Decapitated - Carnival is Forever (2011)
Post-Metalcore/Technical Death Metal
Myspace
Ben, esto non é o que eu me esperaba exactamente da lenda polaca Decapitated. Realmente este é un álbum diferente do que eu oíra deles, e cando me dispuxen a obter información sobre este novo disco, ahí veu a razón: parece que sólo queda un guitarrista da formación orixinal, que decideu sacar por sí mesmo unha nova versión do que él considera que son os Decapitated na nova década. Esto é: riffs metalcorianos/post-hardcore, voz rasgada tamén con deje bastante core, moito palm-mute àla Meshuggah, e, en definitiva cancións bastante olvidables que tiran por terra o legado desta banda que un día foi Death Metal. Obxectivamente, este album nunca tería que ter salido baixo o nome de Decapitated, pero ainda así e valorando estrictamente o apartado musical, Carnival is Forever quédase nun máis dos miles de grupos facendo ese Dethcore técnico que non dice demasiado. Os que foron membros desta banda déberonse de sentir abochornados cando oíron o que o seu ex-compañeiro sacou. 3/10
Witheria - Vanishing Order (2011)
Thrash-Death
Myspace
Descubrín ós finlandeses Witheria hai un par de anos e quedarame maravillado escoitando Painful Escape, así que tiña moito interés en oír este novo e non decepcionou.
O estilo é idéntico ó do anterior album: Thrash-Death melódico con grandes riffs que toman como fuente de inspiración o Thrash clásico e o Thrash progresivo de hai algúns anos. Bandas coma Death, Destruction, Kreator, Forbidden... poden vir fácilmente á mente.
Os movementos de Witheria varían entre partes groove, con partes totalmente speedicas e outras máis melodeath guiadas por unha voz que podería pertencer a calquer grupo de Black. Como sucedía no anterior, crearon cancións bastante pegadizas nas que é difícil manter a cabeza sen abanear, e sen facer nada novo realmente, souberon poñer outra vez toda a carne no asador para sacar un disco que se vai sen que un se dé conta. 8/10
Iperyt - No State of Grace (2011)
Industrial Death-Black
Myspace
Iperyt son unha banda polaca que me recordaron curiosamente ós intentos "maquineros" fallidos dos Morbid Angel no seu último disco... peeero ben feitos. O estilo é básicamente Death Metal moi cañero, pero pasado por un filtro industrial sobre todo nas baterías que se notan absolutamente desquiciadas e ultrasónicas. O sonido rítmico nótase que está totalmente manipulado informáticamente e non creo que o queiran esconder, cuns dobles bombos e redobles de caixa que meten medo. Neste caso non hai teclados nin samples atmosféricos electrónicos, polo que a forza reside nos riffs guitarreros, moi da vella escola do death e que se entremezclan entre momentos máis grind e outros máis blackers. Se tedes curiosidade en cómo sonarían Prodigy facendo Death Metal brutote, Iperyt non están de todo mal. Xa lles gustaría a Morbid Angel facer algo do estilo cando quixeron facer esas abominacións musicales chamadas Radikult, Destructos e Too Extreme. 7/10
Vreid - V (2011)
Melodic Black Metal
Myspace
Non me gustara nada de primeiras o disco de Vreid. Pareceume como unha amalgama de xéneros nos que o grupo non sabía exactamente qué facer, se un pouco do Black'n Roll máis próximo ós novos Satyricon, se un pouco máis folky rememorando algo do pasado Windir, se un Black inspirado no Heavy-Rock setentero e ochentero, se algo de Thrash-Black... De feito antes de irme uns días de vacacións, esa sería un pouco a miña microcrítica -unha fusión un pouco desorganizada deses estilos-, pero gracias a un periodo de descanso no que me puxen máis a fondo con este disco, cada vez funme metendo máis nel e foime gustando máis. Hai riffs e composición realmente interesante e máis ou menos innovadora tendo como base un pouco o que dixen ó principio. Cada vez hai máis grupos nórdicos que se pasan a este lado máis heavy-rockanrolero do black, curiosa moda...
