martes, septiembre 11, 2012

Microreviews Agosto'12 - I


White Skull - Under This Flag (2012)
Heavy Power Metal
Oficial
Os meus recordos desta banda italiana remóntanse á época dorada do Power. é decir, finales dos 90-principios dos 2000, cando White Skull sacara un par de discos que supuxeran un empuxe cara a ser recoñecidos afora do seu país. Éstes eran Tales From the North e, especialmente Public Glory, Secret Agony. Este último estivera meses e meses dentro do meu radiocasette XD Ata incluso me puxera a intentar sacar temas coa guitarra!
Durante un tempo deixei de saber deles, pero parece que seguiron a sacar discos, ainda que con diferentes cantantes, e semella que nunca máis tiveron tal repercusión. O certo é que tamén lles cadraría coa decadencia do Power europeo, pero é indudable que a voz da cantante que tiñan, unha tal Federica de Boni, era un plus para a banda. É o tipo de cantante feminina con personalidade e con ese toque rasgado que nunca busca facer as cousas bonitas nin revireteadas, senón que lle dá contundencia "metalera" á banda movéndose ben entre tonos altos e baixos ainda que normalmente esteña nos medios. Federica ben podería ser algo así coma a Doro Pesch ou Sabina Classen italiana.
Así que, acertadamente, White Skull volveu a reclutar a esta cantante para o seu novo CD, e ela non pareceu envellecer en canto ás súas habilidades, pero o malo é que a banda sí. Recordo ben aquel Public Glory, Secret Agony, e creo que se o volvo a poñer, volveríame a gustar; era o tipo de Power Metal que me gustaba, que tiraba de riffs cañeros e bos estribillos. Sen embargo, Under This Flag, quédase coma a medio camiño, sen forza, se o comparo con aqueles de finales dos 90, habendo sin duda cortes interesantes coma poden ser o que dá título ó disco, "War After War" ou "Redemption"... pero que se me quedan en pouco.
Igual o que me volvín vello para esta música fun eu? 6/10



Charon - Sulphur Seraph (The Archon Principle) (2012)
Black-Death Metal
Oficial
Tema: Flagellum Horribils (Trident Lash)
Nunha primeira impresión o disco dos germanos (que non finlandeses) Charon, non me dixo gran cousa. Pero na segunda, cunha audición máis minuciosa, poido decir que o "Blackened Death" Metal denso e ocultista do dúo, me transmiteu moito máis. Pouca información hai sobre esta banda que parece estar formada hai uns 15 anos e que logo dalgunha demo e EP se decideu a sacar o seu primeiro larga duración este ano.
Como dixen, o universo de Charon destila Black Metal, pero a influencia Death é palpable en guitarras gruesas e guturales que se combinan cos típicos rasgados e efectos de voces. Tanto o sonido como a composición destilan caos e destrucción, crudeza e nihilismo... eu diría que é realmente aconsellable meterse no mundo de Charon para todos os que gusten do Metal extremo, pero os "de verdade" XD.
Os riffs non son para nada facilóns, senón que teñen o seu punto de complicación, as baterías ofrecen variedade suficiente e as estructuras tampouco son as comunes, véxoas bastante traballadas e desde logo conseguen atraparte para darlles máis de unha e dúas escoitas.
Similitudes... faiseme difícil poñer exemplos, xa que me sonaron a moitos grupos pero á vez non poido decir ningún, xa que son pequenas cousas duns e doutros. Poido decir que me viñeron á cabeza bandas tan dispares coma Belphegor, Zyklon, Absu, Mayhem, Morbid Angel, Deathspell Omega,...
Variado, complexo, agresivo, ocultista... eficaz. 8/10


Angelus Apatrida - The Call (2012)
Thrash Metal
Oficial
Tema: You Are Next
Este é o cuarto álbum xa dos españoles, do que podería copiar-pegar a miña crítica do seu anterior Clockwork: Thrash Metal con moi boa producción, sobre todo a partir de que a Century Media lles metese man vendo que poderían ter certo potencial de ventas; algúns bos riffs metidos no medio de moitos outros xa oídos hai máis de 20 anos sobre todo en grupos de Thrash da Bay Area; e pouco máis.
Difícilmente se pode escoller un tema sobresaliente en The Call, tal cual pasaba en Clockwork ou Give 'Em War, e o CD vaise pasando dunha maneira máis ou menos amena -ainda que a mín personalmente se me fai demasiado "máis do mesmo" tema tras tema-. Eu diría que á maioría de Thrashers dirá bastante pouco novo, e co único que poderán disfrutar é co bon saber facer na labor técnica e sonora de The Call.
Sigo sin entender a absoluta fascinación que causa este grupo na sección española, cousa que o resto do mundo tampouco se explica moi ben polos comentarios que fun vendo nos últimos anos en páxinas internacionales, xa que é un grupo que toca ben, pero que é un refrito total da época entre o 85 e 90 de bandas coma Nuclear Assault ("You Are Next" é moi "Critical Mass"...), Megadeth, Testament, Overkill, Destruction, Death Angel...
A todos os que alaban a Angelus Apatrida dentro deste país, aconsellaríalles poñer os discos comprendidos neses 5 anos das bandas mencionadas e logo poñer algo de Angelus. A ver si despois os siguen vendo igual... se é así, entón dareime cun canto nos dentes.
Outro bon refrito máis de Thrash ochentero, sobrevalorado sólo en España. 6/10


