viernes, septiembre 28, 2012

Microreviews Septiembre'12 - III

Lyriel - Leverage (2012)
Symphonic Folk Power Metal
A pesar do bo feeling que me transmiten Lyriel, sendo serios, son moi pouco condescendiente con bandas que plaxian o estilo de facer música doutras dunha forma descarada. E eso é o que ocorre con Leverage, un disco que probablemente nunca existiría se Nightwish non tomaran o rumbo que tomaron a partir de Dark Passion Play. Sí, oístes ben, os últimos Nightwish, non os primeiros, como solía ser habitual ata o dagora, o cal me deixou coma un pampo mentres oía a Lyriel pensando: "peroperopero... esto é unha cover de Nightwish con Anette??"
En canto á música, creo que pouca falta fai decir de qué van: Power Metal sinfónico, con moito aderezo folky-celta aportado por cello e violín, guitarras que sirven de únicamente de background pesado, e melodías vocales que moitas veces tenden ó folk de carácter poppy e alegre, tal e como Nightwish o enfoca en temas coma "I Want my Tears Back" ou "Last Ride of the Day". De feito, Leverage a canción por exemplo, ten un estribillo que me sona moitísimo a algunha dos últimos de Holopainen.
Pero por outra banda, non poido decir que o que fan o faigan mal, incluso teñen temas que non se parecen tanto a Nightwish e están relativamente ben... pero...
50%cara-50% espalda. 5/10



Amon - Liar In Wait (2012)
Death Metal
Tema: Among Us
Inicialmente éste era o proxecto de Glen Benton co dúo de irmáns Hoffman que despois pasaría a ser chamado Deicide. Agora os Amon rexurden con eles dous á cabeza logo de que o señor Benton os botara do seu grupo. Os Hoffman así tomanse a súa particular revancha contra él, non solo recollendo o que fora un día o seu proxecto conxunto, senón que sacando un disco de puro Death Metal, con máis brutalidade, máis técnica e máis garra que os últimos de Deicide. Certo é que a estas alturas un disco de Death clásico con moito aire ós Deicide noventeros non resultará novedoso, pero os irmáns sacaron de sí mesmos toda a agresividade para decir "aqui estamos", pode que tanto a Glen coma á escena extrema, con temas ben feitos, riffs complicados e interpretacións sobresalientes nuns cortos pero suficientemente intensos 36 minutos. A a producción é bastante boa en canto a guitarras, pesadas e brutales, pero non tanto para un prácticamente inexistente baixo e unha batería que podería estar algo máis alta e definida. Penso que ahí se nota quénes son os jefes XD
É un disco que corta a respiración, tal e como o facían os primeiros de Deicide, pero que no lado negativo da balanza, hei de dicir que non aporta nada novo a día de hoxe.
Puñetazo na mesa de Benton. 7/10

 
Open Grave - Fear (2012)
Black Metal
Tema: Mourn
Os que conocedes o meu gusto, probablemente saibades que non son un gran fan do Black que se xesta en terras estadounidenses. Igual é porque é un país moi grande e eso tamén implica editar gran cantidade de morralla, pero eu creo que vai máis aló deso; a súa forma de entender o Black Metal está como desvirtuada, non sei cómo explicalo, pero é algo así coma a súa forma de entender o Melodeath metalcorizado. É dicir, non me gusta en moitas ocasións a súa forma de facer as cousas e captar influencias para sí. Por eso cando vín que Open Grave era unha banda estadounidense de Black, oína coas miñas reservas, pero finalmente non me causou mala impresión. 
O Black Metal creado en Fear, a súa ópera prima, é suficientemente heteroxéneo, traballado, malvado, e incluso delicado como para darlle unha oportunidade. Albergando partes máis heavies, sinfónicas, ou incluso doomies, Fear está dividido en 10 temas de duración corta, xeralmente de Black Metal a medio/baixo tempo con xiros interesantes nos que se entremezclan elementos dos xéneros citados e breaks instrumentales de piano que me recordaron irremediablemente a aqueles de Dissection do tipo de "No Dreams Breed in Breathless Sleep". Ainda que o máis interesante é cando o piano se mezcla con esas atmósferas opresivas e os rasgados (para un servidor).  
Grupo a seguir. 7/10

Blodhemn - Holmengraa (2012)
Black Metal
Oficial
Tema: Thingvellir
O proxecto unipersonal provinte de Noruega chamado Blodhemn é desde logo unha das propostas máis interesantes que me atopei neste 2012 en canto a Black Metal. O estilo non é algo novo, e as influencias provintes da súa terra natal son claras, pero Invisus, que así se chama a mente detrás da banda, consegue facer un álbum dinámico, con mala leche e con suficientes bos riffs que tanto poden beber de correntes máis Rock/Punk Black do estilo de Darkthrone coma máis Black-Death sueco de Watain ou Dissection, sempre dentro do marco escandinavo cuios pais directos do sonido de Blodhemn son sen duda Gorgoroth, Taake e Immortal.
A cuestión é que o señor Invisus consigueu compoñer un álbum que realmente sona a dispares bandas, pero con riffs diferentes e diferenciables, sen propoñerse ser unha banda máis que simplemente modifica un riff e o une con aqueloutro que é dun grupo distinto.
O único punto negativo que lle poido atopar é a escasa duración de Holmengraa, xa que se lle quitamos a cover de Dissection de "Black Horizons", a cousa quédase en pouco máis de media hora.
Un dos descubrimentos de 2012, sendo ademáis disco debut. Menos mal, porque este ano estoume atopando con bastantes poucas cousas... 8/10

Primal Fear - Unbreakable (2012)
Heavy Metal
Este foi un dos primeiros álbumes salidos en 2012, pero realmente non lle tiña moita gana e por eso pasei de poñermo ata fai pouco XD O único puntillo de curiosidade que me podería ter sería se os alemanes se inclinarían pola vía de discos coma Seven Seals e New Religion ou seguirían o camiño de Heavy tradicional sen concesión basado nos Judas de sempre. Que por certo, acábome de enterar que me perdín un no medio, xusto o predecesor deste, un tal 16.6 (Before The Devil Knows You Are Dead).
Bueno, o resultado é que hai algún xiro máis melódico e detalle rockero coma o daqueles 2 álbumes, pero Unbreakable segue sendo un disco clásico de Primal Fear, cheo de riffs potentes entre os que de vez en cando asoman partes máis calmadas e punteos que derivan en cambios de ritmo eficaces (ollo a "Where Angels Die"), e un sempre fenomenal Halfordcheepers que desborda nos épicos estribillos marca da casa. 
O malo é que hai temas que parecen repeticións de sí mesmos e por tanto predecibles (ou no caso de "Marching Again", repetición predecible de Gamma Ray!), pero supoño que neso se basa un pouco o mundo de Primal Fear coas salvedades dos últimos anos. De todos xeitos, os fans seguro han de estar contentos. 6/10

1 comentario:

RMS dijo...

Huuuummm, a ver se encontramos algo desas duas bandas de black....