domingo, febrero 02, 2014

Grand Alchemist - Disgusting Hedonism (2012)

Grand Alchemist - Disgusting Hedonism (2012)
Symphonic Dark Metal
Official

Pasaron xa 10 anos desde un dos mellores discos debut da década dos 2000, o Intervening Coma-Celebration dos noruegos Grand Alchemist. Recordo por aqueles anos pensar... "pero este grupo de ónde saleu, e cómo é que non é máis conocido con semellante álbum???". O certo é que Grand Alchemist, por algún motivo quedáronse na escuridade e case que anonimato. De vez en cando, por ese tempo no que Myspace ainda servía para algo, metíame no perfil da banda para ver si sacaban algo novo, pero nada. Creo que non foi ata hai uns 3 anos, cando finalmente vín unha actualización sobre a volta de Grand Alchemist. 

Finalmente foi en 2012 cando Grand Alchemist sacan o seu segundo álbum, e as miñas expectativas víronse cumplidas... parcialmente. 

O certo é que o estilo creado no seu anterior disco non varía moito do deste Disgusting Hedonism. O que eles mesmos autodenominan "Black Metal sinfónico" non cambiou excesivamente nestes 10 anos de espera. Por certo, eu non consideraría a Grand Alchemist coma "Black Metal", de feito, xa vedes que cambiei a definición por Dark Metal -que é un estilo un pouco máis indefinible-. Realmente considero que dentro de Grand Alchemist hai tantos elementos de Black Metal coma de Death Melódico, e ningún destes estilos mencionados se podería considerar coma máis acertado para a banda. Eu incluso diría que (quitándolle a voz, que sí podería pertencer ó mundo blacker) están máis cerca dun Metal progresivo Extremo/Power Metal escuro con elementos sinfónicos. Véxoos máis cerca de Golden Dawn (os antigos, non esa bazofia que sacaron hai nada), Trail of Tears ou incluso Hollenthon que de Cradle of Filth ou Carach Angren. Fixándose sólamente no traballo de guitarra é fácil comprobar que os riffs rara vez se acercan a trémolo pickings máis propios do Black Metal. Algúns deles diría que incluso poderían pertencer aos temas máis duros de Evergrey ou Pagan's Mind.

Comparado co anterior disco, tal vez a diferencia máis clara que lle encontrei a este novo álbum sexa que é máis difícil de escoitar. Non resulta tan pegadizo coma o Intervening Coma-Celebration e ademáis añadíronlle certa complicación a estructuras e melodías. A veces incluso me decía a mín mesmo mentres que oía o disco: "pero porqué non o deixan eso dunha maneira máis simple? mira que... vaia maneira de complicarse pa non mellorar o resultado...". En xeral este pensamento rondoume durante bastantes partes do disco, que por certo non é que sexa malo en absoluto, pero que se fai unha escoita un tanto complexa e incluso me chegou a cansar nas primeiras veces.

Como decía, o álbum está perfectamente executado e ten un gran sonido. As cancións, mantendo un hilo marca da casa, teñen diferentes elementos, que van desde pianos e melodías "clásicas", a algunha atmósfera oriental, orquestación épica, riffs decentes e incluso algún arreglo industrial. Non se pode decir que Grand Alchemist apostaran por acomodarse e facer outro álbum máis, senón que se curraron un traballo con moita atención nos pequenos detalles que probablemente lles levou o seu tempo. Sen embargo, a min non me gustou máis que o primeiro álbum deles. Non creo que tiveran a mesma inspiración creando melodías, e decidiron facer música máis prog, pero sen conseguir atraparme totalmente para poñerme o disco unha e outra vez e aprenderme todos os xiros e cambios de ritmo. Unha pena, ainda así estarei atento ó seu seguinte LP.

Gana coas escoitas, pero non é mellor que o seu debut. 7/10