martes, noviembre 20, 2012

Microreviews Novembro'12 - III

The Murder of My Sweet - Bye Bye Lullaby  (2012)
Gothic Metal
Oficial
Ainda que The Murder of My Sweet é o típico nome dun grupo de Metalcore, desta vez atopámonos cunha banda de Pop Metal gótico e sinfónico bastante clásica dentro do mundillo. Con esto de clásica, refiérome, como non, a que está liderada por unha tipa de bastante bo ver, case que o único atractivo que suelen, xa non explotar en videoclips, senón tamén en portadas; cunha selección de temas que bordean o Gothic Metal accesible e noño-pseudobaladero, carencia absoluta de riffs, e intentos de recrear temas pegadizos que se quedan na cuneta da intrascendencia... Por se esto fora pouco, este castigo dura a friolera de 1 hora, tempo que poderemos utilizar para facer outras cousas ou descansar en caso de insomnio.
En canto a referencias, a mín recordoume especialmente a esa banda que formou o ex-Vader Mauser coa súa moza, Unsun, que comparte non sólo a sonoridade deste symphonic Gothic Pop de guitarras eléctricas, senón tamén a voz somnífera dunha cantante cachonda. Incluso creo que Unsun está mellor que The Murder of My Sweet, e con esto xa o digo todo.
Chocho Metal en esencia pura. 2/10

Silent Descent - Mind Games (2012)
Modern Melodeath/Metalcore
Oficial
Tema: Psychotic Euphoric
Temíame que baixo a etiqueta de "Trance Metal" se escondería un bluff, pero ainda así animeime a investigar cómo sonaría o xénero co que os propios británicos Silent Descent se autodefinen.
Cando vín a portada, medo me deu. É a típica que trata de chamar a atención desesperadamente sobre o incauto potencial oínte, que probablemente pensará logo de ver á esa muller en semicoiros, que sólo un grupo de puberadolescentes, os máis duros, pseudoemo-góticos e con máis ansias de ser rockstars da súa clase, poderían ser autores desta cousa.
A música que nos atoparemos aquí é básicamente Metal moderno e industrial, con sintetizadores levando o peso dos temas dunha forma a veces incluso molesta (ollo, que o grupo conta con teclista e DJ! ainda que o máis normal é que un pense que sólo hai un controlando a electrónica, é dicir, non entendo o labor destas 2 personas neste grupo), con riffs que tiran máis hacia o Metalcore con toques Melodeath, moi ó estilo americano. Hai dúo de voces growl-emolimpia, coma en moitas destas novas bandas que tiran máis hacia o Metalcore melódico e teenager, apostaría as miñas tachas de Metal que ámbalas dúas retocadas en estudío  XD Baixo e batería cumplen, pero é que tampouco hai de onde sacar, xa que Mind Games é un álbum que non aporta demasiadas cousas, salvo uns momentos curiosos de Dubstep na intro e nun tema polo medio. Sí, o Dubstep chamoume máis a atención que o Metal neste caso... XD
O mellor: a tía da portada. 2/10

