Mostrando entradas con la etiqueta os grandes grandes grandes videos metaleros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta os grandes grandes grandes videos metaleros. Mostrar todas las entradas

martes, noviembre 27, 2012

Os grandes grandes grandes videos metaleros: Chris Holmes (CHP) - They All Lie And Cheat

Parece que hai vida despois de W.A.S.P. para o seu mítico guitarra Chris Holmes. O último que tiña entendido era que unira forzas con Randy Piper para sacar esa segunda versión do disco do 2006 de Randy Piper's Animal baixo o nome de Where Angels Suffer (WAS?), pero parece que o home decideu montarse tamén o seu propio proxecto personal CHP (Chris Holmes Project?), do cal poderedes ver o seu debut disco-videográfico neste post (case primicia, xa que non hai nada que saleu). A música... o video... ah! qué gran combinación, cando o vín non o pensei máis e collino para esta sección, por méritos propios, eso sí. 
Parece que a canción trata sobre as mentiras dos políticos e certa denuncia social, pero eso non é o máis interesante deste proxecto... incluso a melodiosa voz do ex-WASP se queda en pouco cando un vé o seguinte video promocional:


Momento épico 1: O escenario e os efectos Windows Movie Maker
Eu teño unha teoría sobre este video: Chris tén un familiar, poñamoslle sobriño, estudiando un ciclo de Imagen e Sonido, e díxolle ó rapaz que lle prestara as chaves dun cuarto de proxección cando non houbera ninguén para grabarse o seu videoclip. Sólo así se explica que haxa unha pantalla verde detrás que ninguén usa, e que a sala esteña completamente vacía, pero con todo o material por ahí, como se pode ver nunha toma de random zoom de 1 segundo que hai... 
Na súa casa editou todo cun par de efectos Windows Movie Maker en un cuarto de hora e fuera!

Momento épico 2: as 3 tomas do videoclip
Primeiro plano fijo da cara, onde podemos observar que CH fai o playback peor que Juan Pardo:
Plano estático de CH coa guitarra acústica:
Primeiro plano da guitarra eléctrica mentres fai solos:
  
Logo hai zooms sin moito sentido, ¿para darlle certa dinámica ó video? XD De todos xeitos o cambio de dinámica e de planos chega co 3º momento épico:

Momento épico 3: A muller 
Se ó principio do video xa nos preguntamos qué fai unha pantalla verde e unha batería electrónica sen usar detrás de Holmes, cando aparece "a muller" xa roza o surrealismo, que con esas frases sen sentido no medio da canción (temazo, por certo) móstrase coma secundaria de lujo. Ademáis témola en dúas modalidades: modo rosmón sentada ó lado da batería e tamén en plan bullero con Chris Holmes (?)
"Pero qué che fixen oh!!!"
"I win"
E agora a pregunta que máis de un nos facemos: ¿estaba realmente borracho Chris cando rodou o videoclip???
Nah, os clásicos sempre o recordaremos por cómo era nos 80

martes, octubre 23, 2012

Os Grandes Grandes Grandes videos metaleros: Kotiteollisuus - Kone

Hai videos que non necesitan demasiada explicación, e éste dos finlandeses Kotiteollisuus é un deles. Mellor velo:

O vídeo está grabado na prisión abandonada de Patarei, en Tallinn. Por alí tivemos algunha festa no seu día cando estiven en Estonia.

Momento épico: cús e cús
Pouco que comentar, salvo a bizarrada de idea que tiveron estes míticos suomis, e o parecido razonable do cantante con Santiago Segura XD


sábado, septiembre 29, 2012

Os Grandes Grandes Grandes videos metaleros: Fortis Natura - Ethereal

Volvo a coller esta sección para falar neste caso dunha banda procedente de Chequia que pretende ser algo así coma Black Metal cantado con voz limpia, liderado por unha señorita que se encarga de todo: guitarra, voz, pose, márketing, portada, pechuga... e... todo o que se preste para a ocasión!

Cando vín por primeira vez a grabación, nun principio pensei que se trataba dalgo así coma unha parodia do Black Metal coma o fan os The Black Satans, pero a medida que transcurrían os segundos dinme de conta da seriedade do asunto... unha seriedade que me fixo recordar á dos mesmos Immortal cando grabaron aquel Call of the Wintermoon e pensaron "uf qué pedazo video malévolo nos quedou!" XD

Imos aló, non hai desperdicio. 
Nota: hei dar boa mostra do vocabulario culto e basto que a lengua española contén para describir con gallardía e finura unha das principales cousas que nos quere mostrar Fortis Natura: Tetas (ainda que a medias, igual hai por ahí un "uncensored")


O video empeza potente, coa líder absoluta de Fortis Natura dándose un baño en pelotas nun pantanal, pero eso sí, tendo ben conta das manolas, non se lle vaia ver un pezoncillo. Desde ese momento souben que este grupo iba valer a pena. Así temos o... 

