jueves, enero 12, 2012

Microreviews Decembro'11 - V


Lahannya - Dystopia (2011)
Gothic Electronic Metal
Myspace
De casualidade, atopeime con esta británica que parece ser que se formou un nome na última década nos campos do Electro-Dark, Gothic Metal e Rock Industrial, tres xéneros que poderían encaixar perfectamente dentro de Dystopia.
Nunca entendín moi ben os xéneros próximos ó Electro-Darkwave e Techno-Gótico, todo o que oín deles pareceume musicalmente nulo e que a xente que está metida no meollo se inclina máis polos gustos á hora de vestir un look que de valorar unha calidade musical. É decir, un estilo musical que ten máis que ver coa moda que coa música (igual me vén algún e me empeza a tirar pedras, pero así che penso).
Pode que polo que dixen, moitos se pensen que non son o máis indicado para comentar un disco de Gothic Metal Industrial se opino que a maior da xente metida nese mundillo están ahí únicamente para satisfacer a súa vista diante do espello, pero hei de decir que hai cousas que me gustaron coma Inkubus Sukkubus, The Cure e no rollo máis electrónico, Deathstars non me disgustan a pesar do seu cantante. Tamén é certo que salvo Deathstars, os outros dous non andan tanto no rollo discotequero coma o podería facer Lahannya...
En fin, que aquí nos encontramos un disco que aborda o Gothic con teclados e samples electrónicos e guitarras básicas pero con suficiente distorsión como para consideralo case-metal. Dystopia narra unha historia conceptual e postapocalíptica sobre o Londres nun futuro, e musicalmente recordoume a unha versión simplista e sampleada de Within Temptation. De vez en cando hai algún doble pedal e gutural secundario que se agradece, pero dista de facer ameno un álbum lineal e predecible, guiado sobre todo pola propia Lahannya, que tén máis que un aire a Sharon Den Adel, pero sen alcanzar o rango désta.
Cara o final podemos encontrarnos cun pequeno soplo de aire fresco nunha canción coma "The Stand", que empeza sorprendentemente con gaitas...
...se non fora porque a melodía que fan é penosa e o tema vólvese igual de lineal que o resto do disco.
Terá moita repercusión esta Lahannya e encherá nos concertos, pero resultoume aburrida de carallo. 3/10




Ravenage - Fresh From Fields of Victory (2011)
Folk-Viking Metal
Myspace
Hoxe en día, no apartado do Metal vikingo con tintes folk hai que ter "algo" para chamar a atención. A maior parte das bandas que escoitei nos últimos anos non o fixeron, e ésta "moda" empezoume a recordar á do Power-fantasía a finales dos 90, no que, a pesar de haber bos instrumentistas en moitos daqueles grupos, o que non había era imaxinación para levar o estilo a outro nivel de experimentación, hoxe en día prácticamente a única forma de que un grupo dese estilo (me) poida chamar. Tal foi o caso de Pegasus hai pouco, por certo.
A mín, Ravenage, surxido das cenizas de Heathen Foray, realmente non me parece que sexa un mal grupo, pero carece de chispa suficiente como para sorprenderme. Por certo, ollo, que Heathen Foray non son os austríacos e máis conocidos, senón que son uns británicos que non sólo compartían o nome cos outros, senón tamén estilo e incluso fecha de fundación... hai que ver...
En canto ó que nos podemos encontrar en Fresh From Fields of Victory, será Viking Metal épico, que mezcla partes máis Black-Melodeath con ese aire "heavy" e sinfónico de bandas coma Ensiferum (a eterna comparación para a maioría XD), Gwydion ou Nomans Land, con teclados en primeira línea na maioría do tempo. Parte vocal que aproba sen máis, movéndose pola combinación growl-rasgado, e que curiosamente non se tiran de cabeza ós coros vikingos, como parece que está sendo a tendencia. Sólamente encontraremos unha voz feminina que aparece tímidamente en "Winterternia" como cambio de rexistro vocal.
Polo demáis, outro lanzamento máis que non aporta demasiado ó mundo vikingo.
Not fresh enough. 4/10


