jueves, agosto 11, 2011

Microreviews Agosto'11 - II


Mono Inc. - Viva Hades (2011)
Gothic Rock-Metal
Myspace
Non conocía eu a esta banda a pesar de levar xa máis de 10 anos no panorama gótico germano. O que ofrece Mono Inc. é un Gothic que alterna momentos de guitarras con distorsión con outros máis tranquilos, sempre moi influenciado por grupos coma The Cure e Depeche Mode. Hai tamén influencia do gótico electrónico alemán, ainda que se quede como testimonial, xa que a pesar de notarse certos arreglos -dependendo da canción máis ou menos- no sonido e baterías e utilizar algún sample moderno, a banda funciona máis ben coma o pode funcionar unha de Rock. A forza das cancións reside nos estribillos, altamente adictivos e certamente popeirillos -algún ata me recordou a Nightwish! XD- nos que a voz masculina non é que faiga figuras (tampouco o suele facer neste tipo de grupos) pero cumple acompañado de ocasionales coros femininos.
A mín resultáronme moi entretenidos, aparte de Tiamat e Inkubus Sukkubus, facía tempo que non oía un grupo deste estilo, e a verdade, fano tan ben ou mellor ca eses dous. 7/10
O single do disco, unha boa proba de estribillo adictivo (curioso que a batería faiga os coros):



Anaal Nathrakh - Passion (2011)
Black Metal-Grind
Myspace
Os tolos británicos de Anaal Nathrakh (víraos fará 3 anos en Portugal e deran un concerto apocalíptico e brutal :D) volven á carga coa continuación do seu aclamado In the Constellation of the Black Widow cun disco variado e que contén a súa dosis de black metal caótico e rápido con ese toque "grind" tan orixinal da banda, e a súa dosis de melodía que se acaba personificando nos cambios de rexistro do cantante V.I.T.R.I.O.L. Éste manéxase perfectamente entre os rasgados máis típicamente Black, a tolemia grind e algúns estribillos de voz limpia que poden recordar a un ICS Vortex menos teatral ou a G. Wolf no seu traballo pasado en Arcturus.
Passion é un señor disco cheo de violencia e melodía coma Anal Nathrakh saben facer, un exemplo do que a experimentación no metal extremo pode dar de sí. 8/10


Loudblast - Frozen Moments Between Life and Death (2011)
Thrash-Death Metal
Myspace
Loudblast é o típico grupo do que sempre oín falar pero do que nunca profundicei na súa música. De feito se oín algo deles, probablemente foi algo inconsciente XD Como sexa, son un grupo mítico francés de Thrash nacido nos ochenta, por ahí dícese que o primeiro en chegar a ser mínimamente recoñecido internacionalmente.
Parece ser que a banda se separara a finales dos 90, pero retomou o camiño en 2004 para sacar novo disco, e este Frozen Moments Between Life and Death é o segundo desde a reunión. O estilo deles é un Thrash tirando a americano a medio tempo con influencia Death e voz que cabalga tamén entre ambos estilos cantando coma o de Vader en máis agudo -foi o primeiro símil que me veu á cabeza-. As cancións flúen moi ben e son ricas en cambios e bos riffs e a producción acompaña. Un bon álbum que sona añejo pero ó mesmo tempo actual, digno de escoitar para calquer amante do Thrash. 7/10


Infuneral - Torn From The Abyss (2011)
Black Metal
Myspace
Torn From The Abyss é o segundo álbum desta banda sueca de Black. Grupo que colle influencia dos clásicos e do Black "old school". E ser old school implica por supuesto portada en blancko e neghro e logotipo case indescifrable (ainda que vín casos peores) ou en formato tipo Burzum (algo do estilo deixaron para o título do álbum na portada XD)
O álbum non deixa de ser un disco bastante do montón de Black Metal. Influenciado por grupos coma Darkthrone e Watain, Infuneral non aporta nada ó xénero, únicamente algún riff interesante pero que se acaba perdendo entre o disco e que probablemente non volvamos a recordar cando éste se acabe, e eso que os 28 minutos del non dán para moito... 5/10


The Fury I Hide - Innerkiller (2011)
Thrash Metal
Myspace
Desde logo estes últimos anos o Thrash Metal está vivindo unha segunda xuventude. Desde calquera parte do planeta aparecen bandas con máis ou menos fortuna retomando o que se fraguou a mediados e finales dos ochenta. Eu son, nun alto porcentaxe destes casos da opinión de que o que xa está feito, feito está, e non me tén demasiada gracia facer revivals de riffs e cancións que xa vivín e escoitei ata a saciedade na miña nenez-xuventude (eló). Moitas destas novas bandas coma o caso dos mexicanos The Fury I Hide dedícanse a reciclar riffs e bos momentos das bandas míticas de Thrash-Death, sen que por elo poidamos decir nin que sexan malos músicos nin que o faigan mal. É máis, a estas alturas bos instrumentistas salen de debaixo das pedras, pero bos compositores e innovadores xa é algo máis difícil. The Fury I Hide pódese considerar que fan unha homenaxe a aqueles grandes álbumes de hai 20 anos, cun pequeno toque de Thrash Moderno (ollo, a portada non é debuxada a multicolor, eso xa indica algo ;D), cun sonido mellorable, e con ideas xa oídas. Hai grupos a esgalla coma éste na actualidade, e mellores. 3/10