Ó final acabeime convencendo de que V é un disco bastante traballado, no que se nota un gusto tanto polo prog-rock setentero e heavy ochentero, como polo black melódico nórdico dos noventa. A falta de definición que notei ó principio converteuse máis ben en heteroxeneidade e variedade agora mesmo, ainda que sí que ainda noto un certo caos de ideas nalgunha canción.
O que fai oír con calma e varias veces un disco... é posible que algún dos que comentei nesta sección lles pasara algo parecido e que me quedara cunha primeira impresión diferente da que tería se os oíra durante 1 mes coma fixen con éste. Por certo, o single non é nin moito menos a mellor canción para mín, eu aposto pola épica de 10 minutos "The Others And The Look". 7/10
Before The Dawn - Deathstar Rising (2011)
Dark Metal
Myspace
Hai xente, pouca xente á que a cabeza non lle para e son un chorro de creatividade continua. Un deles sen duda é Tuomas Saukkonen, multiinstrumentista que entre proxectos, colaboracións e eu qué sei máis, debe de ter metido baza en máis de 10 discos nos últimos 10 anos, moitos deles dunha forma máis ca protagonista, coma é o seu proxecto personal Before The Dawn, que neste 2011 saca o seu séptimo álbum.
A parte positiva de Deathstar Rising radica no estilo tan personal que Saukkonen lle imprime a todo o que toca, cunha base bastante "Suomi Metal", melodías que por veces tiran para o folk melancólico pero cun aire moderno no que mezcla voces limpias con rasgados e que vai desde o Rock-Metal Melódico e melancólico ata partes máis "Melodeath". O caso é que se desenvolve á perfección nesa mistura e saca auténticos cañonazos coma "Deathstar", "Winter Within" ou "Butterfly Effect" contidos neste último álbum. Ademáis, coma en todo no que está metido, producción de lujo.
A parte negativa podería estar en que a evolución de Before The Dawn foi bastante pouca nos seus máis de 10 anos de historia, e non sólo hai cousas en Deathstar Rising que recordan a algo feito en BTD, senón que tamén recordan ós outros proxectos de Tuomas. Houbo discos mellores de Before The Dawn, ainda que esto non significa que éste sexa malo. 7/10
Exawatt - Among Different Sights (2011)
Progressive Metal
Myspace
Segundo disco destes italianos en 20 anos de historia, e, a pesar de que se notan algunhas boas ideas, ainda que non demasiado novedosas, Among Different Sights quédase un pouco no saco de grupos de Progresivo. O grupo combina cantantes de ambos sexos, ámbolos dous cun rexistro de voz limpia bastante similar. Na parte instrumental, hai un balance equitativo entre o protagonismo de teclados e guitarras, que por veces tocan un pao máis sinfónico, outras atmosférico e outras puramente progresivo dreamtheateriano -grupo que desde logo se pode intuír entre as preferencias deles-. Por todo eso, está ben, pero na parte negativa, encontro que hai un sonido bastante mellorable, sobre todo para un grupo de Progresivo, no que todo ten que sonar máis claro e diferenciado do que sona aquí. Aparte, non é que sexan demasiado orixinales, ainda que teñen as súas partes experimentales que a estas alturas eu xa non consideraría "tan experimental" porque logo de oírllas desde hai anos a grupos coma Dream Theater e Pain of Salvation e ós seus imitadores...
