lunes, mayo 24, 2010

Diario dun vi-king II - Fin da Tempada



Bueno, o prometido era deuda, así que aquí vos traio algunha cousa relativa á 1ª temporada de Mileth. Digo 1ª temporada porque o local da Uvigo pecha as súas portas ata o vindeiro ano académico, ou sexa, setembro ou outubro. Ata esa non sei moi bén cómo faremos. Eu de momento, necesito un par de semanas para as miñas cousas, así que non volverei a facer un novo Diario de vi-king de momento.

Ben, este último ensaio do viernes non resultou nada mal, unha pena porque íbamos polo bon camiño agora que hai que parar. Tal vez o punto negativo fose o meu, a miña guitarra tiña as 2 últimas cordas un chisco desafinadas e desluceu un pouco o bon traballo dos outros, eu creo. Ademáis como a miña guitarra se oía por encima de todo, todos e cada un dos fallos (que non son poucos a falta de máis práctica XD) se percibían o triple.
¡Para a próxima subídevos todos os vosos volúmenes!!

Ben, coma xa pasara da outra vez que puxemos unha cámara, o sonido dos teclados sona moi de fondo e a batería sona a cacharro (máis que alí no medio en vivo). Tal vez teríamos que ter posta a cámara noutro lado ou dirixir os bafles polos que salía o sonido do ordenador noutra dirección.
Bueno, antes puxera Mourning Palace, así que agora poño outra diferente. Que ninguén se me queixe de que sonan máis unhas cousas ca outras porque xusto 4 pasos máis adiante sonaba diferente XD
E sí... teño que comprar unha guitarra decente que non sone a raios XD

Aparte desta versión de Stormlord, tería que falar do realmente importante, que é a música propia. Como xa dixen antes, a cousa de vernos 2 veces por mes non axuda demasiado, e o de falar por internet tampouco, así que o traballo queda moitas veces para cando nos xuntamos en real.
Ainda así tentamos que sone traballando cada un polo seu lado, así entre un e outro ímonos pasando archivos por internet, e modificando cousas e volvendo a pasar e volta a modificar e pasar. Traballo de chinos.
Ó final damos feito para sacar versións máis ou menos audibles para guiarnos nosoutros mesmos. Desde logo non son versións definitivas porque non sonan ben e porque case que ainda estamos a modificalas cada pouco tempo (en pequenos detalles, o grueso xa está asentado). Entón, ata o de agora temos 2 propias, a primeira, que se chama Ith (6:05) con letra de Marcos, e a segunda, chamémoslle "dúas" (5:45 máis ou menos), ainda sen nome e sen letra.
Vou deixar que as oiades un pouco, de dúas formas distintas.
"Ith", versión demo, sen as voces, pequenos extractos desperdigados.

"Dúas", un pequeno extracto de 1:30 para saber cómo queda con guitarras, e a canción enteira tal e como a fun facendo eu na casa con batería-baixo-teclados.


Así polo menos si hai alguén que lle gustara quedarase co intríngulis de cómo sonaran enteiras e completas... no caso de que lle guste a alguén.. claro TT
E ata aquí foi todo, o futuro dirá cándo, cómo e dónde nos volveremos xuntar agora que o local pecha, chega o vrao e los muchachos descansan y van de pendejos ás verbenas. Tempo de parada, pero sólo en principio, porque penso que entre Marcos e mais eu algo seguiremos facendo.
Como despedida, un bonito retrato noso cunha fermosa panorámica da vida agreste que tanto nos justa.