Sempre recordo que cando o meu irmán traía polos vraos o ordenador eu metíame viciadas canto podía ó Warcraft I e II e ó Duke Nukem. Pero un día víno a él facendo algo que parecía música no ordenador. Pregunteille cómo iba e cando souben máis ou menos o básico, pasei de xogos e púxenme a fozar nel. Non tiña idea do que iba facer, sólo quería que sonase algo nese programa que se chamaba Impulse Tracker. Esto sería entre o 1996 e 1997.
Así que a cousa de meterme a fuchicar algo coa composición veume máis ou menos cando máis música distinta empecei a oír. Aínda así, as cousas que facía ó principio de todo nin sequera as gardaba, sólo probaba e probaba. Había efectos e efectos e instrumentos (que sonaban a gameboy a maioría, pero o feito de poder mezclalos máis ou menos como un quería, parecíame un lujo). Recordo que incluso tiña unha libreta na que anotaba para qué servía cada un deses efectos e cómo sonaban e funcionaban (daquela o meu inglés non é que fora pa tirar cohetes e máis que entender na "Axuda", o que facía era probar e volver a probar).
Supoño que a partir de agora tocará rirse un pouco, porque, e aquí ven un pouco a novedade deste post, vou sacar material obsoleto que facía cando era cativo. Non todo o que fixen cando tiña 15 ou 16 anos foi borrado, gardei unhas cuantas cousas na recámara a modo de "recuerdo". Incluído a primeira especie de canción, que gardei no mesmo día que souben dónde se lle daba para gardar cancións XD Recordo que tampouco controlaba moi ben o que eran os samples nin cómo se utilizaba moi ben todo esto, así que collín 2 instrumentos, unha batería basicota de bombo-caixa-platos e unha guitarra modo "punteo" que sonaba aínda peor cá da Game Boy, dinlle ó teclado dunha forma bastante aleatoria para "crear" algo e esto é o que saleu:
Grande, non? XD
Pois ese é o meu primeiro contacto co Impulse Tracker. Logo estivera a facer máis cousas, pero todas eran dunha forma tan aleatoria coma ésta, e facíao sobre todo para practicar e aprender no programa, así que nin me molestaba en gardar nada.
Durante aquel tempo no principio de todo, intentaba meterlle o gusanillo ós amigos que me visitaban sobre facer música por ordenador e, ainda que pasei algunha tarde con Martín e Carlos, dame que non conseguín que lle dedicaran tempo... era complicado, eso enténdoo e igual non tiñan tantas ganas coma mín de aprender.
Ainda así, nun daqueles anos fraguouse unha das cancións máis épicas da historia entre Carlos e mais eu, xurdida en escasos 15 minutos, con variedade, cambios de ritmo frenéticos, e momento épico central, a canción xurdeu dunha historia graciosa que tiñamos entre él e mais eu inspirada por un amigo e o daquela reciente disco de Judas Priest "Jugulator".
A cousa é que nun complot de virtuosismo, cada un de nós collemos mitad do teclado, mitad dos instrumentos e mitad da pantalla ó mesmo tempo... qué pode salir de tan enrevesado movemento?
"Aquí viene el Jugulector"
Épico.
Acórdome de que había infinidade de instrumentos, cada cal peor, pero que tiñan a súa gracia, e, intentando sacarlle partido, propuxérame facer cancións ou extractos sin moito criterio artístico de diferentes estilos. Un deles que sempre me deu especial rabia era o Techno-Dance, ó cal non lle collía o "arte" nin o mérito, e durante un tempo propuxérame facer algo do estilo para demostrar(me) que non podía ser tan complicado facer unha desas cancións... ou sexa.. sí, fixen os meus pinitos coma DJ experimental e gardeino (...como puiden borralo, pero deuse a casualidade de que o mantiven no ordenador). Sólo foron 2 cancións, pero oídas 13 anos despois (sí que vou vello carallo!) fanme a súa gracia:
Podería ser a banda sonora do Sonic ou do Starwing ou algo do estilo ou? XD
Esa aínda era algo "alegrilla" pero creo que a vena "oscurilla" me empezaba a salir pouco a pouco...
Bueno, despois de a xente que esté lendo esto esteña a lanzarme pedras mentalmente (que as sinto...) vou seguir comentando e intentando conservar a dignidade.