Exawatt, como decía, quedaráseme no montón de grupos decentes de progresivo que non pasarán dahí. 6/10
Fireforce - March On (2011)
Heavy-Power Metal
Myspace
Predecible hasta decir basta este primeiro disco dos belgas (outra vez, esto pasa xa de coincidencia XD) Fireforce, no que o que fan é mezclar un pouco de Manowar e Speed Metal, falando de Metal, dioses, Metal, batallas, e un pouco máis de (bostezo) Metal. O disco non está mal executado e é bastante lineal, así que para os amantes dos dobles bombos e tempos rápidos, con feeling épico e directo -sen ter orquestacións nin teclados-, podería non estar mal. Non hai moito máis que comentar, salvo poñer uns cuantos grupos que se me viñeron á cabeza mentres que oía March On: Iced Earth, Sabaton, Running Wild, Cage, Gamma Ray... se vos gustan moito éstes, dádelle unha escoita, igual vos dicen máis que a un servidor. 5/10
Leviathan - At Long Last, Progress Stopped to Follow (2011)
Progressive Rock-Metal
Myspace
Con máis de 20 anos de historia e 3 discos noventeros, os americanos Leviathan déronse un descanso dunha década para sacar este novo disco. Un disco de Metal Progresivo nunha onda bastante clásica e calmada que me recordou ó traballo de Queensryche. Realmente, profundizando neste disco de nome raro, hai detalles e influencias variadas que deberían asegurar unha escoita amena, pero por algunha razón non me acaba de convencer -cada vez que digo "por algunha razón" suele ser por motivos compositivos XD-. Un cantante con moi pouca forza pode axudar, e ainda que na superficie é un álbum atractivo, cando me puxen con él acaboume cansando un pouco, xa que momentos inspirados e diferentes se unen irremediablemente con partes sosas, algún riff prog que non engancha para nada, e voz e melodías vocales, que non me gustaron. 3/10
Thunderbolt - Dung Idols (2011)
Heavy Metal
Myspace
Eu conocía uns Thunderbolt, pero nada que ver con estes noruegos, posto que facían Black Metal. Éstes practican un heavy bastante clasicote, no que o primeiro que chama a atención é o vocalista, unha mezcla entre Bruce Dickinson e Tobias Sammet (que xa teñen un aire entre sí). Non o fai mal o rapaz, ainda que tampouco chega a ser ningún dos dous anteriores.
Musicalmente a banda bebe básicamente da NWOBHM e o Heavy clásico, cun aire a Maiden e Saxon, ainda que non practiquen habitualmente ningunha das míticas "cabalgadas" nin eses punteos dobles (xusto unha das cousas que máis gracia tiñan aqueles Maiden -falo en pasado, porque os de agora...-). Entón, a cousa ó final quédase nun disco de Heavy bastante do montón, que non me atrevo a decir que esteña mal, pero que non chama a atención. 5/10
DivineFire - Eye of the Storm (2011)
Power Metal
Myspace
Tiña entendido que os desta banda despois do descalabro que fora o seu último disco xa o deixaran... en fin... aquí temos logo un novo álbum, o quinto xa dos suecos, que seguen coa fórmula de power sinfónico, maxestuoso e celestial (falan de cristianismo e todo eso, ainda que a mín refanflínfama). Coma frontman segue estando un gran vocalista coma Christian (nunca mellor dito) Liljegren, que a estas alturas non sei cómo non estará saturado de sacar tantos discos dun estilo tan similar coma son os de Audiovision, 7 Days, Golden Resurrection e dos mesmos Divinefire. A éste úneselle outro vocalista para este novo disco, sí, 2!, ni más ni menos que o de Narnia (uuuh tanta variedade abrúmame XD) un tal Germán Pascual (hispano? non sei, pero vistas as fotos promocionales de Divinefire, do sur debe ser, porque vai abrijao ata arriba).
Indo co disco, Eye of the Storm segue co legado que eu recordo de DivineFire, de metal boombástico, con moito arreglo orquestal, a veces incluso recargado, sección rítmica speedmetalera e guitarras potentes. Christian é un gran cantante, así que nas voces hai asegurado "high-pitched quality" e algún amago de rasgado, e con respecto a Germán, o certo é que se non lle prestas atención, non sabes cándo canta él porque teñen rexistros parecidos XD As cancións non dicen moito que xa non se oíra xa en Divinefire ou grupos do estilo... así que... mellora o anterior, pero de todos xeitos, eu quédome cos discos cos que os coñecín: Hero e, sobre todo Into a New Dimension. 5/10