LIK - The Second Wind (2011)
Rock-Black
Myspace
Todos temos oído os últimos experimentos vidos de terras noruegas no referente a mezclas entre o Rock e o Black Metal; dous que foron un día grandes son boa proba delo, Satyricon e Darkthrone. LIK, seguen a estela comezada hai uns anos por xente coma a dos grupos mencionados, pero levando a mezcla a un terreno máis rockero aínda. De feito, se vos fixastes, sólese clasificar a estes grupos coma Black'n Roll, pero desta vez, e ahí sí que comparto opinión coa definición da Metallum, esto está máis cerca do Rock que do Black, estilo do que colle o xusto e necesario como para ser considerado un grupo con influencia extrema.
En LIK atopamos de feito a un ex-Armagedda, -que vaia cera metían polo que recordo...- que neste novo proxecto vaise por esa rama dentro do Black escandinavo e que intenta "retrorrenovar" a música extrema con sonidos máis propios do Rock e incluso diría que do Doom-Rock máis ben.
A producción é sucia, e as estructuras son máis ben repetitivas, cousa que ó final do disco fará que o poñas outra vez para seguir no trance ou que xa non o queiras ver nin en pintura. No apartado vocal os coros doomies poden sorprender cando paran os semirasgados de Stoif, pero a mín resultoume en xeral un disco difícil de oír, repetitivo e que no apartado compositivo garda unha simpleza hastiante.
A innovación dentro da innovación non deu no punto. 3/10


Spectral Mortuary - Total Depravity (2012)
Death Metal
Myspace
Spectral Mortuary son uns daneses que con este Total Depravity sacan o seu segundo álbum, que vai directo ó núcleo do Death Metal máis clásico. Cunhas guitarras potentes, cambios de velocidades e pequenas mostras de tecnicismo por aquí e por alí xunto cuns guturales con carácter, Spectral Mortuary non se aparta dos cánones do Death máis tradicional e ben feito. Aunando o Old School co Death técnico obtemos temazos coma "Absorbing the Bloodline" ou "Bestial Sanctity", ainda que todo o disco ralla a un nivel parecido, brutal e intenso a partes iguales. E tal vez, se lle buscara un punto crítico, sería xustamente que todo o disco mantén un nivel semellante. Baixo o meu gusto, apreciaría un pouco máis de variedade, pero para os que sexan acérrimos do Death, sen duda disfrutarán con Spectral Mortuary.
Death. 7/10


Graveborne - Pure Negativity (2011)
Black Metal
Myspace
Disco debut destes finlandeses. É curioso, pero cando vexo algo de Black Metal finlandés venme á cabeza Black melódico, con teclados... posiblemente atmosférico e pode que con punteos tristes liderando ó estilo "suomi". Pero no país tamén hai outros grupos que alcanzaron certa fama no underground facendo algo moito máis directo e propiamente blackero coma Horna ou Satanic Warmaster. Estes Graveborne seguen máis o estilo destes últimos, ainda que sexan menos "trves". En Pure Negativity atoparemos eso sí, un black nórdico coidado e que desprende maldade por cada poro. Ademáis, Graveborne imprímenlle certa variación que se agradece, facendo que moitas veces dentro dos propios temas haxa cambios de tempo e de riffs que chaman a atención, e é esa sensación de non saber cómo rematarán cada tema a que acrecenta o interese. E a mín gustoume.
Pure Negativy recordoume ós últimos discos de Marduk, cun Black Metal agresivo e mínimamente variado, no que, se logran pulir pequenos detalles para o seu próximo, Graveborne teñen potencial para dar un salto interesante.
Positivamente negativo. 7/10


