domingo, marzo 23, 2014

Cosecha estona

"A música é un negocio", eso é o que me dixo a moza de Markus, o cantante-guitarra de Metsatöll, cando coincidín con ela, e estivemos festexando e falando a ritmo de música extrema no "Black Magik Estonia" ata altas horas da madrugada. Díxome que o líder da banda pensa en Metsatöll tamén como a súa compañía e en sacarlle o máximo rendimiento. Neso encontrome que 2-3 semanas despois, nos supermercados aparece a Metsatöllu (a birra propia da banda) mais tamén pan negro patrocinado polo grupo (nada máis tradicional para un grupo de Estonia). En fin, parece que a moda non para de crecer, e quén sabe se nun futuro haberá tendas especializada dedicadas á comida e á bebida "Do Metal"...  e que incluso vendan máis que as propias tendas de discos...
Por certo, como ocorre coa maioría dos productos que levan o nome de bandas... a cerveza non é nada especial.

lunes, marzo 10, 2014

Vivir en Estonia: Söögiplats

Os locales estonios, amigos da juerga e da comida basura a altas horas da madrugada acaban de sufrir un duro revés: Söögiplats, o típico puesto de hamburguesas do centro de Tallinn sen hora de peche e que servía comida rápida a famentos transeúntes polo día e a ebrios partykings pola noite, cerrará nas próximas semanas.

Non hai quen non coñeza Söögiplats en Tallinn. Xusto ó lado da plaza de Vabaduse Väljak, é un punto céntrico polo que moita xente pasa. Pouco importa a terrible mala educación e desgana das súas asistentes, o puesto de comida rápida ten xente ás 4 da tarde e ás 2 da madrugada... e ás 6-7 da mañá ten incluso cola se é fin de semana. Recordo ben que para matar o tempo mentres que esperábamos o primeiro trolley de volta ó hostal, era obligada unha hamburguesa atiborrada de diferentes salsas para enmascarar a desaborida carne e complementos. Todo por non pagarlle ós impresentables "taksos". 3 euros van mellor empleados no bandullo que nos petos de ladróns sobre rodas. Un día falarei sobre esta calaña local, que nin merecen ser chamados "profesión".

Pois xa non sei cómo sobreviviran aqueles taciturnos que saciaban a fame antes de ir para cama os domingos a primeira hora, tampouco as gaviotas e palomas que sobrevolaban o puesto durante todo o verán e incluso se aproveitaban de descoidados ou de borrachos que olvidaban onde poñían as súas "maxiburguers" e friikartulid (patacas fritas). Todo un icono que desaparecerá en breves para poñer no seu lugar un edificio relacionado con temas burocráticos...

Cada vez que llo comentaba a algún local, a súa cara de asombro e incredulidade non tiña precio: 
-"Sabías que van quitar o Söögiplats?"
-"Qué dices home! Imposible! Se o jefe dese negocio debía de facer máis cartos que un ministro!", "e agora, onde vai ir a xente comer cando volve de salir na cidade?"

Fai tempo que non me paso por ese lugar, pero creo que antes de que cerre, lle vai caer unha Maxiburguer con doble de burguer, doble de queixo e doble de salsa (o que en España consideraríamos como 10 veces máis do normal) -este consello é real-, para ter un recordo como é debido do sitio... (esperemos que o recordo non sexa no baño ó día seguinte...).

Imaxe real dunha Maxiburger

miércoles, marzo 05, 2014

Vivir en Estonia: Vastlapäev

É curioso que en Estonia, como en moitos outros países non-latinos, teñen a festividade do Carnaval, pero nun rollo totalmente diferente. Aquí o de disfrazarse non existe, nin sequera é festivo (os estonios teñen bastantes poucos días libres, a verdade). O que fán neste Martes "de carnaval" ou tamén chamado "Vastlapäev" é básicamente unha celebración en familia con comida casera.

Hai 3 cousas que non poden faltar no Vastlapäev:
 1. Vastlakukkel: é unha especie de bollo con crema (non é exactamente nata, pero é parecido). Ten un típico "sombreiro" feito coa parte darriba do pan sobre o que esparcen un pouco de azucar en polvo. Polo visto é tan habitual, que ata no traballo suele pasar que che traen a proba (alomenos polo que oín non fun o único ó que llo deron no medio do día).

2. Sopa de guisantes con carne: este plato tamén é tipico dos países escandinavos. A primeira pinta non é moi boa, pero non está mal. Eso sí, é un chisco pesado. 

3. Ir cos nenos a levalos en trineo. A veces un vé ós sufridos pais tirando dos pícaros polas rúas adiante e ata case dan pena, tirando deles coma ganado arando na horta. Ignoro cánto tempo é o normal de tirar dos nenos no trineo, pero pola cara de sufrimiento dalgún supoño que non lle foi pouco trayecto :D Eso sí, por aquí dícese que os levan sempre "encantados", xa que é unha tradición centenaria...

Tamén se suele ir a calquera pequeno montículo de neve que haxa para que os nenos suban e baixen deslizandose pola neve (cuestión máis cómoda para os pais :D). Este ano foi algo un pouco raro, xa que a estas alturas non hai neve! O normal sería que estiveramos entre -5 e -15º, pero levan 3 semanas entre -2 e +2º!