Momento épico 1: modelismo no fangal
A cantante de Fortis Natura sabe que está buena, ainda que teña unhas ojeras que parece que, ou non durmira en 3 días ou que sexa unha pastillera. Para eso move o pelo coma se estivera posando para unha sesión fotográfica dun Playboy vido a menos, facendo guiños á camara, reviravoltas moi graciosas e quedándose estática en momentos clave (?). Eso sí, as domingas tenas a bon recaudo. 
En breves momentos conoceredes a voz da muller, toda unha soprano moderna que dá gala da súa garganta, acompañando perfectamente ó nivel do vídeo coa calidade da súa música. 
Seguro que cando ela dixo: "chicos, deixade o grupo nas miñas mans" ninguén se imaxinou esto... 
Momento épico 2: modelismo épico 
Pero facer todo o vídeo no pantano non é suficientemente grandioso, está claro, por eso os Fortis Natura decidiron que o photobook seguira noutros lugares e con outros aparellos que permitiran á jefa lucirse sen ter que estar sempre cubrindo as súas brevas. Para eso escollen unhas "ruinas" nas que aparece posando cunha espada e cun arco e flecha en posicións inverosímiles, facendo movimientos sesis e sin parar de mirar ó obxetivo:
Tamén sale nun bosque no que nos enseña de cerca a espada, que costou os seus cartos e de lonxe pode parecer de pega. Aparte ahí tamén nos deleita coa súa habilidade guitarrística, demostrada pola súa forma de posar e de tocar sen dificultade, apenas mirando a muñeca.
Óllo á seguinte imaxe, porque é un milisegundo, pero ahí alguén tirou unha pedra ó río!!
...a rapaza non canta moito allá, pero tampouco é para tanto..
Un ambiente lóbrego e blacker no que se vé a súa sombra, ainda que como non vale moi ben para o book, pois danlle pouco uso a esas tomas.

E un xardín no que posa a modo de "home, non vai ser todo black e garrulería, que temos o noso tono fantasioso e tal, salir en plan ninfa tamén mola". Entón ahí a rapaza anda revireteándose tirada polo chan con corona -ou máis ben pucho- de flores incluída.
Momento épico 3: o outro membro da banda existe. 
...ainda que con cara de circunstancias, probablemente pensando "vaia chafallada de video e de canción, menos mal que a jefa de vez en cando nos enseña algo de pechambre". 
Momento épico 4: Black Metal ist Krieg
Desde logo, ainda que ver á cantante-guitarra-showgirl-modelo de Fortis Natura nos mola a todo o sector masculino, o momento épico 4 foi o que máis me gustou, o máis auténtico. Un momento de escasos 3 segundos, pero que lle dá sentido a todo o video. Ese momento absolutamente "Black Metal Ist Krieeeg... aaaaaaaaarrrrgh" que me recordou a horrores a Immortal correndo hacia a cámara, pero neste caso é... UN CAN!!! ...por suposto negro e seguramente con moi moi malas pulgas... Epic Win.

E nada, ahí vos queda Fortis Natura, unha banda que sabe explotar as súas potencias, e qué potencias!
"Mucho busto, Fortis Natura" XD

viernes, enero 13, 2012

Os Grandes Grandes Grandes videos metaleros: Virgin Steele - Perfect Mansions

Cun requiebro inaudito se me adiantaron os Virgin Steele a todo o resto de propostas que manexaba para esta sección, pero cando vexades o seguinte vídeo entenderedes o porqué.
Desde The House of Atreus ando moi perdido con esta banda -e deso hai xa máis de 10 anos!-, que básicamente deixeina un pouco de lado. O que non puiden deixar de lado foi darlle un vistazo ó novo videoclip, que a través dun fotograma, deixaba ver unha calidade máis ca dudosa... digna dunha peli de serie B, algo asombroso para un grupo que ten unha historia de case 30 anos e certa reputación...
Virgin Steele... 2012... Perfect Mansions... unha praia, un camposo e unha salita... grande!


Ben, imos empezar con que ésta é unha canción do seu "Age of Consent" que foi re-editado hai pouco. Curioso que faigan un video promocional dunha reedición e non do seu último disco... pero algo me dá que aquel non funcionou coma eles quixeran...
...así que o punto primeiro é: ¿cómo chegamos a que unha banda como Virgin Steele saque un video casero grabado por algún colega/familiar deles? Tal mal nos afectou a crisis? qué é o próximo? máscaras de tienda de chinos para Slipknot e ristra de petardos para o próximo concerto de Kiss?
Como sexa... hai bandas que están empezando que teñen videos promocionales caseros un pouco máis currados ca éste... XD

Momento épico 1: os "parajes épicos"
Quizáis se fora unha banda "rookie" podería pasar por alto esta "obra de arte" cinematográfica, pero sendo quenes son, é para quedarse atónito cos irregulares movementos de camara en man e as localizacións escollidas para o video, ademáis rodado todo en pleno día, o que lle dá ainda máis sensación de cutreza:
- unha sala de estar que intentan facer ver que se encontra dentro dun castillo...
- unha praia na que sólo se encontran DeFeis e o guitarrista (sería certamente gracioso se puxeran unha batería na area ou entre as pedras XD)
- un bosque, típico de bandas de Power-fantasía-medievo.

