Power Metal / Melodeath
Myspace
É obvio que a saturación fai que determinado estilo empece a ramificarse buscando novos horizontes musicales, e eso pasa actualmente co Melodeath e o Power Metal. Cada vez máis grupos de Melodeath tenden a meter voces melódicas, incluso non solo nos estribillos, e cada vez máis Powers empezan a darse conta que o mundo do pasteleo sónico necesita dun pouco de caña de vez en cando, ademáis, o Metalcore parece estar en boga, así que...
Algo así lle pasa a Kill the Romance, un grupo de Death Melódico que utiliza partes máis calmadas nas que o cantante fai voz limpia, recordando a veces a Disturbed ou a Sentenced. A música non é o máis novo do mundo por outro lado, pero óese ben. Cómo non, gran producción para uns finlandeses. 6/10
Nasty Tendency - Hello Suckers! (2011)
Hard'n Heavy
Myspace
Segundo disco destes italianos que collen case textualmente todo o que o Hard-Glam-Heavy Rock ochentero foi. Sen facer gala dunha excesiva orixinalidade, posto que a maior parte dos coros, estribillos e riffs dán a sensación de xa estar feitos hai anos, o grupo non se desenvolve mal dentro do estilo.
Supoño que lle gustará ós máis fans daquel estilo, a mín pareceume que xa oín este disco repartido entre cancións e extractos de Accept, Ratt, Mötley Crüe, Skid Row, Twisted Sister... 4/10
Alpthraum - Eyes Of A Monument (2011)
Dark-Symphonic Metal
Myspace
Logo de 2 demos dentro dun estilo máis "ambient black metal", a one-man-band canadiense Alpthraum lanza o seu primeiro disco cambiando un pouco hacia algo máis sinfónico ainda que bastante atmosférico. Eyes of a Monument é un bon traballo dun estilo un pouco difícil de definir no que se conxuntan melodías de violín con teclados ambientales e guitarras eléctricas a modo de acompañamento na maioría dos temas, máis ben eso que facendo riffs (escribir esta frase fíxome pensar nuns Within Temptation de fai uns anos, e non lle vai moi lonxe na parte instrumental, o que pasa é que nunha onda moito máis escura e para nada poppy, e con distintas voces que pasan desde a gutural ata versos menos rasgados, medio perdidos entre as ambientacións).
Non tén o mellor sonido nin é o máis técnico, pero prefiéroo a moitos outros. 7/10
Benedictum - Dominion (2011)
Heavy Metal
Myspace
Oín algo destes americanos fará un par de anos, pero teño o recordo de que eran algo do montón, xa que non me quedou a sensación de que me resultaran atractivos (musicalmeeeente). O único que recordei é que tiñan a unha cantante que ben podía ser un tío pola voz.
Agora, logo de oír Dominion, xa sei porqué non me preocupei nunca máis por esta banda. Sígueme a parecer do montón, non poido decir moito positivo, pero tampouco negativo acerca de Benedictum. O seu é facer Metal tradicional, con algún que outro bon momento perdido, que pode recordar a unha banda do NWOBHM, ata incluso na producción! Destacaría na parte positiva "Seer", que ten un toque a Queensryche que mola e na parte negativa "Grinder", unha canción máis "modernilla" e mala onde as haxa, ou "Bang", rozando a mediocridade do peor Nu-Metal. O resto, non está mal. 5/10
Oliver Weers - Evil’s Back (2011)
Hard Rock
Myspace
Oliver Weers parece ser un cantante danés que impresionou ó xurado do "Factor-X" do seu país cantando "The show must go on" e chegou á penultima ronda. Desde logo a forza deste disco reside principalmente na tremenda voz de Oliver, que por veces me recorda a Chris Cornell e incluso nalgunha canción coma no principio de "Devils Chain" a Lenny Krawitz (ou como coñe se escriba). Non é que alcance uns agudos altísimos nin teña amplia variedade vocal, pero ten un tono de voz atractivo e un rango perfecto para cantar Hard Rock.
Éste é o seu segundo disco e o que nos ofrece Oliver Weers é un Heavy-Rock bastante melódico e pegadizo. Pódese observar bastante influencia do Hard ochentero, pero sona ó mesmo tempo moderno. Varias das cancións que compoñen Evil's Back poderían ser perfectamente singles de calquera grupo rockero medio. Non está nada mal.
Como nota curiosa, no seu debut contou con ni máis nin menos que Tommy Aldridge á batería (Ozzy Osbourne/Whitesnake) e no baixo a Marco Mendoza (Whitesnake/ Thin Lizzy), ainda que para este Evil's Back o equipo está formado por músicos diferentes. 6/10
Lake of Tears - Illwill (2011)
Metal-Rock
Myspace
Realmente non hai calificativos para Lake of Tears, por algún lado vin escrito "Gothic Metal", pero eu non o vexo por ningún lado; se digo Progressive Metal, tampouco sería acertado, non son un grupo tan complicado, máis ben todo o contrario. Se digo Doom... poderíase adivinar algo de Doom-Rock-Metal, pero tampouco o vexo completamente....
