miércoles, septiembre 26, 2012

Interrogantes de Metal - O misterio de Children of Bodom

Ésta máis ben que unha pregunta é unha suposición/teoría que trata sobre un dos grupos que solía ser dos meus favoritos haberá como 10 anos: Children of Bodom. 
Penso que está bastante aceptado por todos aqueles que gustan/gustaron algún día da banda finlandesa, que o seu período de maior esplendor remóntase aos seus primeiros discos. Tanto Something Wild (1997), Hatebreeder (1999), Follow The Reaper (2000) e Hate Crew Deathroll (2003) son considerados por unha maioría de fans e aficionados ó Metal (así coma por mín) a súa etapa gloriosa, desde a que a rastras viñeron sobrevivindo ata os nosos días creando discos mediocres, que como moito tiñan algún momento interesante, que normalmente solía ser un guiño a algún riff ou punteo pasado e pouco máis.
Nunca o pensara ata que lín unha opinión nun foro... pero... ¿pasaría algo despois de Hate Crew Deathroll para que a banda de Laiho tivese unha caída tan abismal na mediocridade? Pois...
Resulta que o guitarrista que tiveron no período 1997-2003, Alexander Kuoppala se vai xusto despois de sacar HCD, e parece ser que, a pesar de que moita xente considera a Children coma "a banda de" Laiho e secundariamente Warman na que son os xefes e compositores, o señor Kuoppala era un activo creador naqueles discos. Así que a pregunta está clara:
¿Realmente o baixón compositivo de Children of Bodom está causado pola marcha do "tapado" Kuoppala?
e
¿Tal vez Alexi Laiho tomou excesivo protagonismo e todo o mundo deu por suposto que él é o xenio e responsable de todo o que chegou a ser Children?
A ónde marchou o home e porqué non seguiría na música? se foi capaz de co-escribir aqueles discazos, que obviamente a banda non soubo darlle unha continuación digna e ningún momento posterior en canto a calidade sen a súa axuda... é unha pena que non siga no mundillo.