martes, octubre 16, 2012

Microreviews Octubre'12 - II

Therion - Les Fleurs Du Mal  (2012)
Symphonic Metal
Nova entrega de Therion antes do que parece que vai ser un pequeno descanso na súa axitada carreira de tours e discos. 15 CDs en 20 anos non é moco de pavo, e máis vendo que a gran maioría, por non decir todos raian a un alto nivel. Teñen ben merecido o descanso, pero antes delo, os suecos deixannos cunha aposta arriscada con Les Fleurs Du Mal. Tan arriscado, que nin sequera a Nuclear Blast se quixo facer cargo del, deixando que Therion se autofinanciaran a sí mesmos e a End of Light, unha nova compañía discográfica con escasa experiencia, lanzalo. Esta cuestión dábame tanto curiosidade, coma medo de que fose algo demasiado diferente a Therion (igual un disco íntegramente operático? algo sen guitarras eléctricas e máis "clásico"?...). 
A sorpresa veu cando se desvelou que o novo de Therion era un disco de versións, pero non calquera tipo de versións. A composición de Les Fleurs Du Mal está basada en temas de Pop-Rock francés dos 60 e 70. Vaia unha frikada.
Probablemente no país veciño esto se vira con expectación... imaxinádesvos que en vez de Francia, Therion elixira a España?...
Therion versioneando a Manolo Escobar, Las Grecas, Los Brincos, Los Pecos, Raphael, Joselito ou Karina non tería parangón! De feito mando desde aquí un reto a Christofer Johnsson!
Bueno, aparte de coñas (ou non tanto XD), o novo dos suecos segue un estilo parecido ó do anterior, que xa non me caera moi en gracia (creo que debe de ser o peor que teñen dentro de toda a heteroxeneidade da súa discografía). Tal vez máis calmado incluso, pero supoño que as cancións orixinales non se prestaron moito a facer algo pesado. Os únicos cortes de tempo rápido que encontraremos serán "Je n'al besoin que de tendress" e "Poupée de cire, poupée the son" (orixinal aquí), sendo o resto máis ben baladas que respetaron como tales. 
O punto malo de facer un CD de prácticamente 90% baladas é que acaban cansando un pouco, alomenos a un servidor. E sí, hai momentos a cada pouco que molan, típicamente Therion con un uso xenial de orquestación (que desta vez emplean dunha forma máis "background", dándolle especial importancia ó uso de voces e melodías vocales, como xa un pode intuír sendo versións de Pop), pero hai moitos momentos nos que o disco se queda flotando un pouco no aire do "non me dí nada". Incluso ese par de cancións máis rápidas e heavies, que non están mal, non chegan a ser un "The Wild Hunt", fáltalles contundencia e épica para o meu gusto. 
Con esto, quero decir que Therion a estas alturas poden facer o que lles pete, porque teñen hagallas, experiencia e gusto, pero Les Fleurs Du Mal non me parece un disco á altura do seu nome. Que sí, que son versións, que non son composicións deles, pero probablemente é un CD que logo destas 5 escoitas que lle levo dado, non mo volva a poñer nunca. 
Extravagancias... 5/10




