miércoles, septiembre 21, 2016

Interrogantes de Metal - Bandas latinoamericanas

¿Porqué as bandas latinoamericanas de metal -salvo contadas excepcións- non tiveron nin teñen absolutamente ningunha influencia na escena mundial?

É algo que sempre me chamou a atención, pero, ¿non é certo que ningunha banda hispanoamericana ou latinoamericana tivo repercusión en prácticamente ningún estilo do rock-metal a nivel global?

E nesto poido incluir a países coma España e Brasil. No caso de España, tal vez a banda máis internacional, que chegou a xirar incluso con Iron Maiden sería Barón Rojo nos 80, pero sendo sinceros e a pesar do éxito que tiveron no seu día, non aportaron nada á música internacional. De feito os fans actuales pouco saberán daqueles anos. 

No caso de Brasil, certo é que teñen a Sepultura e Sarcófago na primeira ola do Black Metal -e quedou ahí a cousa-, pero realmente, nun país de extensión case similar a toda Europa e con 200 millóns de habitantes, un esperaríase algo máis. 


Pode que os latinos teñamos o noso particular "gueto" neste sentido, xa que bandas españolas coma Mägo de Oz ou Ángeles del Infierno, son de sobra conocidas en calquera país de sudamérica e centroamérica. É dicir, son internacionais, pero o seu alcance parece parar xusto onde a lingua nos separa. Ademáis, ningún dos mencionados serán mínimamente recordados por ser uns innovadores, senón que o serán por ser "populares" na época que lles tocou nos países hispanofalantes. 

Para mín sempre é entretido cando me encontro outros metaleiros do resto de Europa e lles pregunto se coñecen algún grupo español. Normalmente obteño contestacións similares a estas:

- Os metaleros con máis solera dinme que lles sona de algo hai moito tempo un grupo chamado Barón Rojo. No mellor dos casos.
- Os metaleros menores de 30 non poden nin decirme un grupo. 
- Os máis trve chegaron a nombrarme a Elffor e algún máis metido no mundillo Pagan díxome que cría que Hordak eran españoles :)

En canto a latinoamérica, realmente non sei cáles son as razóns para que en 4 décadas de Metal non sacaran a un solo grupo que se recorde máis aló do seu propio país sequera. Faigamos un repaso a algúns países ao sur de EE.UU. 



México: así de primeiras a banda que nos vén á cabeza é Brujeria, ainda que case xa podería ser considerada estadounidense, xa que según teño entendido todos levan vivindo aló un bo tempo. Incluso fomos testigos de que o cantante tiña un español daquelamaneira no concerto do Resurrection'16. Sen duda debe de ser a banda máis internacional nacida en México, ainda que non entendo moi ben o porqué, xa que musicalmente son bastante malos para un servidor. Logo temos a Luzbel, Transmetal, Leprosy, Agora, Cenotaph, Disgorge,...

Arxentina: outro dos países de maior extensión de latinoamérica, e a primeira banda na que penso é Rata Blanca, logo a principios dos 2000 ou finales dos 90 salira Beto Vázquez Infinity e últimamente Skiltron e Triddana. Pero dentro do país, polo que leo, as bandas con máis solera poden ser Hermética, V8, Almafuerte. Tren Loco, Malón, Horcas, Animal,... 

Ao lado de Arxentina topámonos con Chile e os seus Mar de Grises e Poema Arcanus, que eu recorde. Logo de mirar qué é o que se move dentro do país parecen ser famosos Criminal, Necrosis, Coprofago, Massacre, Torturer, Undercroft, Six Magics... 

Para Bolivia, sendo sinceros, non me vén nin unha soa banda á cabeza. Entón toca mirar chuletas e parece ser que alí son conocidos Arkanos, Jherux, Track, Alcoholika La Christo, Hate,... Sorprende ver que o Black Metal é popular neste país, sendo que na maioría de América Latina o Thrash Metal parece ser que está eternamente de moda. 

En Colombia son máis ou menos internacionalmente conocidos, dentro do mundillo Black Metal, Inquisition, e a algún fan acérrimo do Death Metal sonaralle Internal Suffering, pero no resto, estou perdido. Os metaleros colombianos parecen ser grandes fans do Metal Extremo, tanto Death coma Black Metal son recurrentes nos estilos elexidos por quenes queren facer música alá. Dentro tamén conocidas son Neurosis, Kraken, Goretrade, Krönös, Awaken, Ekhymosis (hombre, xa non me acordaba da ex-banda de Juanes!), Tránsito Libre, Akash, etc.

E ben, non vou ir país a país, xa que son uns cuantos, pero realmente se fai moi difícil encontrar bandas mínimamente populares afora do país en cuestión para Venezuela, Ecuador, Costa Rica, Uruguay, Paraguay, Panamá, República Dominicana, Nicaragua, Honduras, Cuba, El Salvador ou Perú. 

Resumindo, salvo contadas excepcións, non hai prácticamente bandas latinoamericanas que aporten absolutamente nada á escena metalera desde que ésta naceu. De feito, a maior parte delas non só non aportan nin aportaron nada, senón que son maioritariamente moi mediocres e básicamente tentan copiar o que fan ou fixeron outros. Sona mal (e non teño nada en contra deles, valgame dios!) pero é así! ¿Será o clima? ¿Será cousa de pouca innovación innata? Non teño nin idea.