Adimiron - K2 (2012)
Post-Thrash/Groove Metal
Oficial
Tema: Vertical Limit
Recordo perfectamente o debut en 2004 dos italianos Adimiron. Burning Souls era seguramente un dos mellores discos debut salidos no seu país nos últimos anos, facendo unha especie de Melodeath con toques progresivos moi enviciantes. Pero ah! quén sabe se por razóns comerciales ou qué, para o seguinte disco, que salira como 5 anos despois e témome que con numerosos cambios na formación, Adimiron cambiarían a un rollo máis alternativo e moderno. Un disco do que pouco recordo aquel When Reality Wakes Up, porque non me gustara nada e debino poñer coma 1 ou 2 veces.
Este ano sacan o seu terceiro, e a sensación é parecida; xa pouco queda daquel Burning Souls, de feito, postos un detrás de outro ben podería dar a impresión de ser bandas diferentes. Ante estes cambios tan brutales, non me explico cómo algunhas bandas non cambian o nome.
En K2, os italianos profundizan nese mundo máis alternativo, experimental, a medio tempo de Thrash Metal modernizado. As primeiras bandas que poden vir á cabeza ó oír ós novos Adimiron poden ser tanto Mastodon coma Machine Head ou Gojira, bandas das cales haberá un montón de clones agora mesmo (digo "haberá" porque non sigo moito ese estilo), e supoño que Adimiron non fan moito para diferenciarse delas. K2 é un CD ben executado, con sonido decente (ainda que hai vaivenes de batería e baixo que non me gustan nada -será cousa da copia que oín?-), pero que é tedioso, monótono e que non me dice gran cousa. Esto unido a que, como xa dixen, o estilo non é o meu predilecto, fixo que me fora un suplicio darlle un repaso ata o final.
É unha pena, hai 8 anos Adimiron prometían grandes cousas. 2/10


Eluveitie - Helvetios (2012)
Folk Melodeath
Oficial
Tema: Havoc
Levo un tempo oíndo o último de Eluveitie, porque de primeiras non me deixara moi boa impresión, pero había cousas que me gustaban, ainda que estivesen camufladas entre unha maraña de modernidade Melodeathcorizada que me estivo molestando desde hai anos con esta banda. Así que lle dín varias oportunidades a Helvetios, e ata hoxe.
A sensación logo de repousar o disco durante uns meses e retomalo é parecida a aquela primeiriza, hai cousas que me gustan, supoño que será o Spirito que reside nos primeiros traballos de Eluveitie. Pero, non me abonda para chegar a disfrutar ós suizos, alomenos de maneira completa.
Desde hai tempo, en época de Slania, que a día de hoxe considero tanto un bo disco coma o principio da súa decadencia (que coincide ademáis polo fichaje pola multinacional Nuclear Blast), case todo o que oín sobre Eluveitie foime baixando o mito. Esto é; saber que utilizaban melodías do folklore tradicional a mansalva sen poñelo nos créditos, e cambiando os títulos amañandoos ó seu antoxo (véxase o exemplo máis claro en Inis Mona e Tri Martolod, pero había máis...) sen darlle honor ós autores orixinales... O que pensei entonces foi: "a saber cánto nos estarán enganando estes tíos, e eu crendo que esas melodías eran composicións deles!". E posteriormente vendo cómo literalmente comezaban a plaxiar riffs de Dark Tranquillity, metalcorizándoos para "evolucionar" o seu estilo...
Eluveitie pasoume de prometer moito con Spirit e incluso Slania, a parecerme uns caraduras, cuios méritos creativos difieren considerablemente do que eu cría.
Indo con Helvetios, non sei se mellora ou non o anterior bluf chamado "Everything Remains As It Never Was", pero non poido darlle un aprobado por varias razóns. A primeira xa a levo expoñendo ó largo do meu escrito; o melodeath sueco metalcorizado e incluso nu-metalizado en algunha ocasión non me suele gustar. Se se lle quita a parte folk de Helvetios, queda un álbum dun pobrísimo clon moderno de Dark Tranquillity, no que apenas hai riffs, nada máis que palmmuteados típicos e simplóns e acordes profundos de 4 notas. Os rasgados -core do cantante parécenme cada vez máis insufribles e a duración do álbum, máis de 1 hora, véxoa excesiva. Na parte folk é onde me ganan, pero incluso acabo vendo as mesmas melodías e forma de estructuralas unha e outra vez.
Tal vez a diferencia que pode marcar un antes e un despois en Eluveitie con este CD é a maior inclusión de Anna Murphy na parte vocal, que por veces fai que Eluveitie se transforme nalgo parecido a Evanescence ou Lacuna Coil XD (véxase a horrible Alesia).
En definitiva, hai partes boas en Helvetios, pero non chegan para que un servidor poida decir que disfrutou do disco ou que teña ganas de oír o seguinte.

Parece que últimamente sacaron un recopilatorio cos "early years", igual lles facía ben oílo e recordar o que tocaban antes, que cando os vín no Vagos este ano non tocaron ni una do Spirit e sólo "Inis Mona" do Slania! basando o set case íntegramente neste Helvetios e facendo que o público se quedara bastante máis frio do que pensaban (todo o concerto estiven así por culpa dese setlist).
PD: copiamos a outros? non vos mola Blood Stain Child? quén vai saber que esa melodía de A Rose for Epona pode vir deles? 3/10