Lyriel - Leverage (2012)
Symphonic Folk Power Metal
A
pesar do bo feeling que me transmiten Lyriel, sendo serios, son moi
pouco condescendiente con bandas que plaxian o estilo de facer música
doutras dunha forma descarada. E eso é o que ocorre con Leverage, un
disco que probablemente nunca existiría se Nightwish non tomaran o rumbo
que tomaron a partir de Dark Passion Play. Sí, oístes ben, os últimos
Nightwish, non os primeiros, como solía ser habitual ata o dagora, o cal
me deixou coma un pampo mentres oía a Lyriel pensando: "peroperopero...
esto é unha cover de Nightwish con Anette??"
En
canto á música, creo que pouca falta fai decir de qué van: Power Metal
sinfónico, con moito aderezo folky-celta aportado por cello e violín,
guitarras que sirven de únicamente de background pesado, e melodías
vocales que moitas veces tenden ó folk de carácter poppy e alegre, tal e
como Nightwish o enfoca en temas coma "I Want my Tears Back" ou "Last
Ride of the Day". De feito, Leverage a canción por exemplo, ten un estribillo que me
sona moitísimo a algunha dos últimos de Holopainen.
Pero
por outra banda, non poido decir que o que fan o faigan mal, incluso
teñen temas que non se parecen tanto a Nightwish e están relativamente ben... pero...
50%cara-50% espalda. 5/10
Amon - Liar In Wait (2012)
Death Metal
Tema: Among Us
Inicialmente éste era
o proxecto de Glen Benton co dúo de irmáns Hoffman que despois pasaría a ser
chamado Deicide. Agora os Amon rexurden con eles dous á cabeza logo de que o señor Benton os botara
do seu grupo. Os Hoffman así tomanse a súa particular revancha contra él,
non solo recollendo o que fora un día o seu proxecto conxunto, senón que
sacando un disco de puro Death Metal, con máis brutalidade, máis
técnica e máis garra que os últimos de Deicide. Certo é que a estas
alturas un disco de Death clásico con moito aire ós Deicide noventeros
non resultará novedoso, pero os irmáns sacaron de sí mesmos toda a agresividade para
decir "aqui estamos", pode que tanto a Glen coma á escena extrema, con
temas ben feitos, riffs complicados e interpretacións sobresalientes nuns cortos pero suficientemente intensos 36 minutos. A
a producción é bastante boa en canto a guitarras, pesadas e brutales,
pero non tanto para un prácticamente inexistente baixo e unha batería
que podería estar algo máis alta e definida. Penso que ahí se nota
quénes son os jefes XD
É
un disco que corta a respiración, tal e como o facían os primeiros de
Deicide, pero que no lado negativo da balanza, hei de dicir que non
aporta nada novo a día de hoxe.
Puñetazo na mesa de Benton. 7/10
Open Grave - Fear (2012)
Black Metal
Tema: Mourn
Os
que conocedes o meu gusto, probablemente saibades que non son un gran
fan do Black que se xesta en terras estadounidenses. Igual é porque é un
país moi grande e eso tamén implica editar gran cantidade de morralla,
pero eu creo que vai máis aló deso; a súa forma de entender o Black
Metal está como desvirtuada, non sei cómo explicalo, pero é algo así
coma a súa forma de entender o Melodeath metalcorizado. É dicir, non me
gusta en moitas ocasións a súa forma de facer as cousas e captar
influencias para sí. Por eso cando vín que Open Grave era unha banda
estadounidense de Black, oína coas miñas reservas, pero finalmente non
me causou mala impresión.
O
Black Metal creado en Fear, a súa ópera prima, é suficientemente
heteroxéneo, traballado, malvado, e incluso delicado como para darlle
unha oportunidade. Albergando partes máis heavies, sinfónicas, ou
incluso doomies, Fear está dividido en 10 temas de duración corta,
xeralmente de Black Metal a medio/baixo tempo con xiros interesantes nos
que se entremezclan elementos dos xéneros citados e breaks
instrumentales de piano que me recordaron irremediablemente a aqueles de
Dissection do tipo de "No Dreams Breed in Breathless Sleep". Ainda que o
máis interesante é cando o piano se mezcla con esas atmósferas
opresivas e os rasgados (para un servidor).
Grupo a seguir. 7/10
Black Metal
Oficial
Tema: Thingvellir
O
proxecto unipersonal provinte de Noruega chamado Blodhemn é desde logo
unha das propostas máis interesantes que me atopei neste 2012 en canto a
Black Metal. O estilo non é algo novo, e as influencias provintes da
súa terra natal son claras, pero Invisus, que así se chama a mente
detrás da banda, consegue facer un álbum dinámico, con mala leche e con
suficientes bos riffs que tanto poden beber de correntes máis Rock/Punk
Black do estilo de Darkthrone coma máis Black-Death sueco de Watain ou
Dissection, sempre dentro do marco escandinavo cuios pais directos do
sonido de Blodhemn son sen duda Gorgoroth, Taake e Immortal.
A
cuestión é que o señor Invisus consigueu compoñer un álbum que realmente
sona a dispares bandas, pero con riffs diferentes e diferenciables,
sen propoñerse ser unha banda máis que simplemente modifica un riff e o
une con aqueloutro que é dun grupo distinto.
O único punto
negativo que lle poido atopar é a escasa duración de Holmengraa, xa que
se lle quitamos a cover de Dissection de "Black Horizons", a cousa
quédase en pouco máis de media hora.
Un dos descubrimentos de
2012, sendo ademáis disco debut. Menos mal, porque este ano estoume
atopando con bastantes poucas cousas... 8/10
Primal Fear - Unbreakable (2012)
Heavy Metal
Tema: Bad Guys Wear Black
Este
foi un dos primeiros álbumes salidos en 2012, pero realmente non lle
tiña moita gana e por eso pasei de poñermo ata fai pouco XD O único puntillo de curiosidade que me podería ter sería se os
alemanes se inclinarían pola vía de discos coma Seven Seals e New
Religion ou seguirían o camiño de Heavy tradicional sen concesión basado
nos Judas de sempre. Que por certo, acábome de enterar que me perdín un
no medio, xusto o predecesor deste, un tal 16.6 (Before The Devil Knows
You Are Dead).
Bueno,
o resultado é que hai algún xiro máis melódico e detalle rockero coma o
daqueles 2 álbumes, pero Unbreakable segue sendo un disco clásico de
Primal Fear, cheo de riffs potentes entre os que de vez en cando asoman
partes máis calmadas e punteos que derivan en cambios de ritmo eficaces
(ollo a "Where Angels Die"), e un sempre fenomenal Halfordcheepers que
desborda nos épicos estribillos marca da casa.
O
malo é que hai temas que parecen repeticións de sí mesmos e por tanto
predecibles (ou no caso de "Marching Again", repetición predecible de Gamma Ray!),
pero supoño que neso se basa un pouco o mundo de Primal Fear coas
salvedades dos últimos anos. De todos xeitos, os fans seguro han de
estar contentos. 6/10