Mostrando entradas con la etiqueta interrogantes de metal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta interrogantes de metal. Mostrar todas las entradas

miércoles, septiembre 21, 2016

Interrogantes de Metal - Bandas latinoamericanas

¿Porqué as bandas latinoamericanas de metal -salvo contadas excepcións- non tiveron nin teñen absolutamente ningunha influencia na escena mundial?

É algo que sempre me chamou a atención, pero, ¿non é certo que ningunha banda hispanoamericana ou latinoamericana tivo repercusión en prácticamente ningún estilo do rock-metal a nivel global?

E nesto poido incluir a países coma España e Brasil. No caso de España, tal vez a banda máis internacional, que chegou a xirar incluso con Iron Maiden sería Barón Rojo nos 80, pero sendo sinceros e a pesar do éxito que tiveron no seu día, non aportaron nada á música internacional. De feito os fans actuales pouco saberán daqueles anos. 

No caso de Brasil, certo é que teñen a Sepultura e Sarcófago na primeira ola do Black Metal -e quedou ahí a cousa-, pero realmente, nun país de extensión case similar a toda Europa e con 200 millóns de habitantes, un esperaríase algo máis. 


Pode que os latinos teñamos o noso particular "gueto" neste sentido, xa que bandas españolas coma Mägo de Oz ou Ángeles del Infierno, son de sobra conocidas en calquera país de sudamérica e centroamérica. É dicir, son internacionais, pero o seu alcance parece parar xusto onde a lingua nos separa. Ademáis, ningún dos mencionados serán mínimamente recordados por ser uns innovadores, senón que o serán por ser "populares" na época que lles tocou nos países hispanofalantes. 

Para mín sempre é entretido cando me encontro outros metaleiros do resto de Europa e lles pregunto se coñecen algún grupo español. Normalmente obteño contestacións similares a estas:

- Os metaleros con máis solera dinme que lles sona de algo hai moito tempo un grupo chamado Barón Rojo. No mellor dos casos.
- Os metaleros menores de 30 non poden nin decirme un grupo. 
- Os máis trve chegaron a nombrarme a Elffor e algún máis metido no mundillo Pagan díxome que cría que Hordak eran españoles :)

En canto a latinoamérica, realmente non sei cáles son as razóns para que en 4 décadas de Metal non sacaran a un solo grupo que se recorde máis aló do seu propio país sequera. Faigamos un repaso a algúns países ao sur de EE.UU. 



México: así de primeiras a banda que nos vén á cabeza é Brujeria, ainda que case xa podería ser considerada estadounidense, xa que según teño entendido todos levan vivindo aló un bo tempo. Incluso fomos testigos de que o cantante tiña un español daquelamaneira no concerto do Resurrection'16. Sen duda debe de ser a banda máis internacional nacida en México, ainda que non entendo moi ben o porqué, xa que musicalmente son bastante malos para un servidor. Logo temos a Luzbel, Transmetal, Leprosy, Agora, Cenotaph, Disgorge,...

Arxentina: outro dos países de maior extensión de latinoamérica, e a primeira banda na que penso é Rata Blanca, logo a principios dos 2000 ou finales dos 90 salira Beto Vázquez Infinity e últimamente Skiltron e Triddana. Pero dentro do país, polo que leo, as bandas con máis solera poden ser Hermética, V8, Almafuerte. Tren Loco, Malón, Horcas, Animal,... 

Ao lado de Arxentina topámonos con Chile e os seus Mar de Grises e Poema Arcanus, que eu recorde. Logo de mirar qué é o que se move dentro do país parecen ser famosos Criminal, Necrosis, Coprofago, Massacre, Torturer, Undercroft, Six Magics... 

Para Bolivia, sendo sinceros, non me vén nin unha soa banda á cabeza. Entón toca mirar chuletas e parece ser que alí son conocidos Arkanos, Jherux, Track, Alcoholika La Christo, Hate,... Sorprende ver que o Black Metal é popular neste país, sendo que na maioría de América Latina o Thrash Metal parece ser que está eternamente de moda. 

