sábado, abril 06, 2013

Aevlord - The Nomad's Path (2012)

Aevlord - The Nomad's Path (2012)
Melodic Symphonic Black Metal
Oficial
Terceiro álbum desta banda francesa da que non tiña coñecemento ata que me atopei con este The Nomad's Path. E vaia descubrimento!
Ó contrario que o movemento de Black atmosférico e melancólico tan propenso nos últimos anos do país galo, Aevlord inclínanse por facer un Black Metal melódico e heteroxéneo. The Nomad's Path recordoume a horrores a outra banda que se quedou un pouco na estacada pero que sacara un discazo no 2002 chamado Intervening Coma-Celebration: os noruegos Grand Alchemist. Por certo, este ano volveron á actividade, teño que oírlles o álbum máis sosegadamente, porque de primeiras non me gustou tanto...
Volvendo a Aevlord, os franceses inspiranse primariamente no Black Metal atmosférico e sinfónico do que poderían ser uns Dimmu Borgir noventeros, con ese lixeiro toque neoclásico e dramático, pero sen chegar a ser boombástico e orquestal. A esta primeira referencia, Aevlord añádelle un sonido máis definido e moderno que a veces parece querer acariciar o Metal progresivo ou Melodeath. Os teclados xogan un gran papel, e prácticamente están presentes na maior parte da música de Aevlord, tanto en forma de piano, coma de sintes atmosféricos ou incluso máis electrónicos nalgún momento. De todas formas, están introducidos e misturados coa música dunha forma que non chegan a cansar, ó contrario que outras moitas bandas de Metal sinfónico que abusan deles e que fan que ó terceiro tema xa esteñas saturado.
A voz é maioritariamente blacker, ningunha cousa do outro mundo, pero cumple. Ó igual que batería e baixo, que sen facer florituras acompañan bastante ben ás pegadizas atmósferas e melodías épicas e dramáticas.
En canto ó sonido é cristalino e pulcro, sorprendente que se autofinanciaran e autoproduciran eles mesmos. Esto demostra que realmente hoxe en día con poucos medios e sen necesidade de grandes productores se poden conseguir grandes cousas. Eso sí, se se tén idea do que se quere e un non se limite a copiar o sonido exacto das bandas que che gustan... que parece que suele pasar a menudo polo que vou escoitando nos últimos 5 anos.
Se o ano anterior a sorpresa do Black Metal sinfónico eran os belgas Saille, desta vez tócalles ós franceses Aevlord, que son un pouco máis sosegados no tempo, pero que teñen claro qué queren facer
Non apto para puristas do Black, recomendado para o resto 9/10