lunes, mayo 24, 2010

Diario dun vi-king II - Fin da Tempada



Bueno, o prometido era deuda, así que aquí vos traio algunha cousa relativa á 1ª temporada de Mileth. Digo 1ª temporada porque o local da Uvigo pecha as súas portas ata o vindeiro ano académico, ou sexa, setembro ou outubro. Ata esa non sei moi bén cómo faremos. Eu de momento, necesito un par de semanas para as miñas cousas, así que non volverei a facer un novo Diario de vi-king de momento.

Ben, este último ensaio do viernes non resultou nada mal, unha pena porque íbamos polo bon camiño agora que hai que parar. Tal vez o punto negativo fose o meu, a miña guitarra tiña as 2 últimas cordas un chisco desafinadas e desluceu un pouco o bon traballo dos outros, eu creo. Ademáis como a miña guitarra se oía por encima de todo, todos e cada un dos fallos (que non son poucos a falta de máis práctica XD) se percibían o triple.
¡Para a próxima subídevos todos os vosos volúmenes!!

Ben, coma xa pasara da outra vez que puxemos unha cámara, o sonido dos teclados sona moi de fondo e a batería sona a cacharro (máis que alí no medio en vivo). Tal vez teríamos que ter posta a cámara noutro lado ou dirixir os bafles polos que salía o sonido do ordenador noutra dirección.
Bueno, antes puxera Mourning Palace, así que agora poño outra diferente. Que ninguén se me queixe de que sonan máis unhas cousas ca outras porque xusto 4 pasos máis adiante sonaba diferente XD
E sí... teño que comprar unha guitarra decente que non sone a raios XD

Aparte desta versión de Stormlord, tería que falar do realmente importante, que é a música propia. Como xa dixen antes, a cousa de vernos 2 veces por mes non axuda demasiado, e o de falar por internet tampouco, así que o traballo queda moitas veces para cando nos xuntamos en real.
Ainda así tentamos que sone traballando cada un polo seu lado, así entre un e outro ímonos pasando archivos por internet, e modificando cousas e volvendo a pasar e volta a modificar e pasar. Traballo de chinos.
Ó final damos feito para sacar versións máis ou menos audibles para guiarnos nosoutros mesmos. Desde logo non son versións definitivas porque non sonan ben e porque case que ainda estamos a modificalas cada pouco tempo (en pequenos detalles, o grueso xa está asentado). Entón, ata o de agora temos 2 propias, a primeira, que se chama Ith (6:05) con letra de Marcos, e a segunda, chamémoslle "dúas" (5:45 máis ou menos), ainda sen nome e sen letra.
Vou deixar que as oiades un pouco, de dúas formas distintas.
"Ith", versión demo, sen as voces, pequenos extractos desperdigados.

"Dúas", un pequeno extracto de 1:30 para saber cómo queda con guitarras, e a canción enteira tal e como a fun facendo eu na casa con batería-baixo-teclados.


Así polo menos si hai alguén que lle gustara quedarase co intríngulis de cómo sonaran enteiras e completas... no caso de que lle guste a alguén.. claro TT
E ata aquí foi todo, o futuro dirá cándo, cómo e dónde nos volveremos xuntar agora que o local pecha, chega o vrao e los muchachos descansan y van de pendejos ás verbenas. Tempo de parada, pero sólo en principio, porque penso que entre Marcos e mais eu algo seguiremos facendo.
Como despedida, un bonito retrato noso cunha fermosa panorámica da vida agreste que tanto nos justa.



5 comentarios:

Marcos dijo...

Esperaba que na cea falásenos algo acerca do que imos facer, pero con comida e birra diante como para lembrarse XD.
Non teño moi claro se o teu parón persoal é ata que remates os exames ou é indefinido, falamos por mail cando teñas un ratillo ;D
Ah, e de paso mándame a base de novo (Desta vez a cambiada xD) e devólvocha e supoño que nesta semana cha reenviarei con guitarras e voces. Senon para a semana xa empezo ca parte burocrática do curro e vou ter pouco tempo
Estudia moito ;D

Sagabarindo Tuchela dijo...

