miércoles, julio 06, 2011

Microreviews Xulio'11 - II


Skanners - Factory of Steel (2011)
Heavy Metal
Myspace
A verdade é que non me sonaba de nada este grupo, a pesar de ser dos jevis clasicotes clasicotes... nada menos que no 82 se crearon e sobreviviron prácticamente a par de discos por década, ata este 2011 no que lanzan un novo traballo. O que non é nada novo é a música que fan, totalmente inspirada no movemento jevimetaleiro da época que naceron e supoño que mirando atentamente desde Italia a todo o que se xestaba na NWOBHM e o Speed alemán.
De primeiras, o grupo que me veu á cabeza foi Judas Priest na canción que abre o disco "Never Give Up". Un bo comenzo a ritmo de Speed-Heavy que rememora os bos tempos do xénero. Máis tarde hai cousas que recordan a WASP, Accept, Primal Fear e a algún máis. Realmente non o vexo coma un mal álbum, tal vez un pouco lineal e pode que tanto oír "Steel", "Fight", "Thunder" e "Metal" axudara a que me cansara un pouco (as letras deben de ser unha obra de arte XD ainda que case prefiero non saber sobre qué falan moitos outros XD). Alomenos neste caso ó vocalista non se lle nota o acentazo de moitos grupos latinos ó cantar inglés.
Os máis clásicos pódenlle botar un ollo, que malos non son. 6/10


Silva Nigra - The New Age For The New God (2011)
Black Metal
Myspace
Desde a República Checa, éste é o quinto disco dunha formación da que non tiña constancia. O estilo de Silva Nigra tende ó black metal de influencia noruega e sueca de hai uns anos, no que non se cortan en meter moi ocasionales teclados que te poden pillar de sorpresa, xa que o estilo é bastante directo, ou influencias guitarreras máis propias do Thrash e o Black-Rock. O sonido non está mal ainda que non é cousa doutro mundo, e as cancións, maiormente a medio tempo, andan entre os 6-7 minutos de media e acaban resultando bastante intrascendentes, ainda que tampouco me aventuro a decir que son do peor. Simplemente un grupo máis de Black con influencias noventeras de Darkthrone, Satyricon e aquela tropa, que pasará inadvertido como o pasou nos últimos 10 anos. 5/10


Down & Dirty – Taste Of Rock & Roll (2011)
Hard Rock
Myspace
Tiven serias dudas durante boa parte do CD sobre si o que cantaba era un tío ou unha tía, pero cando as letras se empezan a dedicar "ás nenitas", supuxen que sería outro máis coma todos aqueles que cantaban Hard-Glam Rock tipo Poison, Ratt, Motley Crue..., con calzoncillos un chisco apretaos. E, realmente esta banda parece sacada do ano 86, cun sonido acorde á época, un vocalista do estilo daqueles que a cada pouco solta un "yeh! hu-hah! baby baby baby", uns coristas calcaos ós de Poison (de feito, penso que é a principal influencia de Down & Dirty, e con eso xa o digo todo sobre a música que fan), uns riffs tamén trasladados no tempo, e unhas letras sobre "pasalo guay", "party", "baby", "I know you love me", e demáis ñoñerías que hoxe en día, se non as dice Gigatrón ou Steel Panther, quédanse en desfasadísimas e horteras. Agora mesmo estabame acordando que nunha destas cadenas locales estaban repoñendo unha teleserie española de hmm finales dos 80 debía ser (ou sexa, debeu salir na TVE1, pero non por moito tempo porque era mala a rabiar XD), na que había un vecindario, e unha "muchacha moderna" que falaba dun modo algo así: "hey tío no seas carroza, que no me molan esas movidas, me lo paso dabuti con mi peñita y paso de malos rollos..." con acento chuuulapo XD (esto recórdame á sección de Misivas da Heavy Rock XD). Pois ben, foi unha sensación parecida á que tiven oíndo o disco de Down & Dirty: música carroza tronco, no me hace. 2/10


Avatar - Millennia (2011)
Gothic-Black Metal
Bandcamp
Parece que os belgas Avatar (uns Avatar máis dos centos que hai) tiveron bastantes problemas coa casa discográfica para sacar este álbum. De feito parece que o sacaron xa disoltos ou unha historia así.
A pesar de estar formados no 92, a banda sólo sacou 2 discos, un no 96, e este novo, que realmente, parece que estivera feito para ser sacado a mediados dos 90, porque recordoume moitísimo a aquelas bandas que mezclaban gothic metal oscurete e vampírico con voz black e ocasionales lailolailolas de rapaza encuerada e encorsetada. Polo que vín, non tratan o tema dos colmillos, pero sonan bastante coma unha versión ablandada de Cradle of Filth. Hai momentos interesantes en Millennia, pero a mín fíxoseme un pouco pesado e demasiado edulcorado por certos teclados que no século XXI foron maiormente sustituídos por arreglos orquestales nas bandas que poderían ser o símil hoxe en día das nacidas nos 90, non sólo neste estilo, senón que tamén no Power Metal e algún outro epicureano. Como as modas son cíclicas e hoxe en día "mola" meter rollo setentero e Hammond, tal vez no 2020 volvan á moda eses sonidos? XD
Pois non sólo me falla tanto pasteleo, senón que a voz da tía tampouco me convence, por veces parece que ralle no desafine, e hai algún solo de guitarra que non lle anda moito máis lonxe. Producción casera, pero casera dos 90, e certos brillos sobre todo en momentos de guitarras dobladas tipo "Maiden" e algunha guitarra acústica. Tal vez cun mellor sonido tamén ganaría máis, pero en xeral a mín... non me convenceu. 4/10
PD: a canción techno'80s do final, non me acordaba... buf qué mala. Cambio de última hora: 3/10