Lake of Tears son Lake of Tears, e eso hai poucos grupos hoxe en día que o poidan decir. Teñen un sonido completamente único e ademáis cada un dos seus discos son diferenciables, esto para mín xa é todo un logro e unha demostración da capacidade creativa e compositiva de Daniel Brennare, Johan Oudhuis e Fredrik Jordanius.
Se deixaran o pabellón ben alto con Moons and Mushrooms, a espera valeu a pena para escoitar Illwil, un disco diferente, máis crudo, máis malévolo, máis rockeiro e máis metaleiro, menos psicodélico e máis directo. Hei de decir que a primeira vez que o oín non me gustou demasiado, pero á segunda quedeime enganchadísimo. Ollo a esa canción final, Midnight Madness, unha sorpresa en forma de "Black Metal-LoT" que podería case firmar Satyricon! 9/10
Bolero - Voyage from Vinland (2011)
Folk-Viking-Melodic Black
Myspace
Tras un par de demos e un EP, os canadienses Bolero (extraño nome para un grupo de viking metal) lanzan o seu primeiro disco neste 2011 facendo un folk-viking que recorda en exceso a Ensiferum.
Baixo o meu parecer no creo que sea un mal disco, ten boas melodías repartidas por aquí e por alá, algunhas máis parecidas a algo de Finntroll, outras máis parecidas a algo de Suidakra, tamén hai bastantes reminiscencias aos seus compatriotas Blackguard... pero básicamente Ensiferum é o principal referente en cada un dos cortes, o cal me produxo certa desidia á hora de oír o disco enteiro.
Tal vez o punto máis negativo de Voyage from Vinland sexa a idea de incluír 2 baladas seguidas cara ó final do disco, é todo un corte de rollo.
Non é malo, pero esto xa o teño moi oído. 5/10
Nadiwrath - Nihilistic Stench (2011)
Black Metal
Myspace
É un caso extraño o destes griegos, xa que non é moi normal ver un disco de Black con traza Punk e cancións que sobrepasan os 5 minutos (hainas incluso de 7 e de 9!). Nihilistic Stench resultoume bastante entretenido, e a duración e repetición de riffs non se fai tan pesada coma un poidera esperar nun principio, a mín recordoume un pouco a uns Impaled Nazarene máis punk e menos black (e con menos producción, pero non se nota en falta).
Durante todo o Nihilistic Stench, un encontrase con riffs bastante pouco técnicos pero pegadizos, empezando coa adictiva e punk-rockeira "Darkness Has Lost Its Meaning" e acabando cunha sorprendentemente seria e máis black a medio tempo "Memories Are Dead", a de 9 minutos! Final inesperado onde se vexa!
Simple e efectivo. 8/10
All-Devouring Light - Descent Into Hadal (2011) EP
Symphonic Black Metal
Myspace
All-Devouring Light é unha nova banda finlandesa que lanza o seu primeiro traballo en forma de EP de 4 cancións moi ben producidas (qué raro tratándose de finlandeses :D). O estilo recorda fácilmente a Dimmu Borgir, grupo do que máis dun compoñente debe ser fan total. Desde a forma de estructurar cancións, riffs, voz, tamén os teclados ainda que aquí sonan algo máis baixos... non ofrecen nada novo ainda que non quere decir que o que faigan o faigan mal. 5/10
Symphonic Black Metal
Myspace
All-Devouring Light é unha nova banda finlandesa que lanza o seu primeiro traballo en forma de EP de 4 cancións moi ben producidas (qué raro tratándose de finlandeses :D). O estilo recorda fácilmente a Dimmu Borgir, grupo do que máis dun compoñente debe ser fan total. Desde a forma de estructurar cancións, riffs, voz, tamén os teclados ainda que aquí sonan algo máis baixos... non ofrecen nada novo ainda que non quere decir que o que faigan o faigan mal. 5/10
Progressive-Alternative Heavy-Rock
Myspace
Qué *$%&/# é esto?? Recordo que o anterior do grupo cristiano Believer, "Gabriel" non me gustara nada, pero nin me acordo de porqué razón. Aténdolle a moitos grupos e non me quedo moitas veces no "porqué" de parecer mal un álbum, sólamente sei que fuxín e que me quedou unha mala impresión. De Believer teño o bo recordo daquel disco noventero que era "Dimensions", que hai como 10 anos que non o escoito, pero tiña cousas máis ca decentes facendo algo así como Death Progresivo.
Con "Transhuman" sentín rechazo xa na primeira canción. Non tanto pola música en sí, que parece coma un Heavy-Rock Progresivo "modernillo", como pola voz... en qué coñe se transformaron Believer? Nunha versión Metalera de Linkin Park?? Esa forma de cantar... aimamaiña... Algo me dice que se non fosen americanos, este grupo seguiría un paso diferente.
Penso que musicalmente este álbum pode ter algunha cousa interesante para o que lle guste o Progresivo, pero a mín fíxoseme complicado aguantalo enteiro. 3/10