El sonido no permite apreciar demasiado bien las distintas pistas, como tu mismo dices en el cuerpo del post , de todas maneras suena bastante interesante la propuesta. si te sirve de consuelo, la banda en la que participo está armandose desde hace cuatro años, aí que ustedes no desesperen...

enlil dijo...

Xa che mandei as 2 bases cos últimos cambios outra vez, así que borra todas as anteriores se queres :D
Pois o meu parón ten que ser obligatorio ata o 31. Logo a semana ata o 7 dame que a vou ter ocupada entre conciertos, visitas (creo que veñen Joao e Mara outra vez desde Coimbra por un par de días) e a boda, que promete ser espectacular. Logo terei que poñerme inmediatamente para Julio porque mo cambiaron por Septiembre e logo, a partir do hmm 7 ou 8 de Julio .. meeeeeeeses e meses para tal vez buscar traballo, ter vacacións, facer viaxes, dedicarme a facer cancións, xuntarnos e arrexuntarnos... penso que terei tempo pa todo.
Indefinido!? pero qué dis? eso nunca! sempre teño ideas na cabeza.. ainda se non tivera estas cousas que facer estaballe dando ó programita fijo. Teño noites moi inspiradas últimamente.

Uff esperamos no llegar a los 4 años "Pollito", creo que con una canción más nos daría para tener una demo propia. Luego sería cosa de buscar un lugar donde grabar, aunque no fuera totalmente profesional, que nos diera un sonido decente y barato, y luego preguntar por opiniones.
Suerte también con tu proyecto!!! A ver si no pasa mucho más de 4 años! :S

Marcos dijo...

Si, recibidas! según atope tempo mézcloas ;D

Ok, indifinido referíame a sen unha data fixa para retomar os ensaios, que tampouco sei moi ben cando podemos poñer unha sen meternos en xullo (traballo e exames mediante claro XD)
Máis que nada por non perder a progresión. A falta de local pódese subsanar, sempre que a paciencia dos veciños o permita, na casa de alguén. Aquí tiven mirando que podemos montar un "equipo" decente para tirar, o malo é ter que vir ata aquí (se tal algún finde como excusa para saír (Anque te vexo algo pillado ata que remates todos os exames finais para andar de carallada XD). E por ahí? Elías algo dixo da súa casa ou estaba tan cheo que o imaxinei? XD

Bueno, vos diredes, neste caso o que anda máis liado eres ti, así que cando te vexas máis libre avisa.

E???? liado con concertos?? e logo que concertos hai a parte do de Fallen??

Bueno, xa teño bastante avanzada a 3ª canción, intentarei facer como a outra e meterlle tamén bateras como orientación, mentres non remates os exames non cha paso, que nos coñecemos e logo traballas no que non debes XD

Tamén ando metido con temas de letras... según teña feito algo decente pásocho.

se bueno ;D

enlil dijo...

A verdade é que nin idea para cándo pode ser, tal vez algún día do medio de Junio? Heille preguntar a Elías a próxima semana :P Senón en Junio tamén me poido escapar a Santiago, xa falaremos despois do lunes :)

Bueno sí, aparte do de Fallen, ti vas vir?? había un de Vortex, que tiña moitas ganas de velos e a progresión que fixeron, pero resulta que cadra o mismo día que a boda grrr

O día 31 a mediodía cando remate o de Contabilidad de Costes, inmediatamente pásame o que levas feito desa terceira canción, ou senón o domingo á noite, que non vou tocar o ordenador ata o seguinte día :D
¿Porqué sempre pasa que cando máis tés que facer, máis che vén a inspiración para facer cousas artísticas? Dios, se ontes pillo o ordenador, facía unha obra de arte con todas as ideas e riffs que se me viñeron a horas intempestivas XD

O das letras sí que mo podes pasar cando queiras, que a eso sí que non creo que lle meta mao :D