Penso que non foi moito despois destes "proyectos" de distintos estilos cando logo de saber o básico, intentei sacar algo máis serio, pese a que non eran intentos demasiado acertados como cancións en sí. Simplemente me poñía enfrente do ordenador e sin máis miraba o que me salía no momento, e nese tipo de días salíronme cousas coma "1.3 Oscuro". Nótese que como non tiña noción algunha temática ou artística de por onde iba ir, chamaba ó que iba gardando 1.2, 1.3, 1.4.... e como aclaración poñía unha característica da "canción", sexa "épico", "speed", "atmosférico", ou coma neste caso, "oscuro":
"1.3 Oscuro"
Como se pode notar, tal como se fora un alumno en prácticas, había instrumentos que sonaban máis baixos, outros máis estridentes, a estructura era indefinida... (aínda que esto sempre me acompañou ó facer algo XD)
"1.4 Dobles bombos" penso que está claro o que un se pode atopar ahí... sobre todo hacia o final XD Con razón un amigo que tocaba a batería me decía que facer en real o que facía eu co bombo era imposible..
"1.5 Epico" sempre foi unha canción que me gustou, pero como estaba probando diferentes guitarras, aquí metéralle un sample moi malo que en agudo (como debía estar probando daquela) quedaba bastante mal. Os "punteos" tampouco axudaban moito, pero si hai unha cousa que aprendín utilizando este programa e facendo música por ordenador foi a valorar a grupos que non teñen bon sonido pero que teñen boas cancións. Axudoume a disfrutar a música a outros niveles. Ainda que claro está, tamén escoito con gusto unha boa producción.
Algo que sempre me gustou tamén foron as versións doutros estilos en plan Metal. Había unhas cuantas feitas por outras personas e unha cousa boa deste programa é que te podías meter a modificar as cousas dos demáis. Así que un bon día recordo que collín a canción "Fading like a Flower" de Roxette que alguén fixera con instrumentos moi cutres, pero máis ou menos fiel á orixinal e metinlle unha batería e unha guitarra polo medio e saleu esto:
Ese sample de guitarra que sale nesta canción sería do que me apropiaría para todas as seguintes. É un sample dunha guitarra moi "Thrash Metal", e non me desfixen del ata hoxe.
Fai uns anos decidín coller algunhas das cancións pre-Albor Bizarro, e xuntalas para non perdelas no programa para sempre (este programa garda as cancións nun formato raro .IT que para ser lido no Guaynamp fai falta un plugin ou unha carallada desas). Ese CD con cancións novas que me quedaron no aire coma "Lúa de Decembro" ou "Progresión Hacia o Caos" e cancións antigas estou pendiente de "sacalo", pero teño moi pouco tempo últimamente e cada vez que me poño co programa agora é para outras cousas.
Unha desas cancións antiguas que non me dán tanta vergoña é esta: "1.9 Hev-Prog" (teño que pensarlle un título algo mellor para cando a meta coas outras XD
Canción que dudo que ninguén oíra ata agora:
Non é moito allá, pero polo menos os volúmenes están compensados e os cambios de ritmo máis ou menos dán o pego.
Pola época desta, foi cando empecei a coller a guitarra española olvidada na miña casa e empecei a practicar algo pola miña conta. Total autodidacta, mirando vídeos e algunha partitura de números empecei a darlle pola miña cuenta, e pouco despois empezaría a sacar algo para algunha cousa no Impulse Tracker.
Seguín posteriormente facendo cancións polos veráns e xa máis activamente cando nos trasladamos a Vigo e tiven ordenador na casa máis que 3 meses ó ano, cousa que me deu máis continuidade para "xogar" facendo música e crearme a mín mismo como compositor (ou algo parecido).
Así foi como no 2003 xunto suficientes cancións con xeito (ou o que eu cría xeito) para facer un "álbum-demo" que non salería prácticamente do meu pequeno círculo de lectores.
Recordo que daquela estaba interesado na mitoloxía antigua, e lía bastante da babilónica-mesopotámica, así que cando lín o Enuma Elish, gustoume o concepto. O "Enuma Elish", o xénesis babilónico, o poema da creación, o escrito no que se basearon moitas relixións posteriores para escribir os seus propios xénesis, coma a cristiana ou o islam. O xénesis dos xénesis era un concepto que me gustou e que cadraba co que quería para o meu "one-man-project", posto que estivera un tempo barallando outros nombres que desbotei porque non quería unha palabra/s en ningún idioma. Quería un nome propio, que significase o mesmo en todos os idiomas.
