O que sí que se evidenciou foi que necesita de moitas melloras e sistemas de control. Estanme a sobresaturar os medios sobre o que está pasando coa crise, e eso que non lles faigo moita atención, e últimamente tamén nas miñas clases na universidade me falan cada 2x3. Calquera que sexa a asignatura, RRHH, Empresa Familiar, Teoría de Organizacións, Matemáticas Financieiras.. sempre hai algún comentario sobre esto ou o outro relacionado coa crise..
Bueno, do que sí me acordo perfectamente, e faleino cun amigo, é que fai uns 4 años tíñamos un profesor que nos decía que o crecemento que estabamos experimentando era anormal. E era algo predecible que logo habería un descalabro serio, pero aquí parecía que todo era cor de rosas porque o crecemento de España era uno de los maiores da UE, e todo o mundo melloraba e estaba contento... ainda que se endeudaran hasta as muelas. Os bancos non miraban moito e veeeenga creditos...
Volvendo ó profesor de fai 4 anos, aquelo dame que pensar que inevitablemente máis expertos economistas, non só ese profesor e outro que por veces tamén divagaba (o resto vivían da empresa familiar que supón a Universidade de Vigo e dipoñíanse-dispoñense a soltar o seu monólogo sen que nos preocupemos demasiado da realidade do mundo), tiñan un "presentimento" (presentimento con certas bases reales) sobre un futuro oscuro e próximo. Ademáis as economías son ciclos, era obvio que despois dun gran crecemento viría un período de recesión. Ó igual que é obvio que pasaremos esta crisis, sexan 2 ou 3 ou 4 anos e volveremos a ter crecemento positivo. Ó menos é o que se prevé.
Pero esto faime pensar hasta qué punto os políticos (non son fiel a ningún partido, nin políticos en xeral) fan caso de expertos en economía.
Fai pouco veu o premio nobel de economía, Paul Krugman a España, e vaticina que o noso será un caso especialmente duro de recuperación dentro da UE. Non é tampouco algo difícil de prever, España ten un problema estructural grave en moitos niveles. Pero o que me asusta é oír dicir ó líder que nos goberna que "este señor exagera".
Hasta qué punto os políticos ignoran á realidade e a expertos a favor dos seus propios intereses?
O único que pode facer España para que non se nos coman o doble que o resto é facer politicas innovadoras e atrevidas ante una situación de partida peor que as outras economías. Todo o que está salindo últimamente de ZP en competencia a empleo hasta ahora é chamusquina que non funciona, dame igual que me tachedes de pepeista ou izquierdaunista ou beneguista, impórtanme un carallo todos xuntos. O único que me importa é que a nosoutros neste país non nos toque pagar máis o pato que ós demáis, situación moi probable se non cambian as cousas. E as "ideas" que están a surxir do actual goberno non van. Alomenos eso é o que se nos está a facer ver a nós, estudiantes de materias económicas. Exemplos?
"En este sentido, Zapatero explicó que mientras en Europa el 20% de los contratos son a tiempo parcial, en España el porcentaje es la mitad, y "esa es una de las razones por las que tenemos la tasa de paro más alta"."
Alguén lle tería que decir a Zapatero que o traballo a tempo parcial non impulsa a creación de empleo. Alomenos eso é o que se nos enseña, posto que as posibilidades de que un traballador a tempo parcial se introduzca no tempo completo son moi limitadas e produce un deterioro das condicións dos demáis traballadores a xornada completa. Ademáis o traballo parcial exime ós currantes de posibilidades de formación e promoción, algo propicio para o crecemento a nivel de empresa. O que debería facer por exemplo unha rebaixa de impostos de sociedades, e reducción de impostos temporal, alomenos, para as empresas, sobre todo Pymes, para que non se vexan tan estranguladas; fomentar a creación de empresas de I+D+i, etc. E é que crear unha empresa en España sale moitísimo máis caro que creala noutro país... esto é bon para nos? é bon para encontrar traballo? O índice de fracaso empresarial é realmente grande neste país se o comparamos con outros da UE, penso que os tiros deberían ir máis por ese sentido, e non é porque eu estudie tal ou cual, penso que é de perogrullo.
