Unisonic - Unisonic (2012)
Hard Rock / Heavy Metal
Había
moita xente á espera do álbum que por fín uniría a Kai Hansen e
Michael Kiske, e as expectativas eran variadas, pero penso que polo
xeral había boas vibracións. Eu debo de ser un caso raro, pero xa ando
moi escarmentado destas reunións e cuentos, e esperábame un álbum no
estilo dos bodrios de Kiske, a verdade.
Pois
ben, con esta perspectiva me dispuxen a darlle unha oportunidade a
Unisonic, logo de oír o seu single autotitulado, que me pareceu un tema
bastante simplón que non decía moito de cómo iba ser o disco.
Pouco a
pouco vou desenmarañando o interior de Unisonic mentres lle dou as
primeiras escoitas. Nesta ocasión Kiske xuntou a uns cuantos míticos do
Rock, destacando a Mandy Meyer, militante en Krokus, Gotthard ou House
of Lords, o baixista e líder de Pink Cream 69, Dennis Ward e ó propio
Kai Hansen. Estes dous últimos encargándose de toda a composición do
disco salvo un tema de Kiske.
A idea primixenia era non facer unha nova
versión de Helloween, e queda ben claro, posto que esto é un disco de Hard Rock a
veces inclinado ó Heavy Melódico e a veces ó Pop Rock, no que hai
guiños bestiales a Gamma Ray nas composicións de Hansen (de Ward non
controlo tanto a súa composición nos grupos nos que estivo). Basta con
oír a melodizada unión de "Heaven Can Wait" con "Time To Break Free"
en "Never Too Late", quizáis a máis cantosa de todas.
Ainda
así, eu creo que o disco non está de todo mal, pero ten un par de
cousas que lle achaco que pesan demasiado na miña visión final de
Unisonic: unha é que a metade de cancións son mediocres-relleno e non me
dicen absolutamente nada. Oíde "Never Change Me" e decídeme que se a canta Avril Lavigne non pasaría como súa, ou escoitade a composición-baladorria insufrible de Kiske, "No One Ever Sees Me" e non me digades que non vos dá ganas de quitala antes de que acabe... Recórdame ós fallidos mil proxectos de Kiske, nos que había detalles que non estaban mal, pero zamparse un disco enteiro facíase aburrido.
E outra materia achacable é a falta de alma. A Unisonic fáltalle ser un grupo con
convicción propia, con sonido propio, e pasión. Xa sei que é algo un
pouco intanxible e moi subxectivo, pero hai algo sempre que oín o disco
que me foi dicindo "a esto fáltalle entusiasmo.. ou algo así...".
¿Será outro proxecto máis de Kiske que se desfai en sólo 1 ou 2 discos? 5/10
Witchsorrow - God Curse Us (2012)
Doom Metal
Tema: Breaking The Lore
Desde
o Reino Unido, fértil terra para bandas de Doom, os Witchsorrow lanzan o
seu segundo LP chamado God Curse Us. Un disco de Doom clásico, denso,
oprimente e que ten as súas raíces nos discos máis escuros de Black
Sabbath, en Witchfinder General, e logo nos inicios de Cathedral e tamén en
Candlemass. É dicir, Doom lóbrego, con certo aire setentero-stoner nunhas
guitarras graves, voz limpia na onda de The Gates of Slumber, que de vez en
cando fai algún rasgado como querendo imitar a Abbath, e unha gran
atmósfera que seguro que conseguirá encandilar ós amantes do Doom.
O
punto negativo que lle encontro é que hai moitas veces que sinto coma
se os temas non deran máis de sí e os estiveran estirando e estirando
ata alcanzar máis de 10 minutos. Igual é impresión miña, pero quédome
por exemplo co tema "Breaking the Lore", o seu máis directo e
rápido, e para mín o mellor composto. Penso que un maior equilibrio entre este tipo de temas e os de
Doom pesado, os cales suelen andar sobre eses 10 minutos faría que God Curse
Us fose un disco mellor... para o meu gusto, xa digo.
Lovers gonna love. 6/10
Vengeance - Crystal Eye (2012)
Hard Rock
Oficial
Tema: Crystal Eye
Provintes
de Holanda, Vengeance son uns "dinosaurios" do Metal, nados hai 3
décadas. Son populares por ter sido a banda que lle deu un certo nome a
Arjen Lucassen, que compartiu con eles boa parte da súa carreira musical e 5
discos entre os 80 e 90. Posteriormente a banda sacaría un máis no 97 xa sen él, e quedaríase en
hiatus ata que é revivida a mediados dos 2000.
