Panychida - Mìsíc, les, bílý sníh ~ Moon, Forest, Blinding Snow (2010)
Pagan Black-Melodeath
Myspace
Fans de Suidakra, aquí tedes outro grupo no que fixarvos. A todo aquel que lle gusten os xermanos, e a mín non é sólo que me gusten, senón que considero que están moi infravalorados, recomendaríalle este disco de Panychida, grupo checo do que non sabía da súa existencia ata meses atrás.
A súa mezcla musical está entre o Black e o Death máis melódico e épico pasado polo filtro folk, onde de vez en cando utilizan intrumentos coma a gaita ou guitarras acústicas. Disco recomendable. 8/10
Dark Moor - Ancestral Romance (2010)
Symphonic Power Metal
Myspace
Outra entrega dos españoles máis internacionales en canto a Power Metal se refiere hoxe en día. Son uns dos poucos que aguantaron o paso do tempo con respecto a aquela hornada de grupos de power -a cada cual peor- con temáticas caballerescas de espada e fantasía que apareceu en España a finales dos 90 e principios dos 2000, producto dunha moda que, coma en todo, chegara anos tarde a este país.
Recordo que os primeiros discos de Dark Moor non estaban mal de todo, pero coa marcha de Elisa C. Martín deixeinos bastante olvidados. De feito pode que éste sexa o primeiro que consigo oír enteiro sen a cantante de Dreamaker.
A cousa non é que cambiara excesivamente polo que recordo, seguen a facer ese Power Metal, tal vez con menos toques "neoclásicos" e máis orquestales-BSO, e conseguen facer un bon traballo nese campo, ainda que a influencia de Rhapsody segue a ser máis que palpable en cortes coma "Alaric De Marnac", "Mio Cid" ou "Gadir".
A última "A Music In My Soul" extrañamente me recordou máis a Sonata Arctica... Sexa como sexa, o disco pareceume que ten as súas partes boas e as súas malas, entre a que sen duda sobresale "Just Rock", unha vergüenza de canción, con todas as letras. A "Canción del Pirata" e "Ritual Fire Dance", xunto ca anterior, fixéronme pensar que non había suficiente material decente e orixinal para introducir no álbum, e o medio tempo sonatartico de 7 minutos "A Music in my Soul" fíxome ademáis pensar que non sabían de qué máis falar sobre historia e cultura española -coma se non houbera-.
Conclusión 30% válido, 70% desechable. 3/10
Blackstar Halo - Illuminated (2010)
Heavy Metal
Myspace
Primeiro disco destes finlandeses que practican un Heavy con algún que outro teclado, polo que tamén se poderían considerar coma Heavy-Power Metal. Xa van unhas cantas veces que levo oído o álbum e non consigo saber a qué cantante me recorda o de Blackstar Halo, ou será o grupo? Tenme un aire familiar que non consigo descifrar... tal vez se parece ó de Disturbed? ou ó dalgún outro grupo de Rock Modernete?
Respecto á música, respírase madurez compositiva (pensaba que era un grupo totalmente novo, pero cambiaron do antigo nome Downfall a este novo, xa me extrañaba que non sonaba a "primeiro disco") e estilísticamente van desde o Heavy Metal máis melódico ata o Power ou Hard Rock incluso introducindo algunha que outra esporádica voz rasgada e algún riff máis propio do que ahora chaman "Modern Rock-Metal". Por encima da media. 7/10
Holy Blood - Shining Sun (2010)
Pagan Metal
Myspace
¿Un grupo do que calquera tildaría musicalmente por "pagan metal", cantando sobre batallas celestiales, a bondad de dios e relixión católica ortodoxa? En principio é algo incongruente, eso foi o que pensei cando fai uns anos os descubrira coa canción "The Spring", que fóra de calquera catalogación, era unha peza con certo gancho folkmetaleiro.
Logo de varios cambios de formación, Holy Blood sacan este "Shining Sun" en 2010, que a pesar de que se pode encontrar con títulos en inglés, está completamente cantado en ucraniano.
O disco ábrese cunha viciosa canción coma "My fate", do mellor do disco, que recorda moito ós seus anteriores traballos, e, por decir outro grupo, pódenos vir á mente uns Alkonost. A partir dahí entramos no mundo de Folk-Pagano de Holy Blood; moita melodía na que se alternan punteos de guitarra con flauta e teclados e rasgados na maior parte do tempo que se acompañan ocasionalmente con coros e voz feminina tal e como practican moitos grupos de pagan eslavo.