NightCreepers - Alpha (2012)
Folk Melodeath
Tema: Alpha
NightCreepers é unha banda francesa que aglutina todos os ingredientes propios da "vikingexploitation" que desde hai anos sufrimos os aficionados ó asunto. É unha pena, porque un servidor foi gran seguidor do estilo ainda cando se empezou a saturar de copias, pieles e martillos de Thor, pero penso que últimamente xa estou chegando ó límite. Por eso, ainda que hai cousas que me gustan en NightCreepers, o meu sentido común non pode obviar o "esto xa o oín", "esto xa o vín" e "esto xa se fixo". Probablemente, se o segundo disco dos franceses salira a finales dos 90 ou principios dos 2000, a miña idea sería diferente, pero hoxe en día, as influencias tan marcadas dos primeiros discos de Ensiferum, o aire "cantarín-festivo" de Alestorm, e os ambientes guerreiros de Turisas están tan atiborrados de bandas polo mundo adiante, coma a peletería, faldas celtas e pinturas na cara.
Pode que este asunto se me xunte un pouco co musical, pero é que realmente non entendo porqué xente de Francia, España ou latinoamérica ten que levar martillos de Thor ó pescozo, sendo que esa cultura nunca foi nosa, eu diría que máis ben ó contrario. Supoño que será cousa de modas, eso tan utilizado como "el rock no es moda" (joda a quien joda, como diría Lujuria) queda ben, pero está lonxe da realidade baixo a miña percepción. Xa sei que é un pensamento co que coincidirei con pouca xente, especialmente aficionados ó Viking-Pagan-Folk, e de feito teño amigos que leven martillos de Thor ó pescozo, pero non o comparto para nada.
Polo demáis, decir que NightCreepers non aportan excesiva cousa ó mundo do Folk Melodeath. Hai algunha melodía que está ben, pero que irremisiblemente te leva a pensar en Ensiferum, e eso véxoo coma un "minus" demasiado grande.
Pouca personalidade en influencias excesivamente á vista. 4/10
PD: falando de Mjolnires ó pescozo, teño unha anécdota bastante boa. Unha amiga miña de Estonia foi a Suecia, tamén con todos os complementos que mandan a pseudomoda "viking". Unha vez alí, atopouse cun metalero, o cal lle increpou ó ver que era foránea: "porqué levas un martillo de Thor ó pescozo? qué significa para tí?". Por suposto a miña amiga quedouse que non soubo qué responder, ó que o tipo se foi con bastante mala cara, coma indignado. Máis tarde díxome que non era o único, que a xente que suele seguir esa cultura por aló arriba suele ver con moi malos ollos que os do resto de países se lles "apropien" dos seus símbolos cando eles creen (coma mín) que os utilizan meramente coma "moda". Eso sí, eu tampouco creo que faiga falta tomalo tan en serio... pero é curioso.

Verdunkeln - Weder Licht noch Schatten (2012)
Black Doom Death Metal
Levo falado bastante do Black Metal germano por estas microreviews, básicamente comentando que me atopo moitos grupos dese estilo que veñen desde Alemania, pero que rara vez algún pasa a ser "popular" fóra das súas fronteiras. Algo que normalmente achaco a que tamén hai moita mediocridade, ainda que de vez en cando salgan grupos que se quedan inxustamente no anonimato. Éste é o caso de Verdunkeln, un proxecto nado hai máis de dez anos por un par de amigos, que non se prodigaron moito nos lanzamentos desde o 98, xa que Weder Licht noch Schatten é o segundo álbum que lanzan. Non traballaron moito na banda, pero eso sí, cando o fixeron parece que puxeron toda a carne no asador, xa que o anterior Einblick in den Qualenfall, do 2007 supuxo críticas positivas e este novo tamén o vexo bastante ben.
O estilo de Verdunkeln é Black Metal, pero influenciadísimo polo Death-Doom noventero, de feito eu diría que se a voz fose máis profunda e gutural, éste sería sen duda un disco máis Death/Doom que nada. 
O sonido é un pouco arcaico, non é que teña unha producción demasiado clara, sobre todo cun sonido de guitarras un pouco confuso a veces. Esto recórdame a certas bandas underground de Doom que hai 20 anos non tiñan todos os medios para grabarse un álbum con bon sonido, ainda que a música fose de dez. E con esto véuseme á mente a reedición que se acaban de sacar Celestial Seasons da súa ópera prima Forever Scarlet Passion con motivo do 20 aniversario e con sonido máis pulido. Haberá que darlle unha oída!
Pero bueno, volvendo con Verdunkeln, o "Black Metal" que tocan é prácticamente na súa totalidade a medio tempo, cando non a medio-lento, cun certo toque personal encarnado polas guitarras en clean que usan case coma instrumento a tiempo completo e que lle dá un ambiente entre psicodélico, hipnótico e apacible á profundidade das guitarras e base rítmica. A mín recordoume por veces a un grupo de Doom/Death versioneando a Héroes del Silencio con voces rasgadas XD
A personalidade no Metal extremo sempre é benvida pola miña parte. 8/10 