Crystal Eye é o
terceiro álbum desde o parón, pero o tempo non pasou para os holandeses,
que seguen a compoñer Hard Rock basado nos 70 e 80 sen prácticamente ningunha concesión á modernidade dos últimos 20 anos. Leon Goewie, o
cantante e único membro sobrevivinte desde os inicios da banda
demostra unhas boas dotes vocales, con clichés Hard 80's ainda que predominando o feeling setentero. Nótase que ó home lle gustaban Robert
Plant e Ian Gillan, ó igual que no referente as unhas composicións de Rock moi añejo, que sen estar realmente
mal, adolecen de chispa suficiente como para sobresalir, dame que tanto se as
metemos no 78, no 85 coma no 2012 (exceptuando o tema-título, no que Arjen Lucassen meteu man e que se diferencia dos outros nun maior gusto polo
Metal-Rock Progresivo oscuro, e que ó final case que é a que máis me gustou).
Tal
vez os rockeros máis clásicos, os que se quedaron un pouco neso que xa
lle oín alguén de: "o mellor rock estaba nos setenta e nunca se
superou", o disfruten máis. A mín, exceptuando Crystal Eye, que tampouco
é a panacea, paréceme un disco máis. 5/10
Tracedawn - Lizard Dusk (2012)
Melodeath Power Metal
Tema: You Are Fired!
Recordo
que hai un tempo tiña oído algo desta banda finlandesa e non me
parecera en absoluto malo. Era algo así coma Death Melódico con moito
teclado e dúo de voces bella-bestia, sólo que neste caso a bella era
máis ben bello (pero podería haber algunhas dudas XD).
Agora Tracedawn chégannos con Lizard Dusk, terceiro álbum, para o cal
adquiren a Niko Kalliojärvi, o cantante de Amoral desplazado por Ari
Koivunen, coma voz gutural. E a verdade é que o tipo ten un bo rexistro,
pero digamos que non pinta moito no aspecto xeral do disco. A mín Tracedawn recordoume ó caso de Sonata Arctica, xa que o deje Power Metal tamén se
foi convertindo case que en Pop Metal. Ata incluso Pop Metalcore. A pesar de
conter algún momento que non está nada mal, a tónica xeral de Lizard
Dusk -que parece en moitos momentos un grupo de versións Pop con guitarras e
algúns guturales coma o fixo no seu día Boney Nem-, é moi blandurria,
con teclados omnipresentes dunha ou doutra maneira, estribillos a veces
dignos duns Backstreet Boys feitos Metalcore Melódico, e unha voz limpia
que me foi dando máis e máis noxo a medida que transcurría o disco. ¿Este
era o mesmo grupo do que eu tiña aquela boa referencia?
Uníndose ó
declive finlandés de Amoral, Norther e Sonata Arctica (e a ver si tamén
Ensiferum...) Tracedawn están avocados ó fracaso con Lizard Dusk. 2/10
Carach Angren -
Where the Corpses Sink Forever (2012)
Orchestral Black Metal
Terceiro disco da que está resultando ser unha das máis exitosas carreiras dentro do Black Metal europeo dos últimos anos. Os holandeses Carach Angren están recibindo enormes críticas sobre a mezcla de BSO de terror con Black Metal. Para os que non os coñecedes e estades pensando que tampouco é algo tan novo, poidovos decir que a súa mezcla está moi traballada, con arreglos orquestales, parece que metade reales, metade sintetizados pero que dán totalmente o pego, e que recolle a atmósfera sombría, fermosa e sobrecolledora das grandes bandas sonoras de terror, dando tregua ó Black Metal, que en moitas ocasións se queda nun segundo plano ou en acompañamento perfecto. Eso sí, tal vez o que menos me acaba de convencer é o sonido das guitarras, a veces moi opaco e coma faltas de forza.
Recordo que me sorprendera gratamente o seu primeiro CD, Lammendam, tal vez non tanto o segundo, ó cal non creo que lle dera máis de un par de oídas. E este terceiro quédaseme no medio entre os dous. Mellor có anterior polo que recordo, pero non tan bon coma o primeiro.
Penso que a todos os amantes do Black sinfónico duns Anorexa Nervosa a menos revolucións ou os mesmos Cradle of Filth cando facían boa música lles poderá gustar. Xa que hoxe en día Anorexa non existe e Cradle están anclados no lodo da egolatría e no pozo da escasa creatividade, teremos que conformarnos cos seus alumnos máis aventaxados: Carach Angren. 7/10
2 comentarios:
Carach escoiteino e non me pareceu tanta cousa, habera que darlle outra oportunidade....
Eu tamén a primeira vez que o puxen pensei que era coma o segundo, pero logo de 3 ou 4 oídas funo collendo algo mellor :D
Publicar un comentario