miércoles, abril 20, 2011

Diario dun vi-king X: necesito máis vacacións

Dinme de conta que cando me vou a Alfoz é cando me inspiro máis. Tal vez a falta de internet, a sensación de que alí é o meu lugar para descansar e relaxar a mente, ou o clima suave de nubes e claros todo o ano e o silencio me faigan botar a andar a parte creativa.
Mañá ireime e tentarei deixar case finiquitado o novo de Enuma Elis. Pero se por algún casual esto non pasa, pospoñereino ata dentro dun tempo. Mellor facelo con calma que ás presas.
Tiña pensado facer unhas 4 cancións máis, pero reducireino a 2, non por presas, senón porque estiven pensando que se me iba ir a máis de 50 minutos e non me gustaría un disco tan largo. Para algo instrumental preferiría que non. De momento xa van uns 36 minutos realmente finiquitados e propóñome andar sobre os 47-50.

Ademáis de que por Vigo non me inspiro nada, tamén está que estes últimos tempos, cando me propuxen crear algo, fíxeno para Herexía e Mileth. Cos primeiros, eles parecen moi esperanzados en ter bon material rápido, ainda que necesitaríamos algo máis de tempo de ensaio se realmente queren ter lista unha demo para Septembro :O Eu iría algo máis despacio... posto que eu polo menos terei o meu tempo bastante ocupado entre finais de maio e xulio...

Con Mileth probei a facer unha canción eu solo, ainda que non creo que se me dé moi ben facer algo máis "folk". De momento o que vai feito acércaseme máis ó pagan-black, que é o que realmente me gusta e me sale, pero supoño que cando se metan o resto de instrumentos quedará unha amalgama de estilos como quedaron as 2 primeiras.
Ademáis xa hai outra rematada e ensaiada con bon resultado duns 8 minutos... minutaxe que parece compartir con 2 novas que temos Marcos por un lado e eu por outro. Ademáis o batería Juanjo tamén se currou unha nova da que sen duda aproveitaremos cousas para outra larga.
Aparte, resolvín un dos principais problemas de batería que tiña Ith, e resubímola ó myspace, no que Marcos se currou unha biografía curiosa e divertida, quén sabe en qué estado XD

Volvendo con Enuma Elis.. supoño que moitos xa o vistes por ahí, a "foto de grupo" de 2011 xa está feita, e a portada realmente tamén, pero reservareima para ir creando expectación XD e igual a irei revelando trozo a trozo coma fixeron Dimmu Borgir XD

Por outro lado parece que xa houbo alguén que se atreveu a dar os primeiros pasos sobre merchandising de Enuma Elis (eló) XD
Suur aitäh kallis Airi! ;)