jueves, marzo 21, 2013

Vivir en Estonia: Precios

"Lonxe quedaron aqueles tempos nos que Estonia era un país de precios asequibles". Eso foi o que pensei na miña volta ó país en 2011, e poidoo confirmar no 2013.
Cando vivín neste país báltico en 2006-07 non era así. Tampouco era a bicoca que moitos se pensaban, pero sí que en xeral podía comentar á xente de España que máis ou menos todo era "un pouco máis barato" que alí.
Desde esa, Estonia ingresou no euro, e todo se incrementou á alza, pero dun xeito máis exponencial do "normal". A sensación que tiven neste último par de anos foi que Estonia se quixo "norteuropeizar". Para empezar, subindo as taxas para ofrecer novos servicios. Por exemplo, a partir de Abril ou Maio, todos os residentes en Tallinn, que alberga a maior parte de población do país, poderán viaxar completamente gratis en calquera medio de transporte público; tranvías, trolleys ou buses. Logo tamén ofrecendo Wifi gratis en moitos lugares, haino na maior parte das cafeterías, centros comerciales e terminales. Desde logo se dalgún xeito creceu Estonia foi a través do fomento tecnolóxico, xa que o país carece prácticamente de recursos naturales.

Todo esto sona moi bonito, pero hai un factor que impide a Estonia ser un país completamente "nórdico": os salarios. O salario mínimo está agora mesmo en 320 euros (ollo que cando chegara eu en 2006 estaba en 191!). Sólamente superados por países coma Rumanía, Bulgaria, República Checa e os outros dous bálticos dentro do continente. Realmente hai familias que o pasan mal para chegar a fin de mes, e coma en España, o normal é que os fillos non se vaian das casas ata moi tarde (ó contrario que en Finlandia, por exemplo, que ata o Estado creo que dá axudas para emanciparse).

Se a estes salarios, unimos uns precios que agora mismo SUPERAN á media española, prácticamente en calquera producto, os estonios están jodidillos. Sí, lestedes ben, Estonia agora mesmo para moitas cousas é máis cara que España.

Cando vou ó Super, flipo en colores cos precios dun país que hai escasos anos era asequible na cesta de compra. Era de esperar que en cousas que importan, como por exemplo o brócoli (que importan de España e Italia, coma a maior parte da fruta/hortalizas), os precios lóxicamente sexan maiores... pero que unha cabeza que no Gadis costa 0'50€ aquí coste 3'30€ é superesaxerado.

Xa me pareceu un roubo cando quixen facer 5 fotocopias a color do currículum (un dos primeiros días) e me atopei que me clavaron... ollo! 3'80€!!! pero é que a lista é larga... moitas das cousas comunes que suelo atopar nos supers en Galicia aquí están un 10-50% máis caras. No caso de cousas importadas a veces están o doble... pero o caso é que hai moitas cousas importadas, xa digo que excepto certos productos, coma os lácteos ou a carne ou salmón, o resto suele vir de fóra do país. Eso ten a súa parte positiva, xa que aquí nun súper normal pódense atopar productos de moitas partes de Europa, o cal é máis ca interesante. 

O tema da roupa tamén é bastante caro se un non vai a tendas de segunda man (que aquí vexo que son máis populares que en España, penso que vendo o poder adquisitivo xeral é algo normal). 

En fin, que non vos pensedes que por ser un país relativamente desconocido e con salarios máis baixos que España vos vades atopar cunha ganga á hora das compras ou vivir tendo un sueldo dentro de Estonia. 

Para rematar, vouvos deixar un producto que moitos reconoceredes.... comparad y bebed todos de él... ou mellor no.. ainda que sexa unha delicatesen española XD

Gran Duque - 2011 = 2'69 €
 

Gran Duque - 2013 = 3'29 €