...no que a veces sólo están DeFeis e o guitarrista... se se nota quenes son os jefes...

Momento épico 2: o arsenal de gestos de DeFeis

Entre o que destacamos o "tenista frustrado"... de volea, saque, revés, volea de drive,... tantoooo!!


... e o "donde está la mosca, aquí o aquí"

...entre os pañun pañun e pasadas de modelo por detrás do guitarra XD

Ollo á vestimenta.. e ese é Al Bundy?

Momento épico 3: a espada

Non me esperaba eu ver a un grupo que rondará os 50 anos "xogando" con espadas e mostrando qué duros son mostrando unha envolta en llamas XD


Momento épico 4: windows movie maker
, cos seus efectos en momentos aleatorios e coas típicas cortinillas cutres



Momento épico 5: a baixada da colina
rememorando a Gunan.
Este momento en verdad se merecía unha mención aparte.

Virgin Steele non teñen unha vergüenza, eso quedoume claro XD

martes, mayo 17, 2011

Os Grandes Grandes Grandes videos metaleiros: Exoristoi - Tomb of Doom

Exoristoi é un grupo griego con xa certa traxectoria, de feito polo que teño entendido é un mítico do heavy heleno, ainda que non é que sexa moi coñecido fóra das fronteiras. Supoño que será algo así coma uns Leize, Banzai ou Rosendo, que serán populares en España e pouco máis.
Haberá coma 3 anos, descubrinos de milagro nun destes DVDs de vídeos recopilatorios propios que facía meu irmán, supoño que nestes últimos anos xa o deixaría, porque a avalancha de grupos e videos é tal que non se dá feito para comprar DVDs ou discos duros...
Ó que iba, pois logo de ver este vídeo ainda me quedou o recordo da banda polo.. gracioso do asunto XD nada, que son un grupo de auténtico metal, eu máis ben diría: pólvora y metal, xa veredes o porqué XD

Bien, o primeiro que nos atopamos no vídeo desta "gran" canción chamada Tomb of Doom é que nos títulos ó principio pon claramente copyright 2006! Algo que nunca me esperaría, tanto pola música, como polo sonido, como polas pintas, como polo vídeo en sí!

... e non me digades que non é un comezo apoteósico esa toma das pernas de 2 andando mentres a canción empeza a machete XD
Logo vemos ó cantante facendo air guitar no medio do monte, o guitarra nun curuto tocando o instrumento él solo y flipándoselo e logo... hai imaxenes que non necesitan ser comentadas:
Momento épico 1: o orgullo de ser cazador disco-70 a pecho descubierto.

Se o cantante estaba no medio da fraga ou subido nunha casa de pedra e o disco-gigoló ó lado dunha estatua no monte (???), o teclista tamén ten o seu propio espacio e movimientos: entre 4 árboles está completamente extasiado pola música de Exoristoi! Tanto que aporrea aleatoriamente o teclado movendo a cabeza dun lado para outro como dicindo "ésto é a ostia meu" XD incluso cando na música non se oe ningún teclado!
Eu teño serias dudas de que sepa tocar, xa me diredes cando o vexades.
Momento épico 2: o teclista flipao

Por certo, nesta altura do vídeo tamén podemos ver a peculiar voz do cantante, que me recordou a algún daqueles grupos españoles dos 80 XD

Sin duda, en casi todos os videos destas bandas, un pode intuír quén é o jefe do grupo, e en Exoristoi, aposto a que o guitarra, con ese corte de pelo e eses gestos de chulería tocándoa e dándolle igual o playback, é a alma do grupo.

Péinateeee!! mira pó cantante cómo se ghusta a sí mismo XD

Agharrate ó cable da lus! non vaias caer rapás!!


Pero se desde logo hai algo que comentar deste vídeo, eso son os paseos polo monte con espadas, rifles e gafas de sol (e camisa aberta si fai falta), facendo poses diante da cámara...
Pero... a ver oh... ¿non son esta xentiña algo maior para estar con estas cousas? A mín recordábame a cando de pequeno xogábamos con varas ou pólas a que fosen espadas e poñíamos poses de Son Goku. Ollo a ese momento andando hacia a cámara coas espadas e as armas XD
Momento épico 3: xogando a forajidos e piratas no monte