jueves, junio 21, 2012

Diario dun viking XVI: primeiro concerto "completo" de Mileth


Mañá viernes con puntualidade ás 23:00 e se a choiva dá unha tregua (mira que non chover nada no inverno e agora en xunio non para...) Mileth dará o seu primeiro concerto "completo". Con esto quero decir; completo en canto a número de xente xa que no anterior a mala nova do fallecemento do avó de Cristian a última hora fixo que tocaramos sen baixo; e completo en canto a encher prácticamente unha hora de musica, xa que o daquel Maratón foran 30 minutos que nos impuxeran como máximo.
Se queredes facer botellón podédelo facer no parque do lado (polo que vín cousa bastante común os días de castroconcertos), así hanse tamén de ver menos os nosos fallos XD
Roguemos que o técnico non sexa tan pasivo coma o daquela vez e que nos permita oírnos a nós mesmos, que xa estaremos suficientemente nerviosos XD
Por outro lado pode que en pouco tempo haxa unha pequena demo. Puliremos detalles nas próximas 2 semanas e eu creo que neste verán estará lista.

Máis novas dos outros proxectos; con Herexía, Miguel volveu do cárcere (sí, é aquel do que poidestes ver numerosas pintadas a favor da súa liberación durante o último ano) e tomou con ganas o asunto. De feito, él e mailo batería son os reales iniciadores da banda, así que eu máis ben síntome coma un mercenario ó que mandan sacar cousas dentro dos límites que eles marcan.
Penso que pouco a pouco fun pillando o xeito do que eles queren, e as composicións foron variando dun Black-Death hacia o Death. No último ensaio sacamos un tema enteiro en 2 horas con riffs que tiña por ahí perdidos e penso que pode quedar bastante ben, con certo toque Behemoth-Belphegor (eso sí, sen tanta técnica XD), que penso que é por onde eles queren que vaia o seu grupo realmente.

Con Enuma Elis, deixárao de lado con tanta cousa destes dous grupos, pero foi nunha das creacións de Elías para Mileth onde retomei inspiración. Resulta que cando ma enseñou, foime moi fácil empezar a meter cousas, moito máis que na súa primeira (que ainda está en proceso). Cando lla enseñei a Marcos logo de "meter mao" sobre todo na guitarra base e certos doblamentos, dixo que eso se parecía máis a Enuma Elis que a Mileth e que lle faltaba algo máis de folk, cousa coa que estaba de acordo desde un principio. Pero bueno, sorprendeume que comparase algo con Enuma Elis, para mín é un halago saber que EE ten un sonido reconocible e diferente fóra dos samples que utilizo XD porque podía ter dito calquera outro grupo "máis formal" jajaj
A cousa é que metín a melodía principal e un dos cambios de ritmo no Tracker (manéxoo moito mellor que o Guitar Pro-coñazo co que deixamos constancia de todas as cancións), coa intención de grabar guitarras reales eu mentres probaba máis melodías folkies feitas co Tracker... pero foi transcribir e as ideas propias volvíanseme amontonar na cabeza, así que deixei que fluíran e que salise o que fose. Axudado pola falta de internet, en prácticamente 3 días conseguín facer unha canción de máis de 7 minutos de puro Enuma Elis a partir dunha idea doutra persona. Foi curioso.
Cando teña o tema finalizado é probable que o postee por aquí, e coma sempre, a mezcla de estilos é vasta: dende Black, Melodeath, Industrial, Viking, Gothic, sinfónico, Heavy-Power... ata hai unha parte que me recordou despois de facela a Sisters of Mercy XD Viva a heteroxeneidade! XD