En Colombia son máis ou menos internacionalmente conocidos, dentro do mundillo Black Metal, Inquisition, e a algún fan acérrimo do Death Metal sonaralle Internal Suffering, pero no resto, estou perdido. Os metaleros colombianos parecen ser grandes fans do Metal Extremo, tanto Death coma Black Metal son recurrentes nos estilos elexidos por quenes queren facer música alá. Dentro tamén conocidas son Neurosis, Kraken, Goretrade, Krönös, Awaken, Ekhymosis (hombre, xa non me acordaba da ex-banda de Juanes!), Tránsito Libre, Akash, etc.

E ben, non vou ir país a país, xa que son uns cuantos, pero realmente se fai moi difícil encontrar bandas mínimamente populares afora do país en cuestión para Venezuela, Ecuador, Costa Rica, Uruguay, Paraguay, Panamá, República Dominicana, Nicaragua, Honduras, Cuba, El Salvador ou Perú. 

Resumindo, salvo contadas excepcións, non hai prácticamente bandas latinoamericanas que aporten absolutamente nada á escena metalera desde que ésta naceu. De feito, a maior parte delas non só non aportan nin aportaron nada, senón que son maioritariamente moi mediocres e básicamente tentan copiar o que fan ou fixeron outros. Sona mal (e non teño nada en contra deles, valgame dios!) pero é así! ¿Será o clima? ¿Será cousa de pouca innovación innata? Non teño nin idea.


martes, febrero 18, 2014

Interrogantes do Metal - O pelaso de Kai

Interrogante IX: Qué pasou na cabeza de Kai Hansen no 2013-2014? -en sentido literal-

Gamma Ray prepar... espera espera... comorl?

Se alguén se pensaba que iba a falar doutro disco coñazo e autorepetido de Gamma Ray vai bon... o motivo polo que me parei a ler a noticia sobre un novo álbum do noutrora imaxinativo Kai Hansen foi a incrible foto que acompañaba á nova...

Mamaíña ahí pasou algo, xa non que onde había ceo agora hai nubes, senón que as nubes forman unha borrasca rara de carallo...
 Ai cómo se poñen algúns cos anos...

domingo, junio 23, 2013

Interrogantes de Metal - Portadas xaponesas

¿Porqué hai un alto número de bandas xaponesas de Melodeath e Power Metal que utilizan debuxos manga para as súas portadas? 
É máis, se a banda é instrumental o porcentaxe elévase ata case o 100% das que vín.
É máis ainda, se a banda utiliza debuxos manga, o máis probable é que na portada salga unha tipa!!!





viernes, mayo 17, 2013

Interrogantes de Metal - Cuán Metal?

¿Existe o Metal acústico? ou ¿é necesario e imprescindible ter elementos eléctricos para ser definido un grupo como Metal?
En outras palabras, ¿cousas como ésta é suficientemente METAL (yeh)?


Tamén tiña pensado añadir În pîntecul pămîntului de Syn Ze Sase Tri, pero eliminaron o video.

miércoles, diciembre 19, 2012

Interrogantes de Metal - De perillas

Esta pregunta xa ma fixen un día, pero volvo aquí para metela nesta colección:
¿Porqué se Rob Halford era rubio, ten perilla negra?


viernes, noviembre 30, 2012

Interrogantes de Metal - O pescozo do Metal

Desta vez traigo unha pregunta da que xa se obtivo unha resposta (atrevido aquel entrevistador...)
¿Porqué o cantante de Cannibal Corpse ten un pescozo tan sumamente grande?

Resposta por George "Corpsegrinder" Fisher:
"Bueno, se basa en el headbanging y en levantar pesas cuando era más joven", dijo. "Mi padre tenía un negocio en el que se pintaba techos y todo eso, así que me gustaba trabajar con él todo el día. Después de eso, íbamos a los lugares de pesca para atrapar y comer todos estos peces. Luego yo iba a la casa de mi amigo, que vivía a una milla de distancia, y nos volvíamos para levantar pesas. Si se me compara con viejas fotos de cuando estaba en VILE hasta ahora, ha crecido y, obviamente, la única cosa que realmente he hecho desde aquello es headbanging, que debe ser bastante similar al levantamiento de pesas. "

