Atmospheric Black Metal
Myspace
Outra das sorpresas do ano para mín vén desde Eslovenia da mán de Dekadent. A pesar de ter editados un par de discos (que pronto buscarei para ver si o deste Venera Trial xa vén de antes), non tiña idea da súa existencia, así que por favor, grandes compañías de Metal europeas, botádeme un ollo a éstes e dádelles promoción porque aquí hai chicha!
Con Venera Trial & Tribulation pasoume algo que rara vez ocorre: é un deses álbumes que desde que empeza a sonar incluso a intro, paras todo o que estás facendo e pós todos os sentidos nas orellas. E a medida que entra o brillante, incrible punteo de Thralldom Decree, empezas a sentir que esto é algo grande e que este grupo non é igual que os 3 ou 4 que sonaron antes (sí, últimamente paso máis tempo na casa e engullo música coma un becerro, como podedes ver polo ritmo de microreviews), nin sequera é igual que os 5 de ontes nin os 50 deste mes...
Indo co tema musical: Dekadent fan Black Metal... sí... e no... o xénero de Dekadent está máis aló das etiquetas. Poido comenzar decindo que a música é eminentemente emocional e intensa, con moita melodía sobre todo guiada polos punteos de guitarra. Estas melodías son principalmente melancólicas, ainda que moitas veces sálense desa línea para ofrecer diferentes sensacións, por veces máis Post-Rock, por veces máis épicas, por veces máis "bonitas", por veces máis "depressive", por veces máis... Pop? (ata hai unha que me sonou a un videoxogo de Game Boy!). O mellor é oílas por un mesmo, o que está claro é que son orixinales, e nunca oín melodías coma as que hai en Thralldom Decree ou Sunday's Lament nun grupo de Black... nin parecidas!
Polo demáis, temos un gran acompañamento de Black sinfónico sen ser Black sinfónico exactamente, ó menos como en principio pensaríamos; olvidádevos de Cradle of Filths, Dimmus, ou Limbonic Arts, é sinfonía decadente, romántica e melancólica, cunha gran atmósfera, feita con sensibilidade e caña a partes iguales.
...inesperado e orixinal Black melódico, alguén dá máis? 9/10
Progressive Melodeath
Myspace
Non se lles pode negar a perseverancia a este grupo alemán de máis de vinte anos de historia, e que fallidamente intentaron facerse un oco entre a movida progresiva extrema europea. Este é o seu cuarto álbum, e o estilo, en principio é un apetecible Death melódico non demasiado cañero, de cancións extensas que se moven en diferentes direccións, podendo tocar un riff escola de Schuldiner, algo de Heavy Metal Progresivo, ou extractos acústicos; un baixo xoguetón cando quere; algún teclado -incluso partes de Hammond!- interesante; unha voz que máis ou menos cumple cos growls e se anima en contadas ocasións con partes limpias (para nada protagonistas na onda dos Melodeathcore máis modernos)... en principio éste álbum de Dementia teno todo para ser un gran disco, tamén bos músicos, ainda que a día de hoxe o contrario sería a novidade, boas e amplias miras, bon sonido...
... pero... hai un gran pero... que é que os riffs, e os duradeiros temas non acaban de resultar interesantes. Hai cousas por aquí e por aló que están ben, pero que no cómputo global non acaban de empastar nin tampouco sonan excesivamente orixinales, facendo que cando acabemos Beyond The Pale nos sintamos un tanto contrariados.
Ahí entendín porqué logo de tanto tempo este grupo non chegou a ser nin mínimamente coñecido a nivel europeo, fáltalles brillo na creación para o meu gusto.
Todo ben, pero... 3/10
Vanir - Særimners Kød (2011)
Folk-Viking Metal
Myspace
Desde Dinamarca, Særimners Kød é disco debut de Vanir, grupo de Folk Metal de temática vikinga-cervecera. Non é difícil ver que Vanir colle básicamente de Finntroll, Korpiklaani e Alestorm, ainda que un peldaño por debaixo deles. Digo ésto xa non sólo pola producción, senón polas cancións, algunhas mellores e outras peores, pero que non dicen demasiado novo en canto ó Folk Metal salido nos últimos anos. As melodías folk, que lideran a música ante unha base presencial de baixo-batería-guitarra, nin sequera se notan excesivamente arregladas (tal vez para dar unha sensación máis "festiva"? non sei, pero pareceume un pouco chapucero todo). Como decía, as melodías de intrumentos folk (gaitas, flautas e teclados a modo de acordeón básicamente) son o fío a seguir indiscutible de todos os temas, cousa que pode cansar por saturación.
Sólo dúas cousas máis:
1. "Suttungs Mjod" ten unha melodía plaxiada a Saurom Lamderth.
2. Sei que a maior parte do disco trata sobre festa vikinga e bebercio, pero realmente era necesario tajar ó gaiteiro en "Niddings Dom"???
