jueves, octubre 04, 2012

Microreviews Octubre'12 - I

Unisonic - Unisonic (2012)
Hard Rock / Heavy Metal
Había moita xente á espera do álbum que por fín uniría a Kai Hansen e Michael Kiske, e as expectativas eran variadas, pero penso que polo xeral había boas vibracións. Eu debo de ser un caso raro, pero xa ando moi escarmentado destas reunións e cuentos, e esperábame un álbum no estilo dos bodrios de Kiske, a verdade. 
Pois ben, con esta perspectiva me dispuxen a darlle unha oportunidade a Unisonic, logo de oír o seu single autotitulado, que me pareceu un tema bastante simplón que non decía moito de cómo iba ser o disco. 
Pouco a pouco vou desenmarañando o interior de Unisonic mentres lle dou as primeiras escoitas. Nesta ocasión Kiske xuntou a uns cuantos míticos do Rock, destacando a Mandy Meyer, militante en Krokus, Gotthard ou House of Lords, o baixista e líder de Pink Cream 69, Dennis Ward e ó propio Kai Hansen. Estes dous últimos encargándose de toda a composición do disco salvo un tema de Kiske. 
A idea primixenia era non facer unha nova versión de Helloween, e queda ben claro, posto que esto é un disco de Hard Rock a veces inclinado ó Heavy Melódico e a veces ó Pop Rock, no que hai guiños bestiales a Gamma Ray nas composicións de Hansen (de Ward non controlo tanto a súa composición nos grupos nos que estivo). Basta con oír a melodizada unión de "Heaven Can Wait" con "Time To Break Free" en "Never Too Late", quizáis a máis cantosa de todas.
Ainda así, eu creo que o disco non está de todo mal, pero ten un par de cousas que lle achaco que pesan demasiado na miña visión final de Unisonic: unha é que a metade de cancións son mediocres-relleno e non me dicen absolutamente nada. Oíde "Never Change Me" e decídeme que se a canta Avril Lavigne non pasaría como súa, ou escoitade a composición-baladorria insufrible de Kiske, "No One Ever Sees Me" e non me digades que non vos dá ganas de quitala antes de que acabe... Recórdame ós fallidos mil proxectos de Kiske, nos que había detalles que non estaban mal, pero zamparse un disco enteiro facíase aburrido. 
E outra materia achacable é a falta de alma. A Unisonic fáltalle ser un grupo con convicción propia, con sonido propio, e pasión. Xa sei que é algo un pouco intanxible e moi subxectivo, pero hai algo sempre que oín o disco que me foi dicindo "a esto fáltalle entusiasmo.. ou algo así...".
¿Será outro proxecto máis de Kiske que se desfai en sólo 1 ou 2 discos? 5/10


Witchsorrow - God Curse Us (2012)
Doom Metal
Facebook
Tema: Breaking The Lore
Desde o Reino Unido, fértil terra para bandas de Doom, os Witchsorrow lanzan o seu segundo LP chamado God Curse Us. Un disco de Doom clásico, denso, oprimente e que ten as súas raíces nos discos máis escuros de Black Sabbath, en Witchfinder General, e logo nos inicios de Cathedral e tamén en Candlemass. É dicir, Doom lóbrego, con certo aire setentero-stoner nunhas guitarras graves, voz limpia na onda de The Gates of Slumber, que de vez en cando fai algún rasgado como querendo imitar a Abbath, e unha gran atmósfera que seguro que conseguirá encandilar ós amantes do Doom.
O punto negativo que lle encontro é que hai moitas veces que sinto coma se os temas non deran máis de sí e os estiveran estirando e estirando ata alcanzar máis de 10 minutos. Igual é impresión miña, pero quédome por exemplo co tema "Breaking the Lore", o seu máis directo e rápido, e para mín o mellor composto. Penso que un maior equilibrio entre este tipo de temas e os de Doom pesado, os cales suelen andar sobre eses 10 minutos faría que God Curse Us fose un disco mellor... para o meu gusto, xa digo. 
Lovers gonna love. 6/10

