jueves, septiembre 23, 2010

Diario dun vi-king V: Os novos comenzos dos comenzos

Decidín chamar desta maneira a nova temporada musical que me compete por diversas razóns; por un lado por fín me puxen a compoñer a miña vuelta ós ruedos con Enuma Elis. Este vrao comecei totalmente de cero, é decir, pasei completamente dos riffs e melodías que tiña gardados para un futuro desde o 2005-2006. Por outro lado, o traballo con Mileth foi escaso, por non decir que prácticamente nulo nestes últimos meses. Unha pena o parón porque xa tiña a maquinaria engrasada para seguir por aló de Xulio, pero por unhas razóns ou por outras... Marcos e mais eu só nos xuntamos 1 vez, quizáis 2 para continuar o proxecto e novas cancións. Sí, ainda menos veces que cando vivíamos lonxe :( Agora supoño que o traballo está na miña parte para alomenos facer bases de batería e teclados para a 3ª canción, que baixo o meu punto de vista promete máis que as anteriores, e tamén para unha versión dun grupo galego, que pode saír moi ben ou moi mal XD
Por outro lado, non é definitivo e non nos xuntamos aínda, pero parece que conseguín atopar unha rapaza para suplantar a Ida. Nunca a oín cantar incluso, pero parece que ganas non lle faltan. Supoño que en canto consiga os permisos outra vez para tocar na sala de ensaio xa nos poñeremos todos ó día, que falta me fai a mín tamén. Supoño que será cousa de que necesito algo máis de presión para poñerme co de sacar baterías, ainda que me resulte a veces un pouco abstracto cando non sei moi ben cómo pode sonar ou por onde vai ir a canción exactamente.

Algo que me fixo certa gracia é que neste vrao, sen ter nada sacado oficialmente, só 2 cancións propias e unhas 4 versións e, o máis importante quizáis, sen batería nin teclados reales, propuxéronnos actuar en dous concertos! Un en Cabral, unha especie de festival de rock con algún tinte folk, e outro en Foz, nun pub novo chamado Leyton Underground. Fun alí por primeira vez este vrao e o escenario é mínimo, pero tivo gracia a cousa :D

Qué máis... ah pouco antes deste vrao tiven unha oferta que sólo un parvo rexeitaría; un dos mellores grupos de gothic metal a nivel galego (por non decir de España) propúxome unirme a eles logo de oír o material de Obscura Epica, pero hai moitas razóns polas que eu non podería formar parte deles :( a primeira que se me vén á cabeza é que eu non son tan bon guitarrista. Non poido facer o que eles fan, fixo que me equivocaría e volvería a equivocar, e sería unha presión enorme ahora mismo, co meu nivel poñerme diante dun público (levan anos e anos dando concertos). Logo, eu non teño equipo, o meu ampli é casero de todo e incluso cada vez que fun ós ensaios do proxecto dos meus amigos de black-death tiven que pedir un mellor a outro amigo. Ademáis agora mesmo a cousa non está como para gastar en amplificadores. Non ata que empece a ter ingresos seriamente. Logo tamén o vexo como un proxecto moi profesional a todos os niveles, prefiro non comprometerme cunha banda tan reputada, a saber dónde estou en medio ano ou máis se non hai traballo!
O que sí é que me halagou moitísimo que eles pensaran en mín, sobre todo na parte de que tamén querían que colaborase nalgo de composición. Cando lles dixen que habería montón de guitarristas moito mellores ca mín para elexir e con máis idea da música teórica e técnica (cousa da que adoezo case que totalmente) eles dixéronme que pode que os houbera pero non moitos con ideas creativas e novas.. o que me encheu moitísimo... pero teñolles moito respeto a esa banda como para que eles me perdan o respeto no primeiro ensaio jajaj
Un saludo por si algún deles lee esto e... gracias!!!!!!
Sorte co novo disco, sonaba de vicio o que levabades feito!!!