Se se lle pode achacar algo a Holy Blood é que por veces pecan de saturar demasiado a súa música con moita melodía, e esto fai que algunha que outra canción se faiga máis pesada no medio de tódalas outras. Ainda así, non é un mal disco. 7/10
Heavenside - Небо не оставит тебя (2010)
Gothic Metal
Myspace
Despois da morte do cantante de Forgive Me Not, o grupo desfíxose e o guitarrista Mikhail “Michael” Guzz montouse Heavenside, algo así coma un Forgive Me Not Vol.2. O estilo segue a ser esa especie de Sentenced versión rusa, sen moitas variacións do que facía no seu anterior grupo.
A mín resultoume algo monótono, e deixoume a sensación de xa telo oído, a pesar de que o disco sona ben e compacto. Supoño que xa que non dán un paso cara adiante respecto á música de Forgive Me Not, o que lles falta é facer cancións con máis gancho. 4/10
The Wretched End - Ominous (2010)
Black-Death-Thrash Metal
Myspace
The Wretched End é un supergrupo liderado por Samoth, ó que acompañan Nils Fjellström ás baquetas (anteriormente en Dark Funeral) e Cosmo (ex-Windir) facendo as voces, guitarras e baixo.
Nunca confiei moito nos grupos de estrellas, pero ainda houbo algún coma Lock Up que conseguiron facerse o seu público. Este novo proxecto de Samoth está enfocado hacia un Metal Extremo que parte dun Thrash Metal moi agresivo, que pode recordar a uns Slayer tardíos, non tan a piñón fijo e máis groovies, con retazos de Black e Death Metal. Obviamente, este disco non está feito por principiantes, e eso nótase. Hai grandes momentos para o Headbanging e partes absolutamente demoledoras. Eso sí, non hai moita traza de orixinalidade e a voz de Cosmo acaba cansando un pouco, pero o que fan, está ben feito. 6/10
The Order of Apollyon - The Flesh (2010)
Black-Death Metal
Myspace
Primeiro disco destes ingleses, que mezclan dunha forma correcta elementos tando do black coma do death facendo que o seu debut sone coma unha mezcla entre Keep of Kalessin e Belphegor. Personalmente penso que non é nada do outro mundo, sona potente, decadente... pero fáltalles un chisco para sobresalir de entre a marabunta de grupos de black metal que salen hoxe en día.
Como nota curiosa, nas súas filas contan con dous ex-Aborted e un ex-Cradle of Filth. 6/10
Taking Dawn - Time to Burn (2010)
Heavy Metal - Hard Rock
Myspace
Outro grupo de xente nova que presenta un Hard Rock influenciado nos 80. É curioso, porque penso que moitos deles nin sequeran naceran cando houbo aquela masificación do Glam-Hard Rock-Heavy Metal.
Estes non son de Suecia, son americanos, e o seu estilo bebe moito daqueles tipo Cinderella, Ratt, Motley, Skid Row, Hanoi Rocks, en fin, os míticos.. ainda que no fondo, podemos oír certos riffs cun toque dos discos ochenteros de Ozzy. Nótase que os seus pais eran jevirolos ochenteros e que éstes rapaces se criaron a base de Hard'n Heavy ochentero (oes, sempre mellor que se se criaran con White Zombie, Marylin Manson, Coal Chamber e Limp Bizkit). Non é un mal disco. 6/10
Distorted Wonderland - Distorted Wonderland (2010)
Hard Rock
Myspace
Cando os componentes de Overnight Sensation, Olof Lindgren e Axel Karlsson cantaron os acompañamentos corales para o disco autotitulado de Hardcore Superstar en 2005 decidiron facer algo do estilo por conta propia, cousa que se materializou cando Overnight Sensation se desfixo.
Fruto delo, naceu Distorted Wonderland, unha banda de Hard Rock moi no estilo de Hardcore Superstar e Chrashdiet, con grandes riffs de guitarra moi ochenteros, estribillos moi pegadizos e todo feito con bon gusto. Póden recordar a unha mezcla entre Ratt e Motley Crue, pero a mín Distorted Wonderland parécenme incluso mellores en certos aspectos. Un dos discos do ano 2010 en canto a Hard Rock, e eso non está nada mal para un disco debut. 8/10
Abyssphere - Тени и Сны (2010)
Melodic Doom-Death-Gothic
Myspace
Cando oín a xenial primeira canción deste segundo disco dos rusos Abyssphere, pensei que iba a oir unha especie de Misanthrope máis doomy, pero a medida que se van sucedendo as cancións máis ben me recordou a uns Draconian sen a voz feminina. Nos momentos máis "góticos" con voz clara tamén me recordaron aos seus compatriotas, os extintos Forgive Me Not. A verdade é que Abyssphere fan un compendio de varios grupos, que unido a unha boa composición e feelin' debería de gustar a calquera aficionado ó Doom-Metal con toques góticos e sosegados. 7/10