sábado, agosto 30, 2014

Vivir en Estonia: The Night of Ancient Lights

A noite das luces ancestrales, podería ser un bo nome para un tema de Mileth, pero non, ésta é a noite do 30 de Agosto, é decir hoxe. Nesta noite, estarase permitido encender fogueiras ó largo de toda a costa báltica.

Esta celebración ten como fondo recordar que o mar é de todos, e convén coidalo. De feito, o mar Báltico non é o mellor exemplo de mar limpo, tal vez por iso os estonios non teñen unha variedade demasiado grande de peixe (parece que ser un mar relativamente "novo" tamén axuda), cousa que me chamara moito a atención cando cheguei aquí, xa que é un país con bastante costa, e supoñía que por conseguinte, con cultura mariñeira. Estar prácticamente rodeado de terra, tamén o fai máis vulnerable para manter calquer tipo de contaminación durante un tempo máis prolongado...





http://www.muinastuled.ee/