Daquela acórdome que había unha demo dun grupo israelí rulando por entre os Mp3 chamado Enuma Elish e pensei que se ese grupo se facía famoso, calquera que buscase por mín nun futuro podería confundirse, así que lle quitei o "h" final, que tamén é válido para a traducción ó español.
O disco autotitulado podédelo descargar da páxina de "EE Music" coma os outros. Nun principio non había ningún concepto detrás, simplemente tiña feitas cancións e títulos ó azar, e funos xuntando. No momento que o tiña listo dinme conta de que tanto no contido coma no títulos había algo moi oscuro e personal, e que realmente esa era a banda sonora dun momento non moi amable da miña vida, como era a soidade, unha misantropía crecente, e o noxo da xente ó meu redor. Todo o que estaba a facer no programa facíao sempre nun estado de ánimo non moi positivo debido ó meu forzoso traslado a Vigo e a novas compañías que non me animaban á confianza nin integración demasiado, polo tanto pasei unha larga tempada dentro da casa sen saír en absoluto nin de noite nin de día, únicamente ó instituto. O único que me supoñía unha liberación era volver ó pobo onde sí tiña ós meus de sempre.
Así que casi sen querelo nin bebelo, "Enuma Elis" era o disco conceptual da liberación artística do lado escuro da mente.
Algo parecido sucedeu cando collín outras cancións pre-Enuma Elis disco, púxenlles nomes, e, sorpresa! poñéndoas no orden correcto formaban unha metáfora do ciclo da vida. Os nomes foron postos unha a unha e segundo o que sentía oíndoas, ou sexa que non foron a propósito. O único que foi deliverado foi o orden porque me dín conta de que o disco collía un sentido redondo. Ainda que fixen esa selección despois do do 2003, realmente ese era o primeiro disco como tal de Enuma Elis.
No fondo, sempre que estaba a facer algunha canción, sempre o tomaba coma un ensaio, coma un método de aprender mellor, tanto a compoñer, como a sacarlle o máximo partido ó programa. E tal vez Albor Bizarro sexa coma un precalentamiento. Hai cancións de todo tipo, desde black atmosférico, thrash, progresivo ata techno-metal. Tamén lle añadín a que considero a primeira canción que fixen como tal, "I". Ou sexa, un poupurrí de cousas. No do 2003 tal vez sexa un ensaio máis serio, e no do 2006, "Obscura Epica" pode que pensara máis en cómo deberían ser as cancións desde un principio. Pero ainda así sempre pensei que ningún deles eran o disco definitivo que eu sacaría, porque éste tería que tar pensado non de maneira individual, senón colectiva. O concepto tería que ser moito máis consistente, e añadiríalle letras ás cancións, non para ser cantadas senón para ser lidas mentres se oíse o disco. A cancións máis largas, historias máis largas... que a duración dunha influíse na outra e que houbese correlación entre o que se le (a unha velocidade normal) e o que se oe. Esta era a miña idea desde que empecei, pero é complicado e levaríame tempo. Ademáis de todos xeitos, necesitaba practicar en exprimir o programa e a única forma é facendo cancións e experimentando, pero vino así desde fai tempo.. cada demo-album era un paso máis. E penso que tamén se pode notar de disco a disco que hai melloría no sonido (dentro das posibilidades), nas estructuras e nas composicións.
Por ahí do 2006, logo de recompilar e traballar Obscura Epica, Impulse Tracker foise co vento... mellor dito foise co Windows XP, que non aceptaba MS-Dos. Menos mal que me deu tempo de acabar a miña última creación ata a fecha "Lúa de Decembro". Esta canción foi rematada en Septembro de 2006, a escasos días da miña andanza polos extranxeiros, e foi creada especialmente para os amigos que me despediron (non fora ser que fora para sempre, nunca se sabe qué lle pode pasar a un nun ano enteiro XD). O nome "Lúa de Decembro" alude únicamente á noite na que nacín xa fai boa. Como tiña amigos que difícilmente iban gustar dalgo "moi metal" ou moi "escuro", decidinme por unha rama un pouco máis suave e "mainstream" (qué vendido!) pero co meu sello e tamén moi progresiva (de feito non ten nada que ver o comezo co final).
E ata ahí. Cando cheguei de volta, o Impulse Tracker xa non funcionaba e estiven 2 anos apartado da composición por ordenador, e pensaba que o estaría por sempre.