LinkReflection - Advertising Violence (2011)
Thrash Metal
Myspace
Nótase que éstes alemanes son fans dos primeiros anos de Blind Guardian e Iced Earth. Obviamente non chegan a ese nivel que discos coma Follow The Blind ou Night of The Stormrider posúen, pero os homes inténtano. Non é polo tanto unha sorpresa para mín descubrir que se formaron en 1992, ainda que o nome non me sonara de absolutamente nada.
Así que o que temos é Thrash técnico old school basado nas dúas bandas mencionadas, ainda que tamén nos poden vir á mente imaxes da escola alemana de Thrash liderada por Destruction, Sodom, Paradox, Tankard e Kreator, na que o cantante se empapou na súa juventú como é debido de Hansi Kurch ainda que de vez en cando se atreve con algún rasgado. Non é un mal disco, non lle viría mal oílo a Blind Guardian e Iced Earth a ver si lles entraban ganas de retomar algo do glorioso pasado (que para mín está bastante mellor que o que están a facer desde a última década). 6/10


Benevolence - God (2011)
Symphonic Operatic Metal
Myspace
Logo de catro demos, os suecos Benevolence publican o seu primeiro traballo, chamado God, Linkfacendo unha especie de Symphonic Metal con vocalista operística. O primeiro que chama a atención deste disco son as cancións e a orde delas. Así temos como primeira aproximación ó seu traballo "Lovely Death", un tema boombástico con boa utilización de elementos orquestales sampleados e varios coros femininos nunha onda moi Therion-Epica ainda que salvando as distancias. Logo pasamos a dúas covers seguidas de Maiden, "The Number of the Beast" en versión de 2 minutos, e unha bizarra "Hallowed Be Thy Name" que non dudan en levar por numerosos cambios sinfónicos e breaks. Máis tarde, acabando o disco atopámonos cunha versión de "Flag the Hate" de Kreator, tamén bastante curiosa e chea de paróns orquestales épicos. É un disco moi curioso, pero a mín non me acaba de convencer. A utilización da parte orquestal está coidada, e sona bastante ben, pero tal vez asoballe demasiado ó resto dos instrumentos xunto coa voz e os coros. Ademáis tantos paróns para aproveitar cambios de ritmo e a cada dous por tres volver a meter a guitarra acabaronme saturando un pouco. Creo que este grupo ten potencial, pero tanto a súa forma de compoñer coma unhas líneas vocales sempre moi altas para a cantante non me gustaron. 3/10


Deathraiser - Violent Aggression (2011)
Thrash Metal
Myspace
A verdade é que sufrín un déjà vu mentres que oía o primeiro disco dos brasileiros Deathraiser. Se xuntamos todos os discos de Kreator ata o Coma of Souls e sacamos un batiburillo de riffs e cancións, algo moi parecido a Violent Aggression podería saír (incluso o nome do disco e das cancións teñen ese aire "Kreator" XD). Realmente pouco máis hai que añadir, Deathraiser son uns auténticos fans da primeira época de Kreator que se dispuxeron a pasalo ben sacando o seu propio tributo á banda xermana, e onde se coidaron de que todo sonara "old school", con riffs agresivos, voz similar á de Petrozza e despliegue técnico en solos e riffin'. Para amantes do Thrash old school ochentero na onda dos mencionados, Slayer, Destruction... poderá estar curioso. Para mín, personalmente, creo que xa hai un Extreme Aggression, Terrible Certainty e un Pleasure To Kill feitos, así que non me dín nada novo, ainda que obviamente non é o que eles pretenden. 6/10


Fullforce - One (2011)
Heavy-Power Metal
Web
É raro que os "supergrupos" saian ben, alomenos eu coñezo poucos casos, e Fullforce non é un deles. Os suecos están formados polo cantante de Cloudscape e membros de Dream Evil, Hammerfall e Ynwie Malmsteen, así que era previsible que o que resultara desta unión tirara por uns derroteiros de Heavy Melódico con ocasionales teclados "modernetes" que se manteñen nun segundo plano. É certo o que lín por ahí de que Fullforce ten un parecido máis que palpable ó proxecto de Allen/Lande, incluso o ten en que combina nun mesmo disco cousas interesantes con cousas do máis mediocre e pouco inspirado. A pesar de que hai algunha outra canción coma "Heart And Soul" ou "Oblivion" que están bastante ben, un quédase cunha sensación dun disco feito con desgana con cancións que non levan a ningún lado coma "Wall of Secrets" ou "Father Spirit". Olvidable. 4/10


Elzevir - Rise From Knees (2011)
Viking Melodeath-Power Metal
Myspace
Se hai un montón de grupos que falan sobre o Señor dos Anillos e Tolkien, porqué non un que fale sobre Harry Potter? Eso é o que deberon pensar os rusos Elzevir, a pesar de que polo que puiden ver das súas letras neste primeiro álbum son bastante xenéricas, pero parece que a súa demo do 2009 ten o revelador nome de Hogwarts XD
O estilo de Elzevir (que me tiña unha mala pinta enorme cando lín o nome, prexuízos de grupos hispanos ou italianos facendo power medievo, supoño XD) é un power-melodeath moi melódico e con certos tintes folkies que poden recordar a Ensiferum, no que a voz rasgada manda e ocasionalmente aparecen coros e voz limpia. A melodía é protagonista indiscutible da maior parte das cancións e moitas veces está compartida entre teclados e punteos, cousa nada nova, pero que funciona gracias ó nivel adictivo que manteñen moitas.
O caso é que é un disco bastante decente para ser un debut, con bon sonido e partes moi pegadizas, esperemos que Harry Potter lles dé para máis material XD 8/10
PD: por favor sacádeme a melodía de "Rain of that Day" da cabeza!