Hard - Even Keel (2011)
Hard Rock
Myspace
Estaba claro que chamándose Hard, esta banda húngara non andaría por uns derroteiros moi lonxanos ós que o seu nome parece querer decir. A portada sólo confirma as expectativas...
Ben, introducindo un pouco ó grupo, Hard sacaran un disco por aló de 2008, chamado Traveller, e en 2009 renóvanse co fichaje do vocalista sueco Björn Lodin, tamén guitarrista e productor, co que sacan éste Even Keel neste ano. Desde logo Lodin ten unha voz con carisma coma poucos dentro do Hard Rock que escoitara últimamente, a mín recordoume a unha mezcla de varios cantantes do Rock clásico coma Kevin DuBrow ou Bon Scott, sendo o deje de Andi Deris máis que notable.
Se nos ceñimos á música tamén observaremos unha gran predilección polo Rock-Hard Rock ochentero, tendo algúns cortes máis cercanos ó setentero de Krokus ou Deep Purple e outros totalmente made in 80's. O outro día deume por ver videos de Hard ochentero, e topeime con varios dos que sempre oíra falar, pero non dera a casualidade de toparme cos seus discos enteiros... eran bandas coma Bang Tango, Trixter, Jailhouse ou Love/Hate e recordeinas cando estaba escoitando este disco de Hard. Realmente algunhas daquelas bandas tiñan boas cousas, os guitarras solían ser de primeira e os vocalistas.. bueno, había de todo, pero surxiron uns cantos moi bos... o que fallaba era que a súa música era tan clónica coma os seus videos promocionales. E algo así lle pasa a Hard, non está mal, pero o que tocan está tan trillado, que penso que raramente a alguén lle poida sorprender. De feito a mín, o único que me chocou foi esa balada final, pero porque me recordou a algo que xa oíra... "Temple of the King"? Cinderella?
Even more Hard Rock. 5/10


Throne of Molok - Impulsive Assault (2011)
Industrial Black-Death-Thrash
Myspace
Throne of Molok son un grupo composto por membros de diversas bandas underground italianas. Con Impulsive Assault finiquitaron o seu segundo CD intentando innovar dentro dos sonidos extremos mezclados con baterías tratadas e ocasionales samples electrónicos de background. As cancións de Impulsive Assault teñen unha base xenuínamente Thrash-Death old school á que se pode añadir un pouco de Punk-Metal no estilo de Motorhead, mentres que o apartado vocal é predominantemente "blackero". Os sicilianos tentan demostrar en 15 temas dunha media de duración entre 2 e 3 minutos que se desenvolven ben na mistura, pero non alcanzan a pegar no oínte (neste caso en mín) coa forza suficiente como para que resulte unha escoita memorable. A maioría do tempo, a sensación que tiven era de Thrash-Death moi xenérico a medio tempo, e que podería estar mezclado moito mellor co sampleado electrónico que lle aportan de vez en cando. Véselles potencial, pero non deron co quiz.
Interesante en principio e mediocre ó final. 4/10


Havok - Time Is Up (2011)
Thrash Metal
Myspace
A miña primeira reacción ó empezar con este Time Is Up, dos estadounidenses Havok non foi excesivamente boa, xa que os vín coma "un grupo máis de muchachos copiando os 80", e en términos xerales a nova ornada de grupos de Thrash básanse nun pouco imaxinativo revival de riffs feitos hai máis de 20 anos polos grandes do xénero. A mín ésto cánsame, sobre todo cando un se encontra con casos coma o de Angelus Apatrida ou Crisix -encántame poñer de exemplo a Angelus XD-, no que todo sona a feito, pero cunha palpable carencia de inspiración compositiva (sen duda Angelus se naceran nos 80 formarían parte da mediocridade do xénero e probablemente se disolverían despois de Clockwork, que competiría cos auténticamente punteros quedando coma "un máis", lo apuesto!).
Havok non se diferencian excesivamente duns AP, pero por fortuna sólo no estilo, xa que éstes encadenan unhas cantas cancións que realmente dan no blanco para quedarse na cabeza, a pesar de que a fórmula está usada e abusada. Para enfocar un pouco mellor o traballo de Havok, podería decir que as influencias pasan por Sodom, Exodus, Metallica e Slayer, grupos os 4 dos que incluso bordean algún riff-plaxio segundo a canción, pero que máis ou menos se perdona porque conseguen facer un disco ameno de bon old school Thrash. Frenético e pegadizo, Havok sálense da maraña de imitadores, eso sí, facendo equilibrismos. Se nun próximo disco poñen sobre a mesa algo máis personal e diferenciable, poderán dar que falar.
Nada novo baixo esta cuberta, pero alomenos entretén. 7/10