O que pasa é que parece que a oposición xa comentou sobre medidas desa índole e non sei hasta ónde temos que chegar para que se lles faiga caso, sendo unha boa medida e beneficiosa. A rivalidade electoral nestes tempos non é nada boa, tanto polos que tan ahí -que non queren facer o que os outros din- como polos outros -que se fan as cousas á súa maneira van decir "gracias a nós que nos fixeron caso", e se as cousas van mal van dicir "ves?? non nos fixeron un caso e así vamos mal". Todos son uns bos peixes...
As razóns de paro, ó igual que a educación, explotación, dispoñibilidade e dependencia exterior de recursos, e outras tantas cousas, son problemas estructurales, é decir, sostidos durante un largo período de tempo que requirirían de antemán un acordo entre as forzas maioritarias xa desde moi antigo para formar as liñas a seguir da nosa economía e procurar unhas estratexias de crecemento sostido e de defensa contra inconveniencias graves. Non hai eso? pos jodidos...
sólo queda esperar que se lles ocurra algo realmente innovador e botarse para adiante incluso con medidas que poden ser impopulares (algo que temen demasiado os políticos das 2 forzas maioritarias neste país desde sempre) a expensas de mandarnos ó carallo a todos co paso dos anos.
Xa sei, visión pesimista, pero hoxe estou pesimista. Non sei cómo se pode estar senón nun país no que a educación está á cola de Europa (algo importantísimo para o futuro dun país; aquí sempre houbo mala alta formación, desacorde á realidade, a inversión en I+D+i sempre foi irrisorea comparada con outros países, -e xa falarei de Bolonia se me sinto con ánimos-), os traballadores perden empleo a ritmo de caída libre, as empresas están estranguladas,... o panorama non é moi bonito...
Agora xa me estou vendo a moitos de vós "aaaaaah este antiZP"... éme igual, cando vexo a cámara dos diputados dan noxo todos. O único que fan é tirarse os trastos sobre actuacións pasadas uns a outros. Pero neste momento quen goberna é o PSOE e é a éste a quen se lle debe esixir que dén o máximo e que teñan as boas ideas. Lamentablemente cando falan eu non oio dicir máis que "cando fai 12 anos .." "cando fai 7 anos..." "cando os outros estaban..."... home idevos á .. A min non me interesa o que fixo ou fai ou non o outro...
Creo que igual que á maioría dos españoles, impórtanos, sobre todo neste momento, o presente e medidas cara o futuro, cousa que parece que se deixan a un laissez faire a veces.. ou que salen dalgúnha revelación onírica... ou xa non sei...
Os políticos deberían empezar a charlar e facer consenso sobre certas cousas para evitar unha caída terrible que se empezaba a avistar xa fai anos -creadelo ou non- e deixar de lado leis "cortinas de humo" de aborto, etc. Para falar sobre eso pódese esperar un tempo, ou no? Creo que a prioridade agora mesmo é empleo e crecemento e deberíanse de centrar neso e realizar acordos e seguir os consellos deses "expertos que exageran", os cales, como xa alvisquei a oír por ahí, xa hai xente que os culpa da situación de crise global que padecemos por non ter visto a tempo a explosión do globito.
A min dame que había máis de un que sí o veu, pero cando un está na praia tomando o sol e lle vén un vello a decir que hai unhas nubes ó fondo, é mellor primeiro acabar de tomar o sol e conseguir un bronceado rápido decentiño... logo se empeza a chover vai resultar que por alí "non pasou ningún vello", non sei se me explico.
Hala! hoxe tocou ida de olla!
Pero bueno, decir que todo esto é unha simple opinión.