sábado, septiembre 29, 2012

Os Grandes Grandes Grandes videos metaleros: Fortis Natura - Ethereal

Volvo a coller esta sección para falar neste caso dunha banda procedente de Chequia que pretende ser algo así coma Black Metal cantado con voz limpia, liderado por unha señorita que se encarga de todo: guitarra, voz, pose, márketing, portada, pechuga... e... todo o que se preste para a ocasión!

Cando vín por primeira vez a grabación, nun principio pensei que se trataba dalgo así coma unha parodia do Black Metal coma o fan os The Black Satans, pero a medida que transcurrían os segundos dinme de conta da seriedade do asunto... unha seriedade que me fixo recordar á dos mesmos Immortal cando grabaron aquel Call of the Wintermoon e pensaron "uf qué pedazo video malévolo nos quedou!" XD

Imos aló, non hai desperdicio. 
Nota: hei dar boa mostra do vocabulario culto e basto que a lengua española contén para describir con gallardía e finura unha das principales cousas que nos quere mostrar Fortis Natura: Tetas (ainda que a medias, igual hai por ahí un "uncensored")


O video empeza potente, coa líder absoluta de Fortis Natura dándose un baño en pelotas nun pantanal, pero eso sí, tendo ben conta das manolas, non se lle vaia ver un pezoncillo. Desde ese momento souben que este grupo iba valer a pena. Así temos o... 

Momento épico 1: modelismo no fangal
A cantante de Fortis Natura sabe que está buena, ainda que teña unhas ojeras que parece que, ou non durmira en 3 días ou que sexa unha pastillera. Para eso move o pelo coma se estivera posando para unha sesión fotográfica dun Playboy vido a menos, facendo guiños á camara, reviravoltas moi graciosas e quedándose estática en momentos clave (?). Eso sí, as domingas tenas a bon recaudo. 
En breves momentos conoceredes a voz da muller, toda unha soprano moderna que dá gala da súa garganta, acompañando perfectamente ó nivel do vídeo coa calidade da súa música. 
Seguro que cando ela dixo: "chicos, deixade o grupo nas miñas mans" ninguén se imaxinou esto... 
Momento épico 2: modelismo épico 
Pero facer todo o vídeo no pantano non é suficientemente grandioso, está claro, por eso os Fortis Natura decidiron que o photobook seguira noutros lugares e con outros aparellos que permitiran á jefa lucirse sen ter que estar sempre cubrindo as súas brevas. Para eso escollen unhas "ruinas" nas que aparece posando cunha espada e cun arco e flecha en posicións inverosímiles, facendo movimientos sesis e sin parar de mirar ó obxetivo:
Tamén sale nun bosque no que nos enseña de cerca a espada, que costou os seus cartos e de lonxe pode parecer de pega. Aparte ahí tamén nos deleita coa súa habilidade guitarrística, demostrada pola súa forma de posar e de tocar sen dificultade, apenas mirando a muñeca.
Óllo á seguinte imaxe, porque é un milisegundo, pero ahí alguén tirou unha pedra ó río!!
...a rapaza non canta moito allá, pero tampouco é para tanto..
Un ambiente lóbrego e blacker no que se vé a súa sombra, ainda que como non vale moi ben para o book, pois danlle pouco uso a esas tomas.

E un xardín no que posa a modo de "home, non vai ser todo black e garrulería, que temos o noso tono fantasioso e tal, salir en plan ninfa tamén mola". Entón ahí a rapaza anda revireteándose tirada polo chan con corona -ou máis ben pucho- de flores incluída.
Momento épico 3: o outro membro da banda existe. 
...ainda que con cara de circunstancias, probablemente pensando "vaia chafallada de video e de canción, menos mal que a jefa de vez en cando nos enseña algo de pechambre". 
Momento épico 4: Black Metal ist Krieg
Desde logo, ainda que ver á cantante-guitarra-showgirl-modelo de Fortis Natura nos mola a todo o sector masculino, o momento épico 4 foi o que máis me gustou, o máis auténtico. Un momento de escasos 3 segundos, pero que lle dá sentido a todo o video. Ese momento absolutamente "Black Metal Ist Krieeeg... aaaaaaaaarrrrgh" que me recordou a horrores a Immortal correndo hacia a cámara, pero neste caso é... UN CAN!!! ...por suposto negro e seguramente con moi moi malas pulgas... Epic Win.

E nada, ahí vos queda Fortis Natura, unha banda que sabe explotar as súas potencias, e qué potencias!
"Mucho busto, Fortis Natura" XD

2 comentarios:

RMS dijo...

So poido dicir unha cousa con tamaño video e mais esas explicacions o mesmo:


xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD

enlil dijo...

jajaj gracias! ainda que os méritos lévaos todos Fortis Natura XDDD