Este ano pasado leveime unha alegría cando descubrín que había máis xente que botaba de menos a "simpleza" relativa do Impulse, e idearon un clon chamado Schism Tracker, que é co que traballo agora. Non é exactamente igual, pero vale de sobra.
Sempre tiven a idea de que non hai que mirar moito atrás, algunha vez me preguntaron (ou case afirmaron) se me gustaría levar esta música a terrenos reales, con xente real, e a verdade é que non estaría mal, pero nunca volvería sobre o mesmo. O feito, está feito, tería que ser algo fóra do normal para que considerase traspasalo a música en vivo. E, salvo a última canción, o resto non o considero para tanto, preferiría traballar en cousas novas si tivese esa oportunidade.
Veuseme esto á cabeza porque houbo moitos riffs e ideas que se me quedaron perdidos polo camiño, pero que non sabía cómo continuar ou me daba vagancia poñerme con algo feito igual fai 3 anos e que se quedara nun punto morto. Ésta é outra cousa das que ninguén salvo eu mesmo oeu antes, ideas mortas no camiño... que igual hai algunha que está ben, pero que nunca recollín nin reciclei:
2.5 e 2.6, dúas cancións que tiñan toda a pinta de levar un estilo thrash-melodeath, gustábanme no seu tempo, pero non souben seguilas:
Ideas perdidas xa na época de Obscura Epica:
3.5 e 3.6 boas ideas pero había algo que me fixo parar, poida que fora empezar a concentrarme noutra canción
3.9 moi happy
Ideas post Obscura Epica (para o que sería novo album)
4.1
4.3
"Iron" é unha versión dun xogo de Game Boy (da antigua) que quedou a medias e sen pulir. Iba a formar parte da demo de cancións rescatadas que levo pensando facer desde facer uns anos. Ahora que poido tal vez a complete, ainda que como xa dixen, dame vagancia volver a ideas pasadas.
Por certo, no post de influencias faltoume añadir algo dos 2000 unha das maiores nos últimos anos, sobre todo no que se refire á batería: Behemoth: probablemente un dos mellores grupos de Death Metal da historia, e cuios Thelema.6 e Satánica pasaron polos meus oídos máis veces aínda que aqueles dous da cinta de Annihilator.
Falando de Behemoth veuseme á cabeza que cando alguén intenta clasificar a Enuma Elis suele ter problemas. O estilo de voz sempre axuda, pero en grupos instrumentales faise complicado. Non é o meu propósito facer algo diferente porque sí, simplemente me deixo levar por todo o que me gusta e o que faigo sale desa mezcla, pero en parte reconfórtame ver que a xente non lle sona a nada anterior nin o pode clasificar fácilmente. Acórdome que fai moitos anos alguén me dixo que algunhas cousas lle recordaban a Children Of Bodom.. agora fai pouco, unha páxina rusa que colgou o meu disco púxome "Progressive Gothic/Power Metal". Eu meteríame no saco indefinible de Dark Metal. Un pouco de todo.
Con moito escepticismo, enviei fai 1 ano e pico a canción "Lúa de Decembro" á web de metal Metalicia, resultando que entrou na selección dun segundo recopilatorio que estaba a facer sobre calquera tipo de metal feito en Galicia, con opinións moi dispares. Desde que considera "unha broma de mal gusto" incluír eso, ata sorprendentemente quen lle pareceu algo orixinal e audible.
A destacar que entre as 28 do recopilatorio, escolleronme ésta como entrada a unha entrevista radiofónica do máster da web, ante o meu asombro, que sinceramente busquei si realmente a cadena de música estaba enchufada á radio ou ó winamp porque non me cría que a miña música estivera sonando pola radio. Máis que orgullo, sentín moita presión e casi prefería que a quitaran canto antes.
Posteriormente recibín algunha "oferta" para seguir con esto, un amigo que ten un programa radiofónico sobre videoxogos que quería unha cabeceira orixinal, ou uns amigos dun grupo de thrash death que querían que lle metese algún sample á súa música (cousa un pouco complicada).
Agora e gracias á unión con Marcos sácolle partido ó programa para facer teclados e bases de batería-baixo para creacións máis "reales". A ver qué se pode facer... o malo é que estamos demasiado pouco en contacto directo... e a partir de Xunio vai ser peor :(