Loilolololoooololo hei! heihei! Subproducto a evitar da moda de grupos folk-viking. 2/10
Ivory Tower - IV (2011)
Prog-Power Metal
Myspace
Facía moito que non oía desta banda germana, de feito, pensaba que xa estarían desfeitos logo da moda pasaxeira de Power europeo de finales dos 90. Sen embargo, hoxe atopeime con este IV, que parece ser que é o quinto disco da banda (?) ou eso pon na Metallum, e o reencontro non puido ser peor. Bueno, xa non sei se a relación era boa antes, porque vagamente me acordo do nome e de pouco máis XD
Neste novo traballo, notase un intento de facer Heavy-Power dunha maneira seria e "moderna", pero que falla estrepitosamente en composición e gancho. Ivory Tower conxuntan medios tempos que non transmiten nada ainda que se propoñan facer algo "emotivo" coma en "Loss", con cancións que non se sabe bén a onde tiran, se a Metal Alternativo, coma a pésima "What if", a Metal Moderno con moito palmmuting, coma a sorprendente e Fearfactoriana "Expelled from Heaven", ou a Prog-Power nunha onda dos últimos Helloween. Dá igual, manexaron tan rematadamente mal e con tan pouca imaxinación todos os paos que conseguiron un dos peores discos de Metal que levo oído este ano. Se a eso sumamos un sonido totalmente irregular... buff...
Qué pretendían facer??? O que queiran que sexa... é unha cagada. 1/10
Dammerung - Dark Poetry (2011)
Melodic Black Metal
Myspace
Estes ucranianos escapan ó que moitas veces os fans do Black Metal asociamos a países eslavos en canto a éste xénero: o NSBM. Dammerung fan un Black Melódico de boa factura e fácil asimilación (desde logo, despois de oír a Unexpect, este disco pasoume livianamente, cunha facilidade pasmosa). A atmósfera creada polos teclados danlle a Dark Poetry un aire sinfónico e melancólico, ainda que esteñan nun plano totalmente secundario, e os emotivos riffs e acordes, moi nun estilo que a mín particularmente me gusta, fixo que éste álbum se me fixera incluso corto (e non o é, supera os 45 min.).
Pode que na parte menos boa, eu diría que se lle podería sacar un pouco máis de jugo á producción, e que hai momentos nos que os temas están bordando a brillantez, pero que nunca chegan a dar ese golpe. Ainda así, é un bon álbum para amantes do Black romanticón, melódico e pegadizo.
Bon Black desde Ukrania. 8/10
Folge Dem Wind - Inhale The Sacred Poison (2011)
Atmospheric/Prog Black Metal
Myspace
A través da italiana Code666 Records, especializada en grupos de Black Metal e Metal extremo experimental, os franceses Folge Dem Wind sacan o seu segundo LP, un disco que encaixa bastante ben na especialidade de Code666, xa que practican un Black de tintes ocultistas e progresivos, no que prima unha atmósfera insana e intranquila. Folge Dem Wind experimentan sen tapuxos, incorporando elementos de música ambiental-jazzy e rock psicodélico cun aire perturbador moi efectivo, xogando con melodías pouco convencionales, e movéndose principalmente en medios tempos, con rasgados que por veces se converten en alaridos, e con ecléctico gusto (ollo a ese final de saxo "Behind the Grey Veil") á hora de compoñer. En canto a sonido considero que está convenientemente traballado para o seu estilo, mezclando crudeza con refinamento segundo o momento o precise.
Para amantes do Black Metal experimental, éste pode ser un álbum a ter en conta.
Inhale the insane. 7/10
Valknacht - Chants de Guerre (2011)
Pagan Black Metal
Myspace
Segundo álbum dos canadienses Valknacht, que neste segundo LP intentan achegarse aos grandes europeos do Pagan-Black na onda de Windir, Falkenbach ou, sobre todo baixo o meu punto de vista, Moonsorrow. En Chants de Guerre Valknacht aúnan unha parte sinfónica-folk de teclados-coros e flauta maioritariamente, cunha base de Black Metal na que as guitarras-baixo teñen un protagonismo secundario, e a batería cumple ainda que sin arriscar coma o podería facer o de Moonsorrow, deixándose levar con medios tempos e doble pedal na maioría do tempo.
Moita atmósfera épica, growls-rasgados típicos que algunha vez se acompañan de berridos vikingos, e cancións largas dunha media superior ós 7 minutos.
Quizáis a parte negativa sexa que todo está feito dunha maneira un pouco lineal, na que os canadienses se limitaron a seguir a fórmula Pagan-Black sen arriscar e facendo que sexa difícil elexir unha ou outra canción, sólo extractos. De todos xeitos a mín non me disgustou, esperemos que para o seguinte experimenten un pouco máis.