Por último, o proxecto de black-death vai indo. Este vrao tamén fun por primeira vez ós ensaios, e a pesar de ser sólamente voz, batería e a miña guitarra, e ser 100% improvisación, non estivo tan mal. Chega a ser outro día menos inspirado e sería un caos maior do que xa foi :D
Tal vez eles levaran unha sorpresa positiva de que eu soubera tocar a guitarra (creo que me oíran unha vez e non era con moita soltura aquel día jajaj) e que o que tocara tirase máis a black metal. Supoño que intuirían que empezaría a tocar algo máis "heavy-gótico" (por Enuma Elis) ou "folk-vikingo" (por Mileth), pero desatei o lado máis trve e parece que lles gustou o suficiente como para invitarme a máis ensaios. De todos xeitos, parece que un deles quere algo máis "death" e están buscando a algún que lle dé máis a ese pao para facer o contrapeso conmigo (non son moi dado a sacar riffs de Death Metal, e .. realmente.. ¿moitos grupos de Death non utilizan riffs Thrash pero con afinación moito máis grave? Agora venme á cabeza un dos grupos preferidos do batería, Vader... e... se moitos deses riffs os poñen en máis agudo sería thrash ou black metal... ou no?
De todos xeitos a cousa está en que houbo un par de riffs que nalgunha improvisación que saquei lles gustou e dixéronme que traballara sobre eles. Cando cheguei á casa, a verdade é que non me acordaba de case nada, pero esta semana empecei a grabar algun riff parecido en pequenos videos para ensinarllos e que eles decidan por onde empezar a facer algo.
Boto en falta controlar unha segunda guitarra :( estaría ben que houbera alomenos un baixo...

Volvendo co tema de Enuma Elis, ainda que o futuro demo-disco non estará rematado nin de coña ata o 2011, vouvos presentar a primeira canción rematada (versión demo). É algo personalmente retador e desafiante, xa que a última canción, Lúa de Decembro fora feita hai xa 5 anos como regalo-dedicatorio de despedida ós amijos na miña partida a terras do norte. Eu mismo tiña a curiosidade de qué me saldría logo de tanto tempo.
Algo desafiante é tamén saber cómo focalizar a demo. Anteriormente sempre foi un concepto-unha demo, nun principio tiña pensado o mesmo para a próxima, nun ambiente menos progresivo e cun pouco de máis mala leche. Pero o feito de meterme nun grupo de black-death é liberador en parte, posto que ansiaba de botar fóra melodías máis malévolas e máis dobles bombos e blastbeats. Ainda así pretendo que neste novo traballo haxa máis partes rápidas. Baixei o volumen xeneral de caixa e bombo e subinllo ós platos, tamén lle subín ás guitarras. Nesta nova canción que vades oír (creo que coa calidade xusta que me ofrece goear) poderedes oír ata 4 guitarras (2 pola esquerda, 2 pola dereita) en algunhas partes (baixandolles o volumen a partes iguales, claro). Tamén veredes que é unha canción máis "canción" que as previas. Quero decir que sería ata cantable e os cambios son máis asumibles, posto que son repetidos e graduales. Ainda así non me puiden resistir a facer algo moi propio de mín, como é que o principio non concorde en absoluto co final :P
Por aquí podedela oír (preferiblemente con cascos, creo que tal e como faigo que se oia, aprecianse mellor as guitarras dentro do que cabe) mentres que relato a súa historia.