Saille - Irreversible Decay (2011)
Symphonic Black Metal
Myspace
Outros desde Bélxica son os Saille, que debutan co álbum Irreversible Decay, e vaia debut!! Sonido profesional 100% e riffs antolóxicos e brutales de Black Metal con algún teclado-orquestación que para nada se queda no primeiro plano como pasa nos traballos da última década de Dimmu Borgir, banda a cal moitos poderían emparentar con Saille, pero que non ten tanto que ver coma un en principio pensaría ó ver a definición "Black sinfónico". De feito, a parte de "sinfónico" por veces poderíase perfectamente omitir. Para empezar, os teclados, como dixen quedan apartados do liderazgo sonoro; as composicións centranse en riffs de guitarra que recordan ó mellor black-death, a veces melódico a veces cañero salido de terras escandinavas (Emperor, Keep of Kalessin, o máis blackero propiamente dito de Dimmu, Dissection...); as cancións están ben compostas e de estructura variada, pero fácil de seguir...
De vez en cando aparecen da nada certos grupos que superan ampliamente ós máis recoñecidos do xénero que tocan, ainda que moitas veces se quedan no ostracismo e a xente continúa a seguir os que teñan "un nombre", ainda que non faigan nada decente desde hai anos (e logo hai xente que dice que o metal está fóra dese tipo de cousas... jah! senón porqué grupos coma Manowar, Maiden, Metallica, Mayhem, In Flames, Queensryche, Kataklysm, etc seguen a ter audiencia fiel que lles compra todo se non fixeron un disco decente en 10, 20,... anos?).
O ano pasado, no campo do black leveime a sorpresa de Bane e The Eternal Suffering con dous señores discazos, este ano, Saille "sailleuse". 10/10
PD: tíñalles posto un 9/10, pero o feito de que se trate dun debut faime apoialos cun 10, o primeiro 10 do 2011 :D

Amigos do black melódico, oíde o riff de Revelations e logo decídesme se vos puxo ruchos ou no XD



Новая Модель - Киллер(2011)
Melodic Rock-Metal
Last FM
Definidos na páxina na que o encontrei coma "Apocalyptic Post Love Metal", sentín a suficiente curiosidade como para saber qué carallo era eso. Supoño que o do Love Metal será polo rollo chungo do tipo de HIM, ainda que sen teclados, pero o de Apocalyptic e Post... en fin, sona máis a vender pola etiqueta (e en parte funcionou, porque eu mireime de qué iba) que outra cousa. Killer (traducción ó ingles do título) fórmano uns excesivísimos 15 temas de 4 minutos de media que me costou o seu de acabar, pero nunca se sabe qué se pode encontrar un ó final, igual hai unha remezcla coma a de Avatar para rematarnos... XD Non todo o album de Новая Модель segue nunha onda HIM, de feito non diría que se parecen exactamente a HIM, senón máis ben a uns Sentenced-Forgive Me Not por veces un pouco máis rockeros e directos pero desde logo sen as melodías tan inspiradas da última etapa de Sentenced (sí, a mín gustábanme, tanto o antigo coma o máis reciente XD). As cancións de Killer eu diría que son máis ben Pop-Rock con guitarras eléctricas pesadas (e non sempre), que buscan o estribillo, e que poucas veces dan co punto para que se queden, supoño que o idioma ruso (que a mín personalmente me parece tan malsonante coma o alemán -ou máis-) non me axudou a dixerilo, pero bueno, o finlandés tampouco me gusta e Timo Rautiainen ou Indica teñen estribillos que se pegan ainda que logo esteñas cantando cos cascos: "taaaahmahmturitainen paukasihmgneee inda nauseeeipsatuuu..." XD 2/10


