domingo, junio 15, 2008

Funny video + cover song 05

Back to all the compilation of FV+CS

"Martes y trece" were 2 famous spanish humorists. They split up in the middle of 90's but I have lots of good memories about them like this parody of "The boxer" (Simon & Gardfunkel). I remember being very young and shitting in my pants in laugh with this sketch:

Weird Al Jankovic parody cover song of the hip hop singer Chamillionaire. Very funny like many of the Weird Al stuff XDD
Chamillionaire - Ridin'

Weird Al Jankovic - White & Nerdy

Alternavigo

Ningún dos grupos me emociona moito, pero é unha cita obrigada, ainda que me teña que vir desde Lugo.
O que me sigue sen convencer é que se hai un festival en España se teñen que traer a grupos que triunfaron fai tropencentos anos, pero bueno, vese que é o que move a xente por aqui...
Dias 8 e 9 de agosto, no IFEVI (ó lado do aeroporto).
ENTRADA 1 DÍA
20€ + gastos de xestión anticipada
25€+ gastos de xestión en taquilla
BONO 2 DÍAS:
30€ + gastos de xestión anticipada
35€ + gastos de xestión en taquilla.
Dispoñibles a partir do dia 13 de Xuño mediante a web de Caixanova.

O primeiro dia case que o vou obviar, por razóns claras... eu, coma a maioría de xente que coñezo por aquí solo irá o segundo dia "de Metal". O punk rock hispano (que desgraciadamente se ve que move masas e posiblemente haberá máis xente para ese día que para o de Metal..) deixémolo para perriflauteros kalimotxeros XDDD

Cradle Of Filth: unha banda que empezou por aló do 92 facendo death metal, pero que sacou o primeiro disco "the principle of evil made flesh" no 1994. Un disco de black metal gótico vampírico, que ainda hoxe me sigue enganchando. Posiblemente o primeiro disco de black metal que me gustou. Logo seguíronlle un par de discos "dusk and her embrace" (un disco clave na historia do black metal, que moitos tomaron como influencia) e "cruelty and the beast" (outro disco moi bon, case á altura do anterior) que os encumbraron definitivamente.
Logo deso, a calidad baixou sensiblemente con "midiam" no 2000 e con posteriores discos a cada cal máis mediocre. Iso si, empezouse a convertir máis nunha marca e cebo para teenager gothic fans e os recopilatorios, singles, directos e dvds empezaron a salir a esgalla cando viron que Cradle of Filth e máis o seu cantante (Dani Filth podería ser algo así coma o Marylin Manson dos black goticos, é decir, pose e venta de imagen) eran un producto de venta masiva entre "jóvenes con sentimiento gótico-oscurillo" (bah non me vou queimar moito poñendo outras cousas que se me están pasando pola cabeza XDDD).
Cradle Of Filth - The Foetus Of A New Day Kicking (2006)


Gamma Ray: O guitarrista de Helloween, Kai Hansen montouse o seu propio grupo logo de marchar de dita banda. Unha banda que empezara moi forte, co "heading for tomorrow" no ano 1990, un clásico cheo de boas cancións de power metal ou o que daquela era chamado speed metal alemán. A denominación de power metal daquela era destinada a grupos que non eran nin heavy metal nin thrash metal (por moito que digas, Simón, daquela non existía o power metal coma se entende ahora ;) ), é decir, acordome que Pantera, Iced Earth, Metal Church,... eran os grupos de Power. De feito sorprenderame bastante cando esa etiqueta a pasaran ós grupos que empezaron a falar de dragoncillos e batallas épicas polo medio dos 90 XDD
Gamma Ray seguiron con un par de discos que non estaban mal pero non chegaban ó nivel do seu debut, eso sí, cun fenómeno chamado Ralph Scheepers á voz.
Sen embargo, co cuarto disco "Land of the free" deron a campanada por aló do 1995, convertindose nun clásico de todo o metal. Inspirador (e ás veces moito máis ca inspirador) para montón de grupos que surxiron posteriormente. Sin duda un disco clave.
Logo de ese, "Somewhere out in space" e "Powerplant" continuaron unha boa discografía, pero a partir de ahí Kai Hansen deu a impresión de pouco a pouco quedarse sen moita creatividade para compoñer, e sucederonlle 3 discos sin pena nin gloria que o único que supoñían era máis do mesmo. Moitas cancións cando as oín no seu momento dabanme a impresión de que eran cachos de outras cancións cambiados mínimamente e unidos.
O seu último disco, "Land of the free II" paréceme algo un pouco sangrante, porque hei de reconocer que me rín oíndoo: con él non solo collían da súa propia colleita pasada, senón que "colleron" (en algun fragmento moi descaradamente) unha "inspiración" moi palpable de discos ochenteros de Iron Maiden ou Judas Priest...
Gamma Ray - Into the storm (2007)


