lunes, enero 14, 2013

Mileth + Herexía + Vargtimmen

Este concerto está pensado como despedida de un servidor, xa que deixo Vigo e por tanto os proxectos nos que participaba ata o dagora. Non foi idea miña a deste show, nin creo que fora necesario, pero os demáis pensaron que sería unha boa proposta.
Será o primeiro concerto de Herexía e será bastante precipitado, xa que probablemente o ideal sería esperar a ter máis repertorio, pero eles quixeron igualmente facer algo antes de que me fora. Ademáis tivemos problemas coa parte vocal desde hai tempo e non sei cómo será... Rogamos comprensión se algo sale mal jajaj A idea é facer un show de unha media hora, pero procuraremos que sexa intensa.
Vargtimmen presentan nova formación, con guitarra e voz novas.
E Mileth faremos un show parecido ó anterior, pode que cun tema novo ó cal ainda lle estivemos retocando cousas hai escasos días.
O valor da entrada é prácticamente simbólica, xa que non pretendemos ganar diñeiro con este show, era algo que tiñamos claro. Simplemente será para cubrir gastos de técnico e sala.
A duración é de 3 horas, á 1:00 debería estar todo acabado por problemas de ruído e veciños, polo que tentaremos empezar ás 22:00.