Ben, todo parteu dunha noite de xunio en Alfoz que me deu por coller a guitarra española. Estaballe dando voltas anteriormente á Intro que lle fixen a Vortex (que veredes despois) e saleume un riff moi thrasheiro. Mirei se eso podería servir para algún dos proxectos dos que máis ou menos estou, pero non... e coma sempre, pa Enuma Elis. Literalmente escupino dentro do programa e añadinlle un piano que difícilmente se nota, pero que lle dá ben nos puntos nos que se toca. E ahí quedou. A verdade é que non sabía moi ben qué facer con ese riff, añadiralle unha batería e un baixo copiandoo e deixeino. Non sabía se sería un principio, un cambio de ritmo na metade ou incluso se podería ser algo que eu seguise nun futuro. Deixeino repousar, e unha noite de insomnio, coma 3 semanas despois volvín a coller a guitarra e toda a inspiración que me fallara durante meses veume. Tanto foi o conto que me deron as 8:30 da mañá e, logo de estar coma unhas 9 horas no ordenador coa guitarra a lombos, case rematei a canción. O que era coma 1 minuto e medio convertino en case 7. E o que empezara coma algo moi thrash acabouse transformando nalgo moi Enuma Elis. Algo de orquestación por ahí (ainda que máis de fondo que de costumbre), algo de violín por este trozo, e algo progresivo nese outro sen que se tergiverse moito a estructura. Algo que tiña en mente desde que me dixen de facer unha nova demo. Tan só me quedaba darlle o toque final, con algo moi típico meu, como dixen antes, de facerlle un remate que tivera pouco que ver co comenzo, con algún punto en común pero non demasiado. De feito, a canción comenza bastante cañera e acaba sendo cuase melancólica.
Algo que me fixo gracia, nun dos múltiples días que a estaba repasando no sala de estar, foi cando entrou pola porta coma un pequeno lóstrego o fillo duns veciños que terá coma 3 anos. Coma moitas outras veces, iba directo a coller os meus xoguetes de cando era pequeno, que están no salón nunha caixa-silla, pero aih que non se esperaba encontrar cun guedelludo que estaba con música metálica a un volumen decente... entón o pequeno parou en seco a súa carreira... mirou para mín... mirou para os altavoces... mirou para mín... botou as mans ás orellas e mirando para o suelo pronunciou unhas palabras que me fixeron rir durante un cacho.. "ruido... ruido... " Logo colleu os muñecos de Biomán e Arganboys e foise a fume de carozo :D

As reaccións que tivo por parte dos primeiros que a oíron foron de todo tipo. Desde xente á que penso que segue sen convencerlle o meu estilo (é normal, imposible contentar a todo o mundo), xente que segue a oír o pobre sonido "de ordenador" en lugar das cancións, xente que me dixo que hai partes que están ben e outras non tanto, xente que cree que é demasiado larga, xente que me dixo "é moi Enuma Elis" con cara de "e qué se lle vai facer", xente que cree que sona a compacta, xente que cree que sigo recargando moito certas partes con moitas melodías... e bueno algún habería que lle gustou :D a verdade é que non lla levo ensinado a demasiados, así que esto é en parte primicia mundial :D

Algún se preguntará porqué se a acabei xa fai tempo non a trouxen ata mediados de setembro ata este "diario"... a razón é que estiven a valorar e a pensar sobre a idea xeral da demo. Finalmente decidinme por sacar á luz poemas de rima libre, un pouco caóticos e moi metafóricos, escritos fai uns anos e darlles música. Así que teóricamente será un disco instrumental con letra. Ata ahí poido adiantar. O que sí que poido contar é que creo que esta canción se adecúa ben cun deles chamado "Ira Contida (Tralas Rosas da Perdición).
Bueno, espero que vos guste, e se queredes comentar algo, positivo ou negativo, deixadeo por aquí ;)

Por último (prometo que último) tamén resaltar que este vrao estiven traballando para Vortex, o grupo de Thrash/Death/Black de Vigo facéndolles unha Intro, e que "debutei oficialmente" nun directo, ainda que non cheguei a tempo para oíla, pero espero que nalgún dos próximos o poida facer. A intro está pensada coma alguns pasaxes de grupos Death coma Nile, Behemoth, Melechesh... (jajaj vamos tirar polo alto :P XD) con certo toque arábico-maligno, orquestal e ambiental. Non me acaba de convencer cómo sóna fóra do programa (sona bastante diferente, tamén a música que creo normalmente), sona como moi saturado e non permite oír algúns intrumentos que considero importantes... que quedan en segundo plano ou incluso nin se perciben! Ainda así parece que a eles lles gustou e non dudaron en poñela no seu último concerto. Quedei en facerlles unha nova para que poidesen elexir entre ambas, pero se vexo que están contentos con esta... teño suficiente choio coas bases de Mileth e novas cancións de Enuma Elis.


Xa había que non escribía, e creo que escribín por todo o tempo en blanco uff
Seguimonos lendo.