratasen a unha cantante de Techno-Dance. Se vos apasiona ese tipo de música, pode que disfrutedes a Xe-None. A mín cánsame tanta alegría e bon rollito techno.
Igual que un disco de Unsun é un disco de Pop con cobertura de Gothic Metal, éste é un disco de Eurodance con cobertura de Thrash-Melodeath. 5/10
PS: O cantante Laiho-imitación faise chamar... Lexy Dance (?) XDDD


40 Watt Sun - The Inside Room
Post-Doom Metal
Official
Despois de ver unhas cuantas críticas positivísimas sobre este primeiro disco dos británicos 40 Watt Sun, con 2 ex-Warning nas filas, funme directo a polo disco. De primeiras, decidino deixar para outro día cando oín o espeso das súas guitarras e a densidade que se respiraba XD Logo, cando estaba un pouco máis en Doom Mood (nótese o fino que ando hoxe que ata saco palíndromos XD), pois dinlle ó play e aguantei ata a metade. Á terceira xa me puxen concienzudamente a elo e xa o oigo enteiro... pero costoume. Primeiro, porque non me gusta nada o sonido tan denso, grave e con tanta ganancia das guitarras, certo é que a voz do cantante fai que unha parte do sonido de 40 Watt Sun se libere a través da súa claridade, melancolía e sencillez, pero ata me pareceu demasiado similar de canción a canción. Logo, non teño problema coas cancións largas, pero aquí realmente se me fixeron interminables. Hai demasiada repetición, e todo se me fai excesivamente lento.
Vin moitas comparacións co traballo de Warning, grupo do que sólo controlo o nome, pero despois de oír este disco non me quedou moitas ganas de profundizar, por moito que haxa xente que os venere. Sei que haberá moito fan que me colgará pola nota que lle vou dar, pero a mín non me gustou este álbum e serei consecuente con elo.
Pode que sexa a intención do álbum, pero todo me sona á mesma canción de 10 min. repetida 5 veces, e eso non me fai especial gracia. 2/10
PS: óllo co final da última canción, non me esperaba que acabara ahí de sopetón vendo o resto.


Sonne Adam - Transformation (2011)
Doom-Death Metal
Myspace
Engañáronme por completo estes Sonne Adam, xa que cando oín as primeiras notas de "We Who Worship The Black", esperábame un disco de Funeral Doom! De feito ésta canción ten un feeling moi cavernoso e de Doom crudo que se vai extendendo como background de todo Transformation. Os israelís mezclan este sonido monolítico e desesperado co Death old school, que, cunha producción sucia, con eco e tenebrosa, produce unha sensación de incomodidade áspera, pero viciosa. Un disco para oír con tranquilidade e non para todos os gustos, a mín recordoume un pouco ó último de Triptykon, e estou case seguro de que a quen lle gustara ese disco de Tom G. Warrior, disfrutará con éste tamén.
Se os primeiros riffs te cautivan, non poderás quitalo ata o final. 7/10
PS: Como nota curiosa, decir que Sonne Adam é un dos descubrimentos recentes da Century Media... quén o iba decir logo dos últimos discos máis "accesibles" que estaba a sacar...


Eld - Krieg: An Odyssey In Misery (2011)
Black Metal
Myspace
Coma o disco de Enslaved se chaman estes noruegos liderados por S. Winter (Ex-Aeternus e Ex-Gehenna). Practican o típico black noruego, no que alternan momentos máis veloces con medios tempos, os cales, con certos riffs máis punk-rockers fai que recordemos en certas cancións a algo do estilo de Darkthrone. En cambio nos movementos rápidos veume o que recordo dos antigos Enslaved (que xa fai boa que non mos poño, teño que facelo un día destes, que os teño olvidadísimos).
Sen ter un gran sonido, o disco cumple co que promete, e apórtanos 1 hora de black metal añejo e decente, sen moito máis.
PS: Ollo a ese momento techno dentro da canción Rebirth... chocoume moitísimo, ademáis está como.. fóra de lugar XD
PS 2: O sello que os leva é o mesmo que o que leva ós galegos Marthyrium, Antichristian Front. 5/10