After All - Dawn of the Enforcer (2012)
Power Thrash Metal
A pesar de ser unha das bandas míticas de Bélxica, con 25 anos ás súas espaldas e 8 LPs editados con este último, hei de recoñecer que non tiña nin idea de quénes eran After All antes de poñerme o CD. Sexa como sexa, a banda debe/debeu de gozar de certa reputación, xa que forma parte das listas de Roadrunner, o cal, seguramente é un plus para a popularidade de After All. 
O estilo dos belgas é un Thrash Metal bastante cañero no tocante á parte compositiva, que mezcla tanto sabor old school coma moderno, e ó que lle añaden pizcas melódicas que pode recordar ó Power americano, pero tamén por veces andan máis cercanos dun Melodeath europeo. Acentuando a parte melódica temos ó cantante, que rara vez se mete en rexistros típicamente Thrash, e opta por unha voz máis  cercana ás do Heavy Power americano, facendo incluso algúns gritos agudos que me recordaron (salvando as distancias) a Scheepers. A mín gustoume, e eso que de primeiras o pillei un pouco asín asín, pero ten moi boas ideas, tal vez xa algo vistas, pero ben executadas e un bo sonido; penso que os amantes do Power americano con riffs moi potentes pero elaborados o saberán degustar. Por poñer algunha banda que se me veu á mente: Sanctuary, Forbidden, Prototype, Flotsam & Jetsam, Anthrax, Death Angel, Metal Church... ainda que non chegan a estar á altura dos mellores discos destes grupos, as influencias non están nada mal, non?
Un dos mellores álbumes de Thrash que oín no que vai de ano. 7/10

Sin7sinS - Carnival of No Tomorrow (2012)
Dark Metal 
Éste é o segundo álbum desta banda holandesa da que non tiña constancia na miña particular dicoteca memorial (que creo que cada día vai a menos en vez de a máis XD). Parece que o seu primeiro álbum, Perversion Ltd., do 2010 deulles certa fama dentro do seu país. Fama que se vería acrecentada ó ser teloneros de bandas grandes do xénero coma Revamp, Epica, Leaves Eyes ou Stream of Passion.
Vendo cales eran as bandas grandes deses shows, un xa pode supoñer qué tipo de música fan Sin7sinS, e a base pódese decir que sí está emparentada co Gothic Metal de voz feminina que máis ou menos eses 4 grupos comparten en canto a xénero. Pero tal e como entre eles non xa se parecen tanto, Sin7sinS tampouco son iguales a ningún deles, senón que teñen un sonido máis ou menos diferenciable que combina elementos electrónicos con ambientacións oscuras e dramáticas, estribillos pegadizos, -algúns máis poppies ca outros- e voz masculina facendo semigrowls ocasional que lle dá un toque lúgubre interesante. Tanto a voz da rapaza coma o estilo recordoume a un grupo que o tempo deixou enterrado, pero que tiña as súas cousas interesantes: Dismal Euphony, ainda que eles tiraran algo máis ó Black, pero creo que nos últimos (e fallidos) discos a rapaza era moito máis protagonista.
Este estilo que é Gothic, pero non é; é Metal extremo, pero non é; é pegadizo, pero é demasiado escuro, atmosférico ou duro para ser carne de cañón de fans de Evanescence... é o que eu chamaría Dark Metal, e suéloo ver máis por outras terras coma as finlandesas ou griegas, así que está ben ver que se extende, porque a mín paréceme un xénero a explotar e que pode dar grupos diferentes dependendo das influencias que collan.
Punto malo? XD para mín sempre hai algún punto malo, incluso nos discos que me gustan XD, e para éste eu diría que as partes máis poppies se poderían obviar. Por exemplo o estribillo, e en xeral a canción case bailable do single-video non me gustan nada. Podedes ver o vídeo no tema (por certo, sempre poño videos oficiales se os hai, non sei se o dixera).
Cousas boas e malas, pero eu daríalles un aprobado sen problemas. 7/10