miércoles, noviembre 14, 2012

Interrogantes de Metal - As portadas do Thrash

Esta foi unha pregunta que sempre me fixen, e que ainda hoxe non lle atopei resposta. E vai relacionada cun movemento que actualmente está a ter un novo rexurdir, coma é o Thrash Metal.
A cuestión é: ¿Porqué as portadas de discos de Thrash Metal son todas -ou o 99%- debuxadas e incluso moi coloridas?
Imos aló con exemplos, se é que fose necesario dos 80, 90 e 2000 (é imposible manexar o editor de imáxenes co novo blogger pf así que ahí van extraviadas XD)








miércoles, septiembre 26, 2012

Interrogantes de Metal - O misterio de Children of Bodom

Ésta máis ben que unha pregunta é unha suposición/teoría que trata sobre un dos grupos que solía ser dos meus favoritos haberá como 10 anos: Children of Bodom. 
Penso que está bastante aceptado por todos aqueles que gustan/gustaron algún día da banda finlandesa, que o seu período de maior esplendor remóntase aos seus primeiros discos. Tanto Something Wild (1997), Hatebreeder (1999), Follow The Reaper (2000) e Hate Crew Deathroll (2003) son considerados por unha maioría de fans e aficionados ó Metal (así coma por mín) a súa etapa gloriosa, desde a que a rastras viñeron sobrevivindo ata os nosos días creando discos mediocres, que como moito tiñan algún momento interesante, que normalmente solía ser un guiño a algún riff ou punteo pasado e pouco máis.
Nunca o pensara ata que lín unha opinión nun foro... pero... ¿pasaría algo despois de Hate Crew Deathroll para que a banda de Laiho tivese unha caída tan abismal na mediocridade? Pois...
Resulta que o guitarrista que tiveron no período 1997-2003, Alexander Kuoppala se vai xusto despois de sacar HCD, e parece ser que, a pesar de que moita xente considera a Children coma "a banda de" Laiho e secundariamente Warman na que son os xefes e compositores, o señor Kuoppala era un activo creador naqueles discos. Así que a pregunta está clara:
¿Realmente o baixón compositivo de Children of Bodom está causado pola marcha do "tapado" Kuoppala?
e
¿Tal vez Alexi Laiho tomou excesivo protagonismo e todo o mundo deu por suposto que él é o xenio e responsable de todo o que chegou a ser Children?
A ónde marchou o home e porqué non seguiría na música? se foi capaz de co-escribir aqueles discazos, que obviamente a banda non soubo darlle unha continuación digna e ningún momento posterior en canto a calidade sen a súa axuda... é unha pena que non siga no mundillo.

martes, junio 19, 2012

Interrogantes de Metal - A imaxe no "Core"

Segunda "tengo una pregunta para usted":
02 - ¿Porqué os grupos de "core" adquiriron unha imaxe tan "emo" (sobre todo palpable neses cortes de pelo tan ridículos), incluso os de estilos máis extremos tipo Dethcore?
Pois eso... conxunción de modas superpostas no mesmo espacio-tempo que varían entre "rebelde" e "cool"? a saber... e porqué parece que nas fotos oficiales están todos de resaka?

viernes, abril 13, 2012

Interrogantes de Metal - Black VS Death?

Nova sección, na que lanzarei preguntas ó aire sobre este estilo de música que nos fai mover o pescozo ata ter contracturas e deixar a voz e capacidade auditiva concerto tras concerto XD Non pretendo que ninguén as conteste -ainda que se vos atrevedes, ahí tedes a posibilidade de facer un comentario, a pesar de que desde que apareceu facebook, a xente xa sólo se interesa no que se postea ahí ¬¬... por algo o fun deixando de lado últimamente XD-, sólamente deixalas nalgún espacio de internet, para que as futuras xeracións vexan que alguén noutra era xa se planteou este tipo de desconcertantes cuestións.
A primeira desta lista vai ser:
01 - ¿Porqué, gustándolles un xénero de Metal Extremo, as tías prefiren o Black Metal ó Death Metal?
Estíveno pensando, e, realmente a maioría de amigas que gustan do Metal Extremo... pero cerca do 100%!!, se me van pola rama Black (Melódico, Primitivo, Gótico, Sinfónico, Pagano... calquera deles) antes que polo Death, tamén en calquera forma. Non sei se tamén vos pasa o mesmo.. pero é curioso XD