lunes, abril 01, 2013

Vivir en Estonia: Traballo

Hai tempo que a xente me está a preguntar por cómo me cambiou a vida cun novo traballo, o certo é que o cambio é grande. Non foi tan sólo un cambio a nivel de traballar nalgo totalmente novo, senón que tamén hai que añadir o factor de vivir nun sitio totalmente novo, con nova xente ó meu redor, novo idioma, novos hábitos, novas formas de facer as cousas...

Hei de dicir que tiven relativamente bastante boa sorte, xa que conseguir traballo nun lugar tan lonxano logo de 2 semanas e 2 entrevistas de traballo é algo inesperado.

Cómo é un día normal agora mesmo para mín?
Pois ben, suélome levantar á intempestiva hora das 7:45 AM, bueno, mellor dito, solía, porque a partir de mañá poido durmir unha hora máis. E menos mal que vivo a 15 minutos da oficina, non quero pensar a que hora tería que levantarme se vivira en Mustamäe coma no 2006-2007. E xa non digamos en Pirita (onde está o famoso monasterio de Pirita e a principal praia de Tallinn). Actualmente estou no centro, bordeando con Kristiine, ainda que tampouco o teño moi claro, que non son moi bon en orientación XD 

Como decía, ata a semana pasada, entraba ás 9 e saía ás 17:30, ainda que dentro de pouco salirei ás 18:30 entrando ás 10:00.
Ata o dagora sempre estivemos con temperaturas baixo cero, ainda que pouco a pouco foron subindo desde os -20 / -10 de febreiro ata os -7 / +2 nos que andamos agora. Ainda que parezca mentira, eu case prefería os -15, xa que coas novas temperaturas, a neve pouco a pouco vaise derretindo e o hielo empeza a ter unha capa de auga polas aceras coa que o difícil é manterse en pé. Xa levo 4 caídas e numerosos sustos pro-caída nos últimos días XD En fin, esperemos que esta etapa pase rápido, xa que a cidade tamén está bastante fea, con esa especie de neve-barro nas carreteras que dá unha imaxe como de suciedade. 

Unha das cousas ás que máis me costa afacerme é a dos desaiunos fortes. Cando o meu habitual desaiuno era un iogur ou cereales e si se terciaba, unha taza de café, aquí os meus desaiunos son de prato moitas veces, ainda que últimamente estou cambiándoos por iogures cando poido, porque o meu corpo non acepta grandes cantidades polas mañás segundo me levanto. Por exemplo, o outro día tiven de desaiuno spaguetti cun zanco de pito! :D Logo, tampouco estou acostumbrado ás cantidades industriales de café que aquí se toman, penso que cando lles dixen por primeira vez que sólo me encheran o tazón pola metade ou menos se quedaron sorprendidos XD Sabía que os finlandeses eran uns dos maiores consumidores de café do mundo, pero os estonios non lles andan lonxe... mañá, tarde ou noite, pode ser normal tomarse un tazón de café, non taza, non... "tazón de colacao"! XD

Entendo que logo do desaiuno pasan horas ata a próxima vez que se come, pero a veces case prefiro esperar XD 

Unha vez que chego ó traballo, o habitual é darlle ó ordenador e empezar a poñer contraseñas, dúrame coma uns 5 minutos poñer todas as contraseñas necesarias, xa que cada un dos 7 programas que utilizamos esixe que a poñamos, incluso o teléfono en caso de ter chamadas de clientes ten o seu código e debemos "decirlle" qué vamos facer en cada momento con códigos especiales (lunch break, e-mail work, short break, utilitary break, coaching time, etc). Eso é unha das cousas que máis me sorprende e fastidia, parece que esteñamos controlados ó máximo, temos clave de acceso para calquera cousa que faigamos, e todo está medido en minutos. Está ben ese control (cousas dos métodos alemanes... sí, a empresa é alemana!), pero a veces é excesivo. Aparte do das claves, temos unha tarxeta electrónica para entrar e salir en diversos lugares, polo que os supervisores saben en cada momento do día onde estamos e os minutos e segundos que pasamos nese lugar. É un pouco coma un Gran Hermano dentro da empresa, non me extrañaría que nos vigilaran tamén con cámaras...

Con tanto secretismo, non é raro que ó principio do entrenamiento e á hora de firmar o contrato, nos fixeran tamén firmar unha cláusula de que non podemos decir nada do que facemos dentro ou dos métodos que se utilizan dentro da empresa. Por algo intento evitar tamén aquí decir o nome da empresa ou a subsección na que traballo, non vaia ser que os do Gran Hermano localicen o meu blog...
Para que vexades o secretismo da cousa, estanos prohibido levar ó traballo o móvil. Temos unha taquilla onde debemos deixar o móvil en mute, e sólo podemos velo nun dos 2 descansos de 12 minutos (contados) que temos ou na media hora da comida. A razón que nos deron é que non se poden levar aparatos que permitan grabación ou saquen fotos dentro do lugar de traballo. Ainda que eso non é o máis flipante. O máis surrealista é que non permiten que leves carteira. Deberala deixar co móvil na taquilla. O motivo é que non se poden ter tarxetas de crédito por se acaso fas algo raro con elas (?).