Overkill: formados no 1980!! tiveron a súa época de apoxeo durante os 80, facendo thrash metal. Empezaran facendo versións punk de "los ramones", "the dead boys", "motörhead"... Con sobre 15 discos ás suas costas son un grupo mítico, pero vido un pouco (bastante según o meu punto de vista) a menos nos últimos anos. Particularmente nunca fun un fan deste grupo, ainda que será interesante velos en vivo.
Overkill - Skulls and bones (2007)


Primal Fear: cando Ralph Scheepers deixou Gamma Ray coma vocalista, fixera algunha prueba para ser vocalista de Judas Priest, pero non foi escollido en favor de "Ripper" Owens. O que fixo foi xuntarse a membros de Sinner, unha banda clásica de heavy metal alemana, e facerse o seu propio grupo, Primal Fear. Acórdome que o primeiro disco de Primal Fear gustárame bastante no seu momento, ainda que tiña cancións un pouco chorras XDD coma a de "formula one" ou "dollars", pero tiña un toque "judas" e uns riffs moi cañeros que enganchaban (o comezo dese disco é brutal con chainbreaaaaaaaaakerrrr :D ). O malo foi que a evolución foi básicamente nula, con discos case que calcados uns a outros e que producíanme somnolencia por predecibles.
Acertadamente, decidiron cambiar algo cun bon "Seven seals" no 2005, introducindo algún pasaxe diferente e quizáis a veces incluso un pouco máis progresivo. O último disco é do ano pasado "new religion", pero pasoume outra vez un pouco desapercibido.
Primal Fear - Fighting the darkness (2007)


Exodus: coma Overkill, formaron tamén parte do movimiento do thrash metal americano dos 80. Fundados en 1982, e cuyo guitarrista durante ese primeiro ano de existencia foi o famoso Kirk Hammet ahora en Metallica, sacaron o seu disco debut "bonded by blood" en 1985, considerado coma un dos pilares do thrash metal. Logo de eso, un par de bos discos de thrash e un bastante ostracismo durante os anos 90 e principios de 2000. No 2004 sacaron un disco que melloraba todo o anterior, baixo o meu punto de vista, desde os comezos con "Tempo of the damned", pero os 2 siguientes discos non foron demasiado ben recibidos (o último ten algunha canción e algún bon riff, pero foi pesado de oír para min, de feito, 2 veces e fuera).
Exodus - Riot act (2007)


Cynic: éste é un caso extraño dentro do metal. Cynic formáronse por 1987 e sacaron o seu único disco en toda a historia en 1993 "Focus", pero resultou tremendamente chamativo o estilo de Death Metal Progresivo que facían, aunando influencias de jazz e fussion cun nivel musical moi técnico. Agora son considerados precursores e un grupo mítico.
Logo de 15 anos, parece que volven, eso sí, coa metade da formación e compuxeron fai pouco unha nova promo que non tiven ocasión de oír.
Agora ben, personalmente, acordome de ter oído ese disco e non terlle prestado moita atención, tal vez era moi novo (porque debe facer coma 10 anos ou máis desde a última vez que o oín) pero non lle souben apreciar todo aquelo que se dice... Botareille outra oída agora que sei que os vou ver a ver qué impresión me queda.
A nova canción sona interesante:
Cynic - Evolutionary Sleeper (Live 2007)


3 Inches Of Blood: grupo canadiense surxido nesta década de Heavy Thrash Metal con 2 vocalistas: un que parece sacado dun grupo daquel trueeeeeiaaaaaaheavy metal ochentero (ás veces incluso gracioso e ridículo, recórdame a Gigatrón XDD) e outro con voz rasgada casi harcore-metal. Particularmente, oínlles moi pouco, pero non me pareceu nada do outro mundo. O típico grupo que acaba no fondo dunha caixa de cd's e non lle prestas máis atención.
3 Inches Of Blood - The Goatriders Horde

Fallen Sentinel e Shroud of Tears son a participación gallega do festival, os primeiros un grupo de black metal gótico progresivo e os segundos fan gothic metal con certo toque doom. Son un gran seguidor dos primeiros pero os segundos producenme certa indiferencia musicalmente falando.
Fallen Sentinel - A Part of the Show (Live 2008)

Shroud Of Tears - Ex Anima (Live 2008)