domingo, mayo 20, 2007

Festa Portuguesa/Festa no castelo Glehni/Concerto Metsatöll e Korpiklaani



1ª parte: Portuguese party

Preparadevos para mirar fotos..
Empecemos polo principio...
Esta semana foi ultraestresante para min, en 4 dias, tiven 3 exames, 2 exposicions e facer un proxecto final, que me levou toda unha noite.. e cando digo toda é toda... funme para a cama ás 10 da mañá, cando os meus flatmates se empezaban a levantar hehe...
A pesar de tanto estress... sempre hai tempo para festa...
O mercores, tocou o turno da festa portuguesa. Os meus compañeiros de piso, unha parexa de portugueses prepararon comida do pais, viño de Oporto.. unha boa festa!


Conste que puxen Vigo porque o norte de Lugo non estaba no mapa :)
















2ª parte: festa Erasmus no Glehni Castle

Agora fotos da Erasmus party nun castelo que hai preto do hostel
Todo ben, a non ser polo punchi punchi da musica....




Parece que a festa non deu perdidas!




O castelo...bonita foto


aprendendolle novas cousas ós colegas...
"como se ten que sair nunha foto estilo Diego"
creo que para a proxima vou cambialo e volver ó estilo de true poser de "si nena" que algun se atreveu a imitar pero sen ningun xeito XDDD


O alcohol ten esas cousas...




Cando cheguei atopeime con esto na porta do lado.. dixeronme que o pillaran no bosque que rodea ó castelo... e como que está a 20 min. andando... vaia ganas... pero bueno.. xa sabedes que hai ocasións nas que a xente fai cousas asi... hhehe
¡¡Se lles mandaran... !!

Ñoooo
Apretandose los machos para a pista de baile XDDD


















meus flatmates!


3ª parte: Korpiklaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaani!!!


Concerto incrible!
Estaba abarrotado de xente, e todos saltando, brincando, bailando como Marcos sabe facer...
Ambiente impresionante! moi festivo!
E os grupos... Metsatöll xa falei deles, un dos grupos mais conocidos de Estonia, a xente sabia todas as cancións de carrerilla, e todos cantaban coma tolos... foi un bo concerto deles...
Korpiklaani salironse... o cantante non paraba de correr dun lado para outro.. incluso se tirou encima do publico.. hehe
Cando tocaron a de "Beer beer" sacaron latas de birra e tal e como se fose champan empezaron a mollar á xente.
Coma sempre aqui, sonido: 10
porqué en España sempre teñen algun tipo de problema co son?
Logo de Moonsorrow, o mellor desque estou en Estonia.










Unha pena que non poida poñer aqui os videos...
Para os que non os conocedes:
Podedes intuir como foi vendo esto, sonou moi parecido:
Metsatöll
Korpiklaani
É unha pena tamen que non tocaran Happy Little Boozer... pero gardaron unha sorpresa para o final.. tocaron unha cancion de cando eran Shaman... e eu destrozei a garganta con ela XDDD
E ademais parecia que eu era o unico que a conocia porque cando a tocaron todos se quedaron un pouco quietos hehe.. gran final de concerto.

Por certo aparecín por fin na TV estona!!
Hehe incluso algunha xente que non coñezo me saudou, coma dicindome.. hmm eu a ti vinte na TV!!!
Vemonos noutro post!

Adición de ultima hora!
Rexistreime en Youtube, asi subin e xa podedes ver en exclusiva a primeira cancion no concerto de korpiklaani aqui
Afterparty01
Afterparty02