Vengeance - Crystal Eye (2012)
Hard Rock
Oficial
Tema: Crystal Eye
Provintes de Holanda, Vengeance son uns "dinosaurios" do Metal, nados hai 3 décadas. Son populares por ter sido a banda que lle deu un certo nome a Arjen Lucassen, que compartiu con eles boa parte da súa carreira musical e 5 discos entre os 80 e 90. Posteriormente a banda sacaría un máis no 97 xa sen él, e quedaríase en hiatus ata que é revivida a mediados dos 2000.
Crystal Eye é o terceiro álbum desde o parón, pero o tempo non pasou para os holandeses, que seguen a compoñer Hard Rock basado nos 70 e 80 sen prácticamente ningunha concesión á modernidade dos últimos 20 anos. Leon Goewie, o cantante e único membro sobrevivinte desde os inicios da banda demostra unhas boas dotes vocales, con clichés Hard 80's ainda que predominando o feeling setentero. Nótase que ó home lle gustaban Robert Plant e Ian Gillan, ó igual que no referente as unhas composicións de Rock moi añejo, que sen estar realmente mal, adolecen de chispa suficiente como para sobresalir, dame que tanto se as metemos no 78, no 85 coma no 2012 (exceptuando o tema-título, no que Arjen Lucassen meteu man e que se diferencia dos outros nun maior gusto polo Metal-Rock Progresivo oscuro, e que ó final case que é a que máis me gustou). 
Tal vez os rockeros máis clásicos, os que se quedaron un pouco neso que xa lle oín alguén de: "o mellor rock estaba nos setenta e nunca se superou", o disfruten máis. A mín, exceptuando Crystal Eye, que tampouco é a panacea, paréceme un disco máis. 5/10

Tracedawn - Lizard Dusk (2012)
Melodeath Power Metal
Recordo que hai un tempo tiña oído algo desta banda finlandesa e non me parecera en absoluto malo. Era algo así coma Death Melódico con moito teclado e dúo de voces bella-bestia, sólo que neste caso a bella era máis ben bello (pero podería haber algunhas dudas XD).
Agora Tracedawn chégannos con Lizard Dusk, terceiro álbum, para o cal adquiren a Niko Kalliojärvi, o cantante de Amoral desplazado por Ari Koivunen, coma voz gutural. E a verdade é que o tipo ten un bo rexistro, pero digamos que non pinta moito no aspecto xeral do disco. A mín Tracedawn recordoume ó caso de Sonata Arctica, xa que o deje Power Metal tamén se foi convertindo case que en Pop Metal. Ata incluso Pop Metalcore. A pesar de conter algún momento que non está nada mal, a tónica xeral de Lizard Dusk -que parece en moitos momentos un grupo de versións Pop con guitarras e algúns guturales coma o fixo no seu día Boney Nem-, é moi blandurria, con teclados omnipresentes dunha ou doutra maneira, estribillos a veces dignos duns Backstreet Boys feitos Metalcore Melódico, e unha voz limpia que me foi dando máis e máis noxo a medida que transcurría o disco. ¿Este era o mesmo grupo do que eu tiña aquela boa referencia?
Uníndose ó declive finlandés de Amoral, Norther e Sonata Arctica (e a ver si tamén Ensiferum...) Tracedawn están avocados ó fracaso con Lizard Dusk. 2/10

Carach Angren - Where the Corpses Sink Forever (2012)
Orchestral Black Metal
Terceiro disco da que está resultando ser unha das máis exitosas carreiras dentro do Black Metal europeo dos últimos anos. Os holandeses Carach Angren están recibindo enormes críticas sobre a mezcla de BSO de terror con Black Metal. Para os que non os coñecedes e estades pensando que tampouco é algo tan novo, poidovos decir que a súa mezcla está moi traballada, con arreglos orquestales, parece que metade reales, metade sintetizados pero que dán totalmente o pego, e que recolle a atmósfera sombría, fermosa e sobrecolledora das grandes bandas sonoras de terror, dando tregua ó Black Metal, que en moitas ocasións se queda nun segundo plano ou en acompañamento perfecto. Eso sí, tal vez o que menos me acaba de convencer é o sonido das guitarras, a veces moi opaco e coma faltas de forza.
Recordo que me sorprendera gratamente o seu primeiro CD, Lammendam, tal vez non tanto o segundo, ó cal non creo que lle dera máis de un par de oídas. E este terceiro quédaseme no medio entre os dous. Mellor có anterior polo que recordo, pero non tan bon coma o primeiro. 
Penso que a todos os amantes do Black sinfónico duns Anorexa Nervosa a menos revolucións ou os mesmos Cradle of Filth cando facían boa música lles poderá gustar. Xa que hoxe en día Anorexa non existe e Cradle están anclados no lodo da egolatría e no pozo da escasa creatividade, teremos que conformarnos cos seus alumnos máis aventaxados: Carach Angren. 7/10