Con respecto ó meollo do traballo máis ou menos o que faigo está relacionado coa atención ó cliente de licencias informáticas. A maior parte do tempo está dedicado a contestar mails básicamente, ainda que de vez en cando tamén temos chamadas. Nesta época non son demasiadas, entre 5-15 por día, xa que é temporada baixa. Parece que a temporada alta será de Septiembre a Navidades. Veremos si ainda estou daquela aquí XD porque tampouco é que me apasione o mundo das relacións directas cos clientes e menos relacionado con licencias de software.

No traballo o ambiente é xeralmente positivo, e as chamadas de xente cabreada son as menos. Somos uns 20, entre os que hai uns 4 supervisores e uns 4 "jefes" que non teñen contacto cos axentes, senón cos supervisores. Logo está o jefe jefe, que chega cando lle dá un pouco a gana e se vai tamén cando lle dá a gana (cousas de ser jefe :D). O tío cáeme ben, o típico jefe enrollado, bastante novo, non creo que chegue ós 40, e ten unha coleta ainda máis longa cá miña. Dentro de pouco parece que se vai ir para Rumanía, como jefe doutro proxecto parecido.

Non hai moito estíveno falando con algún que empezou ó mesmo tempo ca mín, curioso que certas empresas grandes localicen os seus centros de atención ó cliente en lugares coma Rumanía ou Estonia, ambos países entre os 5 da cola de Europa en relación á renta per cápita.

Logo o cachondeo é cando nos dicen a nosoutros que debemos otorgar un "servicio de alta calidad e que otorgue valor ó consumidor", tal e como reza o márketing da compañía. Logo eles localízanse nos lugares máis baratos posibles, e teñen atendendo ás líneas inglesas, alemanas e italianas a xente estonia e rusa (e un exipcio moi majo), á linea española a un peruano, gracias a que chegaron un par de franceses, teñen xente do país para atender a  Francia, e as líneas suecas, noruegas e finlandesas están "temporalmente non dispoñibles" e obligan ós clientes a se queren ser atendidos, que o sexan en inglés.
Seriamente, qué sueco, noruego ou finlandés querería trasladarse a Estonia para ganar 4 veces menos que sendo albañíl no seu país??? Esas líneas están "indefinidamente" non disponibles, en realidade. Ahí está a "alta eficiencia e alta calidade de servicio" dunha gran multinacional alemana que ten 63.000 traballadores por todo o mundo... deixando a 3 dos países máis potentes de Europa sen atención ó cliente na súa língua...
Xa oín algunha voz dalgún xefe decindo que "temos que ser eficientes ó máximo" xa que se non, o proxecto pódese ir ó garete e a multinacional para a cal traballamos pode elexir outros traballadores noutro lugar... sí... en dónde? Albania? Kazakistán? porque xa non quedan moitos países na lista dos menos pagados.

Hai pouco o exipcio estívome falando que conocía a un tipo que facía o mesmo traballo que nós en USA, él estaba especializado en 1 dos 7 programas que temos nós, e o seu salario era como 4 ou 5 veces superior...

En fin... logo outra cousa que non me esperaba é que semanalmente temos exámenes! Duran uns 15 ou 20 minutos e tratan sobre o noso traballo, creo que se ó final do mes obtés unha puntuación media superior ó 85% danche un bonus... espero que non empecen a restar se non acadas esa cifra XD

Logo, o sistema polo cal a multinacional que tén contratados os servicios da nosa multinacional (que quede claro que son 2 empresas, a nosa é unha multinacional de RRHH e a outra é unha multinacional de software), é absolutamente hipócrita e falso. Ou polo menos eu o entendo así. Parece que os resultados os miden pola satisfacción do consumidor, pero dun xeito irreal, xa que mandan as encuestas sólo cando creen que vai haber un resultado positivo. É gracioso, porque a maior parte dos consumidores non están especialmente satisfechos, pero a empresa móvese en niveles de satisfacción xeral do 80-95%, sendo o mínimo a alcanzar sobre o 80% (é un pouco raro de explicar, así que vou pasar delo XD).

Xa me pareceu extraño cando nos primeiros días de entrenamiento oía decir ós que traballaban ahí que a xente non suele durar moito nese curro, parece que as vacantes que deixaron para entrar os novos foron de xente que estivo 4 meses un, outro menos de 1 ano... e os "antigos da empresa", aparte dos xefes, son os que levan 2 anos ahí. Cheira raro, non?
Eu pola miña parte penso que seguirei intentando buscar algo máis, o malo é que cando chego á casa non teño excesiva gana de meterme en internet a buscar traballos e empresas, e o tempo non chega a case nada... o dito, menos mal que non vivo lonxe da oficina, senón sí que sería literalmente traballar, comer e durmir XD

PD: Este post vai dedicado a Ali e Dana, que me rallades con que non comento nada do que faigo XD Hala! aquí vos deixei pa ler! XD