sábado, marzo 12, 2011

Os Grandes Grandes Grandes videos metaleros: Azotth - Imaginary World (2009)

Azotth son unha banda chilena de Power-Gothic-Pop Metal. A parte de Power con toques góticos pódese ver na música, pero a parte de Pop... esa parte está máis ca representada pola súa cantante feminina.. e xa veredes o porqué:

Mi madriña!! Se rompe!!
A verdade é que é a estrella indiscutible do video, a más juapa, a más sensual, a más increibelbelbel, a más divina... e demóstrao de sobras!
Que si miraditas para o lado, que si me ajarro o pelo y muevo la sintura, que si complicidad coa cámara mientras me toco y me doy gustirrinín... dios! esto é un video de metal ou unha sesión de fotos para FHM??
Unha cousa está clara; gústase!... e sobre todo, gústalle o seu pelo! (logo tamén apostaría a que lle gusta Cristina Aguilera máis ca o Metal, pero eso xa é percepción propia XD)


Lastimosamente, a canción é tan mala e o vídeo tan cansino, que de todas as veces que o vín, desde a primeira vez fará 2 anos, ata hoxe, ainda non sei cómo acaba. Hoxe propúxenmo, pero tampouco o logrei, ainda que non me extrañaría que á mulleriña lle dera un tirón no pescozo de tantos giros bruscos para a esquerda XD

E agora unha recopilación dos mellores movimientos "oh si nena, posa para mí" XD. Xa sabedes rapazas, a partir de agora nos concertos jevis nada de headbanging!
Hala, a practicar diante do espello XD