sábado, febrero 17, 2007
Palamuse con Kätrin, Kaarel e Laura
O pasado martes e mércores pasei 2 días no campo cos meus colegas estonos.
Esta foto que vedes ahí é a da casa na que estivemos. É propiedade de Kaarel, o mozo da miña primeira amiga local Kätrin. Parece ser que é unha típica casa de campo estona coma as de fai 30 ou 40 anos para atrás. E bueno, créomo...
Por exemplo, o baño é esa pequena porta que se ve (mais ou menos) no trozo de casa de madeira mais clara. A cousa é que cada vez que querías ir ... tiñas que poñer as botas, o abrigo, saír da casa pola porta que queda na imaxe máis ó fondo e meterte ahi... e a veces.... como que non apetecía moito co frío que facía fóra...
Logo o baño, pois si, antigo antigo... un furado e listo! Hehehehe
A porta contigua ó baño, un pouco máis grande, era para gardar os animais, sexa ovellas, cabras.... etc
Vista interior da casa...
Kaarel, Kätrin no medio facendo algo de comer ou té, e Laura, unha amiga de Kätrin á dereita de todo.
Unha cociña coma as antigas antigas de Galicia eh?
E unha cousa: non botades nada en falta ollando estas dúas fotos do interior?...
Eu si...
ata que me din conta de que
non hai fregadeiro!
Tiñan que salir a unha habitación intermedia entre a cociña e fora e lavar nunha tina!
Corzos en libertade!
Eles parecían moi sorprendidos cando os viron e estabanme: "Sácalles unha foto! sácalles unha!
É moi raro velos aquí en libertade!"
Aquí foi cando me din de conta das diferencias entre os estonios e mais eu...
A eso das 9 da noite... cun friaxe que non se soportaba... (eu aposto que facía menos de 20 grados... ) Collen e din.. vaiamos dar unha volta por ahi..
Ok... así que nos fomos polo medio e medio do bosque, coa única luz da lúa, e no completo silencio da noite do "countryside"...
Chegamos ata o que vedes ahí, eso é un lago inmenso conxelado. Eles dicíanme que no verán a imaxe era completamente diferente, que no lago podías ver a xente bañarse e que normalmente
podería facer uns 20-25 grados.
Esta torre na que paramos a tomar algo de té é a típica torre desde onde se tira a xente á auga... como podedes comprobar... nesta época un chisco mais peligroso...
Pois ben.. esta torre está coma 20 metros pa dentro do lago.
E como decía, as diferencias; a raza dos estonios, é unha raza moito mais resistente ó frío, eles iban tan contentos e incluso Kaarel sen gorro nin nada....
Outra cousa mais... gústalles mais andar polo monte que os guardas forestales que andan no cadramón! O que eu pensaba sería un paseo de media hora converteuse nun paseillo de 3 horas ou por ahi...
Eu cando vía que eles seguían e seguían.... e que a casa quedaba noutra dirección... pensaba ... "hei, que logo temos que recorrer o mesmo para a volta! ide parando!"
Na foto esta de arriba.. non se pode ver, pero era unha especie de carretera rodeada a ambos lados de bosque e seguía en linea recta como 2 km. nos que no fondo vías unha pequena luz que parecía ser dun pueblo.
O segundo día fomonos dar unha volta no coche... (moito mellor, porque facía aínda máis frío que o primeiro). E, outra diferencia, son coma pícaros! Bueno, igual non é tanta diferencia... hehe
Cando me dixeron "slide in sledges" eu pensaba en trineos... aparatos de plástico cando menos...
Pero no, colleron unhas bolsas de plástico que tiñan por ahí e hala! a deslizarse nelas costa abaixo!
O malo é que en Estonia, moitas moitas costas non hai...
E bueno... asi pasamos a tarde... tirandonos neve abaixo e rindo.
Visita a un pueblo de cerca ..
Aqui a miña garganta xa empezaba a acusar todo o acumulado de frío ata ese día...
E sí, o último día xa me encontraba un chisco mal... e cando voltei á casa... xa directo para a cama....
Pero ten unha razón máis que sangrante para que me encontrase por primeira vez desde que estou en Estonia constipado: dentro da casa case facía tanto frío coma fóra!
Kaarel díxome que cando chegara á casa fai 2 semanas, dentro da casa facía máis frío que fóra.
E bueno, con decir que durmin nunha cama metido no meu saco de durmir e encima 3 mantas... e seguía temblando....
Pero o alivio que me queda é que polo menos non son un blandengue... hehe
Os 3 (Kaarel, Kätrin e Laura) tamén sufriron algo da gorxa cando acabamos as xornadas no campo...
Ainda asi, e incluso sabendo o resultado, se mo volven a decir... eu iría outra vez. É unha cousa que nunca poderei volver a vivir... e é unha cousa que ningún dos que están aquí de erasmus pode decir tampouco...
Hai 2 erasmus españoles, Angel e Marlene (sinto se non falei moito de vos aquí, perdonademe!) que cada vez que me ven dinme algo asi como... "joer! ti és o que mellor estás aproveitando o tempo aquí, e és o que mellor leva a vida erasmus".... -Gracias
A verdad é que non sei cómo me apaño... pero tanto o de encontrar amigos locales, sexan estonos, rusos, nazis, skins, ou jevis.... e facerme amigo de todos eles non é algo que nin sequera o pense... simplemente surxe... e non sei como.... porque a verdade é que son o único erasmus entre o anterior e o presente semestre que ten amigos locales diferentes dos tutores.
Outro tamén me dixo que tiña moita sorte se tiña amigos estonos e eles me invitaban á súa casa. Eso é un signo de que de verdade me teñen aprecio e que me consideran amigo de verdade, porque os daquí non suelen facer normalmente nada de eso de primeiras.
A verdade é que non me podo sentir máis ... uf non sei como explicalo... "apreciado"? "valorado"?
Bueno... xa vale...
Vemonos noutra aventura!
Por certo! Este ano... Tuska 2007 espérame, bandas ata o dagora:
Children Of Bodom
Emperor (NOR)
Immortal (NOR)
W.A.S.P. (USA)
DragonForce (UK)
D’espairsRay (JPN)
Katatonia (SWE)
Pain (SWE)
Finntroll
Hatesphere (DK)
Mercenary (DK)
Moonsorrow
Vader (POL)
Legion of The Damned (GER)
Imperia (NL / FIN)
Insomnium
Brother Firetribe
45 Degree Woman
Naildown
Nicole
Labels:
Erasmus Tallinn 2006-2007,
places
Suscribirse a:
Entradas (Atom)