Epic Pagan desde Canadá. 6/10
Eufobia - Cup of Mud (2011)
Death Metal
Myspace
Segundo álbum destes desconocidos búlgaros, que en media hora intentan demostrar que saben facer Death Metal, pero que se quedan no camiño. Logo dunha intro do máis aburridiña e que non daba pistas para saber qué pao iban tocar, Eufobia saltan cunha especie de Death con algún toque progresivo, cons growls bastante frouxos, e cunha mezcla na que o bombo e o baixo están un pelín esaxerados en canto a volumen. As cancións vanse sucedendo sen pena nin gloria, sen chamar a atención en ningún momento ata que pasa a media hora de duración de Cup of Mud e chegamos á "outro", outra canción coma a intro, moi calmada e chea de guitarras acústicas, que realmente non está nada mal, pero que non pinta nada no conxunto, e que parece posta xunto coa primeira co propósito de rellenar tempo (sen esas dúas cancións, Cup of Mud non pasa moito máis dos 25 minutos).
Polo demáis, Death do montón que non sorprenderá a ninguén a día de hoxe.
Oídos e olvidados. 3/10
Unexpect - Fables of the Sleepless Empire (2011)
Avantgarde Progressive Metal
Myspace
Ultra-recargado. Eso é o primeiro que pensei ó poñer a primeira canción deste novo disco dos progresivos canadienses, e eso foi o último que pensei ó acabar o álbum. Por 4 ou 5 veces xa.
Así que sí, todo segue na mesma onda do anterior In A Flesh Aquarium que lles consigueu certa fama no mundillo metálico máis avanguardista. Cancións imprevisibles de estructuras multibizarras, cheas de mil cambios de ritmo que nunca sabes por onde salirán, con moitos instrumentos ó mesmo tempo facendo tamén mil cousas ó mesmo tempo, con diferentes influencias que van desde o Prog-Metal, ó Gótico, a clásico, a algo de Metal Extremo, jazz, psicodelia, e centos de cousas máis que, como me pasou no anterior, fun incapaz de dixerir. De verdade me sentín coma un pobriño desghrasiao por non saber entender a música de Unexpect, xa que ésta é obvio que rebosa riqueza musical feita por músicos de conservatorio.
Pero non a pillo, é un caos que sólo eles entenden.
E gustaríame decir o contrario, porque suelo gustar de grupos progresivos, avangardistas, e en xeral que digan algo novo, cousa que presinto pasa con Unexpect. Pero cansoume tanto estar 1 hora de non saber por onde me iban chover.. xa digo que 4 ou 5 veces en diferentes días -hainos que un está máis espeso do normal por algunha razón-, que acabei por pensar que non é música para mín, ou que no seu defecto -e por defenderme en algún sentido-, Unexpect non saben facer cancións. Xa sabemos que non serán temas para todos os públicos facendo esta mezcla tan brutal, pero sólo cun pouco máis de orden, sólo un pouco máis, Fables of the Sleepless Empire poderíame resultar audible.
Quédome co EP cos que os descubrín, We Invaders, de todo o que sacaron, pero logo de dous discos despois del, empezo a pensar que me gustou porque 26 minutos eran máis asimilables.
Puzle multidimensional. O carallo. 3/10
Brainstorm - On the Spur of the Moment (2011)
Heavy Metal
Myspace
Qué vos pasou, Brainstorm? antes érades guays... e desde o Liquid Monster -que considero último disco decente da banda- non facedes máis que sacar CDs mediocrísimos coma Downburst ou Memorial Roots... e agora ésto... non sei, pero supoño que 3 discos nesta línea son suficientes como para considerarvos coma "grupo abandonado á súa sorte".
On The Spur of the Moment é xa o noveno álbum desta banda que pouco a pouco iba facéndose un oco no panorama de Power Metal europeo pero que nos últimos 5 anos experimentou unha baixada moi considerable na calidade dos seus traballos. Dáme moita pena, porque considerábaos sempre coma unha banda interesante, con creatividade á hora de facer riffs e estribillos, e cunha gran voz, pero neste último intento dos germanos sólo me poido quedar con eso último. E xa case nin eso, porque os dez temas de On the Spur of the Moment son como unha versión mala dos propios Brainstorm, cun traballo instrumentístico demasiado parecido a anteriores traballos pero sen ningún tipo de chispa, como pasaba nos 2 anteriores, idem para as melodías vocales, que aportan uns dos estribillos máis grises da historia da banda -véxase Dark Life, Temple of Stone, Where Your Actions Lead You To Live-. O único salvable é a producción, pero eu non son dos que consumen música polo ben que sona e polo lugar onde está grabado (xa vín a máis de un nesta rexión para o cal o sonido e as pelas invertidas nel era algo esencial...).
Plano, sin emotividade. No umbral da morte compositiva. 2/10