Am I Blood - Existence Of Trauma (2011)
Modern Heavy Metal
Myspace
Acórdome cando soubera por primeira vez de Am I Blood. Era a época do Load e Reload de Metallica, e moitos decían que Am I Blood reflexaba o que debera ser a correcta evolución de Metallica en lugar deses dous máis que cuestionables albums. E a verdade é que cousas coma "Gone With You" están por encima de calquera canción que fixeran os americanos desde hai 20 anos.
Indo con Existence Of Trauma, decir que o primeiro que me sorprendeu foi que Am I Blood seguiran existindo! Non tiña noticias deles (e de feito non sacaron nada) desde hai 10 anos, así que pillei con ganas este novo.
A primeira canción abre moi ben o disco, con ese aire na voz entre Hetfield e Nick Holmes (que á súa vez desde o Draconian Times, parécese a Hetfield o seu XD), un riff moi Thrasheiro e unha sección de corda-teclado que lle dá un aire diferente ó que tiña a predisposición de oír. Na segunda vemos que o grupo empeza a tender un pouco a terrenos fanganosos donde se entremezcla o Rock-Metal modernillo, a veces incluso un pouco Nu-metalero, cun estribillo certamente comercial... a cousa empeza a floxear... No resto do disco este tipo de momentos aparecen por veces, a mín recordoume moito ás partes de voz clara de Dark Age, con teclados de vez en cando, e tal vez riffs máis Heavy-Thrash que os melodeath dos germanos. De todos xeitos, a pesar de altibaixos e de non estar á altura do que fixeron antes, pareceume un máis ca digno álbum de Metal clásico con influencias modernas. 7/10


Jag Panzer - The Scourge of the Light (2011)
Heavy-Power Metal
Myspace
Os veteranísimos Jag Panzer seguen a sacar álbumes nunha boa línea do que foi o que orixinalmente se denominou coma Power Metal -americano- a finales'80 ; ese xénero a medio camiño entre o Heavy e o Thrash, que collía a parte máis técnica e a medio tempo dunha coa furia e riffs potentes da outra. De feito polo que teño entendido, Jag Panzer foron uns dos pais deste estilo que despois derivou en cousas un pouco diferentes xunto con Metal Church, Iced Earth, Fates Warning... ata incluso recordo que Pantera se lles chamaba Power Metal, máis ben supoño que sería pola indefinición do seu estilo (logo da época glam) que non entraba en ningunha marca.
Neste novo álbum, Jag Panzer non varían demasiado do que levan facendo desde hai tempo, con boa composición, boa execución e sonido, cancións diferenciables... un álbum, en definitiva bastante sólido por sí mesmo dentro da súa carreira, non o mellor (por sempre The Fourth Judgement!\m/), pero bastante bon. Para a xente máis nova e descoñecedora desta banda que sempre estivo nun inmerecido segundo plano, decir que andan entre Brainstorm, Iced Earth, Angel Dust... incluso en "Bringing The End" se me deron un aire a Conception! 7/10



Zero Gravity - Misplaced Moments (2011)
Progressive Metal
Myspace
Outra vez máis belgas -prometo que foi coincidencia-, neste caso facendo un Metal Progresivo que pinta bastante profesional para ser un disco debut. Logo, cando un vé o ano de creación do grupo, xa se pode explicar esta alta calidade en canto a sonido e detalle na grabación, xa que é moi probable que desde o 2001, fecha na que naceu este proxecto, ata hoxe, os de Bélxica estiveran traballando para sacar o mellor deles coa mellor producción posible. E conségueno desde logo. Misplaced Moments é un álbum de Metal Progresivo bastante típico, na onda de Dream Theater, ainda que non tan técnicamente "sobraos", eu diría que o que busca Zero Gravity está máis cercano ó Progresivo de Shadow Gallery, tendendo non tanto hacia ó virtuosismo, senón a cautivar ó oínte con boas e emotivas pezas complexas que van desde momentos moi calmados e espirituales ata outros máis cercanos ó Heavy-Power/Rock sinfónico con pianos e teclados. Un álbum moi traballado, para amantes do Prog Melódico. 7/10


Symbolic - Scarvest (2011)
Melodeath
Myspace
Outros Symbolic máis e van... porque non, non son os mesmos que oín o ano pasado que facían Thrash-Death creo recordar. Éstes son uns alemanes que sacan o segundo disco en 5 anos e vanse por derroteros máis típicos do Melodeath. Bo sonido, boas voces que van de rexistros máis agudos a growls míticos que me recordaron a Metalocalypse -e quizáis tamén nalgún riff, Symbolic teñan un aire-, e en xeral bos riffs e traballo compositivo, que recorda por veces a Death (grupo), outras a Arch Enemy, e moitas outras a calquera grupo medio de Melodic Death surxido nos últimos 15 anos en Suecia ou Alemania. Terra por certo, na que abundan estes grupos, pero na que poucos salen a flote, supoño que polo mesmo motivo polo que Symbolic non salirán (acabarán sendo "outro grupo máis que non o fai mal").
En Scarvest, os germanos defenden ben o seu terreno, e a pesar de non aportar nada propiamente novo, penso de todos xeitos que andan por encima da media. 6/10
PD: Menos mal que a canción medio techno como coña final non dura máis ca uns segundos, non coma os Avatar XD