Wintersun - Time I (2012)
Symphonic Power/Melodeath
Oficial
Tema: Time
Cuestión difícil a de falar sobre o novo CD de Wintersun
Comezarei decindo que me extraña que a día de hoxe haxa esta exacerbada fascinación con este grupo. Tanto co seu primeiro disco autotitulado, o cal oín cando saleu e simplemente me parecera que "estaba ben" sin moito máis, e sobre todo coa volta logo de 8 anos, presentando Time I, obra que a máis de un se lle enche a boca por foros decindo cousas coma o "Da Vinci do Metal" referíndose a Jari Mäenpää (será o propio Jari baixo outros seudónimos? XD algo me dá que está un pouquiño subidito logo de lanzar este álbum XD). 
A cuestión primeira que poido decir sobre a música que nutre a Time I, é que é moi ampulosa e boombástica, con moitas cousas solapándose a veces, cousa que me noquea. Non se pode meter ó mesmo tempo unha línea vocal melódica cun punteo, cun riff e cunha orquesta que parece que vai á súa bola composta á súa vez por diferentes seccións. Bueno, poder pódese, pero logo quedarse co que oes xa é outra cousa.
O segundo e máis importante é que oito anos para sacar 5 temas, dos cales sólo hai 3 "reales", por moi complexos e progresivos que sexan, sona a pouco. De feito, ó que sona é a estratexia de márketing (mira, ésto sóname a unha asignatura que dín XD). Parece coma se a principios de ano, Jari dixera: teño 50 minutos de música... ¿qué tal si lle añado unhas intros e outros cun aire un pouco de BSO asiática, e alargo un pouco máis eses 50 minutos repetindo riffs e estribillos? Así podería sacar dúas partes do mesmo disco, con diferentes formatos, edicións especiales con DVDs, making ofs e demáis pijadas. Vendo que teño tantos fanboys, fijo que me sale rentable. 
Inciso aclaratorio sobre Time I:
  • Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD
  • Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD + Instrumental CD of Time I, Certificate (limited to 500 copies, exclusively available at Nuclear Blast)
  • Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD + Signed photo card Jari Mäenpää (limited to 1000 copies, exclusively available at Amazon.de)
  • Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD + Wintersun logo shirt gray/black (exclusively available at Levykauppa Äx)
  • Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD + Shirt (black) (EMP exclusive)
  • CD Jewel Case + Shirt (Nuclear Blast USA exclusive)
  • CD Jewel Case
  • Blue vinyl (180g vinyl in gatefold including poster)
  • White vinyl (180g vinyl in gatefold including poster. Strictly limited to 200 hand-numbered copies) (exclusive at Nuclear Blast mailorder)
  • Digital download
  • iTunes digital download with Time I booklet
Por favor, pero qué tomadura de pelo é esto? 
Ben, vou volver co que presuntamente é o máis importante, a música. Realmente temos 3 temas aquí:  "Sons Of Winter And Stars", "Land Of Snow And Sorrow" e "Time". As tres xuntas fan uns 33 minutos, complexos no sentido de que dá a sensación de estar oíndo moito ó mesmo tempo, a veces causando sensación de saturación, con dominio na mezcla dos elementos orquestales sobre a base rítmica. As voces e coros en limpio fóronlle ganando terreno ós guturales con respecto ó CD do 2004, así como o medio tempo melancólico ó rápido, ainda que de vez en cando Wintersun anímase con algún blasting. Hai realmente partes interesantes e riffs traballados no medio deses tres temas, unha gran dedicación no referente á orquestación e a voz de Jari en limpio é bastante boa, por veces recórdame a Devin Townsend! Pero a sensación ó acabar é a de ter un cúmulo de cousas das que sólo podes sacar en limpio que os temas están como alargados e sobreexplotados nunha masa de boas ideas por un lado, e nunha extensión excesiva de poucas cancións que se presentan coma un desafío por momentos para o aguante e dedicación do oínte. 
8 anos non tan productivos que hai que amortizar. 5/10

Astral Sleep - Visions (2012)
Doom/Funeral Doom
Oficial
Tema: Channel Sleep
Procedentes de Tampere, Finlandia, Astral Sleep son unha banda que cabalga entre o Doom Metal e o Funeral Doom, con 8 anos de antigüedade e 2 LP no seu haber. Non oín o anterior Unawakening de 2008 nin o EP Angel en 2010, pero vendo cómo se desenvolven con Visions, terei que darlles un vistazo. E xa comento de antemán que non son un gran fan do Doom lento, sobre todo en CD, tal vez sí en directo?, xa que hai uns meses sorprendinme a mín mesmo disfrutando enormemente duns compatriotas seus coma Skepticism en Portugal. 
A música de Astral Sleep pode que non sexa tan densa coma a maioría de bandas de Funeral Doom, xa que imprimen diferentes atmósferas e cambios dentro dos catro temas que compoñen Visions. Éstos por suposto teñen esa ambientación lóbrega e lenta do Doom, pero a alternancia de rexistros tanto en voz, que vai desde o growl á limpia -e ó alarido incluso-, coma en riffs, combinando distintas velocidades con solos e punteos, e tamén partes acústicas interesantes, fan que este disco de Astral Sleep sexa eclécticamente entretenido e emocionalmente convincente. Vamos, a mín encantoume.
O mellor disco de Doom no que vai de ano. 8/10

Mono Inc. - After The War (2012)
Gothic Rock/Metal
Oficial
Tema: Arabia
Quedárame co nome desta banda logo de que sacara un disco para o meu gusto moi bo de Gothic Rock coma era Viva Hades haberá coma un par de anos, así que, logo de oír algún sample de After The War, esperábame unha digna continuación daquel. E o resultado é un CD moi similar a Viva Hades composto por temas moi similares en canto a estilo, no que o simplismo e os ritmos pegadizos, normalmente de teclado, unidos a uns estribillos que tamén se quedan na cabeza é o que manda.
Non hai excesiva complexidade na música de Mono Inc., como tampouco a hai no rango vocal do seu cantante Martin Engler, pero o estilo tampouco o require se vemos ás súas influencias: Sisters of Mercy, The Cure, Paradise Lost post-One Second ou os Depeche Mode máis oscuros e rockeros daquel Violator. Onde sí que hai talento vocal é na súa batería, que ainda que parezca raro tamén asume a labor de corista, acertadísimamente ademáis, xa que lle otorga á banda unha personalidade única cunha preciosa voz.
After The War é un álbum que se oe moi ben se eres amante do Gothic Metal máis melódico e melancólico, ainda que para o meu gusto, exceptuando algunhas cousas, ten demasiado parecido con Viva Hades, o que tampouco é algo excesivamente malo, xa que aquel era un bo disco e éste simplemente perpetúa a línea personal de Mono Inc.
Qué gran tema Arabia! 7/10