To/Die/For - Samsara (2011)
Gothic Metal
Myspace
Despois de importantes cambios na banda e de estar oficialmente separados durante un tempo, os finlandeses To/Die/For lanzan novo CD logo de 5 anos.
A esta banda descubríraa no seu primeiro LP, All Eternity, que me gustara razonablemente. Daquela pareceume un grupo innovador, algo así coma uns HIM con ganas de facer Heavy Metal e con estilo suficientemente personal, guiado por un cantante cun tono vocal pouco común. Logo, o Epilogue xa me parecera un pouco máis do mesmo, pero non estaba mal, e xa cando oín Jaded decidín apartarme do que eu cría que era a crónica dunha morte anunciada. A banda parecía tocar techo logo duns 2 ou 3 discos que os lanzaron á fama internacional, pero tamén á autocomplacencia.
Non foi ata 2006, no Green Christmas concert que volvín saber deles, e, a pesar de perderme os seus últimos traballos, disfrutei do seu concerto ainda que a metade dos temas non me sonaban para nada -por certo, vaia Laiho-poser que era o guitarra aimamaiña...-.
Ben, comento esto para facer saber que a opinión sobre Samsara é a dunha persona que prácticamente non estivo interesada na banda desde hai 10 anos. E pasado este tempo, poido albiscar algún intento de innovación sobre o que me esperaba encontrar; para empezar, "Jape" ten unha voz máis carcomida do que recordo, un toque que lle favorece ó grupo, xa que un dos principales escollos que lle encontraba a To/Die/For era que o vocalista era cansinamente pasteloso. En Samsara, ese deje de rotura ala Ville Laihiala cáelle moi ben ó estilo. Ademáis hai máis variedade neste apartado, introducindo algún gutural de fondo en "Damned Nature", ou coros de nenos en "Folie A Deux".
En canto ó resto, os teclados e a forma de estructurar non varía demasiado do que recordaba, así que no que decidiron ser creativos foi na variedade de influencias, introducindo máis elementos diferentes, tanto en riffs coma en ambientacións. Así, poderémonos encontrar con algo máis doomy, máis rockero, progresivo ou máis heavy segundo o tema, e tamén con ambientacións étnicas, melancólicas e incluso.. "enfermizas"?.
Todo esto, baixo o meu punto de vista enriquece o disco, que se vé aderezado por diferentes corrientes... pero no punto negativo hei de decir que hai coma 3 temas que botan abaixo todo o que To/Die/For se esforzaran en perfilar. E, cómo non, atrévome a decir cales son, xa sabedes que nestas críticas o dos pelos na língua non vai conmigo XD
04 - "Death Comes in March": canción corta de guitarras acústicas, con constante sonido "recreando vinilo". Molesta.
07 - "Love's a Sickness": canción que pasa por varios estados e que non se queda en ningún, deambulando por terrenos que non parece nin que eles sepan a ónde van. Qué c...?
09 - "Oblivion: Vision": "balada" introspectiva de máis de 6 minutos regada por gotas de chuvia caendo nun tablés e cunha línea vocal horrible. Fulerísima.
Irregular volta, con boas ideas... e outras que non tanto. 6/10


Draconian - A Rose For The Apocalypse (2011)
Doom-Gothic Metal
Myspace
Había algo neste novo traballo dos suecos Draconian que non me daba boa espiña. A despedida un tanto inesperada de Lisa Johansson xusto despois de acabar de grabar A Rose For The Apocalypse non axudou a aplacar a miña sensación, e unha vez que por fín conseguín darlle unha oída, confirmou os meus medos.
Lonxe de construír un album diferente ós seus predecesores, Draconian apostaron pola continuidade, algo non necesariamente negativo posto que os seus anteriores 3 traballos son obras de arte do Doom melancólico con dueto bella-bestia. O sonido tamén é o habitual, claro, profundo e triste, con boas interpretacións en calquera dos ángulos. Pero A Rose For The Apocalypse ten algo que non tiñan os anteriores... por desgracia...
Ten cancións demasiado mediocres se as comparamos coas da historia ata o dagora impecable da banda. Non se pode apuntar noutra dirección que non sexa a dunha falta considerable de inspiración creativa. A mín deixoume absolutamente aburrido todas as veces que o oín, e considero que non deixa o mesmo feeling que tiñan os seus anteriores traballos. Todo resulta máis predecible, menos orgánico e con poucas cousas que realmente se che metan no corpo e mente coma antes.
Lisa debeu ver que neste album algo fallaba...
A Rose for Draconian. 4/10