Esta noticia chamoume bastante a atención, parece ser que os suecos decidiron prescindir de discográficas, xa que decían que non conseguían diñeiro nin para costearse a súa propia música, e puxeron a disposición dos fans un fondo de donación co obxectivo de conseguir entre 4000 e 5000 $ para facer un teórico próximo álbum, que parece, sería enviado ós donantes en formato dixital e alta calidade -sen edición física-.
As donacións, das que foron informando periódicamente, e das que advertiron que se non chegaran se iban a devolver, finalmente alcanzaron os 5000 $ e parece que finalmente haberá nova música de The Project Hate MCMXCIX en 2012.
Toda a info está aquí:
http://www.theprojecthate.net/news/pay-attention-haters-now-is-the-time
É un método curioso, ¿seguirán máis bandas estes pasos no futuro, pasando de compañías e dirixíndose directamente a fans sen intermediarios e quitando do medio formatos físicos?